Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 98 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir o manexo, baixo un enfoque práctico, das diversas técnicas que permiten un correcto e rigorosa formulación, recollida, análise e interpretación de datos especialmente enfocado ao desenvolvemento de novos produtos e procesos así como ao perfeccionamento dos existentes.
Estes obxectivos céntranse nos fundamentos e modelos básicos dos métodos estatísticos e na análise exploratoria e inferencial dos datos especialmente dirixido a enxeñeiros químicos.
1. Estatística descritiva
Introdución á Estatística. Variables cualitativas e cuantitativas. Variables discretas e continuas. Distribución de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de posición. Medidas de dispersión e de forma.
2. Probabilidade
Evolución do Cálculo de probabilidades. Conceptos Básicos. Experimento aleatorio. Espazo mostral. Sucesos. Definición de probabilidade. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Teoremas clásicos: Regra do produto, Lei de probabilidades totais e Teorema de Bayes.
3. Variables aleatorias discretas
Definición de variable aleatoria. Variable aleatoria discreta: Distribución de probabilidade e función de distribución. Principais distribucións discretas: Bernoulli, Binomial e Poisson.
4. Variables aleatorias continuas
Variable aleatoria continua. Función de densidade e función de distribución. Medidas características dunha variable aleatoria: Esperanza matemática, varianza e desviación típica. Tipificación dunha variable aleatoria. A distribución Uniforme. A distribución Exponencial. A distribución Normal. Aproximación doutras distribucións pola distribución normal. Teorema Central do Límite.
5. Estimación e intervalos de confianza
Introducción á estimación. Propiedades dos estimadores. Concepto de Intervalo de confianza. Intervalo de confianza para unha proporción. Estimación e intervalos de confianza para a media e a varianza dunha poboación normal. Aplicacións é determinación do tamaño mostral.
6. Contraste de hipóteses
O problema do contraste de hipóteses: tipos de hipóteses, tipos de erros e as súas probabilidades asociadas. Nivel crítico ou p-valor. Contrastes de hipóteses sobre unha proporción. Contrastes sobre a media e a varianza dunha poboación normal.
7. Comparación de poboacións
Mostras emparelladas e mostras independentes. Comparación de dúas medias en mostras emparelladas e en mostras independentes. Contraste de dúas varianzas. Contraste de dúas proporcións.
8. Regresión lineal
El modelo lineal de regresión simple. Estimación dos coeficientes por mínimos cadrados. Covarianza e coeficiente de correlación. Estimación da varianza do erro. Propiedades dos estimadores. Inferencia sobre os parámetros. Predición.
9. Introducción á programación lineal
Formulación dos problemas de programación lineal. Solución gráfica do problema de programación lineal. Solución empregando o software R.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Apuntes da materia no campus virtual e os seguintes libros:
Dalgaard, P., 2008. Introductory Statistics with R. Springer (second edition). Accesible en https://link-springer-com.ezbusc.usc.gal/book/10.1007%2F978-0-387-79054…
Holický, M., 2013. Introduction to Probability and Statistics for engineers. Springer. Accesible en https://link-springer-com.ezbusc.usc.gal/book/10.1007%2F978-3-642-38300…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
DEVORE J.L., 2005. Probabilidad y Estadística para Ingeniería y Ciencias. 6º edición. México: Thomson. ISBN 9789706864574
FREUND J.E., MILLER I., MILLER M., 2000. Estadística Matemática con Aplicaciones. 6ª edición. México: Pearson. ISBN 9701703898
MENDENHALL, W, SINCICH, T., 2016. Statistics for Engineering and the Sciences. 6ª edición. Boca Ratón: CRC Press. ISBN 9781498728850
MONTGOMERY D.C., RUNGER G.C., 1996. Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería. 2ª edición. México: Limusa. ISBN 9789681859152
NAVIDI W., 2006. Estadística para ingenieros. México: McGraw-Hill. ISBN 9701056299
PEÑA, D., 2008. Fundamentos de Estadística. 2ª edición. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 9788420683805
QUESADA-PALOMA V., ISIDRO A., LÓPEZ L.J., 1982. Curso y Ejercicios de Estadística.2ª edición. Reimpresión. Madrid: Alhambra. ISBN 8420508780
( segundo aparece na memoria de grao)
Competencias específicas
CB.1.Que os estudiantes teñan demostrado posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se encontra a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamen alguns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
Competencias xerais
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para
a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dótelles de versatilidade para
adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións,
creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos,
habilidades e destrezas no campo da enxeñería química industrial.
CG. 8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG.10 Capacidade de traballar nunha contorna multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.3. Comunicación oral e escrita
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.6. Resolución de problemas
CT.8. Traballo en equipo
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.12. Razoamento crítico e compromiso ético
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.17. Creatividade
CT.19. Aprendizaxe autónoma
CT.20. Iniciativa e espírito emprendedor
Competencias específicas básicas
FB.1.4 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan
plantearse na enxeñeria.
Aptitude para aplicar os coñecementos sobre Estatística e Optimización
A metodoloxía que se levará a cabo será a seguinte.
A materia ten carácter semestral con seis créditos ECTS polo que terá 28 horas de docencia expositiva e 21 horas de docencia interactiva, nas que se inclúen as prácticas de ordenador co software estatístico R.
As clases terán unha duración de 55 minutos e desenvolveranse no aula asignada facendo uso fundamentalmente da pizarra e de presentacións. Se fomentará a participación dos alumnos nas clases, sobre todo nos aspectos mais prácticos. Tamén se discutirán e resolverán diversos exercicios enunciados en boletines que serán entregados ao alumnado para fomentar o seu traballo persoal, utilizándose tamén para evaluar o seu aprovechamiento.
As competencias CB.1, CG.3, CG.10, CT.1,CG.8, CT.2 e CT.3 se fomentaran nas clases expositivas, as CG.8, CG.4, CT.2 e CT.3 desenvolveranse nas clase interactivas e as competencias CG.8,CG.10 e CT.4 nas clases prácticas de ordenador con R.
Nas tutorías tratarase de resolver as dúbidas suscitadas polos alumnos sobre as clases teórico-prácticas ou sobre os problemas que deben solucionar.
O alumnado contará co apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso, para dispoñer de acceso aos programas, bibliografía e distintos boletines de exercicios, así como a notas dalgúns temas e información sobre actividades complementarias voluntarias e ferramentas de comunicación.
A avaliación que se levará a cabo será a seguinte.
A cualificación de cada estudante farase mediante a avaliación continua e a realización dun exame final. Haberá un exame final teórico-práctico (tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade ) consistente na interpretación dunha serie de cuestións, desenvolvemento de preguntas de teoría e resolución de problemas. A este exame asignaráselle un peso do 70% na nota final da materia.
A avaliación continua representará o 30% da nota final, distribuído nun 10% correspondente a controis escritos, un 5% pola participación nos seminarios e entrega de tarefas, e un 15% polas avaliacións realizadas nas prácticas.
Na segunda oportunidade farase un exame. Conservarase o resultado da avaliación continua na segunda oportunidade do mesmo curso.
Considerarase presentado a calquera estudante que acuda ao exame final.
Os alumnos repetidores terán o mesmo sistema de avaliación.
As competencias CB.1, CG.3, CG.8, CT6 ,CT1,CT3, CT13 , CT19 e F:B1.4 avaliaranse mediante o exame final.
Mediante a avaliación continua e titorías avalianse as competencias CG4, CG10, CT1, CT2, CT3, CT8, CT11, CT12, CT17 y CT20.
Tamén nas clases prácticas valoranse as competencias CG3,CT4 y CT5 .
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Actividade Horas Presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 28,0 42,0 2,8
Seminarios 9,0 13,5 0,9
Aula de informática 12,0 6,0 0,9
Tutorías grupo 2,0 8,0 0,4
Tutorías individual. 2,0 3,0 0,2
Examen y revisión 5,0 22,0 1,1
Tutorías grupo 2,0 8,0 0,4
Tutorías individual. 2,0 3,0 0,2
Exame e revisión 5,0 22,0 1,1
( Segundo aparece na memoria de grao)
O que representa un total de 58h presenciais,92h de traballo do alumno e 150h totais.
Para superar con éxito a materia é recomendable:
-A asistencia ás clases expositivas e interactivas e a resolución e revisión dos problemas que se propoñan.
-Dedicar ao estudo da materia un tempo regularmente distribuído ao longo do cuadrimestre.
-Comprobar o grao de asimilación dos conceptos e de adquisición das técnicas básicas de cálculo, resolvendo os exercicios propostos en clase.
-Empregar o software da materia nas horas de traballo do alumno.
-Facer uso do horario de titorías para consultar calquera dúbida que poida xurdir.
-Coa utilización da bibliografía recomendada é posible completar ou ampliar calquera tema.
O idioma en que se imparte a materia será castelán
Maria Angeles Fernandez Sotelo
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813210
- Correo electrónico
- mangeles.fernandez.sotelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julio Gonzalez Diaz
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813207
- Correo electrónico
- julio.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ignacio Gómez Casares
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813391
- Correo electrónico
- ignaciogomez.casares [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A2 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A2 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A3 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
31.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A4 |
05.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
05.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
05.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
05.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
05.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
05.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
05.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A1 |
05.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |