Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia ten como obxectivo dar a coñecer os estudantes qué son os Sistemas de Información Xeográfica (SIX), como se implementan, cómo se utilizan e cales son as súas principais aplicacións para o estudo da paisaxe. En definitiva, trátase de capacitar ao estudante para o emprego dos SIX na resolución de calquera tipo de problema relacionado coa paisaxe, así como de aportarlle os coñecementos teóricos necesarios para a comprensión do funcionamento e utilización dos SIX.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Potencialidades da utilización dos SIX para a análise e planificación da paisaxe.
- Definición e elementos dun SIX.
- Os datos nun SIX: xeográficos e alfanuméricos.
- Estruturas e modelos de almacenamento: modelos ráster e vectorial.
- Topoloxía, xeorreferenciación e xeocodificación.
- Captura, corrección e almacenamento de datos.
Estes contidos desenvólvense a través do seguinte temario:
BLOQUE 1. INTRODUCIÓN (0.5 ECTS)
Tema 1. Introdución aos SIX
BLOQUE 2. XESTIÓN DA INFORMACIÓN XEOGRÁFICA (2 ECTS)
Tema 2. Modelado conceptual e estructural da información xeográfica
Tema 3. Bases de datos espaciais
BLOQUE 3. FUNCIÓNS DOS SIX (2.5 ECTS)
Tema 4. Operacións de entrada de datos
Tema 5. Operacións de análise espacial en datos vectoriais
Tema 6. Operacións de análise espacial en datos ráster
Tema 7. Presentación da información
BLOQUE 4. IMPLEMENTACIÓN E APLICACIÓN DOS SIX (1 ECTS)
Tema 8. Deseño, análise, xestión e explotación de proxectos SIX
Tema 9. Aplicacións dos SIX para a análise e planificación da paisaxe
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
Práctica 1. Instalación de QGIS (Bloque 1)
Práctica 2. Introdución a QGIS (Bloque 2)
Práctica 3. Datos e Sistemas de Coordenadas en QGIS (Bloque 2)
Práctica 4. Edición de datos con QGIS (Bloque 3)
Práctica 5. Operacións de xeoprocesado (Bloque 3)
Práctica 6. Elaboración de mapas con QGIS (Bloque 4)
Bibliografía básica:
BOSQUE SENDRA, J. (1997). Sistemas de Información Geográfica. Ediciones Rialp, S.A., Madrid.
KORTE, G. (2001). The GIS Book. New York: Onword Press.
GUTIÉRREZ, J., GOULD, M. (2000). SIG: Sistemas de Información Geográfica. Madrid: Síntesis.
OLAYA, V. (2012). Sistemas de Información Geográfica. http://www.bubok.es/libros/191920/Sistemas-de-Informacion-Geografica
Bibliografía complementaria:
BETTINGER, P., WING, M. G. (2004). Geographic Information Systems. Applications in Forestry and Natural Resources Management. New York: McGraw-Hill.
CHRISMAN, N. (1997). Exploring Geographic Information Systems. John Wiley and Sons.
DATE, C.J. (2001). Introducción a los Sistemas de Bases de Datos. Pearson Education.
DAVIS, B. (2001). GIS: A visual approach. New York: Onword Press.
DE MIGUEL, A., PIATTINI, M. (2000). Diseño de base de datos relacionales. Mexico: AlfaOmega.
Nesta materia o estudante adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da titulación que nos ocupa e do estudo da paisaxe en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as siguintes competencias básicas, xerais e transversais:
CB2 – Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG2 – Coñecer os sistemas de información e representación da paisaxe.
CG5 – Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnológicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
CT2 – Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT7 – Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Ademais, o estudante exercitará as seguintes competencias específicas:
CE58 - Coñecemento adecuado dos Sistemas de Información Xeográfica.
CE59 - Deseño, produción e difusión da cartografía básica e temática. Implementación, xestión e explotación de Sistemas de Información Xeográfica
Docencia expositiva - sesión maxistral (competencias CB3, CG2, CG5, CT2, CT7, CE58, CE59)
As clases teóricas teñen como obxectivo a exposición dos fundamentos teóricos dos SIX. Estas clases son imprescindibles para contextualizar as clases prácticas, de xeito que o estudante comprenda en que se basean e para que se poden empregar as funcións SIX aplicadas nas prácticas.
En cada clase empregarase unha presentación do tema coas ideas básicas e, nalgúns casos, con algún exemplo práctico. Esta presentación facilitará o seguemento da clase. No curso virtual porase a disposición dos estudantes para cada tema un resumo do mesmo, os obxectivos, a bibliografía e a presentación empregada en clase, o que permitirá completar as notas tomadas en clase.
Co fin de que o estudiante traballe de forma autónoma os contidos teóricos, nestas clases explicaranse unha serie de traballos prácticos que deberán ser realizados polo estudante de forma individual ou colaborativa, segundo determine o profesor en cada caso.
Docencia interactiva - taller (competencias CB2, CB3, CG2, CG5, CT2, CE58, CE59)
Nas prácticas traballarase na aula de informática cun programa de SIX libre (QGIS). O estudante disporá dun guión de prácticas no curso virtual. O estudante deberá entregar unha memoria de prácticas seguindo este guión.
Titorías - atención personalizada (competencias CB2, CB3, CG2, CG5, CT2, CT7, CE58, CE59)
O profesor resolverá as dudas xurdidas tanto nas clases teóricas como nas prácticas.
Consideracións xerais: para a superación da materia é condición indispensable que a calificación da proba escrita sexa igual ou superior a 4. A asistencia ás clases prácticas debe ser superior ao 80% para que se considere a calificación da memoria de prácticas no cálculo da nota final. No caso de que o alumno non supere a materia, conservaranse as calificacións parciais, da proba escrita ou do portafolio de traballos, para as seguintes convocatorias. Por causas excepcionais (laborais ou de enfermidade) darase a opción ao alumno de substituír a asistencia a prácticas por un exame práctico. En caso de que ao estudante se lle conceda dispensa de asistencia deberá realizar un exame práctico dos contidos impartidos nas clases interactivas. O procedemento de avaliación descrito será empregado tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Proba escrita: realizarase un exame final dos contidos do programa teórico.
Portafolio de traballos: o estudante deberá entregar unha memoria de prácticas e dous traballos correspondentes a dous temas do programa teórico.
A calificación final obterase mediante a avaliación das competencias correspondentes na seguinte proporción:
Proba escrita (40%): competencias CB3, CG2, CG5, CT2, CT7, CE58, CE59
Portafolio de traballos (60%): competencias CB2, CB3, CG2 , CG5, CT2, CE58, CE59
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas clases expositivas: 30 h presenciais - 45 h traballo personal
Horas clases interactivas: 30 h presenciais - 45 h traballo personal (realización da memoria de prácticas)
Asistencia a clases prácticas e teóricas.
Aproveitamento das horas de titorías.
Consulta da bibliografía recomendada.
PLAN DE CONTINXENCIA
No escenario 2 aplicarase a mesma metodoloxía da ensinanza (substituíndo as clases presenciais de docencia expositiva por videoconferencias grupais no horario de clases oficial) e sistema de avaliación que no escenario 1.
No escenario 3 modificarase a metodoloxía da ensinanza da seguinte forma:
Docencia expositiva (competencias CB3, CG2, CG5, CT2, CT7, CE58, CE59)
As clases presenciales substituiranse por videoconferencias grupais no horario de clases oficial, é dicir, de forma síncrona. Estas clases estarán destinadas á explicación dos contidos descritos no escenario 1 pero parte do tempo reservarase para a resolución de dudas de forma colectiva, tanto sobre os temas teóricos como sobre os correspondentes traballos prácticos. Para complementar estas clases, ademais dos contidos indicados no escenario 1, proporcionarase aos estudantes, a través da aula virtual, apuntes desenvolvidos para cada un dos temas do programa teórico, así como bibliografía disponible online para poder completar estes apuntes ou consultar dúbidas.
A plataforma utilizada para as videoconferencias será MS Teams. Enviarase aos estudantes por correo electrónico unha invitación para estas videoconferencias, de modo que só terán que aceptala para que se engada ao seu calendario da conta da USC.
Docencia interactiva (competencias CB2, CB3, CG2, CG5, CT2, CE58, CE59)
As prácticas na aula de informática serán substituídas por traballo autónomo do estudante, que deberá instalar no seu ordenador personal un software SIX. Para elo, o estudante disporá de dúas opcións, a instalación dun software libre ou propietario, de xeito que poderá seleccionar o que prefira para a realización das prácticas. Proporcionarase aos estudantes unha guía de prácticas detallada, que describirá todos os pasos necesarios para a realización dos exercicios prácticos. Esta guía estará dispoñible para os dous programas SIX que poderá elexir o estudante.
Realizaranse tutorías ou clases prácticas individuais ou colectivas a través de videoconferencia para a resolución de dúbidas sobre as prácticas co SIX. Para elo empregarase a plataforma MS Teams coa función de compartir pantalla por parte do profesor e os estudantes. Estas titorías ou clases prácticas realizaranse de forma asíncrona, xa que se irán programando en función dos progresos dos estudantes e das dificultades coas que se atopen.
Tutorías (competencias CB2, CB3, CG2, CG5, CT2, CT7, CE58, CE59)
Realizaranse a través de videoconferencia por MS Teams.
No escenario 3 modificarase o sistema de avaliación da seguinte forma:
A proba escrita será substituída por dous traballos adicionais, que se engadirán aos xa esixidos no portafolio de traballos do escenario 1. Deste modo, neste escenario o portafolio de traballos estará constituido pola memoria de prácticas e catro traballos correspondentes a catro temas diferentes do programa teórico.
Consecuentemente, neste escenario desaparecen os requisitos de calificación mínima na proba escrita, de asistencia ás clases prácticas e de exame práctico no caso de dispensa de asistencia ou causas excepcionais. No caso de que o estudante non supere a materia, conservaranse as calificacións parciais do portafolio de traballos para as seguintes convocatorias.
A calificación final obterase mediante a avaliación das competencias correspondentes do siguinte modo:
Portafolio de traballos (100%): competencias CB2, CB3, CG2, CG5, CT2, CT7, CE58, CE59
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións”
David Miranda Barros
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982822830
- Correo electrónico
- david.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 3 (Pav.III) |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Informática 3 (Pav.III) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 3 (Pav.III) |
02.06.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Aulario 2) |
11.07.2022 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Aulario 2) |