Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Ciencias da Comunicación, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Este curso proporciónalles ós estudantes unha introdución ás técnicas de análise estatística e de visualización da información lingüística. O propósito é chamar a atención sobre as posibilidades que ofrecen estas técnicas e facilitarlles unha guía práctica de como poden ser empregadas na investigación de datos léxicos e na súa aplicación lexicográfica.
1. Estatística aplicada a datos lingüísticos
1.1. Estatística descritiva univariante
1.2. Ferramentas de inferencia básicas (estimación e proba)
1.3. Métodos bivariantes
1.4. Modelos de regresión
2. Visualización de datos lingüísticos
2.1. Análise de datos lingüísticos e visualización de información
2.2. Técnicas de visualización
2.2.1. Presentación de datos
2.2.2. Análise de confirmación
2.2.3. Analise exploratoria
2.3. Ferramentas e estudo de casos
3. Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica
3.1. Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica: aproximación epistemolóxica
3.1.1. Traballando a lexicografía na e para a cultura visual
3.1.2. Principios de deseño para a creación de produtos e formatos CGI (Computer-generated imagery)
3.1.3. Concepto, historia, técnicas e estilos do proceso de creación en CGI
3.2. Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica: uso e deseño
3.2.1. Aproximación ó deseño con software en 2D e 3D
3.2.2. Creación audiovisual e FX: principios e técnicas de realización
3.2.3. Técnicas de edición, composición visual e animación en materiais en 2D e 3D
NOTA: Os contidos son idénticos nas dúas modalidades de docencia, presencial e virtual, esta última de ser o caso.
Durante o desenvolvemento dos contidos facilitaráselles bibliografía específica ós alumnos.
As competencias e resultados de aprendizaxe que se pretende acadar son:
Competencias básicas e xerais: CG1, CB6, CB7, CB8, CB9 e CB10
Competencias transferibles: CT2 e CT4
Competencias específicas: CE3, CE4, CE7, CE8 e CE9
A docencia do curso procurará a combinación dos seguintes métodos:
(a) Aulas teóricas e expositivas. Centraranse na presentación de cada un dos contidos propostos no programa.
(b) Aulas prácticas e interactivas. Consistirán nunha análise practica de casos mediante presentacións, exercicios, lecturas etc.
(c) Sesión de titorías. Dedicaranse á preparación e supervisión de tarefas encomendadas ós estudantes.
(d) Actividades complementarias. Inclúen tarefas que os estudantes deberán realizar fóra da aula baixo a supervisión dos profesores.
Os estudantes serán informados durante o curso sobre os materiais e a bibliografía que se empregarán nas aulas.
1. Oportunidade: presentación en clase e ensaio breve (10-15 páxinas): 100% da nota final
2. Oportunidade: a avaliación da segunda oportunidade realizarase co mesmo procedemento da oportunidade 1ª.
Os estudantes que xustifiquen a dispensa de asistencia no decanato da Facultade deberán realizar un traballo final que suporá o 100% da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da Universidade de Santiago de Compostela (https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/normativa/descarga…).
Asistencia: máximo de 35 horas.
Plan de continxencia
No caso de que as actividades de docencia teñan que ser suspendidas por mor da COVID-19, estas continuarán de xeito semi-presencial (combinaranse dous métodos en función da forma concreta de semipresencialidade que se estableza en cada momento) ou en liña. As actividades relativas ao curso realizaranse en liña a través da plataforma Moodle, mediante outra ferramenta e por correo electrónico. Estas plataformas tamén servirán como medio de comunicación e ofrecerán a posibilidade de comunicarse e de organizar titorías entre o estudantado e o corpo docente. O contido, planificación e a bibliografía do curso non se verán afectados por estes cambios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Xulio Sousa Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811866
- Correo electrónico
- xulio.sousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Enrique Castello Mayo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roi Mendez Fernandez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roi.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rosa María Crujeiras Casais
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813212
- Correo electrónico
- rosa.crujeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B06 |
16.12.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
16.12.2021 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |