Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Alemán, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U Erasmus Mundus Máster Europeo en Lexicografía
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Facilitar a adaptación dos estudantes á contorna laboral ou outras, desenvolvendo a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas.
- Dotar ao alumno da formación necesaria para a investigación a desenvolver tanto en España como noutros países de Europa.
- Capacitar ao alumnado para traballar con instrumentos informáticos no tratamento de datos lingüísticos.
Este curso presentará unha introdución á programación básica e á aprendizaxe de ferramentas e recursos tecnolóxicos de aplicación no estudo lexicográfico.
1. Introdución ás tecnoloxías da información e comunicación
1. Hardware e Software
2. Representación dixital de información textual e doutros tipos
3. Como funciona internet?
2. Introdución á programación con Python
1. Linguaxe e contorna de programación
2. Variables e operacións
3. Condicións e bucles
4. Creación e uso de funcións
5. Traballando con textos
6. Desenvolvendo un programa completo
3. Procesamento da Linguaxe Natural e Python
1. Introdución ao Procesamento da Linguaxe natural
2. Procesamento de Corpus e recursos lingüísticos con Python
3. Etiquetadores linguísticos con Python
4. Programación de exercicios prácticos en Python para cada un dos apartados anteriores.
4. Uso de Python noutros campos da Linguaxe Natural
1. Python e tradución automática
2. Python e clasificación de textos automática
3. Python e extracción automática de información
4. Programación de exercicios prácticos en Python para cada un dos apartados anteriores.
• Subrata Dasgupta (2016), Computer Science: A Very Short Introduction. Oxford Very Short Introductions.
• Python Software Foundation, The Python Tutorial, Python official documentation: https://docs.python.org/3/tutorial/
• Al Sweigart (2015), Automate the Boring Stuff with Python: Practical Programming for Total Beginners, No Starch Press.
• Steven Bird, Ewan Klein, and Edward Loper (2009). Natural Language Processing with Python, O'Reilly Media.
• Perkins Jacob (2010), Python Text Processing with NLTK 2.0, Cookbook
Achegaranse outras referencias bibliográficas no transcurso do seminario.
Os estudantes son capaces de:
- servirse dos instrumentos teóricos e metodolóxicos con aplicación no campo lexicográfico.
- usar novas metodoloxías e técnicas no estudo científico.
- recoñecer a necesidade dun estudo interdisciplinar.
- expor fenómenos terminolóxicos, tipolóxicos, metodolóxicos, entre outros, baixo un prisma aplicado.
Competencias:
CB10, CT4, CE4, CE7, CE8,
Método indutivo e dedutivo
Sesións prácticas en computador dentro e fóra da aula
Tarefas propostas previamente como traballo individual fóra da aula serán tema de análise e discusión na aula.
1) Primeira oportunidade:
Realización e entrega das tarefas no prazo marcado e activa participación: 100%.
2) Segunda oportunidade:
Aplicaranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
Os alumnos con dispensa de asistencia terán que facer un traballo final que representará o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
As horas presenciais son 35, ao que cabe sumar o traballo individual do alumnado.
Recoméndase cursar esta materia atendendo ao feito de que serve de introdución a contidos informáticos de cursos posteriores.
Espérase dos alumnos preparación - previa e posterior - das horas de clase
Trátase dunha materia optativa dentro do módulo de destrezas xerais. O mesmo componse das materias: P5261201 Lingua inglesa, P5261202 Lingua alemá, P5261203 Outras linguas e P5261204 Informática. Neste módulo é obrigatorio cursar 5 ECTS; pódese recoñecer un máximo de 10 ECTS.
Isaac Jose Gonzalez Lopez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U Erasmus Mundus Máster Europeo en Lexicografía
- Correo electrónico
- isaacjose.gonzalez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Sofía García González
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U Erasmus Mundus Máster Europeo en Lexicografía
- Correo electrónico
- sofia.garcia.gonzalez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | D02-Aula de informática de docencia |
20.12.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D02-Aula de informática de docencia |
20.12.2023 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D02-Aula de informática de docencia |
16.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D02-Aula de informática de docencia |
16.01.2024 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D02-Aula de informática de docencia |