Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender a importancia da idea de cosmopolitismo na tradición occidental dende a sua orixe na antigüedade.
Comprender e analizar as dimensións teóricas e prácticas do problema do cosmopolitismo na modernidade, en particular no período da ilustración.
Comprender a relación do concepto de cosmopolitismo co de cidadanía e con outros como o de humanidade, forxados ambos no contexto da modernidade ilustrada.
Coñecer as teorías actuais e debates relevantes en torno á cuestión do cosmopolitismo.
Identificar o concepto e a cronoloxía da globalización.
Identificar as tensions e polaridades da globalización e valorar as propostas do cosmopolitismo contemporáneo neste horizonte.
Coñecer e examinar o funcionamiento das institucions que representan na actualidade o xermolo dunha sociedade – incluso dun Estado – cosmopolita (ONU, UNESCO, Tribunal Penal Internacional, ONG´s, etc.).
Adicar unha particular atención ás propostas cosmopolitas con enfoque de xénero.
Dende o punto de vista instrumental: desenvolver o razonamento crítico e as capacidades de argumentación e deliberación dirixidas a analizar situacions reais no mundo globalizado.
Os contidos do programa artellanse arredor de tres núcleos, dous de orientación teórica e un de orientación teórico-práctica. Desde o punto de vista teórico prestarase atención nun primer bloque temático aos xermolos do cosmopolitismo no pensamento antigo (período helenístico) e – mais polo miudo – ás propostas da modernidade, tales como a do Abbé St. Pierre e a de Kant. Tratase de comprender a grande innovación que supuxo, no eido xurídico, a proposta do ius cosmopoliticum. Paralelamente farase unha aproximación á reconstrucción da xénese do importante concepto xurídico-político de cidadán/cidadanía, así como do concepto de humanidade, que podemos caracterizar preliminarmente como ético-antropolóxico. Adicarase atención especial a algunhas obras de Kant dos seguintes ámbitos: filosofía política, filosofía moral e filosofía da historia.
Nun segundo bloque de tipo teórico examinarase a aportación dalguns dos autores mais representativos do cosmopolitismo contemporáneo, tanto dende la óptica normativo-xurídica de tradición kantiana (Rawls, Habermas, Höffe), como desde a óptica sociolóxica (Beck, Morin). Paralelamente realizarase unha valoración da situación actual, que deu en chamarse globalización, examinando as propostas do cosmopolitismo como unha solución posible – de carácter progresista e emancipatorio – capaz de contribuir a reconducir ás tensions e polaridades características da globalización cara á meta común da construcción dun mundo que poda ser compartido polos seres humanos en paz e con miras a unha prosperidade cuxos parámetros sexan as auténticas necesidades humanas e non – como se veu dando – o que determina o mercado global.
O traballo teórico-práctico consistirá nun exame detallado da estructura e o funcionamento de institucions supraestatais como a ONU, a UNESCO, o Tribunal Penal Internacional, etc., que poden ser consideradas como o xermolo dunha sociedade cosmopolita e que, ademais, hunden a suas raíces directamente nas propostas realizadas por Immanuel Kant nalguns dos seus escritos.
Os contidos ordeanse do seguinte xeito:
Bloque teórico I: Das orixes ate Kant.
- Entre cínicos e cosmopolitas: Dióxenes e Alexandre Magno.
- Cosmopolistismo e estocismo.
- Cosmopolitismo e cristianismo.
- A noción de humanidade e o cosmopolitismo ético-político de Kant.
- O avance cara ao ius cosmopoliticum (do Abbé St. Pierre a Kant).
- A Declaración Universal dos Dereitos do Hombre e do Cidadán.
Bloque teórico II: Cosmopolitismo e globalización.
- Concepto e cronoloxía da globalización.
- Globalización e cosmopolitismo: o diagnóstico de Edgar Morin.
- Outros autores destacados do cosmopolitismo contemporáneo (Rawls, Habermas, Beck, Appiah).
- Cosmopolitismo e feminismo: ¿cómo afecta a globalización ás mulleres?
Bloque teórico-práctico III: Cosmopolitismo práctico.
Estudio do funcionamento de institucions como a ONU, a UNESCO, o Tribunal Penal Internacional, ONG´s, etc., a través das súas páxinas web e outros documentos.
Ankerl, G. (2000): Global communication without universal civilization. INU societal research. Vol.1: Coexisting contemporary civilizations: Arabo-Muslim, Bharati, Chinese, and Western. Geneva: INU Press.
Appiah, A. K. (2001): Kosmopolitischer Patriotismus. Frankfurt a. M., ed, Suhrkamp, 2001.
(2007) La ética de la identidad, Buenos Aires-Madrid, ed. Katz.
(2007) Cosmopolitismo: la ética en un mundo de extraños, Buenos Aires-Madrid, ed. Katz.
(2008) Mi cosmopolitismo. Buenos Aires, Madrid: ed. Katz.
Archibugi, D. & Held, D.(eds.) (1995): Cosmopolitan Democracy. An Agenda for a New World Order. Cambridge: Polity Press.
Beck, U. (2005), La mirada cosmopolita o la guerra es la paz. Barcelona, Paidós.
c/o Grande, E. (2006) La Europa cosmopolita: sociedad y política en la segunda modernidad.
(2008), La sociedad del riesgo mundial. En busca de la seguridad perdida. Barcelona, Paidós.
(2009) El dios personal: la individualización de la religión y el espíritu del cosmopolitismo. Barcelona, Paidós.
Benhabib, S. (2005): Los derechos de los otros. Barcelona: Gedisa.
(2006): Las interpretaciones de la cultura. Buenos Aires, Katz, 2006
Bilbeny, N. (2007): La identidad cosmopolita: Los límites del patriotismo en la era global. Barcelona: Editorial Kairós. ISBN 978-84-7245-656-3.
Brock, G. & and Brighouse, H. (eds) (2005): The Political Philosophy of Cosmopolitanism, Cambridge, Cambridge University Press.
Cortina, A. (2000): Ciudadanos del mundo. Hacia una teoría de la ciudadanía, Madrid, Alianza Editorial, 2000.
Estévez Araujo, J. A. (2000) «Ciudadanía cosmopolita versus globalización neoliberal», en Silveira Gorski, H. (coord.), Identidades comunitarias y democracia, Madrid, Trotta, pp. 285-296.
Fraser, N. (2011): Dilemas de la justicia en el siglo XXI: género y globalización. Mª A. Carbonero/J. Valdivieso (eds.), Palma: Universitat de les Illes Balears
Giddens, A. (1997): Modernidad e identidad del yo, Barcelona: Gedisa.
Granja Castro, D. M. & Leyva Martínez, G. (eds.) (2009): Cosmopolitismo. Barcelona: ed. Antrhopos.
Habermas, J. (1995): Más allá del Estado nacional. México, Fondo de Cultura.
Held, D. (1997), Democracia y el orden global. Del Estado moderno al gobierno cosmopolita, Barcelona, Paidós.
Höffe, O. (2007): Ciudadano económico, ciudadano del estado, ciudadano del mundo. Etica y política en la era de la globalización. Buenos Aires-Madrid, ed. Katz.
(2009) Derecho intercultural. Barcelona: Gedisa.
Kant, I. (2001): Sobre la paz perpetua. Madrid: Tecnos.
(2006): Ideas para una historia universal en sentido cosmopolita. Madrid: Tecnos.
Lessing, G. E., (1984); Natán el sabio, Madrid. Espasa-Calpe.
Martínez Guzmán, V. (2000): «Globalización, seguridad y cosmopolitismo», en: Papeles de Cuestiones Internacionales, 69, pp. 17-27.
Morin, E. (2011): La vía para el futuro de la humanidad, Barcelona: Paidós.
Nussbaum, M. (2007): Fronteras de la justicia: consideraciones sobre la exclusión. Barcelona, Paidós, 2007.
Ortega Carcelén, M. (2006): Cosmocracia: política global para el siglo XXI, Ed. Síntesis, Madrid.
Quesada, F. (ed.) (2008), Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política. Madrid: Trotta.
Rawls, J. (1996), Liberalismo Político. Barcelona, Crítica.
Shiva, Vandana, Manifiesto para una democracia de la tierra: justicia, sostenibilidad y paz.Barcelona, Paidós, 2006
Scuccimarra, L. (2017): Los confines del mundo. Hª del cosmopolitismo desde la Antigüedad, Oviedo, KRK.
Velasco, Juan Carlos (2007), «Ayer y hoy del cosmopolitismo kantiano», en: Isegoría. Revista de Filosofía Moral y Política, 16, pp. 91-117.
Zolo, D. (2002), «Una crítica realista al globalismo jurídico desde Kant a Kelsen y Habermas», en Anales de la Cátedra Francisco Suárez, 36, pp. 197-218.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que as/os estudantes adquiran capacidades e coñecimentos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
CG2 - Que as/os estudantes saiban aplicar os coñecimentos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CG3 - Que as/os estudantes sexan capaces de transmitir coñecimientos, ideas orixinais e solucions propostas.
CG4 - Que os/as estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na busca de solucions.
CG5 - Que os/as estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestions e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
CE1 - Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecimentos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecimientos adquiridos na resolución de novos problemas. CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuizos, deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debatir e deliberar.
As competencias avaliaranse a través das distintas actividades a realizar durante o curso.
TRABALLO PRESENCIAL EN HORAS DE CLASE
Priorizarase a dinámica de seminario (clases interactivas), sobre a base de exposicións realizadas polos alumnos/as de documentos fundamentais (textos de lectura obligatoria, páxinas web institucionais). Empregaranse tamén clases expositivas ou maxistrais, nas que a profesora realizará a exposición de temas e conceptos especialmente dificultosos e nucleares para o desenvolvemento do programa. A selección de documentos para o traballo na aula (textos fonte de lectura obrigatoria e páxinas web institucionais) realizarase no principio do curso de acordo cos alumnos/as. Fixarase, asimesmo o calendario de exposicións.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNO/A
Dado que se pretende fomentar a participación, os alumnos/as deben ser muy conscientes de que son corresponsables do traballo na aula e, polo tanto, deben levar a cabo unha boa preparación das sesions do curso mediante o estudo dos textos obrigatorios e da bibliografía recomendada, así como mediante a realización de preguntas de comprensión á profesora nas titorías ou a través da aula virtual, etc. Asimismo deben preparar as suas exposicións de textos ou de páxinas web institucionais de forma didáctica para que as mesmas resulten útiles aos seus compeñeros/as.
AVALIACIÓN
AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación continua realizarase tendo en conta os siguientes apartados de calificación:
• Asistencia regular (control mediante folla de sinaturas) e participación constructiva nas sesións adicadas á análise e discusión dos textos e otros documentos na aula (observacións da profesora): (20 % de la nota).
• Exposición na aula ou online mediante Teams: (30 % de la nota): Duración: entre 15 e 20 minutos. Recoméndase o uso de power point.
• Traballo escrito sobre algún dos textos traballados na aula: (50 % de la nota). Extensión: máximo 15 folios, Letra Times New Roman, Interliñado 1,5.
Os alumnos/as que acumulen mais de tres faltas sin xustificar perden o seu dereito á avaliación continua, en cuxo caso poden optar á avaliación mediante exame final.
AVALIACION DE ALUMNOS/AS CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Estes alumnos/as serán avaliados mediante un traballo escrito sobre un tema do seu interese que teña cabida no marco da asignatura e logo de realizar unha entrevista persoal coa profesora.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
A avaliación non continua realizarase mediante EXAME FINAL
Aas persoas que concurran ao exame final terán que dar conta do conxunto da materia impartida no curso, así como dos textos de lectura obrigatoria e de apoio empregados nas aulas expositivas e interactivas. O exame final consiste nunha proba escrita: un comentario de texto (4 puntos) e duas preguntas (3 puntos cada unha).
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas.
Horas presenciais semanais: 3 horas (9 horas docencia expositiva e 12 horas docencia interactiva). Aproximadamente 24 horas no conxunto do semestre. Incluindo 3 horas de titorías.
Horas non presenciaiss semanaiss, recomendadas para o traballo con textos: 1,5 horas. Aproximadamente 9 horas no semestre.
Horas de estudo semanais (ademais das non presenciais): 2 horas semanais.
Aproximadamente, 30 horas no semestre.
Participación nas presentacios.
Preparación dos temas/textos asignados.
Consulta de dúbidas na aula o unas titorías.
OBSERVACIÓNS:
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2:
Desenvolverase na aula, segundo as quendas que se establezan.
Distínguese entre sesións expositivas e interactivas.
Sesións expositivas (transmisión de contidos fundamentais)
Se a situación obriga a recebir na aula presencial únicamente a unha parte do alumnado e por quendas, a docencia expositiva desenvolverase de xeito síncrono utilizando a plataforma Teams xunto co apoio power points ou eventualmente vídeos que garantan a dispoñibilidade dos contidos para todo o grupo con independencia da quenda de asistencia
(presencial ou online). Eses materiais serán depositados tamén na aula virtual para que podan ser recuperados en calquera momento.
Sesións interactivas (traballo de seminario).
- Traballar con textos fonte (páxinas seleccionadas) que ilustren o tema que se está a tratar.
- Formular e resolver dúbidas e preguntas de comprensión tanto dos temas como dos textos.
- Debatir os textos.
Os textos fonte estarán a dispor dos alumnos/as con antelación dabondo na aula virtual.
O sistema de avaliación da aprendizaxe é o que se detalla in supra. O control de asistencia necesario para discriminar entre avaliación continua e non continua farase mediante o autorrexistro dos alumnos/as (anotando o seu nome no chat de Teams e indicando o espazo no que se atopan: aula, espacio online …) Este autorrexistro cotexarase co “informe de asistencia” que emite a plataforma Teams (anovación recente).
Para a modalidade de avaliación non-continua contémplase a realización dunha proba escrita ou exame. De darse os escenarios 2 ou 3 e se o número de alumnos/as o permite, o exame farase presencialmente na aula. De contar cun número excesivamente amplio para os espazos dispoñibles na Facultade optarase por realizar o exame de xeito virtual e síncrono. Os alumnos/as terán a obriga de estar visibles mediante cámara e evitaranse as preguntas de tipo memorístico que podan dar lugar a plaxios, optando por preguntas que obriguen a pensar e redactar de xeito autónomo.
Escenario 3:
Peche de instalacións.
Tal como está concebido o plan de continxencia para o Escenario 2 permite a súa aplicación para o Escenario 3 sen modificación, ca salvedade de que nese caso non haberá presenza na aula de ningún grupo de alumnos e toda a actividade desenvolverase mediante a plataforma Teams, sempre de xeito síncrono nos horarios estipulados pola secretaría do centro.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Sala Hipatia |
01.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
01.07.2022 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |