Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
(1) Adquisición das competencias indicadas abaixo.
(2) Adquisición dunha actitude crítica á vez que dialogante entre o alunado.
En calquera escenario, os contidos serán os seguintes:
Tema 1. Razóns, conceptos e focaxes en ética aplicada
Tema 2. A análise filosófica da discriminación
Tema 3. Os criterios para a consideración moral
Tema 4. Éticas centradas na sintiencia contra éticas medioambientais
Tema 5. Teoría da decisión, distribución e ética aplicada
Tema 6. Ética avanzada de poboacións
Tema 7. A cuestión da esixencia moral e a consideración do futuro
EN GALEGO/PORTUGUÉS
Castro, Olga & Reimóndez, María, Feminismos, Vigo: Xerais, 2014.
Galvão, Pedro (ed.), Os animais têm direitos?: perspectivas e argumentos, Lisboa: Dinalivro, 2011.
Horta, Oscar, Na defensa dos animais, Rianxo: Axóuxere, 2019.
Hottois, Gilbert & Missa, Jean-Noël (dirs.), Nova enciclopedia de bioética, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
McMahan, Jeff, A Ética no ato de matar: problemas às margens da vida, Porto Alegre: AltMed, 2011.
Singer, Peter, Escritos sobre uma vida ética, Lisboa: Dom Quixote, 2000.
EN CASTELÁN (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS)
Aguiar, Fernando, “Teoría de la decisión e incertidumbre: modelos normativos y descriptivos”, Empiria: Revista de Metodología de Ciencias Sociales, 8, 2004, 139-160.
Amorós, Celia & de Miguel, Ana (eds.) Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización, Madrid: Minerva, 2005.
Bourdieu, Pierre, La dominación masculina, Barcelona: Anagrama, 2000.
Canto-Sperber, Monique (dir.), Diccionario de ética y de filosofía moral, Ciudad de México: FCE, 2001.
Ferrater Mora, José & Cohn, Priscilla, Ética aplicada, Madrid: Alianza, 1981.
Guisán, Esperanza, Introducción a la ética, Madrid: Cátedra, 2002.
Lara, Francisco & Francés, Pedro, Ética sin dogmas: racionalidad, consecuencias y bienestar en el utilitarismo contemporáneo, Madrid: Biblioteca Nueva, 2004.
Millet, Kate, Política sexual, Madrid: Cátedra, 1969.
Parfit, Derek, Razones y personas, Madrid: A. Machado Libros, 2004.
Resnik, Michael D., Elecciones: una introducción a la teoría de la decisión, Barcelona: Gedisa, 1998.
Singer, Peter, Liberación animal, Madrid: Taurus, 2011.
EN INGLÉS (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS NEN EN CASTELÁN)
Anderson, Michael & Anderson, Susan L. (eds.), Machine ethics, Cambridge: Cambridge University Press, 2011.
Armstrong, Susan J. & Botzler, Richard G. (eds.), The animal ethics reader, 2ª ed., New York: Routledge, 2008.
Callicott, John Baird., In defense of the land ethic: essays in environmental philosophy, SUNY, Albany, 1989.
Crisp, Roger, Reasons and the good, Oxford: Oxford University Press, 2006.
de Lazari-Radek, Katarzyna, & Singer, Peter, The point of view of the universe: Sidgwick and contemporary ethics, Oxford: Oxford University Press, 2014.
Fieser, James & Dowden, Bradley, Internet encyclopedia of philosophy, 1995-2015, http://www.iep.utm.edu.
Glover, Jonathan, Causing death and saving lives, London: Penguin Books, 1977.
Holtug, Nils & Lippert-Rasmussen, Kasper (eds.), Egalitarianism: new essays on the nature and value of equality, Oxford: Oxford University Press, 2006.
Horta, Oscar, “What is speciesism?”, Journal of Agricultural and Environmental Ethics, 23, 2010, 243-266.
————“Does discrimination require disadvantage?”, Moral Philosophy and Politics, 2, 2015, 277-297.
Kagan, Shelly, The limits of morality, Oxford: Oxford University Press, 1990.
Kaplan, Mark, Decision theory as philosophy, Cambridge: Cambridge University Press, 1998.
Knight, Carl, “The injustice of discrimination”, South African Journal of Philosophy, 32, 2013, 47-59.
Lippert-Rasmussen, Kasper, “The badness of discrimination”, Ethical Theory and Moral Practice, 9, 2006, 167-185.
————Born free and equal? a philosophical inquiry into the nature of discrimination, Oxford: Oxford University Press, 2014.
MacAskill, William, Doing good better: effective altruism and a radical new way to make a difference, New York: Gotham Books, 2015.
Moreau, Sophie R., “What is discrimination?”, Philosophy and Public Affairs, 38, 2010, 143-179.
Mulgan, Tim, The demands of consequentialism, Oxford: Oxford University Press, 2001.
Persson, Ingmar, The retreat of reason: a dilemma in the philosophy of life, Oxford: Oxford University Press, 2005.
Peterson, Martin, An introduction to decision theory, New York: Cambridge University Press, 2009.
Pojman, Louis J. (ed.), Environmental Ethics: Readings in Theory and Application, Wadsworth, Belmont, 1998.
Sachs, Benjamin, “The status of moral status”, Pacific Philosophical Quarterly, 92, 2011, 87-104.
Sterba, James P., Earth ethics: environmental ethics, animal rights, and practical ethics, Prentice Hall, Engelwood Cliffs, 1995.
Temkin, Larry S., Inequality, New York: Oxford University Press, 1993
———— “Personal versus impersonal principles: reconsidering the slogan”, Theoria, 69, 2003, 21-31.
———— Rethinking the good: moral ideals and the nature of practical reasoning, New York: Oxford University Press, 2012.
Weston, Anthony, A practical companion to ethics, New York : Oxford University Press, 1997.
Young, Iris M., Justice and the politics of difference, Princeton: Princeton University Press, 1990.
Zalta, Edward N. (ed.), Stanford encyclopedia of philosophy, 1995-2015, http://plato.stanford.edu.
Outras referencias bibliográficas a maiores poderán ser facilitadas na aula.
BÁSICAS E XERAIS
Posuír capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras. Saber aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
Saber transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións. Capacitación para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións. Habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na prática social, cuestións e problemas susceptíbeis de seren abordados e resoltos. Coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvimento e/ou aplicación de ideas. Capacitación para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. Capacitación para integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, permita reflexionar sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. Capacitación para comunicar conclusións, e as razóns últimas que sustentan estas, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. Habilidades de aprendizado para continuar a estudar dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
Dominio das tecnoloxías da información e a comunicación. Dominio das fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital. Saber valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas. Coñecemento dos valores ligados aos dereitos e diversidade, así como os que levan á crítica das desigualdades de xénero.
ESPECÍFICAS
Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster. Destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación. Habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
Saber aplicar os coñecementos adquiridos a resolución de novos problemas. Ser quen de analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos. Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
Cada tema será tratado nunha aula inicial de carácter máis expositivo e noutra seguinte de tipo interactivo. Na primeira destas levarase a termo unha apresentación dos problemas propios do tema. Nesa sesión explicaranse tamén os textos cos que se tratará o tema. Na seguinte sesión, a máis interactiva, discutiranse os textos e os problemas na aula. Para cada unha das 7 aulas de tipo interactivo, cada estudante levará preparada unha tese concreta acerca do problema tratado, así como un esquema argumental de como defender esta e cuestionar outras visións alternativas, nun pequeno texto respostando ás cuestións centrais do tema.
Durante as titorías de grupo explicaranse e traballaranse os contidos do ensaio, así como as dúbidas relativas aos outros temas tratados na materia. Estas terán lugar na metade do curso, a finais do mes de novembro.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
A materia require necesariamente da participación moi activa do alunado nas aulas. Na participación na aula nengunha clase de atitude irrespectuosa co resto que se detecte será aceitada. As opinións que parezan estrañas ou aparentemente moi erradas terán que ser obxecto de consideración e atención tanto como as que estexan mais en liña co que comunmente pensamos ou que parezan correctas de maneira mais aparente. Así mesmo, farase entrega en cada unha das segundas sesións de cada tema dunha breve exposición escrita da tese defendida e o esquema argumental para a súa defensa.
TRABALLO PREVIO ÁS AULAS
Para que o traballo na aula poida levarse adiante é preciso que o estudantado teña traballado os textos de apoio (que estarán disponíbeis na aula virtual), así como o desenvolvemento das súas propias teses e esquemas argumentais sobre os problemas tratados na materia. Non se pode superar a materia se non se leva adiante este traballo.
Hai dúas maneiras de superar a materia: ao longo do curso e presentando os traballos necesarios para a superación da materia na data final. Esta última é a opción disponíbel para as persoas que ou ben non teñan o rendemento adecuado ao longo do curso ou ben non acudan ás clases (inclúese nesta situación, pois, o alumnado con dispensa ou exención de asistencia a clases presenciais).
A avaliación da materia basearase en tres aspectos: a participación activa na aula, as breves exposicións por escrito entregadas para cada tema e un ensaio que se entregará ao final do curso. Todas estas tarefas serán entregadas en remoto na aula virtual.
Os ensaios finais cumprirán os seguintes requisitos:
· Tratarán dun tema abordado na materia.
· Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
· Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
· Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algun dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está disponíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384
· Seguirán o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, interlineado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas).
· Terán unha extensión de 10 páxinas en diante se son o suficientemente densas en contido.
A consideración da participación activa na aula avaliará as seguintes competencias:
Saber aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
Saber transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións. Capacitación para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
Habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na prática social, cuestións e problemas susceptíbeis de seren abordados e resoltos.
Coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvimento e/ou aplicación de ideas.
Capacitación para integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, permita reflexionar sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Capacitación para comunicar conclusións, e as razóns últimas que sustentan estas, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
Coñecemento dos valores ligados aos dereitos e diversidade, así como os que levan á crítica das desigualdades de xénero.
Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
Habilidades para la transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
Saber aplicar os coñecementos adquiridos a resolución de novos problemas.
Ser quen de analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
Saber expresarse oralmente, comunicar, debater e deliberar.
A consideración das exposicións por escrito entregadas para cada tema avaliará as seguintes competencias:
Posuír capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
Capacitación para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Capacitación para integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, permita reflexionar sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Capacitación para comunicar conclusións, e as razóns últimas que sustentan estas, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
Saber valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
Saber aplicar os coñecementos adquiridos a resolución de novos problemas.
Ser quen de analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos. Saber expresarse por escrito.
A consideración do ensaio que se entregará ao final do curso avaliará as seguintes competencias:
Posuír capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
Saber aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
Saber transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións.
Capacitación para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
Habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na prática social, cuestións e problemas susceptíbeis de seren abordados e resoltos.
Coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvimento e/ou aplicación de ideas.
Capacitación para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. Capacitación para integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, permita reflexionar sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. Capacitación para comunicar conclusións, e as razóns últimas que sustentan estas, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. Habilidades de aprendizado para continuar a estudar dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo. Dominio das tecnoloxías da información e a comunicación. Dominio das fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital. Saber valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas. Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster. Destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación. Saber aplicar os coñecementos adquiridos a resolución de novos problemas. Ser quen de analisar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos. Saber expresarse por escrito.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
A distribuición da nota ficará como segue:
ensaio: 4’5 ptos. + exposicións por escrito de cada tema: 3’5 ptos. + participación activa na aula: 2 ptos.) = Total: 10 ptos.
Para superar o curso resulta obrigatorio ter asistido e entregado as exposicións de polo menos 5 temas.
· Nos ensaios avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos demais contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calqueira momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese o plaxio, isto é tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas. Toda frase incluida no ensaio sen atribuirse a fonte e que fora redactada por outra persoa será considerada un plaxio. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios será de aplicación o recol lido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de traballo: 75 horas (3 ECTS):
• Horas de titorias: 3 horas
• Aulas expositivas: 9 horas.
• Aulas interactivas: 12 horas.
• Horas non presenciais: 51 horas no semestre.
A materia pode ser superada dun xeito que é perfeitamente asequíbel de prepararse os temas. Facendo iso non só se poderá ter unha boa nota na parte da avaliación relativa ás exposicións, senón que se poderá ter unha boa participación activa na aula e se obterá unha familiaridade cos contidos da materia que facilitará a redación do ensaio.
Plan de continxencia
ESCENARIO 2
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Será total ou parcialmente presencial ou virtual por medio da plataforma designada pola USC (nestes intres, MS Teams), en función do que decida o centro. Polo demáis, será en todo igual ao que se indicou arriba.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APENDIZAXE
Será en todo igual ao que se indicou arriba.
ESCENARIO 3
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Será virtual por medio da plataforma designada pola USC (nestes intres, MS Teams), alternando docencia sincrónica e asincrónica. Polo demáis, será en todo igual ao que se indicou arriba.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APENDIZAXE
Será en todo igual ao que se indicou arriba.
Óscar Horta Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Sala Hipatia |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Sala Hipatia |
29.06.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
29.06.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |