Créditos ECTS Créditos ECTS: 15
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 358 Horas de Titorías: 12.5 Clase Interactiva: 4.5 Total: 375
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Filoloxía Galega, Historia da Arte, Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Microbioloxía, Filoloxía Catalá, Historia da Arte, Filosofía, Filosofía Moral, Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O TFM consistirá na elaboración por parte do estudante dun proxecto, traballo, memoria ou estudo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de Máster. Estará orientado á avaliación das competencias asociadas á titulación como: capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo; emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que faciliten o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo. O TFM do Máster en Filosofía. Coñecemento e Cidadanía, será realizado baixo a dirección dun doutor ou doutora con docencia no título.
O TFM debe de ser un traballo orixinal e versar sobre un tema relacionado co Máster. Segundo se recolle no artigo 2 da normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e de Fin de Máster na USC (aprobado polo Consello de Goberno de 10 de marzo de 2016) incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción, presentación e defensa do traballo.
Pode ser redactado e defendido en calquera dos idiomas que se utilizaron na impartición do Máster, conforme ao disposto no artigo 8.5 da normativa anteriormente citada.
O TFM ha de ser dirixido por un/unha profesor/a que imparta docencia no Máster e versará sobre dunha temática relativa á materia que imparte.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
(1.1) Que as e os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
(1.2) Que as e os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
(1.3) Que as e os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos ideas orixinais e solucións propostas.
(1.4) Que as e os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na busca de solucións.
(1.5) Que as e os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestión e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
(1.6) Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(1.7) Que as e os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
(1.8) Que as e os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seu coñecementos e xuízos.
(1.9) Que as e os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
(1.10) Que as e os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
(2.1) Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
(2.2) Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
(2.3) Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
(2.4) Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
(2.5) Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuízos e deliberar consonte á criterios éticos.
(2.6) Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(3.1) Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
(3.2) Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
(3.3) Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
(3.4) Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
O TFM, en tanto que é a última materia que cursan as/os alumnas/os do Máster antes da obtención do título, debe reflectir os coñecementos adquiridos tanto a nivel de contidos coma metodolóxicos. Se os estudos de posgrao constitúen unha das etapas formativas máis elevadas nos estudos universitarios e tendo en conta que para cursar esta materia o alumnado debe ter superada a totalidade dos créditos que conforman o plan de estudos do Máster en Filosofía. Coñecemento e Cidadanía, cabe agardar que na realización dos traballos académicos presentados para superar a materia, así como na súa lectura e defensa pública, o alumnado amose o coñecemento, rigor científico e analítico esperable no seu nivel académico.
Cómpre lembrar que o Máster en Filosofía. Coñecemento e Cidadanía é un máster que, entre outros cometidos, prepara para a investigación. En consecuencia, é necesario que na súa execución se exerciten e se poñan de manifesto técnicas de traballo propias dun traballo de investigación.
plano de emerxencia:
a) escenario 2: titorización presencial, presentación virtual.
b) escenario 3: titorización e preentación virtual.
pásase a tribunal, cando o alumno considere que a cualificación debe ser superior a 8, senón a presentación faise só ante titor.
DIMENSIÓn DA AVALIACIÓN
O tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponda conforme aos criterios de avaliación recollidos máis abaixo e axustados ao disposto na normativa da USC, outorgando a cualificación conforme á seguinte escala numérica, de cero (0) a dez (10), con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:
• Non Presentado
• 0 - 4,9: Suspenso
• 5,0 - 6,9: Aprobado
• 7,0 - 8,9: Notable
• 9,0 - 10: Sobresaliente
Os membros do tribunal de avaliación realizarán un informe, segundo o modelo elaborado para estes efectos, no que se terán en conta os seguintes aspectos:
1. Calidade do TFM: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións.
2. Presentación escrita do TFM: presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica.
3. Presentación oral e defensa: concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua.
O informe da/o titora/titor será tido en consideración no momento de cualificar o traballo. O tribunal contará, no momento da valoración, co informe sobre o traballo elaborado pola dirección do mesmo.
A cualificación final outorgada ao TFM por cada membro do tribunal obterase de acordo coa seguinte ponderación:
I. Traballo escrito: 75%
• Desenvolvemento do tema e estrutura, aportacións orixinais, método, manexo das fontes e bibliografía (60%)
• Presentación formal e corrección lingüística (15%)
II. Presentación oral (25%):
• Exposición (10%)
• Defensa (15%)
A cualificación final resultará de aplicar a media aritmética entre as notas atribuídas ao TFM por cada un dos membros do tribunal e farase pública nun prazo non superior a sete días lectivos desde a súa defensa.
No caso de que se dea unha das seguintes circunstancias, o TFM será cualificado como suspenso:
- Cando os seus contidos non se adecúen aos da liña temática escollida e/ou ao título aprobado.
- Cando coincida cun traballo realizado polo alumno noutras materias ou actividades da titulación, ou cando non sexa orixinal.
- Cando feita a solicitude de defensa o/a alumno/a non chegue a facer a defensa pública do TFM na data prevista, sen que exista xustificación escrita presentada polo/a interesado/a ante a Secretaría do Decanato da Facultade e aceptada pola CA.
A mención de “Matrícula de Honra” poderá ser outorgada a estudantes que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9,0. O seu número non poderá exceder o límite establecido pola USC, tendo en conta que, se o número de alumnos/as é inferior a 20, poderase conceder unha MH. Naquelas titulacións nas que se constituíse un tribunal único para todas as convocatorias, será este o que outorgue as matrículas de honra que correspondan. Noutro caso, a atribución desta cualificación corresponderalle á comisión con competencias nos TFM, oídas as propostas dos diferentes tribunais.
Este sistema de avaliación será válido para as dúas oportunidades a que da dereito a matrícula do TFM.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
As competencias a acadar a través do TFM serán avaliadas polo tribunal tendo en conta as diferentes actividades que conforman a elaboración e defensa do TFM. Para elo o tribunal considerará o informe do/da titor/a.
REVISIÓN
O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal efecto se fixen no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de revisión estarán comprendidas dentro dos 10 días seguintes á publicación dos resultados. Contemplaranse como mínimo dúas datas opcionais. O alumnado que desexe facer uso deste dereito deberá solicitalo con antelación para que estean presentes os membros do tribunal de revisión. A revisión será persoal e poderá realizala un ou varios membros do tribunal. En todo caso, deberá quedar constancia da celebración da revisión e da data en que se realizou.
O procedemento de reclamación da cualificación será o establecido na normativa vixente relativa á avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
plano de emerxencia:
a) escenario 2: titorización presencial, presentación virtual.
b) escenario 3: titorización e preentación virtual.
pásase a tribunal, cando o alumno considere que a cualificación debe ser superior a 8, senón a presentación faise só ante titor.
os tfm podrñán redactarse e defenderse noutros idiomas (inglés preferentemente, pero tamén portugués ou francés).
O tempo total de estudo e traballo persoal para a realización dun TFM é de 238 horas.
É conveniente que, antes de iniciar o proceso de elaboración e defensa, se lea con atención a Normativa vixente da USC.
Recoméndase a consulta frecuente da páxina da Facultade de Filosofía sobre o TFM http://www.usc.es/gl/centros/filosofia/TFM.html, onde hai información completa e actualizada sobre todo o proceso de elaboración e defensa do TFM, ademais dos formularios que se precisan ao longo do mesmo.
8. PLAN DE CONTINGENCIA
Escenario 2:
-Defensa telemática, mediante TEAMs ou plataforma similar equivalente.
-Metodoloxía: o asesoramento e seguimento do traballo, así como o sistema de titorías, farase tamén por medios telemáticos e correo electrónico, e poderase consultar puntualmente no seu teléfono de despacho.
Avaliación: segundo os criterios programados.
Realización fraudulenta do Traballo Fin de Máster será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 3: Peche das instalacións
Mantéñense os criterios da fase 2, ou sexa:
Escenario 2:
-Defensa telemática, mediante TEAMs ou plataforma similar equivalente.
-Metodoloxía: o asesoramento e seguimento do traballo, así como o sistema de titorías, farase tamén por medios telemáticos e correo electrónico, e poderase consultar puntualmente no seu teléfono de despacho.
Avaliación: segundo os criterios programados.
Realización fraudulenta do Traballo Fin de Máster será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jesús Ángel López Romalde
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816908
- Correo electrónico
- jesus.romalde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martin Pereira Fariña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812525
- Correo electrónico
- martin.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Oscar Parcero Oubiña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Correo electrónico
- oscar.parcero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yolanda Martinez Suarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Dolors Perarnau Vidal
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Catalá
- Teléfono
- 881811790
- Correo electrónico
- dolors.perarnau [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Javier De Donato Rodríguez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- xavier.dedonato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Benito Arbaizar Gil
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812521
- Correo electrónico
- be.arbaizar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU