Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Desenvolvemento do coñecemento científico intégrase como materia obrigatoria no itinerario (módulo II del máster) COÑECEMENTO E COMPRENSIÓN DO MUNDO, completando un bloque de materias coas que se persigue ocuparse de problemas actuais relacionados co noso mundo, cómo recabamos información dese entorno e cómo emitimos información que repercute no mesmo, qué tipos de coñecementos obtemos do mismo, especialmente a través da ciencia e as humanidades, e cómo e con qué repercusións o modificamos cos desenvolvementos tecnolóxicos.
Con esta materia perséguese:
- Adquirir coñecementos sobre o desenvolvemento da ciencia contemporánea desde a perspectiva da filosofía da ciencia.
- Desenvolver a reflexión crítica no análise dos problemas relacionados coa ciencia contemporánea, en especial no tocante a propostas acerca da xeneración de coñecemento, a cinemática e a dinámica da ciencia.
- Adquirir os conceptos necesarios para abordar os distintos problemas que nos plantea a ciencia contemporánea, así como a capacidade analítica para elaborar o estudio crítico dos mesmos.
- Adquirir unha comprensión do funcionamiento da ciencia, así como dos seus problemas e os seus retos, co fin de entender mellor o seu papel e cometido na sociedade do século XXI.
Descriptores da materia no Plan de Estudos:
Nesta materia tómase en consideración o desenvolvemento do coñecemento científico atendendo a dúa vertientes: (i) a xeneración e avaliación racional de dito coñecemento; (ii) a cinemática e dinámica da ciencia. Para elo examinaranse algunhas das propostas centrais da filosofía da ciencia contemporánea.
Estructura dos temas de contidos.
(Nota: Cando menos desenvolveranse en clase os 5 primeiros temas. )
1. Introducción: xeneración e avaliación do coñecemento; cinemática e dinámica da ciencia
2. A proposta acumulativa da concepción herdada
3. A proposta popperiana de aproximación á verdade absoluta pola vía refutacionista.
4. Contrastación de hipótesis.
5. Inferencia á mellor explicación.
6. Ciencia normal, revolucións científicas e inconmensurabilidade, según Kuhn.
7. Os programas de investigación e o "falsacionismo sofisticado" de Lakatos.
8. O progreso como resolución de problemas de Laudan.
LECTURAS OBRIGATORIAS PREVISTAS (BÁSICAS): (Se o desenvolvemento do curso o aconsellara poderá facerse algún cambio):
- Díez, J.A.- Moulines, C.U. (1997) Fundamentos de Filosofía de la Ciencia. Ariel, Barcelona. Cap. 3 (“Contrastación de hipótesis”).
Ademais, unha das tres siguientes:
- Plutynski, A. (2011) "Four Problems for Abduction", en: HOPOS: The Journal of the International Society for the History of Philosophy of Science, vol. 1(2): 227-248.
- Norton, J.D. (forthcoming) "Inference to the Best Explanation: The General Account" (Draft), en: Norton, J. The Material Theory of Induction, (nov, 2018, in preparation), Cap. 8.
- Lipton, P. (2000) “Inference to the Best Explanation”, en: Newton-Smith, W. H. (ed.) (2000) A Companion to the Philosophy of Science. Blacwell, Oxford.
BIBLIOGRAFÍA GENERAL RECOMENDADA (COMPLEMENTARIA)
Bird, A. (1998) Philosophy of Science. UCL Press, London.
Díez, J. A. y U. Moulines (1997): Fundamentos de filosofía de la ciencia, Ariel, BCN.
Douven, I. (2011) "Abduction", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2011 Edition), Edward N. Zalta
(ed.), URL = <http://plato.stanford.edu/archives/spr2011/entries/abduction/>.
Echeverría, J. (1999): Introducción a la metodología de la ciencia. La filosofía de la ciencia del siglo XX, Cátedra, Madrid.
Estany, A. (1993): Introducción a la filosofía de la ciencia, Barcelona, Crítica.
Godfrey-Smith, P. (2003): Theory and Reality: An Introduction to the Philosophy of Science, The University of Chicago Press, Chicago.
Harman, G.H. (1965) “The Inference to the Best Explanation”, en: The Philosophical Review, LXXIV: 88-95.
Kuhn, T. S. (1962/70) The Structure of Scientific Revolutions. Univ. of Chicago Press, Chicago (2ª ed., incluyendo “Postscrip: 1969”, 1970). (Vers. cast.: La Estructura de las Revoluciones Científicas. F.C.E., México, 2006).
Kuhn, T. S. (1983a) “Rationality and Theory Choice”, en: Journal of Philosophy, 80: 563-570. (Vers. cast.: “Racionalidad y Elección de Teorías”, en KUHN (1989), pp. 137-151).
Kuhn, T. S. (1983b) “Commensurability, Comparability, Communicability”, en: ASQUITH; PD.- T. NICKLES PSA 1992, Vol. 2, East Leasing, Michigan, pp. 669-688. (Vers. cast.: “Conmensurabilidad, Comparabilidad y Comunicabilidad”, en: KUHN (1989), pp. 55-94).
Kuhn, T. S. (1987) “What are Scientific Revolutions?”, en: KRÜGER,L.-DASTON, L. and HEIDELBERG, M. (eds.) The Probabilistic Revolution. Cambridge Univ. Press, Cambridge, 7-22. (Vers. cast.: “¿Qué son las Revoluciones Científicas?”, en: KUHN (1989), pp. 55-93).
Kuhn, T. S. (1989b)¿Qué son las Revoluciones Científicas? Paidós, Barcelona.
Ladyman, J. (2002): Understanding Philosophy of Science. Routledge, London and New York.
Lakatos, I. (1968) “Criticism and the Methodology of Scientific Research Programmes”, en: Proceedings of the Aristotelian Society, 69: 149-186. (Vers. cast.: “La Crítica y la Metodología de los Programas de Científicos de Investigación”, en: Cuadernos Teorema, Madrid, 1981).
Lakatos, I. (1970) “Falsification and the Methodology of Scientific Research Programmes”, en LAKATOS-MUSGRAVE (1970), pp. 91-196. (Vers. cast.: “La Falsificación y la Metodología de los Programas de Investigación Científica”, en: LAKATOS-MUSGRAVE (1970), pp. 203-244).
Lakatos, I. (1971) “History and Its Rational Reconstruction”, en R. BUCK y R. COHEN (1987), pp. 91-136. (Vers. cast.: Historia de la ciencia y sus reconstrucciones racionales, Tecnos, Madrid, 1984).
Lakatos, I. (1978a) The Methodology of Scientific Research. Philosophical Papers, Vol. I. Cambridge Univ. Press, Cambridge. (Vers. cast.: La Metodología de los Programas de Investigación Científica, Vol. I. Alianza, Madrid, 1981).
Lakatos, I.- Musgrave, A. (1970) Criticism and the Growth of Knowledge. Cambridge Univ. Press, Cambridge. (Vers. cast.: La Crítica y el Desarrollo del Conocimiento. Grijalbo, Barcelona, 1975).
Laudan, L. (1977) Progress and its Problems Towards a Theory of Scientific Growth. Univ. of California Press, Berkeley. (Vers. cast.: El Progreso y sus Problemas. Encuentro, Madrid, 1986).
Lipton, P. (1991) Inference to the Best Explanation. Routledge, London.
Lipton, P. (2000) “Inference to the Best Explanation”, en: Newton-Smith, W. H. (ed.) (2000) A Companion to the Philosophy of Science. Blacwell, Oxford.
Lipton, P. (2004) Inference to the Best Explanation. (2nd edition) Routledge, London.
Losee, J. (1972): Introducción histórica a la filosofía de la ciencia, Alianza Universidad,
Madrid, 1976.
Moulines, C.U. (2011): El desarrollo moderno de la Filosofía de la Ciencia, UNAM, México.
van Fraassen, B. (1980) The Scientific Image. Oxford Univ. Press, Oxford.
van Fraassen, B. (1989) Laws and Symmetry. Clarendon Press, Oxford.
1. Competencias básicas e xerais.
CG1 - Que os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CG3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CG4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na búsqueda de solucións.
CG5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibeis de ser abordados e resoltos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desesenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miudo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a úa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (uo multidisciplinares) relacionados coa sua área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos.
CB9 - Que os estudantes saiban aplicar comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
2. Competencias transversais.
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar críticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respeto aos dereitos humáns e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
3. Competencias específicas
CE1 - Coñecer e comprender plantexamentos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 – Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, formular xuizios, e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debatir e deliberar.
O curso terá: (1) clases expositivas, nas que os docentes exporán os contidos do temario; (2) clases interactivas, nas que ademais de aclarar dubidas e dificultades relacionadas coa parte expositiva se considerarán as relacionadas coas lecturas obrigatorias.
Para comprobar o nivel de comprensión das clases expositivas e das lecturas por parte de alumnos, estes disporán de cuestionarios, que deberán ir contestando e presentando como tarefas obrigatorias nas datas indicadas a través do Campus Virtual. Estas tarefas serán avaliadas polo profesor. Nesta materia se requerirá a cada estudante para poder aprobar que realice as tarefas obrigatorias.
Os/As estudantes poderán formular consultas en persoa ao profesor responsable no seu horario de atención a alumnos, e a través do correo electrónico en calquer momento ao longo do curso, ou de video-conferencia (tras acordo previo do momento para realizala).
O profesor responsable da materia fará unha presentación xeral inicial de cada tema. Nas clases teóricas presentará los distintas temas. Nas clases interactivas se analizarán e discutirán as dúbidas e dificultades sobre os contidos da materia e sobre os textos de lectura obrigatoria, provocando a discusión e o debate argumentado con e entre os/as alumnos/as con apoio nas respostas aos cuestionarios. Ademais, o profesor porá a disposición dos/as estudantes información sobre a materia e sobre cada un dos temas, así como cuestionarios para facilitar el seguimento dos contidos e o traballo sobre os textos de lectura obrigatoria. Eses cuestionarios deberán ser contestados por cada alumno. Para elo farase uso da plataforma do Campus Virtual da USC.
A avaliación continua consistirá na asistencia a clase e a participación en forma de preguntas, intervencións nos debates e exposicións das lecturas. Para aprobar a materia mediante avaliación continua os/as estudantes deberán obter un mínimo de 5 puntos nas tarefas (cuestionarios e esquelas de lecturas).
O alumno que non siga o procedemento previsto para a avaliación continua, deberá superar unha proba final en relación cos contidos da materia e as lecturas obrigatorias. A asistencia a clases é obrigatoria (agás que haxa dispensa de asistencia segundo a normativa da USC). Calquera falta de asistencia deberá estar xustificada documentalmente. O/a alumno/a que teña máis de dous faltas non xustificadas, non será avaliado/a polo procedemento de avaliación continua.
Proba final (en 1ª e 2ª convocatoria): complementaria á avaliación continua para quen non supere parcial ou totalmente esta, alternativa á avaliación continua para quen non se acolla á avaliación continua.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o re-collido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Alumnos/as con dispensa académica:
Os/As alumnos/as con dispensa académica de asistencia as clases presenciais poderán seguir a evaluación continua (que se verá incrementada coa presentación de esquemas dun máximo de tres textos a traballar relacionados coa materia o poderán ser avaliados na proba final).
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
VARIABLE 1: Asistencia e participación
CRITERIOS: (i) Participación activa en clase; (ii) Participación nos debates e discusións; (iii) Lectura dos materiais (textos obrigatorios); (iv) Participación no traballo de grupo; (v) Asistencia a titorías.
INSTRUMENTO: Observacións e notas do profesor
PESO: 10%
VARIABLE 2: Realización e presentación nos prazos establecidos das tarefas que amosen adquisición e comprensión dos contidos da materia, así como os das lecturas obrigatorias.
CRITERIOS: (i) Dominio dos conceptos e contenidos, (ii) relación con outros conceptos vistos en outras materias; (iii) actitude crítica, (iv) aportacións persoais, reflexivas e creativas.
INSTRUMENTO: Tarefas a realizar nos prazos previstos ao longo do semestre
PESO: 90 % (debiendo obter un mínimo de 5 puntos para superar a materia.)
Estimación do tempo de estudo e traballo personal
Traballo presencial dol alumno:
Clases expositivas………………………………………………………………………………………………………………...………9h
Clases interactivas …………………………………………………………………………………………………………….….... 12h
Titorías grupo..............................................................................................................3h
Horas totales presenciais............................................................................................ 24h
Traballo personal do alumno:
Seguimento (lecturas, documentación, indagación, estudo, traballos, etc)......................... 51h
Horas totales de traballo persoal ................................................................................. 51h
TOTAL GLOBAL……………………………………………………………………..…………….........................………….75h
Para superar a materia por esta vía resulta imprescindible un traballo constante da materia e, concretamente, das lecturas obrigatorias e tarefas previstas ao longo do semestre. Os/As estudantes que non procedan a traballar desta forma deberán superar a materia mediante un examen final.
José Luis Falguera López
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812536
- Correo electrónico
- joseluis.falguera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Nussbaum (109) |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario Nussbaum (109) |
12.01.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
12.01.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
29.06.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
29.06.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |