Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Signo, representación, realidade é unha materia troncal e obrigatoria (módulo I) do Máster universitario en Filosofía: Coñecemento e cidadanía, de tres créditos que, xunto as outras cinco materias deste módulo, pretenden proporcionar unha formación común aos estudantes.
Os obxectivos da materia son, fundamentalmente:
- Adquirir os coñecementos básicos e teóricos sobre as principais reflexións filosóficas contemporáneas sobre a representación sígnica ou semiose, orixinadas a partir do marco teórico da semiótica y da filosofía analítica.
- Desenvolver a reflexión acerca da representación científica, desde el punto de vista das súas conexións coas concepcións da verdade y da realidade procedentes dos modelos de representación sígnica anteriormente presentados.
- Aplicar a representación sígnica ao ámbito da acción, abordando as conexións entre ficción, virtualidade e realidade.
- Desenvolver destrezas relacionadas coa capacidade discursiva, tanto oral como escrita: presentar ideas con claridade, elaborar argumentacións, realizar observacións críticas, relacionar e estruturar coherentemente os contidos, etc.
Estes obxectivos concrétanse nos seguintes aspectos:
a) Aproximación teórica ás distintas formas de entender o signo e a representación sígnica seguindo a semióticos senlleiros como F. de Saussure, C.S. Peirce o Ch. Morris.
b) Presentar distintos sistemas semióticos e, en particular, aquel máis completo: a linguaxe humana, que se distingue doutros sistemas semióticos, nomeadamente da linguaxe dos signos ou das formas comunicativas dos animais non humanos.
c) Expor os signos como entidades illadas ou agrupadas e, si agrupadas, conformando regras (semiose como inferencia en Peirce). Indicar o papel das regras recursivas na caracterización especie-especifica da linguaxe e da cognición humana.
d) Sinalar dous posibles asentos do signo: como entidade pertencente ao noso equipamento mental ou como algo que xurde da experiencia inmediata.
e) Mostrar aos signos ou marcas como evidencias sobre as que se asentan as nosas crenzas racionais (‘dispor de evidencias’ ou ‘ter razóns para crer’ como expresións sinónimas), pois as evidencias son usadas tanto na ciencia como na vida ordinaria para confirmar ou falsar hipóteses e establecer a súa obxectividade e verosimilitude.
f) Exhibir unha aplicación da semiótica a un ámbito científico contemporáneo: a análise das neuroimaxes como indicios de funcións cognitivas, mostrando as virtualidades e limitacións da información que proporcionan.
1. A representación sígnica ou semiose
1.1 Signos illados.
Dimensións e modelos do signo (Sausurre, Peirce, Morris)
1.2 Signos estruturados
A linguaxe como conxunto estruturado de signos
Signos e regras: recursión.
1.3 Pragmática e signo: signo como entidade mental ou como representación da experiencia inmediata.
2. Signos, representación científica e verdade
2.1 Evidencia como signo, síntoma o índice.
2.2 Indicios e causalidade.
2.3 Evidencia como guía da verdade e soporte da ciencia.
3. A acción sígnica
3.1 Caso de análise. As neuroimaxes como signos da cognición humana: ficción ou realidade.
Araki, N., ‘Saussure and Chomsky’, Bull. Hiroshima Tech. Research, 2015, 49, 1-11
Berwick, R. C. y N. Chomsky, ¿Por qué solo nosotros? Evolución y lenguaje. Kairós, 2016
Chomsky, N., ‘Human Language and other semiotics systems’, Semiotica, 25, 1-2, 1979, 31-43.
Chomsky, N. What kind of creatures are we? Columbia University Press, 2016. V. española, Ariel, 2017.
Corbalis, M., La mente recursiva: los orígenes del lenguaje humano, el pensamiento y la civilización. Ediciones Intervención Cultural, 2014. Ed. orixinal, Princeton U. P. 2011.
Eco, U., Tratado de semiótica general. Lumen. Barcelona, 1985
Everett, D. L., No duermas, hay serpientes. Vida y lenguaje en la Amazonía. Turner, 2014. Ver. orig. 2008
Everett, D. L. (2010). "You drink. You drive. Yo go to jail. Where's recursion?". En LingBuzz (https://ling.auf.net/lingbuzz/001141)
Fitch, W. T. & Hauser M. D., ‘Computational constraints on syntactic processing in a nonhuman primate’. Science, 303, 2004, 377–380.
Frege, G.: "Sobre sentido y referencia", en Estudios sobre semántica, pp. 49-84.
Genon, S. et. Al., ‘How to characterize the function of a brain region? Trends in Cognitive Science, April 2018, 22, 4, 350364
Hardcastle, V: G. & Stewart, C. M., ‘What do brain data really show? Philosophy of Science, 2002, 69, S72-S83.
Hauser, M. D. & Chomsky, N. & Fitch, W. T., ‘The Faculty of Language: What Is It, Who Has It, and How Did It Evolve?’, Science, vol. 298, 2002, 1569-1579.
Kelly, Th. ‘Evidence’, Stanford Encyclopedia of Philosophy, Jul. 28, 2014.
Klein, C. ‘Philosophical Issues of neuroimaging’, Philosophy Compass, 2010, 5/2, 186-198.
Klein, C., ‘Images are not the evidence in neuroimaging’, Brit. J. Phil. Sci. 2010, 61, 265-278.
Kokab, A, Senghas, A, Snedeker, J., ‘Recursion in Nicaraguan Sign Language’, CogSci., 2016, 1343-48
Lowenthal, F. & Lefebvre, L. (eds.), Language and recursion. Springer, 2014.
McCabe, D. P. & Castel, A. D., ‘Seeing is believing: The effect of brain images on judgements of scientific reasoning’, Cognition, 2008, 107, 343-352.
Morris, C., Fundamento de la teoría de los signos. Ed. Paidós, 1985.
Mounin, G., Saussure, Anagrama: Barcelona, 1971.
Pancorbo, L., Ecoloquio con U. Eco, Anagrama: Barcelona, 1977
Pearl, J., Causality: models, reasoning and inference. Cambridge University Press. 2000.
Peirce, Ch. S., ‘La fijación de la creencia’, (1877). Traducción castellana y notas de José Vericat. En: Charles S. Peirce. El hombre, un signo (El pragmatismo de Peirce), J. Vericat (tr., intr. y notas), Crítica, Barcelona, 1988, pp. 175-99. Vers. orig.,"The Fixation of Belief" publicada en W3, pp. 242-257. http://www.unav.es/gep/FixationBelief.html
Peirce, Ch. S., La ciencia de la semiótica, Ediciones Nueva Vision, Buenos Aires, 1974.
Peirce, Ch. S., ‘Carta a Lady Welby’, traducción de Ignacio Redondo, 2006 .Vers. orig. SS 22-36. http://www.unav.es/gep/Welby12.10.04Espanol.html
Peirce, Ch.S., Mi alegato en favor del pragmatismo, Aguilar: Buenos Aires, 1971.
Peirce, Ch.S., Obra lógico-semiótica, Taurus, Madrid, 1987.
Peirce, Ch.S., El hombre, un signo, Crítica, Barcelona, 1988.
Peirce, Ch.S., El pragmatismo, Ed. Encuentro, Madrid, 2008.
Rodden, F. A., & Stemmer, B., ‘A brief introduction to common neuroimaging techniques’, Handbook of the Neuroscience of Language, Academic Press, 2008, 57-67
Saussure, F. de, Curso de Lingüística General. Ed. Losada, 1945.
Sinnott-Armstrong, W., A. Roskies, T. Brown and E. Murphy, ‘Brain images as legal evidence’, Episteme, 2008, 359-373
Sloman, S. A. & Lagnado, D. (2015), ‘Causality in Thought’, in Annual Rev. Psychology, 66:3.1-3.25.
Fumagalli, A., ‘El índice en la Filosofía de Peirce’, Anuario Filosófico, 1996, (29), 1291-1311.
Van der Hulst, H., Recursion and Human language, De Gruyter Mouton, 2010.
Woodward, J. (1997), ‘Explanation, Invariance, and Intervention’, Philosophy of Science. Vol. 64: S26-S41 (Supplement. Proceedings of the 1996 Biennial Meeting of the Philosophy of Science Association. Part II: Symposia Papers (Dec.)).
1. Competencias básicas e xerais
CG1 - Que os/as estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras.
CG2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
CG3 - Que os/as estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CG4 - Que os/as estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
CG5 - Que os/as estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeles de ser abordados e resoltos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os/as estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
2. Competencias transversais
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
3.3. Competencias específicas
CE1 - Coñecer e comprender consideracións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser quen de analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
(1) Aulas expositivas. Ofrecerase unha explicación dos temas do programa incidindo sobre todo naqueles aspectos que sexan centrais e que contribúan a que os/as alumnos/as formen o seu propio mapa conceptual do tópico. A exposición estará aberta á participación e ao debate e o propio alumnado poderá facerse cargo dalgunha presentación si o tema lle motiva e así llo suxire ao profesor.
(2) Clases interactivas
Favorecerase a participación do alumnado, propoñendo tarefas como as seguintes:
- Redaccións curtas sobre aspectos tratados nas aulas expositivas.
- Cuestionarios de preguntas.
- Uso de recursos audiovisuais e comentarios sobre os seus contidos.
A proposta das distintas actividades faranse na aula e no campus virtual de la materia.
(3) Traballo autónomo do alumnado.
- Resposta aos cuestionarios plantexados.
- Probas de resposta curta sobre as actividades explicativas ou interactivas programadas.
(4) Actividad titorial en grupo. A metade do cuadrimestre serán programadas titorías en grupo para por en común a experiencia formativa recibida ata ese momento e recoller suxerencias para a segunda parte do curso. Análise e implementación das mesmas.
(5) Aula virtual. La materia dispón de aula virtual.
As competencias básicas e xerais, transversais e mais específicas son avaliadas en todos e cada un dos diferentes modos e dimensións da avaliación (1, 2 y 3).
E posible superar a materia mediante (1) avaliación continua o (2) facendo o exame final. A avaliación continua require da asistencia a clase.
(1) A avaliación continua constará de:
1.1 Cuestionarios ou probas breves sobre distintos aspectos do programa.
1.2 Opcionalmente, un traballo de curso sobre algún aspecto do programa. O traballo deberá ser previamente admitido polo profesor. Responderá ao formato dun traballo científico:
- Consistirá na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
- Terá unha estrutura ordenada. Constará de resumo inicial, introdución, contexto no que se desenvolve, exposición da tese e conclusión final. Seguirá o formato dun texto académico estándar (p. ex., fonte ‘Times’, tamaño 12, con notas a pé tamaño 10, inter-liña 1.5, parágrafo xustificado, sen portadas).
- Terá unha extensión aproximada de 10 páxinas.
- Pode tomarse como modelo calquera traballo publicado na revista da nosa Facultade, Agora. Papeles de Filosofía (www.usc.es/revistas/index.php/agora)
As persoas que non superen ou que no desexen optar pola avaliación continua farán o exame final da materia.
(2) O exame final constará de 10 preguntas de resposta breve sobre o programa da materia.
Alumnado exento de asistencia a clase: deberá presentarse ao exame final.
Dimensións da avaliación
Avaliación continua:
1. Cuestionarios ou redaccións breves sobre distintos aspectos do programa: 90 %
2. Traballo de curso: 10 %
Exame final:
O alumnado que non supere a materia ou que desexe mellorar a nota conseguida na avaliación continua poderá concorrer ao exame final; nese caso a nota definitiva será a do exame final. O exame final consta de 10 preguntas e cada unha puntúa como máximo con 1 punto. A data do exame pode consultarse no seguinte enlace:
http://www.usc.es/gl/centros/filosofia/exames
As competencias básicas e xerais, transversais e mais específicas son avaliadas en todos e cada un dos diferentes modos e dimensións da avaliación (1, 2 y 3).
Na resolución de cuestionarios ou redaccións breves, as competencias serán avaliadas en función da precisión e a claridade coa que se responda. Nas probas escritas as competencias serán avaliadas atendendo á claridade coa que se responda así como a madurez e consistencia amosada nas argumentacións.
Normas a ter en conta:
- Non será obxecto de avaliación continua quen non asista ás aulas ou non entregue as tarefas acordadas nos prazos establecidos.
- O/a alumno/a debe atender ao código de boas prácticas da USC, que di que hai que traballar con honestidade intelectual e seriedade no contraste das citas, respectando o traballo dos demáis, evitando todo tipo de plaxios e apropiacións indebidas e actuando co máximo respecto á propiedade intelectual ou industrial. A non observancia desta norma conlevará non superar a materia nas dúas convocatorias anuais.
Traballo presencial do/a alumno/a:
Clases expositivas 9h
Clases interactivas 12h
Titorías grupo 3h
Horas totais presenciais 24h
Traballo persoal del alumno/a:
Estudio individual del alumno/a 20h
Presentación de traballos, tarefas, exposicións e realización de probas 10h
Preparación de traballos, tarefas, exposicións e probas 15h
Outras tarefas 6h
Horas totais de traballo persoal 51h
Total: 75h
1) Participación nas presentacións
(2) Preparación dos temas/textos seguindo as pautas indicadas.
(3) Consultar as dúbidas na aula ou nas titorías.
(4) Ler, pensar, debater e escribir.
No hay.
Alejandro Sobrino Cerdeiriña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812534
- Correo electrónico
- alejandro.sobrino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala Hipatia |
Mércores | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Sala Hipatia |
18.01.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
18.01.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
11.07.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Mead (303) |
11.07.2023 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Mead (303) |