Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é dotar ao alumnado dun coñecemento teórico e práctico sobre as principais técnicas do traballo de campo etnográfico. A materia ofrece a oportunidade de adquirir os coñecementos teóricos, capacidades e prácticas necesarias para iniciarse neste tipo de técnicas que son hoxe moi utilizadas en proxectos de distintas especialidades.
Obxectivo Xeral:
Adquirir coñecementos sobre o traballo de campo etnográfico.
Obxectivos Específicos:
OE1: Coñecer e utilizar algunhas das técnicas utilizadas no traballo de campo: observación participante, caderno de campo, tipos de entrevistas, historias de vida.
OE2: Coñecer as posibilidades que ofrecen a fotografía e as gravacións de audio e vídeo para o traballo de campo etnográfico.
OE3: Coñecer as implicacións éticas que conleva o traballo de campo.
Tema 1. Diferenzas entre técnicas cualitativas e traballo de campo etnográfico.
Tema 2. Aplicacións do método etnográfico en varias disciplinas de humanidades e ciencias sociais.
Tema 3. Observación participante: o diario de campo.
Tema 4. Entrevistas: tipos de entrevistas; técnicas de transcrición; uso de fontes orais.
Tema 5. Antropoloxía visual e uso de fontes audiovisuais.
Tema 6. A escritura etnográfica.
Tema 7. Ética e traballo de campo etnográfico.
- Básica:
Díaz de Rada, Ángel. (2010). El taller del etnógrafo. Materiales y herramientas de investigación en etnografía. UNED.
Velasco, Honorio, y Díaz de Rada, Ángel (2006). La lógica de la investigación etnográfica. Un modelo de trabajo para etnógrafos de la escuela. Trotta.
- Complementaria:
Abu-Lughod, Lila. (1991). Writing against culture. En Richard G. Fox (ed.), Recapturing Anthropology: Working in the Present (pp. 137-162). School of American Research Press.
Allen-Perkins, Diego. (2022). Dilemas de investigación en contextos confinados: Reflexiones en torno al tratamiento del material empírico digital. Analysis. Claves de Pensamiento Contemporáneo. 35, artículo 14, 1-9.
Bohannan, Laura. (2010). Shakespeare en la selva. En Honorio M. Velasco (Comp.), Lecturas de Antropología Social y Cultural. La Cultura y las Culturas (pp. 53-65). UNED.
Cotán Fernández, Almudena. (2020). El método etnográfico como construcción de conocimiento: un análisis descriptivo sobre su uso y conceptualización en ciencias sociales. Márgenes, Revista de Educación de la Universidad de Málaga, 1 (1), 83-103 DOI: http://dx.doi.org/10.24310/mgnmar.v1i1.7241
Diz, Carlos. (2023). Métodos experimentais e xiro colaborativo: a etnografía itinerante nunha sociedade (in)mobilizada. Revista Andaluza De Antropología, 1(25), 29–52. DOI: https://doi.org/10.12795/RAA.2023.i25.02
Estalella, Adolfo (Coord.). (2022). Ética de la investigación para las ciencias sociales. Universidad Complutense de Madrid.
Esteban, Mari Luz. (2004). Antropología encarnada. Antropología de una misma. Papeles del CEIC, 12. DOI https://doi.org/10.1387/pceic.12093
Flaherty, Robert J. (Dir.). (1922). Nanook of the North [Película]. Pathé Exchange, Revillon Frères.
García Ferrer, Raúl. (2021). Los edificios hablan. Una antropología de la arquitectura del poder:el Museu d’Art Contemporani de Barcelona. Antropología Experimental, 21, 499-516. DOI: https://dx.doi.org/10.17561/rae.v21.6282
Geertz, Clifford. (2003 [1973]). La interpretación de las culturas. Gedisa.
Grau Rebollo, Jorge. (2012). Antropología audiovisual: reflexiones teóricas. Alteridades, 22(43), 161-175.
Latour, Bruno, y Woolgar, Steve. (1986). La vida en el laboratorio. La construcción de los hechos científicos. Alianza.
Malinowski, Brownislaw. (1972 [1922]). Los argonautas del Pacífico occidental. Planeta de Agostini.
Mariano Juárez, Lorenzo, Conde Caballero, David, y Cordovilla Guardia, Sergio. (2018). Bebidas azucaradas y comida procesada. Ideologías y representaciones de la transición alimentaria en la región Ch’orti’. Acción Contra el Hambre.
Mead, Margaret. (1973 [1935]). Sexo y temperamento en tres sociedades primitivas. Laia.
Ojeda Pereira, Iván, y Campos-Medina, Fernando. (2021). Digital Platform Delivery Guys: Extended Production Point in the CitiesVisual Ethnography, 10(1). DOI: http://dx.doi.org/10.12835/ve2019.1-0158
Piñeiro, Eleder, y Diz, Carlos. (2018). El trabajo de campo como abandono: una reflexión sobre la metodología de la observación participante. Revista Colombiana De Antropología, 54(1), 59–88. DOI: https://doi.org/10.22380/2539472X.383
Piñeiro, Eleder, y Diz, Carlos. (2021). La imagen de la etnografía. El uso de la fotografía en el trabajo de campo. New Trends in Qualitative Research, 9, 355-363. DOI: https://doi.org/10.36367/ntqr.9.2021.355-363
Rosaldo, Renato. (2020). Cultura y verdad. La reconstrucción del análisis social. Abya-Yala.
van den Scott, Lisa-Jo. K. (2018). Visual Methods in Ethnography. Journal of Contemporary Ethnography, 47(6), 719-728. DOI: https://doi.org/10.1177/0891241618806972
Velasco, Honorio, García Castaño, F. Javier, y Díaz de Rada, Ángel (1999). Lecturas de antropología para educadores. El ámbito de la antropología de la educación y de la etnografía escolar. Trotta.
Verdery, Katherine. (2013). Aventuras antropológicas con el Mago de Oz en Rumanía, 1973 – 1989. En Montserrat Cañedo Rodríguez (Coord.), Cosmopolíticas: perspectivas antropológicas (pp. 250-265). Trotta.
COMPETENCIAS DE TIPO BÁSICO
CB1 - Adquirir coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
CG1 - Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos proporcionados polo Máster a través de cada un dos seus dous itinerarios, mediante os contidos expositivos e os procesos de interacción en relación a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar eses coñecementos como investigadores para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos, xa sexa no ámbito investigador, no profesional, de empresas ou de institucións.
CG3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas, así como as planificacións previstas, tanto a un público xeral como a aquel directamente coñecedor como especialista da problemática.
CG4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión crítica con actitude proactiva e creativa na procura de solucións, cun elevado grao de autonomía complementada con tendencia á colaboración nun marco de interdisciplinariedade.
CG5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación no desempeño profesional.
CT2 - Manexar e analizar críticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital, estandarizadas a nivel internacional.
CT3 - Formular hipóteses de traballo en investigación e recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Desenvolver o seu traballo desde a perspectiva da calidade e a mellora continua, coa capacidade autocrítica necesaria para un desempeño profesional responsable.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer os contidos das materias seguidas no Máster. Estes contidos especifícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber trasladar eses coñecementos ao ámbito da investigación, de maneira que se poida ampliar e desenvolver o coñecemento sobre COÑECEMENTO E CIDADANÍA a través dun programa de doutorado.
CE3 - Estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos adquiridos no Máster e os que están directa ou indirectamente relacionados.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos mostrando a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de investigación ou profesional.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, realizar inferencias contextualizadas á mellor hipótese, reflexionar e deliberar conforme a criterios éticos, formulando xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas coa información dispoñible.
CE6 - Saber expresarse oralmente, comunicar, debater e dialogar con tolerancia.
CE7 - Saber expresarse por escrito, pois non en balde o discurso escrito segue sendo unha canle importante para a comunicación e expresión do pensamento crítico.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
Nas clases impartidas pódense distinguir os seguintes tipos:
(1) Aulas expositivas. Presentación por parte do docente dos contidos teóricos da materia. O obxectivo das sesións expositivas é a presentación dos temas incluídos no programa do curso. Estes temas complementaranse, exemplificarán e serán discutidos nas sesións interactivas.
(2) Aulas interactivas. O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar e discutir algúns aspectos da materia a través da realización das actividades propostas: caderno de campo, control de contidos, análises de curtametraxe etnográfica e participación en relatorios convidados.
Cada unha destas actividades avaliarase mediante unha rúbrica dispoñible no Campus Virtual.
ACTIVIDADE TITORIAL
Tutorizaciones para o seguimento dos contidos teóricos e das actividades propostas, recomendación de bibliografía complementaria, resolución de dúbidas e revisións.
1. AVALIACIÓN CONTINUA FORMATIVA
É a modalidade preferente. O carácter práctico e aplicado da materia implican a participación activa na aula e o compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos. A porcentaxe de cada actividade resúmese a continuación:
- Aulas expositivas:
Realización de fichas de lectura (30 %)
• Control de contidos 1: 10 %
• Control de contidos 2: 10 %
• Control de contidos 3: 10 %
- Aulas interactivas:
Traballo etnográfico (30 %)
• Caderno de campo - Entrega parcial 1: Definición do tema de investigación e revisión de fontes bibliográficas: 10 %
• Caderno de campo - Entrega parcial 2: Delimitación de unidades de observación e selección de informantes: 5 %
• Caderno de campo - Entrega parcial 3: Elaboración dun guion de entrevista: 5 %
• Exposición oral do traballo etnográfico: 10 %
Asistencia e participación nas sesións de discusión en clase (40 %)
• Reflexións sobre un relatorio convidado: 10 %
• Práctica de observación: 10 %
• Análise de etnografías: 10 %
• Análise de documental etnográfico: 10 %
Asistencia:
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”. No caso da avaliación continua a asistencia e participación nas aulas é imprescindible para a avaliación.
O Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela establece que a asistencia é un dereito e un deber do alumnado:
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/verAnuncioPublicable/135279/…
Nesta materia establécese que a asistencia é obrigatoria nun 80% das sesións. Por tanto a ausencia de máis de 3 sesións, sexan interactivas ou expositivas, así como o non seguimento do ritmo das tarefas e entregables, supón a perda do dereito á avaliación continua e a aplicación da modalidade de avaliación non continua. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
2. AVALIACIÓN NON CONTINUA
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua deberá realizar nas datas establecidas para iso as tres primeiras entregas correspondentes ao Caderno de campo (Entrega parcial 1, Entrega parcial 2 e Entrega parcial 3), a tarefa Análise de etnografías e a tarefa Análise de documental etnográfico.
Xunto a estas actividades o ou a estudante deberá render unha proba final.
• Traballo individual: 40% da nota final.
• Exame: 60% da nota final.
3. ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
O alumnado que teña concedida dispénsa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) terá que informar o profesor da materia, segundo o indicado na normativa, e será informado individualmente daqueles traballos avaliables que compensen a súa falta de asistencia a clase mantendo o seu dereito á avaliación continua segundo as porcentaxes establecidas.
En caso de desexar optar pola AVALIACIÓN CONTINUA, os requisitos de avaliación do alumnado con dispensa serán os seguintes:
• Traballo individual: 40% da nota final.
• Exame: 60% da nota final.
Avaliación de competencias:
• Control de contidos 1: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CG3, CT1, CT2, CE1, CE7
• Control de contidos 2: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CG3, CT1, CT2, CE1, CE7
• Control de contidos 3: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CG3, CT1, CT2, CE1, CE7
• Caderno de campo - Entrega parcial 1: Definición do tema de investigación e revisión de fontes bibliográficas: CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
• Caderno de campo - Entrega parcial 2: Delimitación de unidades de observación e selección de informantes: CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
• Caderno de campo - Entrega parcial 3: Elaboración dun guion de entrevista: CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
• Exposición oral do traballo etnográfico: CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
• Reflexións sobre un relatorio convidado: CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
• Práctica de observación: CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
• Análise de etnografías: CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
• Análise de documental etnográfico: CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6, CE7
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas.
- Horas presenciais semanais: 3 horas (cun total de 9 horas de docencia expositiva e 12 horas de docencia interactiva) no segundo bimestre do curso. Aproximadamente 24 horas no conxunto do semestre. Incluíndo 3 horas de titorías.
- Horas non presenciais semanais recomendadas para a preparación de textos e traballo: 1,5 horas. Aproximadamente 21 horas no semestre.
- Horas de estudo semanais (ademais das non presenciais): 2 horas semanais. Aproximadamente 30 horas no semestre.
1. É obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas aulas.
2. Precísase dun compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos.
3. É imprescindible seguir as pautas indicadas no traballo de campo etnográfico. Ao traballar con persoas o alumnado terá que seguir escrupulosamente os compromisos éticos marcados. Non serán aceptadas actitudes irrespectuosas ou discriminatorias de ningún tipo.
4. Toda a materia está organizada para o traballo en grupo, polo que se requiren habilidades sociais de cooperación, respecto e espírito construtivo.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Responsabilidade medioambiental: en relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia empregaranse preferentemente ferramentas do Campus Virtual para evitar o gasto innecesario de papel e outros materiais.
- Perspectiva de xénero: en atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases, titorías, email, comunicacións...) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Diego Allen-Perkins Avendaño
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- diego.allen-perkins [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Butler (108) |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario Butler (108) |
25.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
25.05.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
06.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
06.07.2026 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |