Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento complexo do pasado agrario contemporáneo para unha análise crítica do presente agrario e rural, dende unha nova epistemoloxía do mundo e a sociedade rural.
-Pensar historicamente os problemas actuais identificando no longo prazo os problemas do mundo rural do presente dende a agrobiodiversidade e a agroecoloxía.
-Identificar no pasado da agriculturas orgánicas solucións sustentabeis de futuro, na liña dunha historia aplicada..
-Achegamento á historiografía ambiental e á agroecolóxica: outra mirada ao pasado.
-Análise comparada dos diferentes modelos históricos de cambio tecnolóxico nas agriculturas europeas contemporáneas separados por 1945: modernismo agrario orgánico, fascismo autárquico. revolución verde modernizadora.
-Identificar os nesgos sociais e de xénero nos procesos de cambio tecnolóxico.
-Unha historia rural de xénero: usos do tempo e subalternidades.
-Procura dunha proposta histórica de Gobernanza Paisana dos espazos rurais.
1.- Que sabemos e que cremos saber sobre o mundo rural contemporáneo?
a) Tópicos e prexuizos na memoria e a historiografía: progreso e redescubrimento da natureza.
b) Epistemoloxía e fontes para coñecer o mundo rural dende abaixo: Veciños de Pontedeva e outras...
2.- Sociedades rurais contemporáneas ss. XIX-XX: riscos xerais da súa evolución.
3.- Produción, reprodución, ecoloxía: xénero e sociedades rurais
4.- A guerra histórica do Estado liberal contra os comúns e as resistencias e resiliencias labregas
5.- O capitalismo no campo. Terra, traballo e tecnoloxía entre XVIII e XX séculos
6. - A Revolución verde post-1945: mecanismos, implantación e consecuencias actuais.
7.- Innovación labrega nas agriculturas europeas contemporáneas. América fronte a Europa
8.- A agricultura no Antropoceno. Prospectivas de longo prazo.
BIBLIOGRAFÍA de traballo, selección.
- Barca, S. (2010) Enclosing Water. Nature and Political Economy in a Mediterranean Valley, 1796-1915, Cambridge: White Horse Press
- Cabana Iglesias, A. (2018) En femenino plural. La perspectiva de género en la historia rural, en D. Soto y J-M Lana Berasaín Del pasado al futuro como problema. La historia agraria contemporánea española en el siglo XXI, Zaragoza : Prensas de la Universidad de Zaragoza
-Carral E. e Carreira X. C. (2014), O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa. O caso galego, Santiago de Compostela, Através Editora.
- Corbelle, E. & R. Crecente (2014) “Urbanización, forestación e abandono. Cambios recentes na paisaxe agraria de Galicia, 1985-2005”, Revista Galega de Economía, 23-1 pp. 35-52
-Díaz Geada, A & Fernández Prieto, L (2020) Senderos de la Historia Agraria. Miradas y actores en medio siglo de Historia rural, Granada, Comares.
- Federici, S. (2010) La privatización de la tierra en Europa, producción de escasez y separación de la producción respecto de la reproducción, en Calibán y la bruja. Mujeres, cuerpo e acumulación originaria (98-113)
- Federico, G. (2011): Breve Historia Económica de la Agricultura. Zaragoza, SEHA, Monografías de Historia Rural, 8.
- Fernández Prieto, L. (2000) Terra e progreso. Hª Agraria da Galicia contemporánea. Vigo. Xerais. (tm en Dubert (2017) Historias das Historias de Galicia.
-(2021) Agrarismo de mulleres na folga das leiteiras de Ferrol en 1910. Revisando o agrarismo, en Artiaga Rego, A. Et al (eds), Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea, Vigo: Xerais
-& J. Pan-Montojo & Miguel Cabo (2014) Agriculture in the Age of Fascism. Authoritarian Technocracy and rural modernization, 1922-1945, Turnhout, Brepols.
- Garrabou, R. (2010). Sombras del progreso. Las huellas de la historia agraria, Barcelona. Crítica. (LFP&DS “El Atlántico no es el Mediterraneo...”)
-González de Molina, M., J. Infante y A. Herrera (2014) “Cuestionando los relatos tradicionales: desigualdad, cambio liberal y crecimiento agrario en el Sur peninsular (1752-1901)”, Historia Agraria, nº 63
- Köning, N. (1994): The failure of agrarian capitalism, London Routledge.
- Marco, I., R. Padró, E. Tello (2020) Labour, nature, and exploitation: Social metabolism and inequality in a farming community in mid-19th century Catalonia, Journal of Agrarian Change 20: 408–436
-Martin, C, J. Pan-Montojo & P. Brassley Agriculture in Capitalist Europe, 1945-1960,pp. 165-184.
- Martínez, H. (2017) Territorio-Eucalipto, en Programa de Estudos en Man Común, A través das marxes. Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns
- Marx, K. (1842) Debates on the Law on Thefts of Wood, in Rheinische Zeitung, No. 298, Supplement, October 25 1842 (now in Marx and Engels Archives: http://hiaw.org/defcon6/works/1842/10/25.html#n1
- McNeill, J. R. (2000): Algo nuevo bajo el sol. Historia Medioambiental del mundo en el siglo XX. Madrid, Alianza Ed.
- McCook, Stuart (2002), States of Nature. Science, Agriculture and enviromment in the Spanish Caribbean. 1740-1940, Austin. University of Texas Press.
- Merchant, C. (1987) The theoretical structure of ecological revolutions, Environmental Review vol. 11, n. 4
- Patel, R. y J.W. Moore, Unha historia do mundo en sete cousas baratas. Sobre o capitalismo, a natureza e o futuro do planeta (cap. 5), Catro Ventos Ed., S. Coop. Galega
- Pérez Neira, D. y M. Soler (2013) Agroecología y ecofeminismo. Para descolonizar y despatriarcalizar la alimentación globalizada, Revista Internacional de Pensamiento Político - I Época - Vol. 8 [95-113]
- Pujol J. et ali (2001): El pozo de todos los males. Sobre el atraso en la agricultura española contemporánea, Barcelona, Crítica.
-Rolf Peter Sieferle (2001): “Qué es la historia ecológica?” in González de Molina y Martínez Alier (eds): Naturaleza transformada, Barcelona, Icaria, pp. 31-54.
-Soto. D (2015) Del manejo multifuncional del territorio a la desarticulación productiva: cambios en los flujos de biomasa durante el proceso de industrialización de la agricultura gallega (1960-2012). Documento de Trabajo. SEHA (en liña)
- Soto Fernández, D., Antonio Herrera, Manuel González de Molina y Antonio Ortega Santos (2007). La protesta campesina como protesta ambiental, siglos XVIII-XX, HISTORIA AGRARIA · n.º 42 · Agosto 2007 · pp. 277-301
- Wrigley, E.A. (2006) The transition to an advanced organic economy: half a millennium of English agriculture, Economic History Review LIX, 3, pp. 435–480
- Worster, D. (1990) “Transformations of The Earth: Toward an Agroecological Perspective in History”, Journal of American History, 76,4, pp.1087-1106
-Manexo de fontes, de arquivo, hemerográficas e orais: coñecemento e manexo crítico de fontes e métodos para a Historia rural.
-Capacidade para construír estados da cuestión e manexo de bibliografía especializada.
-Manexo de sites e redes para afondar e traballar con estes contidos.
-Capacidade de realizar, expoñer e discutir publicamente un traballo académico para publicar.
-Coñecer as técnicas de reconstrución e interpretación de paisaxes agrarias: fotografía aérea, teledetección.
-Coñecer formas de Historia aplicada que permiten traballos participativos de impacto en Living Labbs
-Presentacións do profesor na aula acompañado de discusións cos alumnos de fontes e leituras seleccionadas.
-Práctica de campo de dous dias (Caurel, Barbanza..) para traballar lecturas históricas da paisaxe agraria como fonte.
-Preparación en equipa dun traballo sobre contidos seleccionados da materia aplicando os coñecementos adquiridos e presentación pública cunha discusión crítica na aula, os traballos fundaméntanse na elaboración colectiva e a acción participativa con fundamento historiográfico coa intención de:
Adestrar na investigación de impacto: as metodoloxías de buscan adestrar ao alumnado no coñecemento
do pasado agrario e das sociedades rurais e dotalos á vez de ferramentas prácticas para a acción participativa
en Laboratorios vivos na lóxica da historia aplicada como estamos a facer dende o grupo Histagra (CISPAC) no
Laboratorio Ecosocial do Barbanza.
Ler, debater, presentar e discutir é a fórmula neste curso para aprender e saber
Sistema de avaliación
Presentación, discusión e defensa do traballo: 50% da cualificación
Participación nas aulas e debates de seminario, incluíndo a Práctica de campo: 50%
Ler, debater, presentar e discutir é a fórmula neste curso para aprender e saber
-Presentación polo profesorado dos apartados seleccionados na aula, traballo dos/as alumnos/as con leituras seleccionadas e discusión cos/as alumnos/as + (na) práctica de campo
-Preparación polos/as alumnos/as, en parellas, dun traballo sobre contidos seleccionados do temario, aplicando os coñecementos adquiridos e presentación pública cunha discusión crítica na aula.
Cronograma:
- Sesións semanais en setembro, outubro. presentación de leituras e discusión de textos farase ao longo do curso.
- Práctica de campo en novembro e (datas a definir)
- Deseño de temas para os traballos e preparación dos mesmo, titorizados polo profesor, ao longo de novembro
- Presentación e discusión traballos decembro e sesión final de balance e conclusións 15 de decembro
A Práctica de campo programarase nas primeiras semanas do curso
Horarios de titoría: luns de 10:00 -11:30 ou cando sexan requeridas.
Carga de traballo: Horas totais estimadas de traballo do alumnado: 120
5 ECTS (40 horas). Presentación do/a profesor/a e discusión en seminario 20
Hrs. Prácticas de campo, presentacións alumnado e discusión: 45
Hrs. traballo persoal (preparación de traballos): 55
(carga maxima estimada de traballo alumnado: 120-150 hs/curso: 65 hs. Clases, seminarios e práctica de campo, 40-50 hs. leituras fontes primarias e bibliografía, 40 hs. preparación traballo e presentación.)
Recoméndase vocación pluridisciplinar e transdicisplinar, tamén de comprensión socio-histórica do presente das sociedades rurais nunha perspectiva agrosistémica, e sobre todo un bo fundamento historiográfico da historia dende abaixo do mundo rural europeo, pero tamén americano e asiático da época contemporánea.
Ver bibliografía como guía da materia e dos seus contidos, que procuran impacto social do coñecemento e da investigación
A vocación de intervención e aplicación social da materia a estudar pretende recoller a experiencia dos traballos de LIving Lab do grupo histagra, alén da súa excelencia académica
Lourenzo Fernandez Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812578
- Correo electrónico
- lourenzo.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Noelia Parajua Carpintero
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- noelia.parajua [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula máster Historia Contemporánea |