Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 15 Total: 26
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo formativo desta materia é a adquisición dos seguintes coñecementos, habilidades, e destrezas:
- CON7. Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, fotointerpretación.
- CON9: Coñecementos sobre produtos interactivos e apps aplicadas á difusión e á educación patrimonial.
- CON25: Coñecementos sobre Internet e a web; aplicacións web; aplicacións móbiles; introdución á gamificación.
- HAB2: Ser capaz de aplicar o coñecemento na resolución de problemas
- HAB4: Ser capaz de identificar fontes de información, recompilar e analizar datos e elaborar sínteses en relación con eles.
- DES1: Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio.
Tema 1. Internet e a web
Tema 2. Aplicacións web
Tema 3. Aplicacións móbiles
Tema 4. Introdución á gamificación
Tema 5. Casos de uso e aplicacións no ámbito do patrimonio
Tema 6. Redes sociais
Bibliografía Básica:
- Juan Diego Gauchat. El gran libro de HTML5, CSS3 y JavaScript. MARCOMBO S.A; 3ª edición (2019). ISBN: 8426724639.
- Mario Rubiales Gómez. Curso de Desarrollo Web: HTML, CSS y JavaScript. ANAYA MULTIMEDIA (2018). ISBN: 8441539391
- G. Zichermann y C. Cunningham. Gamification by Design: Implementing Game Mechanics in Web and Mobile Apps. O'Reilly Media (2011).
- Jennifer Niederst Robbins. Learning Web Design 5e: A Beginner's Guide to HTML, CSS, JavaScript, and Web Graphics. O'Reilly Media; 5th edition (2018). ISBN: 1491960205
- Polinario, Javi (2016). "Como divulgar ciencia a través de las redes sociales" . Círculo Rojo Editorial.
Bibliografía Complementaria:
- Muniz Troyano, Javier y Polo, Juan Diego (2013). Community manager : estrategias de gestión de redes sociales. Tarragona: Altaria
A materia contribúe ao desenvolvemento das competencias básicas, xerais e específicas recollidas nos cadros correspondentes da citada memoria de título:
* Habilidades básicas:
CB2. Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinarios) relacionados coa súa área de estudo.
CB4. Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
* Habilidades xerais:
CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital.
CG5. Traballar en equipos interdisciplinarios en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural.
CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
* Competencias transversais:
CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico.
CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
A metodoloxía seguida utiliza o Campus Virtual da USC como plataforma básica. Na aula virtual da materia o alumnado disporá de toda a información (material teórico, exposicións de clase, guións prácticos, bibliotecas, etc.).
A través da aprendizaxe significativa, impartición de sesións académicas cun carácter teórico-práctico, mediante as que se plantexen estratexias de presentación de resultados de investigación relacionados co patrimonio histórico, artístico, arqueolóxico e/ou cultural.
Impartiranse 9 horas de clases maxistrais en sesións de 1 hora, 12 horas de sesións interactivas e 3 h de seminario.
A avaliación realizarase mediante tres elementos principais:
- Prácticas a través das TIC (30%): proporanse unha ou máis prácticas ao longo da materia.
- Traballos tutelados (60%): realizarase un traballo final relacionado cos contidos da materia.
- Presentación oral (10%): ao remate dos traballos tutelados, cada alumno realizará unha defensa ante os docentes do seu traballo tutelado.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
As prácticas a través de TIC se avaliarán de xeito continuo.
Para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC e o traballo tutelado. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.
Todo alumno que non realice a presentación oral dos traballos tutelados terá a cualificación de NON PRESENTADO.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A calificación das actividades superadas manterase na segunda oportunidade. Do mesmo xeito que na primeira oportunidade, para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC e o traballo tutelado. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA
Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.
OPORTUNIDADE ADIANTADA
Utilizaranse os criterios de segunda oportunidade.
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Esta materia ten 3 créditos ECTS, correspondendo unha carga de traballo total de 75 horas. Este tempo pode desagregarse nos seguintes apartados:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
*Clases maxistrais: 9 horas
*Sesións prácticas en grupos reducidos: 12 horas
*Sesións de titorías en grupos de seminario: 2 horas
*Titorización individual do alumnado: 3 horas
*Revisión do traballo: 1 hora
Total horas traballo presencial na aula: 27 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO:
* Estudo autónomo: 20 horas
* Escritura de exercicios, traballos, etc.: 10 horas
* Programación/experimentación en computador: 10 horas
* Avaliación de traballos, proxectos, exames: 8 horas
Total horas traballo persoal: 48 horas
Recoméndase seguir o modelo de avaliación continua, o que significa levar a materia ao día. Desta forma seguiranse con maior facilidade as clases teóricas e as clases prácticas, o que fai a materia máis levadía.
Tamén se recomenda encarecidamente o uso das horas de titorías para aclarar calquera dúbida que se poida presentar no desenvolvemento da materia.
Utilizarase o campus virtual da USC para toda a docencia, publicación de material, guións de prácticas e entrega de traballos.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
-Para a consideración da asistencia, a materia terá en consideración, entre outros, o "Regulamento de asistencia á aula nas ensinanzas oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela", que entra en vigor no curso 2025/26.
Jose Ramon Pichel Campos
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Correo electrónico
- jramon.pichel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU