Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 15 Total: 26
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Historia
Áreas: Área externa M.U en Patrimonio Cultural Dixital, Arqueoloxía
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo da materia é transmitir os coñecementos necesarios para a valorización e conservación do patrimonio cultural. A temática da materia abrangue distintas técnicas e estratexias relacionadas coa xestión e valorización do patrimonio cultural, centrada na planificación de estratexias de xestión patrimonial, o coñecemento da lexislación relativo á protección do patrimonio, a colaboración con distintas entidades públicas e privadas e a promoción de proxectos de xestión patrimonial.
- A valorización do patrimonio: fundamentos e técnicas. Principios e estratexias de planificación e xestión do patrimonio. Colaboración con administracións públicas, fundacións e sector privado. Técnicas e ferramentas para a análise do significado e posta en valor da imaxe, do texto e do obxecto.
- Planificación e estratexias para os proxectos de xestión patrimonial. Políticas institucionais e participación privada.
- Da investigación á difusión. Significado e valor da imaxe, do texto e do obxecto.
- Ferramentas para a análise e tratamento de imaxes, textos e obxectos patrimoniais.
Bibliografía básica:
Alonso González, P. (2017): “La emergencia del patrimonio: máquina de dominación y relacionalidad fetichista”, en Alonso, P. El antipatrimonio: fetichismo y dominación en Maragatería, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Madrid, pp. 25-73.
Barreiro, D. (2012): “Arqueología aplicada y Patrimonio: memoria y utopía”, Complutum, 23 (2), pp.33-50.
Barreiro, D.; Criado-Boado, F. (2015): “Analizando el valor social de Altamira”, Revista PH, Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico, 87, pp. 108-127.
Barreiro, D; Criado-Boado, F.; Téllez, V.; Sánchez-Carretero, C.; Parga-Dans,. E.; Sánchez-Martín, R. (2018): “Las tres vidas de Altamira y el futuro”, SÉMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, Vol. 30 (pp. 479-502).
Díaz-Andreu, M. (2016): “Arqueología, comunidad y valor social: un reto para el patrimonio arqueológico del siglo XXI”, en Díaz-Andreu, M., Pastor Pérez, A.; Ruiz Martínez, A., (Eds.), Arqueología y comunidad. El valor social del patrimonio arqueológico en el siglo XXI, JAS Arqueología, Madrid, pp. 69-90.
González-Álvarez, D. (2019): “Rethinking tourism narratives on the cultural landscapes of Asturias (Northern Spain) from the perspective of Landscape Archaeology: Do archaeologists have anything to say?”, Landscape Research, 44(2), London, pp. 117-133.
González-Álvarez, D.; Alonso González, P.; Roura-Expósito, J. (2019): “Gobernanza participativa y Gestión del Patrimonio en el Parque Natural de las Fuentes del Narcea, Degaña e Ibias (Asturias)”, en Sánchez-Carretero, C.; Muñoz-Albadalejo, J.; Ruiz-Blanch, A.; Roura-Expósito, J. (eds.): El imperativo de la participación en la gestión patrimonial, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Biblioteca de Antropología, 59, Madrid, pp. 163-186.
González, M.; Lezcano, M.E.; Serantes, A. (2014): Interpretación do Patrimonio Artístico. Guía para profesionais do turismo, CEIDA. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, Oleiros (A Coruña) (https://www.ceida.org/sites/default/files/adxuntos-publicaciones/ipcult…).
González Ruibal, A. (2014): “Malos nativos: una crítica de las arqueologías indígenas y poscoloniales”, Revista de Arqueologia, 27(2), pp. 47-63.
Hernández i Martí, G.M. (2008): “Un zombi de la modernidad: el patrimonio cultural y sus límites”, La Torre del Virrey: Revista de estudios culturales, 5, Valencia, pp. 27-38.
Hochadel, O. (2013): El mito de Atapuerca. Barcelona, Universitat Autonoma de Barcelona.
Lowenthal, D. (2005): “Natural and Cultural Heritage”, International Journal of Heritage Studies, 11(1),London, pp. 81-92.
Moshenska, G. (2017): "Alternative Archaeologies", in Key Concepts in Public Archaeology, UCL Press, London, pp. 122-37.
Rodríguez Achútegui, M. (2023): Guía de recursos para el desarrollo de proyectos y experienicas turísticas en torno al Patrimonio Cultural Inmaterial, Junta de Andalucía (https://atlanticculturescape.eu/wp-content/uploads/2023/01/GUIA-DE-RECU…).
Smith, L. (2011): “El espejo patrimonial": ¿Ilusión narcisista o reflexiones múltiples? Antípoda, 12, pp. 39-63.
Vives-Ferrándiz Sánchez, J.; Ferrer García, C. (2014): “El pasado en su lugar”, Patrimonio arqueológico, desarrollo y turismo, III Jornadas de debate del Museu de Prehistòria de València, Museu de Prehistòria de València, Valencia.
Bibliografía complementaria:
Alonso González, P.; González-Álvarez, D. (2013): “Construyendo el pasado, reproduciendo el presente: identidad y arqueología en las recreaciones históricas de indígenas contra romanos en el Noroeste de España”, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, 68(2), C.S.I.C., Madrid, pp.305-330.
Cortés-Vázquez, J.; Jiménez-Esquinas, G.; Sánchez-Carretero, C. (2017): “Heritage and participatory governance. An analysis of political strategies and social fractures in Spain”, Anthropology Today, 33(1), pp. 15-8.
Criado-Boado, F.; Barreiro, D. (2013): “El Patrimonio era otra cosa”, Estudios Atacameños, 45, pp. 5-18.
González-Álvarez. D. (2011). “Arqueología, Folklore y comunidades locales: los castros en el medio rural asturiano”, Complutum, 22(1), Universidad Complutense, Madrid, pp. 133-153.
Hamilakis, Y. (2011): “Archaeological Ethnography: A Multitemporal Meeting Ground for Archaeology and Anthropology”, Annual Review of Anthropology, 40, California, pp. 399-414.
Holtorf, C. (2005). “From Stonehenge to Las Vegas. Archaeology as Popular Culture”, Walnut Creek, Altamira Press.
Competencias básicas:
- Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas, eventualmente nun contexto de investigación.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos en contextos máis amplos (ou multidisciplinares) na súa área de estudo.
- Capacidade para comunicar as súas conclusións (así como os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados, de modo claro e sen ambigüidades.
Competencias xerais:
- Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións.
- Aplicar o coñecemento na implantación de proxectos patrimoniais no entorno dixital.
- Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
Competencias transversais:
- Comprender os valores de igualidade, sosteñibilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
- As clases teóricas consistirán na exposición da lexislación vixente en materia de conservación do patrimonio cultural, tanto a escala estatal como na autonómica, na introdución de distintos estudos de caso e na reflexión ética sobre as implicacións da conservación do patrimonio.
- Nas clases teóricas, exporanse os contidos básicos da materia. Empregarase como apoio a exposición visual e gráfica mediante presentacións e achegaranse lecturas complementarias que o alumnado terá que realizar.
- As clases prácticas consistirán na exposición de casos reais sobre os que se executa a exposición do patrimonio a diferentes escalas, na que o alumnado participará a partires de exemplos prácticos de xestión patrimonial.
- Realizaranse titorías sempre que o alumnado o requira para resolver calquera tipo de dúbidas que poidan xurdir ao longo do curso.
- A materia é presencial e empregarase a aula virtual como marco de desenvolvemento da materia, subíndose materiais útiles ao alumnado.
- Avaliación continua (participación, exercicios, asistencia): 30%
- Exposición oral e entrega de traballos: 70%
Actividades presenciais do alumnado:
- Docencia teórica: 9 horas (presenciais)
- Docencia interactiva seminario: 3 horas (presenciais)
- Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 12 horas (presenciais)
- Titorización individual do alunado: 2 horas
Total: 26 horas
Horas de traballo individual do alumnado:
- Estudo autónomo: 10 horas
- Elaboración do traballo final: 39 horas
Total: 49 horas
- O estudante debe coñecer o manexo básico de paquetes ofimáticos xerais (Open Office, Microsoft Office).
- O estudante debe saber manexar programas colaborativos estándares (Microsoft Teams, Zoom, Skype).
- Recoméndase o manexo de un ou máis idiomas estranxeiros (especialmente inglés).
A asistencia a clase é obrigatoria. A materia terá en consideración, entre outros, o "Regulamento de asistencia á aula nas ensinanzas oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela", que entra en vigor no curso 2025/26.
Debe terse en conta a seguinte normativa:
O art. 14 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes (DOG 5 de abril de 2017) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra ou alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e dás fontes”. Tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Mario Cesar Vila
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- mario.cesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU