Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 22 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Área externa M.U en Patrimonio Cultural Dixital
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Abórdanse os conceptos de patrimonio dixital e dixitalizado, con atención á súa creación, almacenamento, acceso, modelado e xestión. Así mesmo, se estuda o proceso de creación e xestión do proxectos patrimoniais na contorna dixital.
Obxectivos:
Coñecemento do concepto e fundamento histórico do patrimonio
Coñecementos sobre entidades de patrimonio dixital, modelaxe e xestión da información patrimonial
Coñecementos sobre creación e xestión de proxectos patrimoniais na contorna dixital
1. PATRIMONIO DIXITAL E PATRIMONIO DIXITALIZADO Concepto e definición
2. ENTIDADES DE PATRIMONIO DIXITAL: FORMAS DE ALMACENAMENTO E ACCESO Á INFORMACIÓN
2.1 Definición e tipos de elementos
2.2 Formas de almacenamento: as bases de datos e os seus tipologias
2.3 Acceso á información: buscadores tradicionais, buscadores facetados, linguaxes e formas de interrogación
3. MODELADO DA INFORMACIÓN PATRIMONIAL
3.1 Definición de modelos, estrutura da información e teoría da representación
3.2. Modelos de datos e metadatos para o patrimonio: ontologías, datos abertos e
vocabularios controlados
4. XESTIÓN DA INFORMACIÓN PATRIMONIAL
4.1 Xestión do patrimonio escrito (textos e documentos). Repositorios de textos
completos: as edicións dixitais. Linguaxes de marcado e o estándar TEI.
4.2 Xestión de obxectos e imaxes. Formas de representación de arquivos de imaxes e audiovisuais. Estándares para a súa #poñer# ao dispor: IIIF.
4.3 Xestión de datos: os principios FAIR
5. CREACIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS PATRIMONIAIS NA CONTORNA DIXITAL
5.1 Fases de creación dun proxecto.
5.2 Procesos de dixitalización e selección de tecnoloxías
5.3 Estratexias de preservación
- Alvite-Díez, M.-L., & Rojas-Castro, A. (2022). Ediciones digitales académicas: concepto, estándares de calidad
y software de publicación.. Profesional De La información, 31(2)
- Allés-Torrent, S. (2019). "Introducción a la Text Encoding Initiative". TTHub. Text Technologies Hub:
Recursos sobre tecnologías del texto y edición digital.. https://TTHub.io/aprende/introduccion-a-tei/
- Bazzaco, S. (2018). «El Progetto Mambrino y las tecnologías OCR: estado de la cuestión», Historias Fingidas 6,
257-272.
- Bazzaco, S. (2020). "El reconocimiento automático de textos en letra gótica del Siglo de Oro: creación de un
modelo HTR basado en libros de caballerías del siglo XVI en la plataforma Transkribus", JANUS 9 (2020.
- Bazzaco, S.; Jiménez Ruiz, A. M.; Martín Molares, M. y Torralba Ruberte, A. (2022). «Sistemas de reconocimiento
de textos e impresos hispánicos de la Edad Moderna.La creación de unos modelos de HTR para la transcripción
automatizadade documentos en gótica y redonda (s. XV-XVII)», His.
- Biblioteca Nacional de Australia (2003). Directrices para la preservación del patrimonio digital. Unesco
- Connolly, T.; Begg. C. (2005). Sistemas de bases de datos: un enfoque práctico para diseño, implementación y
gestión.. Madrid: Pearson
- DANS (2020). Fair-Aware. Your first steps toward FAIR data(set). https://fairaware.dans.knaw.nl/
- Díez Carrera, C. (2012). La bibioteca digital. Gijón, Trea
- (2011). Directrices para la implementación de la digitalización de documentos (UNE-ISO/TR 13028: 2011).
- Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de sistemas de bases de datos. Madrid: Addison-Wesley
- Gengnagel, Tessa; Neuber, Frederike; Schulz, Daniela (2023). "EDITORIAL: FAIR Enough? Evaluating Digital
Scholarly Editions and the Application of the FAIR Data Principles." RIDE 16 .
https://ride.i-d-e.de/issues/issue-16/editorial/
- (). International Image Interoperability Framework. https://iiif.io/
- IFLA (2002). DIRECTRICES PARA PROYECTOS DE DIGITALIZACIÓN de colecciones y fondos de dominio
público, en particular para aquellos custodiados en bibliotecas y archivos. Madrid: Ministerio de Cultura
- Mancinelli, T. y Pierazzo, E. (2020). Che cos'è un'edizione scientifica digitale. Roma: Carocci
- Monella, P. y Rosselli Del Turco, R. (2020). Extending the DSE: LOD support and TEI/IIIF integration in EVT, in
Marras, Cristina; Passarotti, Marco; Franzini,Greta; Litta, Eleonora (eds.), Atti del IX Convegno Annuale AIUCD. La
svolta inevitabil. Milano (special number of journal Quaderni di Umanistica Digitale), pp. 148-155
- Parthenos (). MANAGE, IMPROVE AND OPEN UP YOUR RESEARCH AND DATA.
https://training.parthenos-project.eu/sample-page/manage-improve-and-op…
- Rivero Cornelio, E.; Martínez Fuentes, L.; Reina Juliá, L.; Benavides Abajo, J.; Olaizola Bartolomé (2002).
Introducción al SQL para usuarios y programadores. Madid: Thomson
- Reed, J. (2017). Learn IIIF. https://www.learniiif.org/
- Sahle, P. (2016). "What is a scholarly digital edition?"In: Driscoll, Matthew-James; Pierazzo, Elena (eds.).
Digital scholarly editing: theories and practices.. Cambridge: Open Book Publishers, pp. 19-39.
- Silberschatz, A.; Korth, H.; Sudarshan, S. (2014). Fundamentos de bases de datos . Aravaca: McGraw-Hill
- Unesco (2003). Carta de la UNESCO para la Preservación del Patrimonio Digital.
https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000229034_spa
- Unesco / Persist (2021). Directrices UNESCO/PERSIST sobre selección del patrimonio digital para su conservación
a largo plazo.
https://repository.ifla.org/bitstream/123456789/1390/1/UNESCO%20PERSIST…
- van Zundert, J. (2018). On Not Writing a Review about Mirador: Mirador, IIIF, and the Epistemological Gains of
Distributed Digital Scholarly Resources. Digital Medievalist, 11(1), p.5.
- Universidad de Cornell (). Llevando la teoría a la práctica: tutorial de digitalización de imágenes.
http://preservationtutorial.library.cornell.edu/tutorial-spanish/tutori…
- Vaughan, N. (2021). "Introducción a la codificación de textos en TEI (parte 1)", Programming Historian en
español 5 . https://doi.org/10.46430/phes0053
- Vaughan, N. (2021). "Introducción a la codificación de textos en TEI (parte 2)", Programming Historian en
español 5 . https://doi.org/10.46430/phes0055
As profesoras poderán proporcionar nas clases bibliografía específica para cada un dos temas e actividades
HABILIDADES:
HAB3-Ser capaz de establecer relacións e interactuar cos enfoques de diversas disciplinas
HAB5-Ser capaz de elixir e presentar os resultados de proxectos de todo tipo relacionados coa xestión do patrimonio dixital
DESTREZAS:
DES2-Ser capaz de planificar e xestionar o desenvolvemento temporal dun proxecto de xestión patrimonial
COMPETENCIAS:
CB1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sá área de estudo
CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ou autónomo
CG1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamiento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións
CG2. Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no contorno digital
CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital
CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico
CT2. Facer fronte de forma activa á resolución de problemas no contorno social e de mercado.
Prácticas a través de TIC
Impartiranse clases prácticas nas que, aínda que se darán explicacións teóricas, principalmente se realizarán exercicios, algúns dos cales precisarán de ferramentas TIC, por exemplo, Libre Office. Nestas aulas proporanse traballos tutelados que o alumnado terá que realizar de forma individual e entregar nos prazos e segundo as normas que se establecerán durante o cursol, e que computarán para a avaliación. En concreto serán dous traballos relacionados con bases de datos e XML.
Proba obxectiva Exame dos contidos teórico-prácticos que pode combinar distintos tipos de preguntas: test e exercicios, por exemplo.
Sesión maxistral
Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Atención personalizada. As titorías da materia permitirán ao estudantado resolver dúbidas sobre os contidos da materia.
-Proba obxectiva: Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas formuladas, o nivel de coñecementos e aptitudes demostrado. 30%
-Prácticas a través de TIC: Valoraranse os traballos entregados segundo os obxectivos descritos no enunciado que se publicará durante o curso. 70%
OBSERVACIÓNS
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter unmínimo de 4 sobre 10 en cada unha das metodoloxías que se avalían, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados cos docentes previamente cando sexa preciso. Cualificaranse cun 0 os traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N.P.), cando non se entregue ningún dos traballos relativos ás prácticas a través de TIC e non se acuda ao exame.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Mantéñense as condicións da primeira oportunidade, e engádense as seguintes especificacións: Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas na primeira oportunidade. Cando haxa que elixir un tema para un dos traballos tutelados, será obrigatorio acordalo cos docentes, como mínimo, un mes antes da data fixada oficialmente para o exame
ALUMNADO CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS A CLASE LEGALMENTE RECOÑECIDA: Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Non haberá diferenzas no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.
Cada hora de docencia expositiva deberá ir acompañada dun traballo complementario por parte do alumno dunhas dúas horas coa axuda de material relevante para asimilar adecuadamente os contidos teóricos.
Ao mesmo tempo, por cada hora de docencia interactiva, o alumno deberá empregar polo menos catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga de estudo da materia e as previsións sinaladas anteriormente, considérase que o tempo de traballo persoal do alumno debe situarse en torno ás 125 horas.
Os requisitos de formación previa están fixados/recomendados polo propio máster.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
-Para a consideración da asistencia, a materia terá en consideración, entre outros, o "Regulamento de asistencia á aula nas ensinanzas oficiais de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela", que entra en vigor no curso 2025/26.