Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval, Historia Moderna
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Obxetivos xerais:
a) Achegar ao alumnado á importancia da cultura escrita, o patrimonio documental e a paisaxe humanizada como memoria viva dos procesos históricos que forxaron a sociedade actual.
b) Proporcionarlle claves de interpretación dese patrimonio escrito, documental e físico e dos seus posibles valores,usos e aplicacións.
2- Obxetivos específicos:
a)Capacitar ao/á alumno/a para dispor dunha axeitada percepción histórica e social da cultura escrita,a documentación e o espazo físico como elementos patrimoniais relevantes.
b) Capacitar ao/á alumno/a no manexo de ferramentas teóricas e estratexias prácticas para a análise, xestión e posta en valor da cultura escrita, do patrimonio documental e da paisaxe histórica.
PH1.- A paisaxe como construto e testemuño da Historia: arqueoloxía da paisaxe e toponimia histórica.
PH2.- As concepcións espaciais como construcións sociais: o caso de Galicia.
PH3.- A posta en valor da paisaxe histórica: estratexias e retos.
PH4.- Definición de patrimonio documental.
PH5.- A xestión do patrimonio documental.
Ph6.- Os usos e posta en valor do patrimonio documental.
Ph7.- Cultura escrita e historia cultural.
Ph8.- A cultura escrita como práctica social.
Ph9.- As institucións da memoria escrita.
ALVAREZ BLANCO, R. e outros, Lingua e territorio, Santiago, 2006
BARCELÓ, M., Arqueología medieval.En las afueras del medievalismo, Barcelona, 1988
BOULLÓN AGRELO, A. I., Antroponimia medieval galega (ss. VIII-XII), Tubinga, 1999
BURKE, P., ¿Qué es la historia cultural?, Barcelona, 2005
BURKE, P., Hablar y callar: funciones sociales del lenguaje a través de la historia, Barcelona, 1996
BURKE, P., Formas de historia cultural, Madrid, 2006
CABEZA QUILES, F., Toponimia de Galicia, Vigo, 2008
CAVALLO, G., y Roger Chartier (dirs.), Historia de la lectura en el mundo occidental, Madrid, Taurus, 2001
CHARTIER, R., "Aprender a leer, leer para aprender", Nuevos Mundos, Mundos Nuevos, n. 10, 2010 (Hay versión digital)
CHARTIER, R., “Libros y lecturas. Los desafíos del mundo digital”. Revista de Estudios Sociales 64, 2018, pp. 119-124. (Hay versión digital)
CHARTIER, R. Las revoluciones de la cultura escrita. Diálogo e intervenciones, Barcelona, Editorial Gedisa, 2000
CORDÓN GARCÍA, J.A., "La lectura digital y la formación del lector digital en España: la actividad de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez y el Proyecto Territorio Ebook". Álabe 13, 2016
COSTAS GONZÁLEZ, X. H., Os xentilicios de Galicia, Vigo, 2016
DANTAS, T. y otros, "Adaptabilidad, socialización y resiliencia: hacia un nuevo concepto de biblioteca", Revista General de Información y Documentación 27, 2017 (Hay versión digital)
DE TORRES LUNA, M. P. e outros, Municipios y parroquias de Galicia, Santiago, 1989
EISENSTEIN, E., La revolución de la imprenta en la Edad Moderna, Madrid, 1994.
FERREIRA PRIEGUE, E., Los caminos medievales de Galicia, Ourense, 1988
FINA, X., y otros, "Lecturas políticas en torno al libro. Crisis y renovación", Informe sobre el estado de la cultura en España. Cultura local, democracia, desarrollo. Madrid, Fundación Alternativas, 2019 (Hay versión digital)
MÉNDEZ FERRÍN, X. L., Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, Vigo, 2007
MORALEJO ÁLVAREZ, J. J., Callaica Nomina: estudios de onomástica gallega, A Coruña, 2008
RIPPON, S., Historical Landscape Analysis: Deciphering the countryside, York, 2012
TESAUROS, http://tesauros.mecd.es/tesauros/toponimiahistorica/1211429.html (Madrid, 2019)
- Con02: Adquirir coñecementos básicos de determinadas realidades do pasado que se converteron en clave para actuacións de xestión cultural de diversa índole.
- Con03: Coñecer os diferentes desenvolvementos do termo patrimonio nos diferentes ámbitos de traballo da cultura, valorando os seus elementos comúns e os que os diferencian, así como as principais liñas de xestión do patrimonio implantadas na nosa sociedade.
- H/D01: Buscar información sobre as realidades da cultura en diversos formatos, desde a toma de conciencia das circunstancias derivadas da dixitalización da información e da relevancia dos formatos académicos.
- H/D03: Valorar criticamente os materiais dispoñibles sobre as realidades da cultura como produto dun tempo, espazo, ideoloxía e corrente interpretativa determinadas e en función do seu formato.
- Comp03: Competencia para utilizar os fundamentos humanísticos da nosa cultura e os principais conceptos nela desenvolvidos para o traballo na xestión cultural.
- Comp04: Competencia para deseñar propostas que contribúan á dinamización do territorio e á diversificación produtiva das comunidades, tanto en espazos urbanos como rurais.
O ensino desta materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, combinando contidos de carácter teórico (clase maxistral) e contidos de carácter práctico (resolución de probleemas, estudios de casos). O alumnado poderá seguir as exposicións en aula, ben de xeito presencial, ben en "streaming" por MS Teams, dispoñendo en ambos casos do mesmo acceso ós contidos, recursos e materiais do curso.
O/A alumno/a disporá a traverso da plataforma virtual dun guión amplio de cada apartado do programa, xunto cunha bibliografía específica,mapas e gráficos complementarios, links a recursos académicos, educativos e lexislativos para ampliar a información recibida, así como textos e casos prácticos para comentar e practicar. Nas sesións presenciais, non obrigatorias para o alumnado pero recomendables no caso de poder asistir a elas, os docentes exporán as grandes liñas teóricas de cada apartado e proporcionarán materiais para o seu desenvolvemento e aplicación polo/a alumnado (estes guións e materiais serán igualmente expostos no campus virtual para os que non poidan asistir ás aulas presenciais, garantizando que todos teñan acceso ós mesmos contidos). As dúbidas e aclaracións realizaranse a traverso do foro virtual e a titoría en liña, que servirán igualmente para o seguimento particularizado da participación do/a alumno/a e a súa aprendizaxe.
As consultas realizadas polo alumnado serán atendidas mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando a docente non se atope de permiso ou baixa.
Dado que o obxetivo da materia é introducir ao alumnado á percepción histórica e social do documento histórico,a cultura escrita e o espazo físico como elementos patrimoniais fundamentais, proporcionando aos estudantes ferramentas teóricas e estratexias prácticas para a súa análise, interpretación e posta en valor, un exame teórico non ten moito senso. De aí que o exame final obrigatorio teña un carácter fundamentalmente práctico. En consecuencia, o/a alumno/a terá que realizar ao finalizar o curso un traballo persoal e individual (poderíanse admitir traballos colectivos de demandalo así os obxetivos propostos, pero sempre con determinación do traballo específico de cada un dos autores), consistente na presentación dun proxecto de iniciación á investigación sobre o emprego da documentación para a análise e coñecemento da paisaxe histórica ou un caso práctico de posta en valor do patrimonio histórico espacial. A calificación deste exame final obrigatorio (consistente na realización dun traballo academicamente dirixido) suporá o 75% da calificación final.
A realización das tarefas específicas a realizar a traverso da plataforma virtual (lecturas de materiais colgados, actividades prácticas de comprensión e aplicación dos contidos dos diversos apartados, etc.) -no caso de optarse pola opción de avaliación continua- ou o exame teórico suporán o 15% da calificación final.
O seguimento da materia segundo os ritmos propostos polos docentes, a participación activa nas actividades do curso e a iniciativa e interese individual do alumno serán valoradas ata o 10% restante da calificación final.
O sistema de calificación é válido tanto para a primeira oportunidade de Maio/Xuño como para a segunda oportunidade de Xuño/Xullo A avaliación positiva das actividades do curso poderá ser conservada para a oportunidade de recuperación e/ou durante dous cursos académicos (alumnos repetidores), sempre que así o solicite o alumno interesado e o profesor dea a súa aprobación.
A detección de plaxio ou realización fraudulenta nos traballos académicos e nas probas será penalizada segundo indica o art. 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e Revisión de Cualificacións.
Actividade presencial: clases teóricas para a exposición de contidos e a súa discusión (sesións presenciais expositivas voluntarias), 12 horas
Actividade presencial: clases prácticas (seminario, actividade práctica de asistencia voluntaria), 6 horas
Actividade a distancia: aprendizaxe individual do alumnado, 120 horas
Actividade presencial ou a distancia: titorías de orientación sobre temas teórico-metodolóxicos, 4 horas
Actividade presencial: actividades de avaliación, 8 horas
Tempo total de estudo e traballo necesario para superar a materia: 150 horas
A materia impártese nunha modalidade mixta, polo que non é obrigatoria a asistencia do alumnado ás clases presenciais. A información e os materiais empregados nestas sesións estarán dispoñibles no campus virtual. Non obstante, recoméndase prestar atención ás instrucións e orientacións do profesorado na aula virtual, facer un uso habitual desta, resolver as probas e actividades propostas nos prazos establecidos e plantexar as dúbidas que poidan xurdir a través da ferramenta foro para discusión entre estudantado e profesorado, ou por mensaxe privada.
Jose Carlos Baliñas Perez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Castro Redondo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 982824716
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 14 |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 14 |
17.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |