Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica, Ciencias da Comunicación
Áreas: Fundamentos de Análise Económica, Xornalismo
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Identificar a rendibilidade social dos eventos culturais.
2. Aplicar a análise de custes e ingresos dos eventos culturais e o cálculo da súa rendibilidade económica.
3. Comprender a avaliación de impacto dos eventos culturais.
4. Identificar as marcas culturais e marcas xornalísticas.
5. Comprender as técnicas e as estratexias de marketing aplicables á comunicación e á cultura.
6. Aprender a emprender en proxectos culturais, adaptándose ás características das audiencias.
TEMA 1. ANÁLISE ECONÓMICA DOS EVENTOS CULTURAIS
1.1 Introdución.
1.2 Oferta, demanda e prezo. Principios básicos
1.3 Regulación de mercados.
1.4 Aplicacións aos servizos culturais.
TEMA 2. ANÁLISE DA DEMANDA DE SERVIZOS CULTURAIS
2.1 Análise cualitativa: as enquisas
2.2. Análise cuantitativa: ferramentas estatísticas
TEMA 3. ESTUDOS DE IMPACTO
3.1 Metodoloxía e medición de resultados.
3.2 Estudos de impacto.
3.3 Medidores cuantitativos e cualitativos.
TEMA 4. COMUNICACIÓN EN CULTURA
4.1 Deseño e plan de comunicación.
4.2 Responsabilidade social e sostenibilidade.
4.3 Rendibilidade social dos eventos culturais.
PARTE PRÁCTICA: Estudos de caso e proxectos culturais.
Utilización das ferramentas informáticas propias para a xestión cultural co fin de organizar e planificar casos prácticos expostos en función dos recursos dispoñibles no traballo cultural.
Elaboración de todas as rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas coa interpretación de datos, análise e síntese no desenvolvemento creativo dos proxectos culturais, con iniciativa e espírito emprendedor, atendendo especialmente ao plan financeiro e control de custes.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bustamante Ramírez, E. (2011). Industrias creativas. Gedisa.
Consello da Cultura Galega (2022). Barómetro da cultura galega 2022. Consello da Cultura Galega.
Linheira, J (2018). La cultura como reserva india. Treinta y seis años de políticas culturales en Galicia. Editorial Hispalibros.
Martínez, T. J. (2016). La gestión cultural: Conceptos y experiencias. Delta Publicaciones Universitarias.
Roselló Cerezuela, D. (2017) Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel.
Theodor W. A y Morin, E. (1967). La industria cultural. Editorial Galerna.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AGAPI (2023). Anuario de Información do sector audiovisual galego 2022. Asociación Galega de Produtoras Independentes.
Amorós García, M.(2018). Fake News. La verdad de las noticias falsas. Plataforma Actual.
CEGAL (2021). Mapa de las librerías en España 2021. Confederación española de gremios y asociaciones de libreros.
DEV (2022). Libro Blanco de la Industria Catalana del Videojuego. Asociación española de empresas productoras y desarrolladoras de videojuegos y software de entretenimiento.
Delgado Porras, A (2015). Propiedad intelectual. Civitas.
Devesa Fernández, M. (2006). El Impacto económico de los festivales culturales. Madrid: SGAE-Fundación Autor.
Dijk, T. (2011). Sociedad y discurso. Gedisa.
Freixanes, V.F; Meixide, A (ed).(2010). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Fundación Caixa Galicia.
García Canclini, N. (2007). Lectores, espectadores e internautas. Gedisa
García Leiva, T. (2007). Las revistas culturales y su futuro digital. Fundación Alternativas.
Jimenez, D.(2019). El director. Libros K.O.
Mattelart, A. (2005). Diversidad cultural y mundialización. Paidós Comunicación.
Patino, B. (2020). La civilización de la memoria de pez. Alianza Editorial.
Peirano, M. (2019). El enemigo conoce el sistema. Debate.
Reig, R. (2011). Los dueños del periodismo. Claves de la estructura mediática mundial y de España. Gedisa.
Russ, J. (2018). Cómo acabar con la escritura de las mujeres. Editorial Dos Bigotes/ Editorial Barrett.
Throsby, D. (2011). Economía y Cultura. Cambridge University Press.
Vogel, H.(2004). La industria de la cultura y el ocio. Un análisis económico. Fundación Autor.
Zafra, R. (2017). Después del entusiasmo. Anagrama.
Zallo R.(director) (1995). Industrias y políticas culturales en España y el País Vasco. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco. UPV-EHU.
Zallo, R. (2013). Estructuras de la comunicación y la cultura. Gedisa.
• Con11: Coñecer os aspectos básicos da relación entre economía, comunicación e cultura.
• H/D01: Buscar información acerca das realidades da cultura en formatos diversos, desde a consciencia das circunstancias derivadas da dixitalización da información e da relevancia dos formatos académicos.
• Comp01: Competencia para detectar posibles sesgos discriminatorios na confección de proxectos e iniciativas culturais, ben sexa por razón de raza, xénero ou diversidade funcional das persoas.
Para o desenvolvemento da materia están programadas 10 horas de docencia expositiva presencial e 6 horas de docencia virtual síncrona.
O profesorado fixará unha hora de titoría virtual semanal, na que os docentes estarán dispoñibles para resolver posibles dúbidas.
-Clases maxistrais. Exposición e explicación dos contidos teóricos da materia e directrices dos proxectos a realizar polo alumnado.
-Asistencia a conferencias ou outros eventos. Asistencia a diferentes actos que posibiliten que o alumnado entre en contacto directo coa experiencia profesional.
-Resolución de problemas/exercicios. Identificación do problema, proposta de hipótese de resolución, aplicación e avaliación da solución adoptada.
-Presentacións na aula. Exposición na aula por parte do alumnado dos resultados do seu traballo autónomo que permite o desenvolvemento de competencias de comunicación oral e de uso das TIC.
-Estudos de caso. Achegamento empírico a un fenómeno ou feito relevante que implica unha aproximación contextualizada a datos reais a través do análise de modelos paradigmáticos de xestión cultural.
-Debate. Interacción dialéctica moderada pola docente que favorece o desenvolvemento do xuízo crítico e das habilidades de comunicación persuasiva.
O profesorado deberá atender adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesorado non estea desfrutando dalgún permiso.
A aula virtual e o correo electrónico institucional son as ferramentas oficiais habilitadas para envíos de actividades e comunicacións entre estudantes e docentes. O estudantado da modalidade híbrida deberá organizar coidadosamente o tempo dedicado a cada materia na que está matriculado, e deberá acceder ás aulas virtuais, como mínimo, unha vez por semana para realizar un seguimento constante e continuo, imprescindible nesta modalidade.
PONDERACIÓN (%)
Proba escrita: Exame final tipo test no que se avalían os coñecementos adquiridos na parte teórica: 30%.
Asistencia e participación na aula:10 %.
Parte práctica: estudos de caso, debates, resolución de exercicios e proxecto final. Actividades de avaliación continua: 60%.
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia: Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
• Docencia Teórica: 8h.
• Actividades asíncronas: 8h.
• Titorización: 6h.
• Exame: 2h.
• Traballo persoal do alumnado: 51h.
É moi importante que o alumnado aprenda a interpretar datos relevantes para emitir xuízos de valor reflexivos e fundamentados, adquirindo a capacidade de análise e crítica. Recoméndase que o alumnado realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atope en cada tema co fin de seguir de forma correcta o temario e a adquisición de competencias.
A bibliografía proposta xunto os textos proporcionados na aula, serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables, alén diso, todos os procesos realizados durante as clases prácticas serán coñecementos que poderán ser avaliados.
Roberto Bande Ramudo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 982824436
- Correo electrónico
- roberto.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Vazquez Sande
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
04.06.2026 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
30.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |