Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS-Coñecementos:
Con02: Coñecer amplamente a diversidade artística e a súa capacidade de adaptación a contextos e situacións culturais diferentes.
Con 05: Expresar unha comprensión crítica e uns coñecementos altamente especializados, unha parte dos cales se sitúan na vangarda das correspondentes disciplinas artísticas e patrimoniais.
Con 06: Confeccionar unha conciencia crítica e creativa das posibilidades interdisciplinares entre diferentes campos e disciplinas.
Con 07: Recoñecer os criterios de actuación para a adaptación dos proxectos artísticos e patrimoniais en situacións de cambio a partir do coñecemento das dinámicas e do papel dos distintos axentes do sector cultural.
Con 08: Recoñecer a un nivel avanzado o pensamento contemporáneo na súa condición de marco das manifestacións artísticas e patrimoniais.
OBXECTIVOS-Habilidades e destrezas:
H/D04: Formular xuízos críticos, a miúdo con información incompleta ou limitada, incluíndo, no seu caso, a reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á solución proposta en cada caso.
H/D07: Demostrar un uso adecuado da metodoloxía, os materiais básicos e os procedementos necesarios para a investigación baseada na práctica e/o a teoría.
H/D08: Xestionar proxectos artísticos e culturais na contorna profesional.
H/D09: Presentar en público proxectos e hipóteses de traballo sobre temas artísticos e patrimoniais.
H/D11: Liderar propostas nas que se establezan conexións culturais entre diferentes épocas, territorios e estilos artísticos, sabendo articulalas nun discurso artístico e/o patrimonial coherente.
Esta materia abordará a análise de propostas arquitectónicas para museos e espazos de exhibición -museos, centros de arte, exposicións nacionais e internacionais, galerías etc.- no mundo contemporáneo. Tomando como punto de inflexión os anos de posguerra, cun cambio de paradigma reflectido en propostas innovadoras como o Centro Pompidou en París, levará a cabo un percorrido pola evolución da arquitectura institucional para a cultura no contexto cultural e político actual. A análise da diversidade de casos de estudo permitirá entender a complexidade do tema a partir da continua interacción entre o mostrado, o relato, o montaxe, etc. coa arquitectura, xogando esta un papel determinante na exposición, máis aló de actuar como mero contedor.
- Interacción entre Arte e Arquitectura no espazo expositivo: Vangardas e Laboratorios de Posguerra.
- A transformación do “museo-palacio” en favor dun modelo aberto, democrático e participativo.
- Experiencia versus virtualidade. As novas tecnoloxías e a redefinición do obxecto artístico.
- Arquitecturas e modelos de xestión. Neoliberalismo e participación.
- Museos de sitio e centros de interpretación. Divulgación e experiencia, orixinalidade e réplica.
- Cambio de milenio e explosión museística no contexto da Península Ibérica. Estudo de casos.
ÁBALOS VÁZQUEZ, I., "Los museos en el siglo XXI", ARQ, 81, 2012, pp. 13-16 [https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4493489].
Accesibilidad en museos: Manual de buenas prácticas para profesionales e instituciones, E. LÓPEZ GIL GIL (Ed.), Sevilla Asociación de Museólogos y Museógrafos de Andalucía, 2021.
ÁVILA, A., "El museo en España: La arquitectura como generadora de la intervención artística (1996- 2016)", Anuario del Departamento de Historia y Teoría del Arte, 31, 2019, pp. 161-191. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7562578
BUSTOS MORENO, C., Ampliación Museo del Prado, Madrid, Fundación ACS, 2007.
CAGEAO SANTACRUZ, V. M., El programa arquitectónico: La arquitectura del museo vista desde dentro, Madrid, Ministerio de Cultura, Subdirección General de Publicaciones, Información y Documentación, 2012. [https://libreria.cultura.gob.es/libro/el-programa-arquitectonico-la-arq…]
CAMIN, G., Museums: Masterpieces of the Architecture in the World, White star, 2007.
ESTEBAN GARBAYO, J. DE y BARBA RODRIGUEZ, D., "Desplazamientos en la arquitectura del museo: Tres respuestas a los cambios culturales de la sociedad contemporánea", Espacio, tiempo y forma, Serie VII, Historia del arte, 10, 2022, pp. 453-476 [https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8566208].
FERNÁNDEZ GALIANO, L. A., "Futuros del pasado: Museos y memoria", Arquitectura Viva, 2022.
GIL (Ed.). Asociación de Museólogos y Museógrafos de Andalucía
BAZTÁN, C., La renovación arquitectónica de los museos españoles, Madrid, MEC, 1997.
HASKELL, F., El museo efímero, Barcelona, Crítica, 2002.
HERRERO DELAVENAY, A., "El edificio museístico contemporáneo, un factor esencial en la transformación conceptual y funcional del museo", RdM. Revista de Museología: Publicación científica al servicio de la comunidad museológica, 82, 2021, pp. 31-46 [https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8208515].
JIMÉNEZ HURTADO, C. y CHICA NÚÑEZ, A. J., "Museos para todos: ¿Qué piensa el usuario?", en Evaluaciones en línea de herramientas de accesibilidad museística. Tendencias actuales en traducción especializada, traducción audiovisual y accesibilidad, Madrid, 2022, pp. 349-369 [https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8833904].
LABRADOR ARROYO, F. et al., Manual de accesibilidad en museos, Madrid, Dykinson, 2020.
LAYUNO ROSAS, M. Á., Los nuevos museos de España, Edilupa, 2002.
LAYUNO ROSAS, M. A., Museos de arte contemporáneo en España: Del «palacio de las artes» a la arquitectura como arte, Gijón, Trea, 2004.
LLEONART GARCÍA, M., Diseño y producción de exposiciones. Un acercamiento a la comunicación efectiva en museografía bajo parámetros de accesibilidad, inclusión y sostenibilidad (Tesis doctoral), Valencia, Universitat Politècnica de València, 2023 [https://dialnet.unirioja.es/servlet/tesis?codigo=324638]
LLONCH MOLINA, N. y SANTACANA I MESTRE, J., "El museo: ¿edificio o lugar?", Her&Mus: Heritage & museography, 9, 2012, pp. 16-19 [https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3855151]
MAIER ALLENDE, J. y LUZÓN NOGUÉ, J. M., "El origen de la arquitectura de museos en España: Proyectos conservados en la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1805-1846)", RdM. Revista de Museología: Publicación científica al servicio de la comunidad museológica, 83, 2022, pp. 4-48 [https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8307198].
MONTANER, J. M., Museos para el siglo XXI, Barcelona, Gustavo Gili, 2003.
MUÑOZ COSME, A., Los espacios de la mirada: historia de la arquitectura de museos, Gijón, Trea, 2007.
MUÑOZ COSME, A., "Museos inmateriales: Sobre la relación entre Museo y Arquitectura", RdM. Revista de Museología: Publicación científica al servicio de la comunidad museológica, 82, 2021, pp. 84- 97 [https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=8208518].
RICO, J. C., La caja de cristal: Un nuevo modelo de museo, Gijón, Trea, 2008.
SAMBRICIO, C. et al., Espacios para el arte. Museos para un nuevo siglo, Madrid, BBVA - Tf Artes Gráficas, 2007.
SCHUBERT, K., El Museo. Historia de una idea, Granada, Turpiana, 2008.
"Breve Historia de la Arquitectura de Museos", https://evemuseografia.com/2020/11/09/breve-historia-dela-arquitectura-….
- Relacionar as novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación entre si.
- Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais
- Xestionar e transformar contextos de traballo ou de estudo complexos e imprevisibles que demandan novas formulacións estratéxicas.
- Organizar proxectos e/o equipos actuando con autonomía individual e/o liderado cando sexa necesario.
- Análise e interpretación crítica da arquitectura dos museos e doutros espazos expositivos.
- Lectura e interpretación de materiais gráficos derivados da práctica arquitectónica.
Docencia en formato de clases maxistrais (expositivas) e en formato seminario (interactivas) de maneira que as segundas complementen ás primeiras a través dunha maior profundización na materia. Preténdese que o alumnado descubra as prácticas arquitectónicas máis recentes e innovadoras, en relación aos ámbitos da arte e a cultura, así como as problemáticas e debates que levan aparelladas social, política e economicamente. Aprendizaxe baseada en traballo de estudo de casos con presentación oral e debate. Traballo en equipo: desenvolvemento de traballo colaborativos e cooperativos.
O desenvolvemento da materia contempla dúas vertentes: actividades formativas presenciais (na aula e fóra dela)/dela) e actividades formativas non presenciais.
1) Actividades formativas presenciais:
(a) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, que solicitará tanto na exposición como nas clases prácticas interactivas a participación activa dos alumnos. Para as explicación empregaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) que se estimen oportunos.
(b) Clases prácticas interactivas na aula dedicadas ao comentario de textos e material gráfico de arquitectura, á realización de exercicios nos que se teñan que aplicar os métodos e conceptos estudados, e á análise práctica de diferentes exemplos arquitectónicos museísticos e de centros expositivos en xeral, así como de montaxe de exposicións. Xa sexa a partir do coñecemento directo de tales exemplos, como a partir de materiais fotográficos e gráficos en soporte bibliográfico ou virtual. Estas clases serán orientadas polo profesor e contarán coa participación activa dos alumnos.
(c) Clases teórico-prácticas interactivas fose da aula, a partir da visita in situ a determinados edificios museísticos e centros e montaxes expositivos de Santiago de Compostela, de fronte ao recoñecemento, aplicación práctica e ampliación dos aspectos teóricos en casos reais. Estas visitas desenvolveranse en horario de clase.
En caso de existir dispoñibilidade económica, realización de prácticas de campo fóra de Santiago (con visita a algúns exemplos museísticos e expositivos de relevancia).
(d) Titorías en grupos reducidos e titorías individualizadas; nelas ofrecerase ao alumnado a orientación, recomendación bibliográfica, guía metodolóxica e supervisión precisas para o seguimento da materia e para que poidan profundar nos contidos estudados.
2) Actividades formativas non presenciais:
Preparación de pequenos traballos individuais e un colectivo de análise e estudo crítico da arquitectura dalgún museo, centro expositivo ou montaxe expositiva, abordando os diferentes elementos constitutivos dos diferentes espazos e a súa valoración e adecuación á finalidade destinada. E en relación con iso, organización de dúas mesas redondas de debate para que todos os estudantes poidan participar, explicando publicamente os resultados das súas análises e expondo por tanto un sentido crítico de aproximación á realidade arquitectónica dos museos, centros expositivos e montaxes expositivas concretas nos seus diferentes ámbitos e elementos constitutivos.
1) Todos os alumnos deberán participar obrigatoriamente nas clases presenciais e tomar parte activa nas diferentes actividades presenciais desenvolvidas, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a implicación dos estudantes na adquisición e asimilación dos contidos. Na avaliación, esta participación activa e continuada do alumnado en todas as actividades presenciais supoñerá un 40% da cualificación total, onde se incluirá así mesmo a súa participación nas mesas redondas previstas.
Para que esta parte da avaliación poida ser tida en conta: #de acordo con o Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e #máster da Universidade de Santiago de Compostela (CG do 25-11-2024) a asistencia á clase será preceptiva para superar a materia. O estudantado deberá contar cunha porcentaxe de presencialidad ás actividades docentes programadas dun 75%, tanto nas sesión expositivas como nas interactivas, onde se inclúen as prácticas de campo.
2) Os breves traballos escritos individuais e o colectivo en equipo que deberán entregar (que se describe no epígrafe precedente da metodoloxía, punto 2), supoñerá o 60% restante da cualificación total.
Ao estudantado que lle sexa concedida DISPENSA de asistencia a clase (Regulamento de asistencia a clase dos Ensinos oficiais de Grao e #Máster da Universidade de Santiago de Compostela (CG do 25/11/2024), será avaliado cunha proba final que supoñerá o 100% da cualificación final.
75 horas (3 créditos):
- Horas teóricas presenciais: 9 h
- Horas prácticas presenciais: 12 h
- Horas de titorías en grupos reducidos: 3 h
- Traballo persoal do estudantado: 51 h
É conveniente un certo dominio da lingua inglesa para poder acceder a algunhas lecturas.
David Chao Castro
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812595
- Correo electrónico
- david.chao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |