Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
· Coñecer os formatos, tendencias e discursos característicos da creación audiovisual do século XXI.
· Identificar conexiones culturales entre diferentes territorios, propuestas y medios audiovisuales.
· Interpretar, analizar e comentar de xeito crítico unha serie de obras audiovisuais relevantes do século XXI
· A emerxencia da cultura dixital: transformacións tecnolóxicas, produtivas e lingüísticas.
· A circulación actual das imaxes en movemento: festivais, plataformas e exposicións dixitais.
· Cinema expandido: instalacións (de vídeo) de cineastas en centros de arte.
· A hibridación xenérica e a emerxencia do cinema de non ficción.
· A dimensión performativa do audiovisual nas últimas décadas: a autorrepresentación.
· Narrativas-río audiovisuais: novas propostas de series e filmes de longa duración.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
· Hoberman, J. (2013). Film After Film Or, What Became of 21st Century Cinema? Verso
· Rodríguez, H. J. & Tejeda, C. (2023). Cine XXI. Ediciones Cátedra.
· Vallejo, A. (2020). Rethinking the canon: the role of film festivals in shaping film history. Studies in European Cinema, 17(2), 155–169. https://doi.org/10.1080/17411548.2020.1765631
· Weinrichter, A. (ed.) 2010. .Doc. El documentalismo en el siglo XXI. Donostia-San Sebastián: Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián / Filmoteca Vasca.
· Willis, H. (2005). New Digital Cinema. Wallflower
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
· Archer, N. (2019). Twenty-First-Century Hollywood. Rebooting the System. Wallflower
· Campos, M. (2019). El Pampero Cine producir al margen y otros modos de subversión. Archivos de la filmoteca: revista de estudios históricos sobre la imagen 76, 145-166.
· De Luca, T. (2015). Slow Cinema. Edinburgh University Pres
· De Luca, T. (2016). On Length: A Short History of Long Cinema. Aniki. Revista Portuguesa da Imagem em Movimento 4 (2): 335-352. https://doi.org/10.14591/aniki.v4n2.353
· Muñoz Fernández, H. & Villarmea Álvarez, I. (eds.) Jugar con la memoria. El cine portugués en el siglo XXI. Shangrila.
· Pena, J. (2009). Historias extraordinarias: nuevo cine argentino, 1999-2008. T&B Editores.
· Quintana, A. (2011). Después del cine. Imagen y realidad en la era digital. Acantilado.
· Villarmea Álvarez, I. (2023). Autorrepresentações colaborativas nas ficções documentais ibéricas. Esferas, 1(26), 40-65. https://doi.org/10.31501/esf.v1i26.14410
Competencias:
COMP2 - Relacionar as novas correntes de pensamento, avances disciplinares e procesos de innovación entre si.
COMP3 - Traballar de maneira autónoma e con finalidades profesionais.
COMP4 - Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais.
COMP5 - Analizar e desenvolver procesos de traballo e de planificar e xestionar os proxectos propios.
Habilidades e destrezas:
H&D2 - Utilizar de maneira crítica as diversas fontes de información para formular argumentos académicos.
H&D4 - Formular xuízos críticos, a miúdo con información incompleta ou limitada, incluíndo, no seu caso, a reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á solución proposta en cada caso.
H&D7 - Demostrar un uso adecuado da metodoloxía, os materiais básicos e os procedementos necesarios para a investigación baseada na práctica e/o a teoría.
H&D9 - Presentar en público proxectos e hipóteses de traballo sobre temas artísticos e patrimoniais.
Coñecementos:
COÑ5 - Expresar unha comprensión crítica e uns coñecementos altamente especializados, unha parte dos cales se sitúan na vangarda das correspondentes disciplinas artísticas e patrimoniais.
COÑ6 - Confeccionar unha conciencia crítica e creativa das posibilidades interdisciplinares entre diferentes campos e disciplinas.
COÑ8 - Recoñecer a un nivel avanzado o pensamento contemporáneo na súa condición de marco das manifestacións artísticas e patrimoniais.
· Sesións expositivas para explicar contidos empregando fragmentos de filmes
· Sesións interactivas, nas que os estudantes verán e comentarán –de forma oral e colectiva– pezas audiovisuais relacionadas co programa.
· Sesións interactivas nas que os estudantes farán –de forma oral e individual– a presentación, proxección e comentario dunha secuencia dunha peza audiovisual relacionada co programa.
Actividades avaliábeis:
1. Presentacións orais de fragmentos de obras audiovisuais para identificar e explicar os seus elementos formais e conceptuais. Duración: 15-20 minutos. Porcentaxe na avaliación final: 40% (4 puntos).
2. Análise comparativa de dúas obras audiovisuais relacionadas co programa da materia para identificar e explicar as súas características formais e conceptuais dentro do seu contexto de produción. Extensión: 3000 – 4000 palabras (texto) ou 5-8 minutos (videoensaios). Porcentaxe na avaliación final: 60% (6 puntos)
Segunda oportunidade: entrega dun traballo escrito individual de análise fílmica (100%) similar ao da primeira oportunidade.
Dispensa: os estudantes aos que se lles outorgue unha Dispensa de asistencia (seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado por acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024), serán avaliados a partir dun traballo individual de análise fílmica (100%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
A dedicación ás clases presenciais será de 21 horas. A dedicación persoal do estudante (estudo teórico, visionado de películas, realización de tarefas) será de 76,5 horas ao longo do semestre.
Esta materia dá continuidade a materias do Grao en Historia da Arte como 'Linguaxe e Discurso Cinematográfico e Audiovisual', 'Historia do Cinema' ou 'A Cultura Audiovisual Contemporánea'. Recoméndase, polo tanto, ter coñecementos previos de historia do cinema e de análise fílmica, así como acompañar tódalas sesións expositivas e interactivas, para poder aproveitala o máximo posíbel.
O Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e de máster da Universidade de Santiago de Compostela (https://hdl.handle.net/10347/38041) establece no seu artigo 1 que "a asistencia a clase configúrase como un dereito/deber do estudantado, sendo a programación docente de cada materia a que determina e concreta a súa valoración e establece as actividades formativas obrigatorias". Neste sentido, a asistencia ás aulas terá incidencia no sistema de avaliación na medida en que resulta obrigatorio participar nas sesións dedicadas á explicación das actividades avaliábeis.
Xose Ivan Villarmea Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- ivan.villarmea [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |