Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecementos
Con01: Expresar uns coñecementos e unha comprensión de carácter avanzado no campo de estudo.
Con02: Coñecer amplamente a diversidade artística e a súa capacidade de adaptación a contextos e situacións culturais diferentes.
Con03: Seleccionar coñecementos avanzados dos principais métodos de investigación aplicables ao ámbito de traballo ou de aprendizaxe na práctica profesional.
Con05: Expresar unha comprensión crítica e uns coñecementos altamente especializados, unha parte dos cales se sitúan na vangarda das correspondentes disciplinas artísticas e patrimoniais.
Con08: Recoñecer a un nivel avanzado o pensamento contemporáneo na súa condición de marco das manifestacións artísticas e patrimoniais.
Nesta materia presentaranse as teorías que teñen transformado non só o xeito de mirar ao pasado entre as historiadoras da arte, senón tamén o modo en que todas nos achegamos ao problema da subxectividade no presente. De feito, lonxe de calquera interese parcial ou de xénero, as ideas que aquí se abordan tiveron un enorme impacto na creación contemporánea e transformaron o noso xeito de pensar a identidade e a autoría.
Denuncia fundacional (V. Woolf, M. Mead e S. de Beauvoir)
A segunda onda do feminismo (J. Kristeva vs. L. Irigaray)
A revisión da historia da arte sen mulleres (L. Nochlin e G. Pollock)
Emerxencia dos «Gay Studies» á luz da imaxe non moralizante do SIDA (D. Crimp e J. V. Aliaga)
Teoría queer e sexualidades transgresoras (D. Haraway, J. Butler, P. Preciado)
Aínda que os contidos desta materia son fundamentalmente teóricos, procurarase mantelos en diálogo permanente con materias optativas como Prácticas artísticas contemporáneas (deste mesmo máster), nas que se estudarán proxectos artísticos que teñen dado imaxe a moitas das ideas aquí debatidas.
Aliaga, Juan Vicente. Orden fálico: androcentrismo y violencia de género en las prácticas artísticas del siglo XX. Valencia: Universitat Politècnica de València, 2007.
Beauvoir, Simone de. El segundo sexo. Madrid: Cátedra, 2005 [1949].
Butler, Judith. El género en disputa: el feminismo y la subversión de la identidad. Barcelona: Paidós, 2007 [1990].
Chadwick, Whitney. Mujeres, arte y sociedad. Madrid: Akal, 2020.
Crimp, Douglas. Melancholia and Moralism: Essays on AIDS and Queer Politics. Cambridge, MA: MIT Press, 2002.
Halberstam, Jack. The Queer Art of Failure. Durham: Duke University Press, 2011.
Haraway, Donna. Manifiesto cyborg. Ciencia, tecnología y feminismo socialista a finales del siglo XX. Madrid: Cátedra, 1995.
Hooks, bell. El feminismo es para todo el mundo. Madrid: Traficantes de Sueños, 2017.
Irigaray, Luce. El sexo que no es uno. Madrid: Cátedra, 2009 [1977].
Jones, Amelia. Body Art/Performing the Subject. Minneapolis: University of Minnesota Press, 1998.
Kristeva, Julia. Poderes de la perversión. Madrid: Siglo XXI, 1988.
Lorde, Audre. La hermana, la extranjera. Madrid: Horas y Horas, 2003.
Mead, Margaret. Sex and Temperament in Three Primitive Societies. New York: Harper Perennial, 2001 [1935].
Moi, Toril. Sexual/Textual Politics. London: Routledge, 1985.
Nochlin, Linda. ¿Por qué no ha habido grandes mujeres artistas?. Madrid: Cátedra, 2015 [1971].
Pollock, Griselda. Visión y diferencia: feminismo, feminidad e historias del arte. Madrid: Cátedra, 2006.
Preciado, Paul B. Testo yonqui: sexo, drogas y biopolítica. Madrid: Espasa, 2008.
Spector, Nancy. Feminism and Art History Now: Radical Critiques of Theory and Practice. London: I.B. Tauris, 2017.
Trebay, Guy, ed. AIDS: Cultural Analysis/Cultural Activism. Cambridge, MA: MIT Press, 1988.
Woolf, Virginia. Una habitación propia. Madrid: Alianza Editorial, 2003 [1929].
Habilidades e destrezas
H/D01: Interrelacionar a teoría e a práctica na creación de traballos persoais que sexan innovadores e avanzados no campo de estudos.
H/D02: Empregar de maneira crítica as diversas fontes de información para formular argumentos académicos.
H/D05: Propoñer novas alternativas de forma autónoma e creativa.
H/D09: Presentar en público proxectos e hipóteses de traballo sobre temas artísticos e patrimoniais.
H/D10: Difundir os resultados da investigación que contribúan ao coñecemento ante públicos especializados e non especializados.
Competencias
Comp03: Traballar de xeito autónomo e con finalidades profesionais.
Comp04: Conceptualizar, desenvolver e difundir proxectos artísticos e culturais.
Comp07: Efectuar as actividades propias con responsabilidade social, honestidade intelectual e integridade científica.
Comp10: Avaliar as responsabilidades respecto aos resultados do propio estudo ou traballo, ou dos doutras persoas, así como ao desenvolvemento profesional de persoas e grupos.
A materia ten unha orientación eminentemente teórica e o groso dos contidos está destinado a familiarizar o alumnado cunha serie de textos e recursos teóricos imprescindibles para achegarse á nova historiografía xurdida dos Estudos de Xénero. En calquera caso, trátase dun máster en Xestión da Arte, polo que na aula presentaranse exemplos prácticos e casos artísticos e expositivos concretos vinculados cos temas a tratar, que poidan servir para ir albiscar proxectos posibles. En resumo, as actividades formativas consistirán na impartición de sesións académicas con carácter teórico-práctico, orientadas a acadar unha aprendizaxe significativa sobre os contidos da materia.
Para avaliar os resultados da aprendizaxe empregarase os métodos e criterios que se detallan a continuación, e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
Avaliación continua: valorarase a participación activa e continuada do alumnado nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 30% da cualificación total.
Realización dun traballo dirixido academicamente (cunha extensión de 12-15 follas), que suporá o 70% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principios metodolóxicos básicos e o coñecemento dos contidos esenciais da materia.
O sistema de avaliación será o mesmo en calquera das dúas convocatorias (maio e xullo).
Alumnado con dispensa oficial de asistencia ás clases: será avaliado mediante un traballo escrito individual (100%), indicado polo profesorado da materia. Este sistema aplicarase nas dúas convocatorias posibles (Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral).
O sistema de cualificacións empregado para valorar a aprendizaxe do estudantado expresarase mediante cualificacións numéricas, segundo o establecido no RD 1125/2003, do 5 de setembro.
Aplicarase a normativa sobre plaxio da USC.
Estudo da materia impartida e práctica persoal do alumno de elementos expostos nas clases: 85 horas
Realización de traballos: 40 horas
TOTAL: 125 horas
Francisco Prado Vilar
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- f.prado.vilar [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 15 |