Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer os aspectos básicos da calidade organizativa, os seus elementos básicos e os procesos e modelos xeradoras da mesma, así como as peculiaridades que ten o seu logro no ámbito da atención sanitaria.
1. Bases conceptuais da calidade
2. Planificación, organización, xestión da calidade e o seu control
3. Os recursos humanos e a calidade
4. Calidade na atención sanitaria
5. Calidade nun servizo hospitalario
NICE Compliance Database.https://www.nice.org.uk/sharedlearning/nice-compliance-database
Almodóvar, F. (2009): Organización de los recursos materiales en una unidad/servicio. Comunicación y atención al paciente: gestión de la calidad del centro sanitario. Ed. Ideas propias.
Aranaz, J.M.; Aibar, C; Vitaller, J.; Mira, J. (2008): Gestión sanitaria: calidad y seguridad de los pacientes. Ed. Díaz de Santos.
Cabo, J. (2010): Gestión sanitaria integral: pública y privada. Ed. Centro de estudios financieros.
Casadesús, M.; Saizarbitoria, I.; Díaz de Cerio, J. (2005): Calidad práctica: una guía para no perderse en el mundo de la calidad. Ed. Pearson educación.
Miranda, F.J.; Chamorro, A.; Rubio, S. (2007): Introducción a la gestión de la calidad. Ed. Delta.
Petrick. J.A. (2003): Calidad total en la dirección de recursos humanos. Ed. Gestión 2000.
Rodés, J. (director) (2009): El futuro de la gestión clínica. Ed. Ars Medicina.
SEMICYUC. Indicadores de calidad. 2021. Disponible en: https://semicyuc.org/indicadores-de-calidad/
ESPECÍFICAS
- Coñecemento xeral sobre calidade na atención sanitaria
- Destreza na xestión da calidade
- Habilidade para traballar con calidade e en equipo
- Capacidade para aplicar a calidade na práctica diaria
- Preocupación pola calidade de atención
- Capacidade para entender que a enfermaría ten que facer a súas funcións baixo actuacións de calidade.
- Capacidade para avaliar o feito e ver si se respetan os criterios de calidade
- Capacidade para dominar sistemas de avaliación de calidade
- Capacidade para aplicar a calidade na xestión dos centros sanitarios e sociosanitarios
A materia desenvolverase a través de sesións teórico-prácticas, nas que ademais de expoñer a estructura conceptual do temario, se analizarán casos e realizarán exercicios que faciliten a incorporación da experiencia dos participantes e fomenten a súa participación.
Para poder superar a materia, é necesario superar a avaliación da docencia expositiva e a avaliación da docencia interactiva.
DOCENCIA EXPOSITIVA: avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas obxectivas. Terá un valor na nota final do 70%.
DOCENCIA INTERACTIVA: Participación nas actividades desenvolvidas na aula: análise de casos, participación nos debates, presentación de traballos, etc. 30% da cualificación. Para poder superar esta parte da materia é necesario entregar todas as actividades propostas.
CONSIDERACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
- Na avaliación continua valorarase a actitude do estudante, achegas de interese, participación, traballo en equipo, comportamento e respecto cara ao/a profesor/a e resto de compañeiros/as, así como o cumprimento de horarios e prazos de entrega das tarefas propostas.
- Cando o alumno non se presente á proba final considerarase non presentado.
- Na proba da 2ª oportunidade manterase a avaliación continuada da docencia interactiva.
- A asistencia ás horas de docencia presencial é requisito preceptivo para superar a materia; con anterioridade á data de exame publicarase unha listaxe do alumnado que satisfaga este requisito.
- Xustificación das faltas:Para considerar unha falta como xustificada debe presentarse ao profesor/a responsable da materia (nun prazo máximo de 5 días desde que finalizou a causa que lle impediu asistir) un documento que acredite debidamente a causa da falta. Cando a ausencia se deba a unha actividade programada (por exemplo, unha cita médica) o estudante deberá comunicarllo con antelación suficiente ao profesor/a responsable para tratar de recuperar a falta mediante unha sesión alternativa (por exemplo, con outro grupo de seminario/aboratorio).
Carga ECTs do curso: 4,5 créditos que equivalen a 112,5 horas de traballo do alumno/a distribuídas do seguinte modo:
Docencia presencial: 15 horas
Docencia non presencial:
Horas síncronas: 9
Horas asíncronas: 12
Traballo autónomo do alumno: 76,5 horas
Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas, casos prácticos e textos recomendados, realice todas as actividades formuladas polo profesorado e asista regularmente ás clases.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Promoverase la entrega de traballos en formato dixital. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas tratados nos traballos.
Para obter maís información visitiar o enlace:https://www.usc.gal/es/usc/institucional/desarrollo-sostenible.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos solicitados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizando ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non adecuada deste.
Lucia Ordoñez Mayan
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- lucia.ordonez.mayan [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
08.06.2026 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 2.03 |
16.07.2026 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 2.02 |