Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é que os estudantes traballen os conceptos e técnicas básicas de Estatística descritiva, probabilidade e técnicas básicas de inferencia estatística.
Ademais, preténdese que os estudantes comprendan a necesidade e a utilidade da metodoloxía estatística na investigación médica, tomando conciencia do alcance e limitacións da devandita metodoloxía.
1. Estatística descritiva, representacións gráficas.
2. Tests de hipóteses. Comparación de dúas mostras. Mostras independentes, mostras emparelladas. Métodos non paramétricos.
3. Análise da Varianza (ANOVA). Modelo dun factor, comparacións múltiples. Modelo con varios factores, interacción. Modelos con medidas repetidas. Métodos non paramétricos.
4. Modelos de regresión. Probas de regresión. Regresión loxística. Regresión múltiple, interacción.
5. Táboas de continxencia. Contrastes nos diferentes tipos de táboas.
- Rosner B. (1995) "Fundamentals of Biostatistics". Wadsworth Publishing Company. Duxbury Press.
- Altman D.G. (1999) "Practical Statistics for Medical Research". Ed. Chapman & Hall.
- Martin Andrés A., Luna del Castillo J. (1994) "Bioestadística para las Ciencias de la Salud". 4ª ed. Ediciones Norma S.A.
- Kleinbaum D.G., Kupper L.L. and Muller K.E. (1988) "Applied Regression Analysis and Other Multivariable Methods". PWS-KENT Publishing Company. Boston.
- Hosmer D.W. and Lemeshow S. (1989). "Applied Logistic Regression" J.Wiley & Sons.
Dentro desta materia, o obxectivo será axudar aos estudantes a alcanzar as competencias incluídas na memoria do título de Máster en Investigación Biomédica:
1. Adquirir coñecementos sobre diferentes métodos de presentación numérica e representación gráfica dos datos recollidos nun estudo.
2. Facer comparacións entre datos de diferentes grupos de estudo. Control dos tamaños de mostra necesarios para obter resultados concluíntes.
3. Analizar as relacións entre as distintas variables observadas no experimento.
Docencia expositiva (9 horas): nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Respecto ó material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario a través do Campus Virtual da materia.
Docencia interactiva (12 horas): a docencia interactiva distribúese en seminarios de resolución de casos prácticos na aula de clase co ordenador. Nestas sesións introducirase ó alumnado o manexo do paquete R para análise estatístico de datos. Traballarase tamén sobre os casos prácticos que terán que resolver. Para o seguimento das sesións co ordenador, facilitarase ó alumnado os guións de prácticas.
Titoría: as titorías están destinadas ó seguimento da aprendizaxe do alumnado. Realizaranse tanto de xeito presencial como a través do correo electrónica ou MS Teams. Nestas sesións traballaranse fundamentalmente aquelas competencias relacionadas co razoamento crítico e a capacidade de comunicación.
Avaliación continua (25%): a avaliación continua realizarase en base á participación en tarefas asociadas ás sesións interactivas de seminario (resolución de casos prácticos co paquete estatístico R). Estas actividades poderanse realizar tanto de xeito presencial coma no presencial.
Exame final (75%): o exame final constará de varias cuestións teórico-prácticas e casos prácticos sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co paquete estatístico utilizado na docencia interactiva.
O peso da avaliación continua na oportunidade de recuperación será o mesmo que na convocatoria ordinaria do cuatrimestre.
A nota final da materia non será inferior á do exame final ni á obtida ponderando o 25% da avaliación continua e o 75% da nota do exame final.
A avaliación realizarase combinando unha avaliación continua formativa cunha proba final nas condicións que se teñen indicado previamente.
Nótese que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión das cualificacións”.
Nesta materia, o alumnado conta con 21 horas de docencia presencial (9 horas de docencia expositiva e 12 horas de docencia interactiva). Por a docencia expositiva, considérase necesario dedicar ó estudio arredor de 51 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
O alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de casos prácticos.
No caso no que as sesións non poidan realizarse de xeito presencial ni virtual síncrono, enténdese que ditas horas deben ser empregadas polo/a alumno/a a título persoal para a preparación da materia.
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguimento e superación da materia. O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (revisión de bibliografía e casos prácticos) para superar con éxito a materia.
O material do curso porase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC. Pretendemos que esta plataforma, conxuntamente con MS Teams e o correo electrónico, sexa a principal vía de comunicación co alumnado.
Plan de Continxencia
ESCENARIO 2 (distanciamento)
Docencia parcialmente virtual, segundo a distribución organizada pola Facultade de Medicina e Odontoloxía. Para elo, utilizarase o Campus Virtual da materia, con vídeos explicativos, materiais bibliográficos e material complementario para as sesións de casos prácticos proporcionados polo/a profesor/a, así coma na medida do posible sesións síncronas de docencia expositiva a parte da interactiva. As titorías serán atendidas por correo electrónico ou a través de MS Teams.
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas (tanto presenciais coma as que se realicen de modo síncrono a través de MS Teams) é fundamental para o seguimento e superación da materia. Ademais, os contidos de aquelas sesións interactivas que non se fagan de xeito síncrono terán que ser traballados durante ese tempo polo alumno coa axuda do material adaptado facilitado polo/a docente.
O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (revisión da bibliografía e casos prácticos) para superar con éxito a materia.
No escenario 2, o sistema de avaliación será o mesmo que o descrito no escenario 1 e tratarase de manter presenciais as probas nas que poidan cumprirse as condicións requiridas pola normativa da USC. Se non puidesen ser presenciais os controis que forman parte da avaliación continua, así coma o exame final, serían non presenciais. Para a realización de ditas probas utilizaríase o Campus Virtual para a descarga do exame e a entrega do mesmo unha vez cumprimentado polo/a alumno/a nun tempo limitado. Realizarase a supervisión das probas mediante a plataforma corporativa MS Teams: os/as alumnos/as terán que estar conectados/as durante a proba á sesión que cada grupo terá co profesorado. A supervisión non será gravada, mais o profesorado pode solicitar, se o estiman oportuno, a exhibición dun documento de identificación.
ESCENARIO 3 (peche das instalacións)
Docencia completamente virtual a través do Campus Virtual da materia e MS Teams. Os/as estudantes deberán presentar periodicamente tarefas relacionadas cos contidos cubertos en cada momento que servirán para levar a cabo a parte de avaliación continua. As titorías realizaranse por correo electrónico ou a través de MS Teams.
A asistencia de xeito virtual ás sesións expositivas e interactivas síncronas que se realizarán a través de MS Teams é fundamental para o seguimento e superación da materia. Ademais, os contidos de aquelas sesións interactivas que non se fagan de xeito síncrono terán que ser traballados durante ese tempo polo alumno coa axuda do material adaptado facilitado polo docente.
O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (resolución de problemas, revisión de bibliografía e casos prácticos) para superar con éxito a materia.
No escenario 3, o sistema de avaliación será o mesmo que o descrito no escenario 1 e todas as probas serán non presenciais. Estas probas serán tal como están descritas no escenario 2.
Nótese que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión das cualificacións”.
Carmen Maria Cadarso Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881812282
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
08:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Medicina-Aula 9 |