Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psiquiatría
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Formación multidisciplinaria actualizada das condutas aditivas.
- Coñecemento das bases xenético-moleculares, ambientais e individuais en - as que se asenta a adicción.
- Entender a importancia do diagnóstico biopsicosocial para executar unha intervención profesional eficaz.
- Comprender o proceso aditivo, tanto a nivel do individuo como social.
- Adestrarse no manexo da bibliografía especializada, así como no uso da tecnoloxía de información e comunicación para preparar a materia.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
1. Introdución
Unha óptica antropolóxica: o contexto sociocultural das condutas aditivas.
Política Contemporánea da adicción.
2. Neurobioloxía da adicción
Mecanismos neurobiolóxicos das condutas aditivas.
Xenética e vulnerabilidade na adicción.
3. Patoloxía, diagnóstico e tratamento da adicción
Diagnóstico e avaliación da adicción: patoloxía orgánica, psicolóxica e social derivada da conduta aditiva.
Trastornos psiquiátricos no campo aditivo, diagnóstico diferencial, diagnóstico dual, etc.
Abordaxe terapéutica e tratamento da adicción.
Integración do tratamento das adiccións e do tratamento psiquiátrico no diagnóstico dual/trastornos comórbidos.
4. Psicoterapia nas condutas aditivas
Abordaxes e perspectivas posibles.
Os grupos terapéuticos, a terapia da rede, etc.
5. Tratamentos farmacolóxicos
Abordaxe das síndromes de abstinencia.
Tratamento das intoxicacións agudas
Intervencións coas poboacións especiais: xestantes, VIH, etc.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Práctica 1. Avaliación dun caso
Práctica 2. Abordaxe dunha intoxicación aguda/síndrome de abstinencia.
SEMINARIOS
Realizaranse seminarios por parte dos alumnos, para o que se utilizarán revisións científicas recentes.
BALFOUR, D.J.K. (ed) Psychotropic Drugs Abuse. Pergamon Press, 1990.
ESCOHOTADO, A. (ed) Historia general de lasa drogas. Editorial Espasa Calpe, Madrid, 1998.
HOFFMANN, A. (ed). LSD. Historia, balance crítico de sus aplicaciones y efectos. Editorial Gedisa, Barcelona, 2001.
GALANTER, M., KLEBER, H.D. (eds) Tratamiento de los trastornos por uso de sustancias. Edit. Massson, Barcelona, 1997.
GRAÑA GÓMEZ, J.L. (ed). Conductas Adictivas. Teoría, evaluación y tratamiento. Editorial Debate, Madrid, 1994.
MILLER, N.S. (ed) Addicton Psychiatry. Current Diagnosis and Treatment. Willey Liss, 1995.
REID, L.D. (ed). Opioids, Bulimia, and Alcohol Abuse Alcoholism. Springer-Velag, 1990.
VOLKOW N D, KOOB GF, McLELLAN T. Neurobiologic Advances from the Brain Disease Model of Addiction. New England Journal of Medicine 2016; 374:363-371. DOI 10.1056/NEJMra1511480.
https://www.youtube.com/watch?v=f7E0mTJQ2KM
https://socidrogalcohol.org/publicaciones/manuales-y-guias-clinicas/
- Formación multidisciplinaria actualizada das condutas aditivas.
- Coñecemento das bases xenético-moleculares, ambientais e individuais en - as que se asenta a adicción.
- Entender a importancia do diagnóstico biopsicosocial para executar unha intervención profesional eficaz.
- Comprender o proceso aditivo, tanto a nivel do individuo como social.
- Adestrarse no manexo da bibliografía especializada, así como no uso da tecnoloxía de información e comunicación para preparar a materia.
Utilizaranse:
- Clases expositivas e traballo en grupos pequenos nos que se expoñerán aspectos actuais sobre Condutas Aditivas,
- Seminarios impartidos polos alumnos sobre temas específicos en relación cos contidos do curso.
- Prácticas utilizando as tecnoloxías de información e comunicación para o coñecemento das Condutas Aditivas
As actividades presenciais, tanto expositivas como interactivas, serán obrigatorias e durante o seu desenvolvemento haberá unha avaliación continua. En particular, valorarase o contido dos traballos presentados, as intervencións do estudante, o estilo e a claridade da exposición, a súa capacidade para responder ás preguntas suscitadas por outros estudantes e polo profesor, así como a participación e o interese amosados durante as sesións
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas: Seminarios ou prácticas 12horas
Titorías en grupos reducidos ou individualizados 3 horas
Actividades de avaliación 6 horas
Total horas de traballo presencial 30 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo individual 13.5 horas
Elaboración de memorias de prácticas, traballos 24 horas
Outras tarefas propostas polo profesor 1.5 horas
Actividades evaluación 6 horas
Total horas de trabajo persoal do estudante 45
- Asistencia e participación activa nas clases e seminarios.
- Estudo e revisión periódica da materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase.
- Aclaración cos profesores de posibles dúbidas
Escenario 1 (normalidade adaptada):
Docencia:
A impartición das clases expositivas e seminarias interactivas será fundamentalmente presencial.
As titorías poden ser presenciais e virtuais (a través das ferramentas do campus virtual).
Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais de asistencia física):
Docencia:
A docencia expositiva e interactiva pode ser do 50% presencial e tamén se levará a cabo de forma electrónica empregando ferramentas e plataformas institucionais, con mecanismos sincrónicos e asíncronos.
Preferiblemente as titorías serán virtuais.
Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de ensinar con asistencia física):
Docencia:
A docencia expositiva e interactiva realizarase exclusivamente virtual, a través de ferramentas e plataformas institucionais e mediante mecanismos sincrónicos e asíncronos.
As titorías realizaranse exclusivamente por medios telemáticos
Avaliación:
A avaliación formativa continua realizarase nos tres escenarios
Para os tres escenarios, a entrega de traballos e informes farase a través do campus virtual.
Nos tres escenarios, en caso de realización fraudulenta de tarefas ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento da USC sobre a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión da cualificación.
Maria Del Carmen Garcia Mahia
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- mcarmen.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Vidal Millares
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- maria.millares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Homero Indalecio Carrera Machado
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Psiquiatría
- Correo electrónico
- hindalecio.carrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Cibus |
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
Martes | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Cibus |
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Cibus |
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
Xoves | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Cibus |
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Cibus |
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |