Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 2 Clínicos EEES: 8 Total: 22
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer e avaliar as alteracións oculares e visuais máis frecuentes na poboación pediátrica.
- Aplicar os coñecementos necesarios para detectar, avaliar e tratar problemas oculares e na poboación pediátrica.
- Aplicar os protocolos de actuación e técnicas de exame máis adecuadas segundo idade e diagnóstico.
- Analizar cada caso clínico e discusión do mesmo, para levar a cabo un diagnóstico, utilizar diferentes opcións terapéuticas e realizar un prognóstico.
- Elaborar e comunicar informes para pais, titores, educadores e outros profesionais.
- Analizar e avaliar as características que indican a necesidade de terapia visual nas principais áreas de actuación: desviacións oculares estrábicas e non estrábicas, ambliopías, anomalías acomodativas e disfuncións oculomotoras non patolóxicas.
- Deseñar, implementar, aplicar e controlar programas de terapia visual nos diferentes grupos de suxeitos.
- Características oculares e visuais do suxeito pediátrico e o seu desenvolvemento.
- Anomalías oculares, refractivas e funcionais no suxeito pediátrico.
- Screening ou cribaxe visual pediátrico.
- Técnicas de refracción ocular no suxeito pediátrico.
- Exame da visión binocular e función oculomotoras no suxeito pediátrico
- Diagnóstico e tratamento de anomalías visuais no suxeito pediátrico.
- Terapia visual, fases e secuencias
- Bibliografía básica
Optometría Pediátrica. A López Alimany. Ed Ulleye. 2009.
Wilson M., Saunders R. Pediatric Ophthalmology: Current Thought and a Practical Guide. Springer, 2009
Manual de Optometría (2ª edición). R Martín Herranz, G Vecilla Antolínez. Panamericana, 2018.
Taylor, D., Hoyt C. Paediatric Ophthalmology and strabismus. Saunders Ltd.; 3 ed. 2004
Grosvenor T. Optometría de atención primaria. Ed. Masson, 2004.
Benjamin WJ. Borish,s Clinical Refraction. 2ª edition. Ed. Butterworth Heinemann, 2006.
Scheiman, M. H. y Wick, B., Clinical Management of Binocular Vision: Heterophoric, Accommodative, and Eye Movement Disorders. Ed. Lippincott Williams And Wilkins. 2014.
Harvey, W, Gilmartin, B. Paediatric Optometry. Edinburgh, ButterworthHeinemann. 2004.
Scheiman, M. Optometric Management of Learning Related Vision Problems. 2nd ed Mosby 2006.
Caloroso EE y Rouse MW. Tratamiento clínico del estrabismo. Butterworth-Heinemann, 2000.
Press, L. J. Applied Concepts in Vision Therapy. OEP. Mosby, 2017
Veciana, J.F. y Montón, E.A. El desarrollo neurofuncional del niño y sus trastornos. Visión aprendizaje y otras funciones cognitivas. Ed Lebón, 2008.
López, J.V. M. Manual de Terapia Visual. Saera, 2015.
Pickwell, D., Anomalías de la visión binocular: Investigación y tratamiento. Ed. JIMS, 1996
- Bibliografía complementaria
www.aoa.uberflip.com/i/807465-cpg-pediatric-eye-and-vision-examination. Guía práctica do examen ocular e visual pediátrico da Asociación Americana de Optometría (AOA)
www.aap.org/en-us/Pages/Default.aspx. Web da Academia americana de Pediatría.
www.journals.lww.com/optvissci/pages/default.aspx. Web da revista Optometry and Vision Science.
www.onlinelibrary.wiley.com/journal/14751313. Web da revista Ophthalmic and Physiological Optics.
www.covd.org/?page=OVD. Web da revista Optometry and Vision Development.
www.sciencedirect.com/journal/optometry-journal-of-the-american-optomet…. Web da revista Optometry.
www.oepf.org/journals. Web da revista Journal of Behavioral Optometry.
Coñecementos
• Con02. Demostrar dominio dos principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría.
• Con05. Ser quen de aplicar conceptos de cribado na atención primaria visual e ocular.
• Con11. Describir e recoñecer as características do desenvolvemento visual do neno.
• Con12. Ser quen de discriminar e comprender os distintos procedementos para realizar o exame visual no paciente pediátrico: toma de AV, refracción, saúde ocular e exame da visión binocular, oculomotora e estado acomodativo.
Habilidades ou destrezas
• H/D07. Adquirir as habilidades necesarias para a incorporación ao exercicio profesional especializado no ámbito da optometría.
• H/D10. Capacidade de comunicación co paciente pediátrico e/ou cos pais ou titores.
• H/D11. Capacidade para colaborar con outros/as compañeiros/as durante a avaliación visual do paciente.
• H/D12. Executar o protocolo de cribado visual no paciente pediátrico.
• H/D13. Identificar e manexar as distintas técnicas para realizar o exame visual do paciente pediátrico.
Competencias
• Comp01. Capacidade para aplicar distintas perspectivas do coñecemento nas ciencias da visión.
• Comp02. Capacidade para tomar decisións a partir de información científica, técnica e clínica.
• Comp07. Aplicar conceptos de cribado na atención primaria visual e ocular.
• Comp08. Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.
Dende o inicio do curso académico estará activada a Aula Virtual da materia no Moodle do Campus Virtual, así como o equipo de MS TEAMS da clase. O alumnado terá que consultalo regularmente, así como a notificación das incidencias que poidan ocorrer con respecto a o acceso as mesmas.
ACTIVIDADE DE CONTIDO TEÓRICO: Docencia virtual na que se poñerá a disposición dos alumnos os contidos do programa teórico, casos clínicos, e/ou exemplos xerais en diferentes formatos de presentación que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeo explicativo nunha contorna on- line asíncrono. 10 horas de docencia telemática a través da plataforma Moodle do Campus Virtual (mecanismo asíncrono). Os contidos serán proporcionados a través da Aula Virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
ACTIVIDADE INTERACTIVA DE SEMINARIOS: O alumno debe preparar o desenvolvemento da actividade con axuda do profesor e realizar medidas e correspondente análise de datos. Tamén se inclúen probas de avaliación se as houbese. 2 horas de docencia presencial. Os contidos serán proporcionados a través da aula virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
ACTIVIDADE INTERACTIVA DE PRÁCTICAS: Práctica clínica consistente en cribado visual en niños/as. Realización de prácticas clínicas en módulos moi reducidos. 8 horas de docencia presencial.
TITORÍAS: Titorías personalizadas e en grupos reducidos. As titorías levaranse a cabo a través da Aula Virtual, correo electrónico e/ou a través de plataformas a disposición do alumno como TEAMS; podendo ser estas de carácter individual ou grupal.
- Avaliación de contidos teóricos e seminarios:
Exame teórico final: O exame final terá lugar de xeito presencial, e poderá consistir nun exame tipo test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e un caso práctico ou problema que amose a capacidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Representará o 70% da nota final (7 puntos).
Avaliación dos seminarios: Realizarase de forma virtual utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams, e representará o 20% da nota final (2 puntos).
- Avaliación de contidos prácticos:
A asistencia ás prácticas é obrigatoria. Realizarase a través das sesións presenciais. Suporá o 10% da nota final (1 punto).
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
As horas totais de traballo persoal do alumno son 51 distribuídas da seguinte maneira:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 27 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 14 h.
Para poder integrar adecuadamente os conceptos impartidos en Optometría pediátrica, é especialmente recomendable que o alumno acceda aos artigos das revistas especializadas na temática para impartir. Estas están indexadas en bases de datos como PUBMED (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/)
Eva Yebra-Pimentel Vilar
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Teléfono
- 881813522
- Correo electrónico
- eva.yebra-pimentel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Escola Universitaria
Gonzalo Garcia Dominguez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- gonzalo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carlos Garcia Resua
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jacobo García Queiruga
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Outros Centros |
Martes | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Outros Centros |
21.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
16.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |