Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Formúlanse como obxectivos xerais: (1) Que o/a estudante coñeza os conceptos fundamentais da ética, a bioética e a deontoloxía, e (2) Que desenvolva a capacidade de reflexionar e argumentar sobre cuestións morais, propias da práctica da psicoloxía en xerontoloxia, partindo das principais propostas metodolóxícas vixentes na bioética contemporánea.
Para iso, en concreto, preténdese que o/a estudante:
- Adquira coñecementos acerca das cuestións e as paradigmas da bioética contemporánea.
- Desenvolva a reflexión crítica e a capacidade resolutiva acerca de problemas éticos que se expoñen actualmente na práctica, a intervención e a experimentación nos campos atinentes á psicoxerontoloxía.
- Adquira destrezas de análises e de argumentación mediante o exame e o debate de casos, supostos e argumentos.
- Desenvolva habilidades de formulación de propostas e de resolución de problemas en relación coas cuestións formuladas.
- Mellore as capacidades comunicativas, oral e escrita, potenciando as destrezas para efectuar exposicións en público e realizar traballos por escrito.
Como resultado final, o/a estudante deberá:
Coñecer e interpretar adecuadamente os principios e liñas xerais da bioética e da deontoloxía en situacións concretas da intervención e a investigación con persoas maiores.
RESUMO
A Bioética: xénese, desenvolvemento e perspectivas, espazos, métodos e cuestións.
PLANO XERAL
1) Ética e códigos deontolóxicos
---Moral: Código, Acción, Norma
---Ética, Bioética e Deontoloxía
2) Principios da bioética
---Bioética: Espazos, Cuestións e Métodos
---Principialismo: Autonomía, Beneficencia, Non-maleficencia, Xustiza
3) Conflictos bioéticos e deontoloxía na investigación e intervención psicolóxica
---Principialismo e paternalismo
4) Bioética e envellecemento
---A Eutanasia
---A Vellez e o Morrer
1. BÁSICA
Hottois, G. & Missa, J.N. (dirs.): Nova enciclopedia de bioética. Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (2005).
Kuhse, H.: “La eutanasia”, in P. Singer (ed.), Compendio de ética. Alianza, Madrid (1995, 2004), 405-416.
Soto, L. G.: “Una idea de moral”, in Ágora. Papeles de filosofía 20/1. Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (2001), 221-229.
Soto, L. G. & Sánchez Fernández de la Vega, C.: “Verdad y atención al enfermo terminal”, in Revista de Filosofía 38/1. Universidad Complutense, Madrid (2013), 139-158.
Soto, L. G. & Sánchez Fernández de la Vega, C.: “Truth telling in incurable diseases”, in European Geriatric Medicine, September 2013, Volume 4, Supplement 1, (2013), S35. http://dx.doi.org/10.1016/j.eurger.2013.07.115
2. COMPLEMENTARIA
Alvira, R. y otros: Sociedad civil. Eunsa, Pamplona (1999).
Aranguren, Javier: Los paraísos perdidos. Ediciones Internacionales Universitarias, Barcelona (2005).
Aranguren, J.L.L.: Ética y política. Guadarrama, Madrid (1968, 2011).
Aranguren, J.L.L.: Ética. Revista de occidente, Madrid (1958, 1994).
Beauvoir, S.: La vejez, EDHASA, Barcelona (1989).
Blackburn, S. Sobre la bondad. Una breve introducción a la ética. Paidós, Barcelona (2002).
Camps, V. (ed): Historia de la ética. (3 vols). Crítica, Barcelona (1988-1992).
Cortina, A.: Dignidad y no precio. Más allá del economicismo. En Guisán, E. (Coord.), Esplendor y miseria de la ética kantiana. Anthropos, Barcelona (1988), 140-166.
Cortina, A. (ed): Diez conceptos clave en ética. EVD, Pamplona (1994).
De Lora, P. Justicia para los animales. La ética más allá de la humanidad. Alianza Editorial, Madrid (2003).
Dewey, J.: Naturaleza humana y conducta. F.C.E., México (1964, 2014).
Ferrater Mora, J.: Ética aplicada. Alianza Editorial, Madrid (1981, 1996).
Guisan, E.: Introducción a la ética. Cátedra, Madrid, (1995).
Kohlberg, L.: The Philosophy of Moral development. Harper and Row, S. Francisco & New Y. (1982).
Hierro, L.: “Deontología de las profesiones jurídicas. Una discusión académica” en Cristina García Pascual (coord.): El buen jurista. Deontología del Derecho, Tirant Lo Blanch, Valencia (2013), 269-301.
Hierro, L.: “Imperio de la ley y ética judicial. Una cuestión de confianza”, en Perfecto Andrés, Pedro P. Grández, Betzabé Marciani y Susanna Pozzolo (editores), El compromiso constitucional del iusfilósofo. Homenaje a Luis Prieto Sanchís, Palestra, Lima, Perú (2020), 385-406.
Llano, Alejandro: La vida lograda. Ariel, Barcelona (2002).
Peters, R.: Desarrollo moral y educación moral, Fondo de Cultura Económica, México (1984, 2014).
Sádaba, J.: La vida buena. Península, Barcelona (2009).
Sádaba, J.: No sufras más. Península, Barcelona (2011).
Singer, P. (ed.): Compendio de ética. Alianza, Madrid (1995, 2004).
Singer, P.: Ética práctica. Ariel, Barcelona (1984, 2009).
Ademais, ao comezo do curso, facilitarase bibliografía específica para temas e/ou cuestións concretos.
1) Xerais
- (CX5) Mostrar habilidades de comunicación interperonal e de manexo das emocións adecuadas para unha interacción efectiva coas persoas maiores, familiares, coidadores e demais profesionais implicados na atención xerontolóxica.
- (CX8) Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos interdisciplinares relacionados coa Psicoxerontoloxía.
- (CX7) Saber identificar as implicacións éticas da súa actuación profesional e axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía e demais profesións afíns, mostrando un compromiso ético e profesional en relación coas responsabilidades cívicas, sociais e globais.
2) Básicas
- (CB6) Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- (CB8) Que os/as estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
3) Transversais
- (CT2) Mostrar un sentido crítico razoábel, curiosidade intelectual e capacidade de argumentación sobre problemas complexos.
- (CT5) Desenvolver a capacidade para traballar en grupo e solucionar problemas de forma cooperativa.
4) Específicas
- (CE9) Coñecer os recursos e a organización do sistema de atención socio-sanitaria ás persoas maiores.
- (CE10) Saber adecuar as actuacións ao marco legal e administrativo correspondente e promover os cambios que se consideren necesarios para mellorar a atención ás persoas maiores.
- (CE1) Saber aplicar as teorías sobre o envellecemento na conceptualización dos casos e situacións concretos.
- Familiarizarse coa problemática da ética e as cuestións e metodoloxías específicas da bioética e da deontoloxía.
- Desenvolver a capacidade de argumentar sobre cuestións morais e enfrontarse a problemas bioéticos, achegando razóns e xustificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
1.- Docencia expositiva: explicación dos contidos do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.
2.- Docencia interactiva: exercicios prácticos, consistentes primeiro na análise e a discusión, oral e en grupo, e despois no informe individual escrito (comentario e conclusións) acerca dun suposto, relacionado co tema explicado.
Actividades tutoriais grupais: 1ª) realización e avaliación dos exercicios prácticos (1ª semana); 2ª) preparación e realización do exame (4ª semana); e 3ª) valorización dos resultados do exame (6ª semana).
TRABALLO AUTÓNOMO DO/A ESTUDANTE
1.- Estudo: preparación da materia polo/a aluno/a, podendo usárense os materiais recomendados polo profesor ou, previa consulta a este, outros que respondan aos contidos da materia.
2.- Tutorías: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.
Como regra xeral os traballos realizados terán un valor máximo do 70% e á participación outorgaráselle un valor máximo do 30%.
1) Avaliación continua
A avaliación continua inclúe (1) o desenvolvemento das sesións e (2) a realización dun exame (correspondente a un dos temas do programa).
A avaliación das sesións terá en conta a asistencia, a participación e os exercicios realizados; habitualmente, un informe por sesión. Por cada informe presencial, realizado nunha sesión, poderá obterse até 1 punto, sumando os valores do exercicio (até 0,7) e da participación (até 0,3). Por un informe non presencial poderá obterse até 0,7 puntos (excepcionalmente, até 1 punto). Competencias avaliadas: todas. En especial: Básicas, Transversais.
O exame será puntuado de 0 a 10. A puntuación mínima será 3, outorgada pola participación. Competencias avaliadas: todas. En especial: Xerais, Específicas.
2) Exames finais
Para poder presentarse ao exame final será necesario realizar o 60% dos exercicios ou estar exento da asistencia ás aulas presenciais.
A superación da materia por medio da avaliación continua exclúe a posibilidade de presentarse ao exame final.
O exame será puntuado de 0 a 10. Competencias avaliadas: todas. En especial: Xerais, Específicas.
Os/as estudantes exentos de asistencia ás aulas presenciais, para superar a materia, deberán realizar os informes preceptivos (dando conta deles nunha sesión oral) e o exame final.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
1) Avaliación continua
Para aprobar, será suficiente con superar 5 puntos e realizar o 80% das sesións. Non será necesario realizar o exame.
Para obter nota (notábel, sobresaliente, matrícula), será necesario realizar o exame. Neste caso, a puntuación mínima outorgada polo exame será 5.
A nota final será a media das puntuacións das sesións (de 0 a 10) e do exame (de 0 a 10).
2) Exames finais
Para poder presentarse ao exame final será necesario realizar o 60% dos exercicios ou estar exento da asistencia ás aulas presenciais.
A superación da materia por medio da avaliación continua exclúe a posibilidade de presentarse ao exame final.
A nota final será a media das puntuacións das sesións (de 0 a 10) e do exame (de 0 a 10).
ESIXENCIA DE ORIXINALIDADE
Se alguén copiar, en calquer momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese: (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por un/ha algún texto escrito por outro (prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria, senón mediante o emprego de apuntamentos, bibliografía ou informacións, cuxo uso non está autorizado no exame, ou mediante substitucións sexa da persoa sexa do exercicio.
Tempo de traballo: 75 horas (3 créditos ECTS). Estas horas repártense da seguinte maneira:
1) Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva e interactiva). No total, 21 horas no semestre. Incluíndo 3 horas de tutorías grupais, 24 horas no semestre.
2) Horas non presenciais semanais: 1 hora, recomendada para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 7 horas no semestre.
3) Tempo de estudo semestral: 51 horas (traballo do/a aluno/a).
1) Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos.
2) Asistencia e participación nas aulas, imprescindíbel na realización dos exercicios.
3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.
Tutorías: Serán 6 horas semanais (presenciais e/ou telemáticas), fixadas ao comezo de cada semestre, que figurarán na páxina da Facultade de Filosofía da USC, na secretaría do departamento de Filosofía e Antropoloxía e na porta do gabinete.
O meu gabinete é nº327, no 3º andar da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos s/n). O teléfono 881-812526 e o enderezo electrónico: luisg.soto [at] usc.es (luisg[dot]soto[at]usc[dot]es).
Polo que respecta á actividade formativa (desenvolvemento da docencia, realización de probas, etc.), serán de aplicación todas as disposicións da USC (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, etc.) e da lexislación xeral atinentes.
Nomeadamente, chámase a atención sobre:
1) Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
2) Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
3) Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
4) Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
5) Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
6) O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
Luis Modesto Garcia Soto
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
19.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
22.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |