Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Área externa M.U en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A NIVEL CONCEPTUAL
1. Coñecer e interpretar os cambios cognitivos no envellecemento normal e patolóxico.
2. Saber identificar e analizar os principais factores que favorecen a adaptación funcional nos cambios cognitivos normativos e patolóxicos.
3. Coñecer os fundamentos nos que se basea a avaliación e a intervención cognitiva no envellecemento normal e patolóxico
A NIVEL DE DESTREZAS E ACTITUDES
1. Axudar ao alumnado para utilizar de forma estratéxica coñecementos conceptuais, procedementais e actitudinais útiles e relevantes para a investigación e intervención cognitiva.
2. Axudar ao alumnado a coñecer e a utilizar algunhas estratexias e prácticas de actuación necesarias para a avaliación cognitiva xeral de adultos maiores.
3. Potenciar nos alumnos a necesidade de establecer relacións teóricas e metodolóxicas entre distintas materias relacionadas co desenvolvemento cognitivo en adultos maiores.
4. Adquirir e poñer en práctica os hábitos, actitudes e comportamentos que permiten o traballo en grupo, aprendendo a analizar, modificar e mellorar o propio funcionamento e o do grupo para conseguir os obxectivos propostos
1. Cambios cognitivos: desde o envellecemento normativo ata o deterioro cognitivo.
2. Cambios sensoriais e motrices. Influencia na cognición. Repercusións adaptativas.
3. Atención, memoria e linguaxe. Cambio e deterioro.
4. Intelixencia, creatividade e sabedoría.
5. Plasticidade, reserva cognitiva. Bases para a intervención cognitiva
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (EN LIÑA EN ACCESO ABERTO OU A TRAVÉS DA BIBLIOTECA DA USC EN FORMATO ELECTRÓNICO):
-Juncos-Rabadán, O., Pereiro, A.X. y Facal, D. (2019). Atención, memoria y lenguaje. En C. Triadó, F. Villar y M. Celdrán (Eds.,). Desarrollo adulto y vejez (pp. 75-105). Madrid: Ed. Alianza.
-Lojo, C., Facal, D., y Juncos-Rabadán, O. (2012). ¿Previene la actividad intelectual el deterioro cognitivo? Relaciones entre reserva cognitiva y deterioro cognitivo ligero. Revista Española de Geriatría y Gerontología, 47,6, 270-278.
-Park, D.C. & Festini, S.B. (2017). Theories of memory and aging: A look at the past and a flimpse of the future. Journals of Gerontology: Psychological Sciences, 72(1), 82-90.
- Stern, Y. et al. (2023). A framework for concepts of reserve and resilience in aging. Neurobiology of aging 124, 100-103
- Villar, F. (2019). Inteligencia y sabiduría. En C. Triadó, F. Villar y M. Celdrán (Eds.,). Desarrollo adulto y vejez (pp. 107-137). Madrid: Ed. Alianza.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
-Alwin, D. F., & Hofer, S. M. (2011). Health and cognition in aging research. The Journals of Gerontology: Series B: Psychological Sciences and Social Sciences, 66B, 9-16
-Anderson, N. D., & Craik, F. I. (2017). 50 Years of Cognitive Aging Theory. The Journals of Gerontology Series B: Psychological Sciences and Social Sciences, 72(1), 1-6.
-Ballesteros, S., Mayas, J., & Reales, J. M. (2013). Cognitive function in normal aging and in older adults with mild cognitive impairment. Psicothema, 25(1), 18-24.
-Cabeza, R., Nyberg, L., & Park, D. C. (Eds.). (2016). Cognitive neuroscience of aging: Linking cognitive and cerebral aging. New York: Oxford University Press.
-Calero, M. D. y Navarro, E (2012). Envejecimiento óptimo: marcadores psicosociales de la evolución cognitiva en personas mayores de 80 años. Informació Psicològica, (104), 13-28.
-Díaz, Mª. C. y Peraita, H. (2008). Detección precoz del deterioro cognitivo ligero de la tercera edad. Psicothema, 3, 438-444.
-Facal, D., Maseda, A., Pereiro, A. X., Gandoy-Crego, M., Lorenzo-López, L., Yanguas, J., & Millán-Calenti, J. C. (2019). Cognitive frailty: a conceptual systematic review and an operational proposal for future research. Maturitas, 121, 48-56.
-Hertzog, C., Kramer, A. F., Wilson, R. S., & Lindenberger, U. (2008). Enrichment effects on adult cognitive development: Can the functional capacity of older adults be preserved and enhanced? Psychological Science in the Public Interest, 9(1), 1-65.
-Kensinger, E. A., & Gutchess, A. H. (2017). Cognitive aging in a social and affective context: Advances over the past 50 years. The Journals of Gerontology: Series B, 72(1), 61-70.
-Latorre, J.M. et al. (2011). Memoria autobiográfica en la vejez. En A.X. Pereiro & O. Juncos-Rabadán (Eds). I Jornadas de investigación en Psicogerontología (pp.89-104). Santiago de Compostela: Servicio Publicaciones Universidad de Santiago de Compostela.
-Lindenberger, U. (2014). Human cognitive aging: Corriger la fortune? Science, 346(6209), 572-578.
-Lindenberger, U., & Mayr, U. (2014). Cognitive aging: is there a dark side to environmental support? Trends in Cognitive Sciences, 18(1), 7-15.-Montejo-Carrasco, P., Montenegro-Peña, M., & Sueiro-Abad, M.J. (2012). The Memory Failures of Everyday (MFE) Test: Normative data in adults. The Spanish Journal of Psychology 15, 3, 1424-1431
-Mallo, S. C., Ismail, Z., Pereiro, A. X., Facal, D., Lojo-Seoane, C., Campos-Magdaleno, M., & Juncos-Rabadán, O. (2018). Assessing mild behavioral impairment with the mild behavioral impairment-checklist in people with mild cognitive impairment. Journal of Alzheimer’s Disease, 66(1), 83-95.
-Montenegro, M. y Montejo, P. (2009). Entrenamiento de la memoria. En R. Fernández-Ballesteros, R. (dir.). Psicología de la vejez. Una psicogerontología aplicada. Madrid: Pirámide.
-Montenegro, M., Montejo, P., Llanero, M., Reinoso, A. I. (2012). Evaluación y diagnóstico del deterioro cognitivo leve. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 32(2), 47-56.
-Navarro, E. y Calero, M. D. (2011). Relación entre plasticidad y ejecución cognitiva: el potencial de aprendizaje en ancianos con deterioro cognitivo. European Journal of Investigation in Health, Psychology and Education, 1(2), 45-59.
- Navarro-Pardo, E., Facal, D., Campos-Magdaleno, M., Pereiro, A. X., & Juncos-Rabadán, O. (2020). Prevalence of cognitive frailty, do psychosocial-related factors matter?. Brain Sciences, 10(12), 968.
-Park, D. y Schwarz, N. (2006). Envejecimiento cognitivo. Madrid: Panamericana.
-Ruiz-Sánchez, J. M. (2012). Estimulación cognitiva en el envejecimiento sano, el deterioro cognitivo leve y las demencias: estrategias de intervención y consideraciones teóricas para la práctica clínica. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 32, 57-66
-Salthouse, T. A. (2014). Correlates of cognitive change. Journal of Experimental Psychology: General, 143(3), 1026-1048.
-Salthouse, T. A. (2016). Theoretical perspectives on cognitive aging. New York: Psychology Press.-Stern, Y. (2007). Cognitive reserve: Theory and applications. N. York: Taylor & Francis.
- Stern, Y. (2009). Cognitive reserve. Neuropsychologia, 47:2015-2028.
- Stern, Y. et al. (2020). Whitepaper: Defining and investigating cognitive reserve, brain reserve, and brain maintenance. Alzheimer's & Dementia 16 (9), 1305-1311
-Verhaeghen, P. (2013). Cognitive aging. In D. Reisberg (Ed), The Oxford handbook of cognitive psychology (pp 1014-1035). New York, NY: Oxford University Press.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecer a nivel avanzado o proceso de envellecemento normal e patolóxico desde o punto de vista psicobiológico, cognitivo, persoal e social.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Saber obter, analizar e sintetizar información especializada.
CT2 - Mostrar un sentido crítico razoable, curiosidade intelectual e capacidade de argumentación sobre problemas complexos.
ESPECÍFICAS
CE11 - Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación en Psicogerontología.
CE12 - Coñecer, aplicar e interpretar análise de datos aplicados ao estudo do envellecemento.
CE1 - Saber aplicar as teorías sobre o envellecemento na conceptualización dos casos e situacións concretos.
A metodoloxía docente utiliza varios formatos que se combinan de varias formas para cada tema:
1. Clase expositiva: O profesor fai unha explicación de cada tema.
2. Traballo individual do alumno: Os/as alumnos/ as traballan sobre o tema correspondente mediante as lecturas obrigatorias seleccionadas e aquelas optativas que sexan recomendadas polo profesor e/ou que consideren oportunas.
3. Traballo de grupo: En pequenos grupos trabállase en clase sobre as preguntas ou tarefas presentadas. Elabórase un informe resumen do traballo realizado que se presentará nos seminarios de debate e servirá como material de avaliación.
4. Seminarios de debate: Debaterase sobre os traballos realizados en grupo e sobre as cuestións expostas nas sesións expositivas.
5. Titorías de grupo: Programads para resolver cuestións referentes ao traballo individual, e sobre todas aquelas cuestións teóricas ou metodolóxicas que os alumnos/ as expoñan sobre os distintos temas do programa.
6. Práctica de campo: Visita ao Complexo Xerontolóxico “A Veiga”, Poboa de S. Xiao, Lugo, para coñecer o estado cognitivo dos residentes e os seus correlatos psico-sociais; entender o seu rendemento cognitivo e a súa relación con factores persoais e afectivos que permita ao estudantado facer unha valoración integral de persoas maiores institucionalizadas.
1. Participación en clase e titorías: 20%
2. Exame e/ou informe de traballos individuais ou en grupo: 80%
Para superar a materia, o estudantado debe asistir a un mínimo do 80% das horas docentes expositivas e do 80% das horas docentes interactivas. No caso de dispensa de asistencia, o estudantado que obtivese a aceptación dos órganos pertinentes para acollerse a esta modalidade terá que porse en contacto co coordinador da materia para acordar un plan de titoración específico. Nesta modalidade, o estudantado deberá entregar os mesmos traballos, sempre de xeito individual, e compensar a participación con tarefas específicas.
Na segunda oportunidade mantense o sistema de avaliación. O estudantado que non cumpra co mínimo de asistencia ó 80% das horas docentes expositivas e ó 80% das horas docentes interactivas, deberá de realizar un traballo complementario para superar a materia na segunda oportunidade, para o que deberá poñerse en contacto co docente coordinador da materia coa suficiente antelación.
O estudantado repetidor estará sometido ó réxime ordinario de asistencia e ó mesmo sistema de avaliación que o resto do estudantado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Respecto da realización fraudulenta de exercicios ou probas, a Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación, Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-, indica que a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o estudantado infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
-Clases expositivas (horas presenciais): 9
-Clases interactivas (horas presenciais): 12
-Preparación de presentacións orais e debates (horas traballo autónomo): 5
-Traballos tutelados (horas non presenciais): 16
-Estudo da bibliografía recomendada (horas traballo autónomo): 30
-Titorías individuais ou en grupo (horas presenciais): 3
TOTAL: 75 horas
O estudo da materia relacionarase co estudo da materia "Bases psicobiolóxicas do envellecemento" porque os contidos son complementarios.
Recoméndase facer uso das titorias individualizadas co profesor no horario de tutorías, que será indicado no inicio de curso.
ASISTENCIA A CLASE:
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA, 2011-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
Os traballos realizados polo alumnado entregaranse, preferentemente, a través da
aula virtual.
E-MAIL E FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS DA USC:
Os/as estudantes deben empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@ rai.usc.es) na súa comunicación cos profesores.
Os/as estudantes deben usar necesariamente Campus Virtual, Microsoft Office 365 incluíndo OneCloud e outras ferramentas proporcionadas polo profesorado e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
USO DO TELÉFONO MÓBIL E PROTECCIÓN DE DATOS: Non se pode usar o teléfono móbil, excepto cando se usa como ferramenta de traballo seguindo as instrucións dadas polo profesorado da materia, responsabilizando aos/as estudantes das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inadecuado.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdese privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o profesor e os/as alumnos/as matriculados na materia. Cumprimento obrigatorio da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
David Facal Mayo
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813695
- Correo electrónico
- david.facal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sandra Peña Díaz
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Psicoxerontoloxía (2ª ed)
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Xoves | |||
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
Venres | |||
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 11 |
13.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
16.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |