Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Desenvolver actitudes e fomentar a adquisición de coñecementos para levar a cabo a vixilancia epidemiolóxica e o estudo epidemiolóxico de casos e brotes de enfermidades, e decidir sobre as medidas preventivas a adoptar en cada situación.
- Capacitar ao alumno para a identificación e análise epidemiolóxico de factores de risco, e adopción das medidas preventivas oportunas.
- Capacitar ao alumno para a investigación dun brote e determinar as medidas preventivas
- Dar ao alumno un sentido e prioridade do colectivo, tendo sempre en conta a interrelación do individuo e o seu ambiente, e o carácter multifactorial das enfermidades.
- Motivar ao alumno por a mellora das condicións de vida da poboación.
Docencia expositiva (18 horas)
- Epidemioloxía Xeneral das Enfermidades Transmisibles
- Medicina Preventiva Xeral das Enfermidades Transmisibles. Vixiancia Epidemiolóxica
- Modelos de transmisión de enfermidades
- Estudio de Brotes: Aspectos xerais
- Estudio dun brote de toxiinfección alimentaria
- Tuberculose: Epidemioloxía e prevención
- Enfermidades Infecciosas Emerxentes
- Enfermidades transmitidas por vectores
- Epidemioloxía das Enfermidades Crónicas: Estratexias de prevención. Cribados.
- Cáncro (I)
- Cáncro (II)
- Enfermidades Cardiovasculares
Docencia interactiva (24 horas)
-Estudio de brotes
- Presentacións do Grupo 1: Enfermidades de transmisión fecal-oral: Hepatite A. Erradicación da Poliomielite.
- Presentacións do Grupo 2: Enfermidades de transmisión parenteral (Hepatite B, C, D e VIH/SIDA).
- Presentacións Grupo 3: Enfermidades infecciosas emerxentes. Enfermidade dos lexionarios. vECJ..
- Presentacións do grupo 4: Zoonosis: Brucelosis. Rabia.
Titorías (6 horas)
Fernandez-Crehuet Navajas J, Gestal Otero JJ, et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier-Masson 2015.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Estará en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientales, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica, e propor a adopción das medidas preventivas máis acaídas
Competencias específicas de a materia:
- Desenvolver actitudes e adquirir os coñecementos para levar a cabo a vixilancia epidemiolóxica e o estudo epidemiolóxico de casos e brotes de enfermidades, e decidir sobre as medidas preventivas a adoptar en cada situación.
- Coñecer e comprender a metodoloxía de vixilancia epidemiolóxica aplicada ao estudo das enfermidades.
- Coñecer os criterios para identificar os distintos factores de risco, así como que adquira a capacidade de analizalos epidemiolóxicamente e pór en marcha as medidas preventivas oportunas.
- Adquirir sentido e prioridade do colectivo, tendo sempre en conta a interrelación do individuo e su ambiente, e o carácter multifactorial das enfermidades.
- Sentir interese pola mellora das condicións de vida da poboación.
- Ser quen de investigar un brote e determinar as medidas preventivas a aplicar
Na primeira sesión o profesor orientará sobre a bibliografía máis relevante para o estudo dos temas. Nas clases presenciais o profesor sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación dos alumnos
Con anterioridade ás sesións interactivas o profesor comunicará os obxectivos e facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a búsqueda de bibliográfica complementaria, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo. O alumno deberá ter traballado previamente sobre o tema.
As sesións interactivas serán moi activas e participativas asumindo o profesor o papel de introdutor do tema e orientador e moderador das discusións, realizando os alumnos as presentacións dos temas a estudo.
O alumno realizará unha lectura comprensiva e reflexiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada. Realizará búsquedas bibliográficas e preparará e realizará as presentacións que se lle asignen e participará activamente nas sesións interactivas. Asistirá as tutorías presentando as dúbidas e dificultades encontradas no estudo da materia.
Escenario 1
Clases expositivas: Lección maxistral impartida polo profesor. O profesor contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia.
Clases interactivas: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participará activamente nestas clases de distintas formas: resolución de exercicios na aula etc.
Escenario 2
Clases expositivas: manteranse presenciais as clases expositivas e interactivas sempre e cando se cumpran as condicións requiridas. Se non fose posible impartir as clases expositivas en aula grande, pasarían a ser non presenciais. O material da materia estará dispoñible no Campus Virtual e ademais os alumnos terán docencia virtual a través da plataforma Microsoft Teams da USC.
Clases interactivas: Se non fose posible manter presenciais nas clases interactivas, pasarían a ser non presenciais. Os alumnos terán docencia virtual a través da plataforma Microsoft Teams da USC.
Escenario 3
Clases expositivas: As clases expositivas serán non presenciais. O material da materia estará dispoñible no Campus Virtual e ademais os alumnos terán docencia virtual a través da plataforma Microsoft Teams da USC.
Clases interactivas: As clases interactivas serán non presenciais. Os alumnos terán docencia virtual a través da plataforma Microsoft Teams da USC.
• Avaliación continua (30%). Valorarase a participación nas clases e o traballo individual e por grupos nas sesións interactivas
• Exame final (70%). Exame escrito ou oral de contidos teórico-prácticos.
Para superar a materia é preciso obter como mínimo un 5 no exame final de contidos teórico-prácticos.
Escenario 1: Baixo as condicións do escenario 1, a avaliación continua e o exame final faranse de forma presencial.
Escenario 2. Baixo as condicións do escenario 2, a avaliación continua será mediante presentacións dos traballos de forma presencial a condición de que se cumpran as condicións requiridas. Se non se dan estas condicións, as presentacións dos traballos realizarase mediante MS Teams. O exame final farase presencial. Aos alumnos que non se poidan conectar, ou estean exentos de docencia faranse exames orais por MS Teams.
Escenario 3. Avaliación continua será online mediante presentacións dos trabaallos mediante MS Teams. O exame final farase empregando o medio que se estableza no seu momento. De facerse virtual, os alumnos que non se poidan conectar, ou esteen exentos de docencia farán exame orais por MS Teams.
O alumno dedicará alomenos 52 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, y á búsqueda bibliográfica e preparación de presentacións da docencia interactiva.
É conveniente que os alumnos adquiriran una boa formación en Epidemioloxía durante os estudos de grado e teñan capacidade de lectura en inglés.
A preparación da materia non presenta dificultades especiais. A asistencia ás clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa adicación do tempo necesario á lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materiais entregados nas clases así como á búsqueda bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas, é suficiente para superar a materia.
Juan Jesus Gestal Otero
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- juan.gestal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Juan Miguel Barros Dios
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 981950095
- Correo electrónico
- juanm.barros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Agustin Montes Martinez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812271
- Correo electrónico
- agustin.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raquel Barbosa Lorenzo
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- raquel.barbosa.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
Martes | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
Mércores | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
22.12.2020 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
07.07.2021 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |