Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os dous obxectivos fundamentais desta materia son:
1) Dar a coñecer a aplicación dos principios e fundamentos da ciencia económica ao sector sanitario, tanto dende o lado da oferta como do lado da demanda.
2) Proporcionar aos estudantes que a cursan unha serie de ferramentas coas que poidan analizar con rigor e comprensión o funcionamento e os fundamentos económicos do sistema sanitario, así como os efectos que as distintas políticas sanitarias que un regulador pode levar a cabo teñen sobre o devandito sistema.
Os tópicos que se estudan na materia de Economía da Saúde son os seguintes:
1. Introdución
2. Análise microeconómica dos servizos sanitarios: demanda e oferta
3. Intervención e regulación nos servizos sanitarios
4 Criterios: eficacia, eficacia, eficiencia e equidade
5. Incerteza e seguros de saúde
6. O problema da información asimétrica no mercado sanitario
7. A macroeconomía dos servizos sanitarios
Os manuais de referencia que utilizaremos para o seguimento da materia son dous:
• Antelo, M. (2021), Notas de economía de la salud, Santiago de Compostela: mimeo.
• Antelo, M., Fraga, J.M. y Reboredo, J.C. (eds.) (2010), Fundamentos de economía y gestión de la salud, Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Ademáis, recoméndase ao estudantado que consulte as seguintes obras para tópicos concretos:
• Hidalgo, A., Corugedo, I. y Del Llano, J. (2000), Economía de la salud, Madrid: Pirámide.
• Phelps, Ch.E. (2009), Health Economics, New York: Addison Wesley.
• Zweifel, P. y F. Breyer (1997), Health Economics, Oxford: Oxford University Press.
• Coñecer os factores que afectan á toma de decisións óptimas por parte dos axentes económicos que interveñen no sistema sanitario, tanto os que actúan como demandantes dos servizos sanitarios como os que actúan como produtores e provedores dos devanditos servizos.
• Aplicar os principios económicos e de análise á identificación, previsión e resolución de problemas relacionados coa asignación eficiente dos recursos económicos na asistencia sanitaria.
• Analizar as vantaxes e limitacións do mecanismo de mercado na asignación de recursos no sistema sanitario.
• Coñecer os principios básicos da regulación sanitaria.
• Comprender a importancia do sector dende o punto de vista agregado.
O Máster en Saúde Pública da USC ten carácter de semipresencialidade e a materia de "Economía da saúde" forma parte do módulo opcional do mesmo.
A dinámica desta materia desenvolverase do seguinte xeito no caso de que nos atopemos no Escenario 1 (normalidade adaptada): unha sesión inaugural levada a cabo de xeito presencial e na que se presenta aos alumnos a guía específica da materia (notas de clase) xunto cos materiais básicos que cubren todo o contido do curso. Esta guía serve de apoio e orientación para o seguimento dos diversos temas dos que está composto o curso. A continuación, o resto das sesións son desenvolvidas polo alumnado cos materiais que se distribuíron na sesión de apertura e o profesor é o encargado de clarificar as dúbidas que poidan xurdir, respostando, a través do correo electrónico, da aula virtual da USC e/ou da plataforma Teams, a cada unha das consultas telemáticas pertinentes que os estudantes prantexen en cada momento.
Polo tanto, os alumnos terán desde a primeira sesión do curso a súa disposición os materiais didácticos que cobren os contidos da materia e que serán suficientemente detallados e comprensibles para que poidan ser maioritariamente empregados de xeito autónomo por cada alumno ou alumna. Así mesmo, os materiais do curso conterán referencias bibliográficas e pautas relacionadas co contido dos temas que servirán de apoio e orientación para o traballo individual ou en grupo.
Pola contra, no Escenario 2 (distanciamento) e dado que esta é unha materia optativa e, en consecuencia, o número máximo de estudantes matriculados non superará os 15, os estudantes que poidan asistir presencialmente ás instalacións da USC para asistir á sesión inaugural non superarán esa cifra. Non procede, pois, implementar ningunha medida especial de adaptación da metodoloxía da ensinanza a este escenario.
Por último, no Escenario 3 (peche das instalacións), a docencia realizarase de xeito remoto (usando a ferramenta Teams) no que se refire á sesión inaugural. A dinámica para o resto das sesións será como no Escenario 2, é dicir, o seguimento electrónico das necesidades dos estudantes (vía correo electrónico, a aula virtual da USC e/ou a plataforma Teams).
A avaliación da materia consistirá na realización de dúas actividades ou tarefas en forma de dous ensaios sobre aspectos relevantes da economía da saúde (avaliación continua), así como un exame final escrito. A primeira tarefa proporase a finais de marzo e ou obxectivo que se persegue coa mesma é que os alumnos e alumnas discutan e elaboren un ensaio sobre algún tema central da economía da saúde (variables que poden explicar os niveis de saúde nos distintos países, importancia que a industria da sáude ten para as economías, comparación dos diversos sistemas nacionais de saúde, etc.) e para a que poden aproveitar os materiais da primeira parte do curso.
A segunda tarefa proporase entre finais de abril e principios de maio e será mais específica ao estar relacionada coa relevancia da información asimétrica no ámbito sanitario e a taxonomía de problemas que poden presentarse.
Por último, o exame final escrito pretende probar o coñecemento de toda a materia que adquiriu o alumnado. Tanto os ensaios como o exame final están orientados a avaliar as habilidades que os estudantes deben adquirir co seguimento do curso.
Os alumnos realizarán as dúas tarefas de avaliación e o exame final a distancia e antes dun determinado prazo que se especificará en cada caso e no momento do envío. Unha vez que o(a alumno/a remata cada unha das tarefas, terá que enviala electrónicamente ao profesor encargado da materia. A ferramenta que se empregará para iso será a aula virtual da USC e o correo electrónico.
Tanto as tarefas como o exame final centraranse principalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos. O traballo ao longo do curso (avaliación continua) estará orientado principalmente a avaliar a capacidade de aplicar coñecementos na elaboración de estudos que combinen análises teóricas e traballos empíricos, a capacidade de facer xuízos e propoñer solucións fundamentadas para problemas. , eficacia no traballo e capacidade expositiva por escrito. A avaliación continua terá en conta todas as actividades programadas. No proceso de avaliación, ademais do dominio da materia, consideraranse aspectos como a capacidade de análise e síntese, a claridade e capacidade expositiva e a participación e contribución ao bo desenvolvemento das actividades do curso. A avaliación continua terá un peso de polo menos un 40% na avaliación final.
Os estudantes deben adicar o número de horas de traballo persoal necesario para cubrir satisfactoriamente o estudo autónomo dos contidos (individual ou en grupo), a análise de casos, a lectura doutras referencias que sexan necesarias e a realización proveitosa das probas de avaliación continua, así como da proba final.
Para o estudo proveitoso dos contidos da materia de Economñia da Saúde, recoméndase aos alumnos/as:
• esforzarse e adicarlle unha atención con una continuidade regular ao curso ao longo de todo o semestre,
• comprender os principios básicos que compoñen os contidos e non memorizalos simplemente,
• traballar con espírito analítico os contidos da materia que se ofrecen nos materiais básicos, así como os relacionados coas referencias bibliográficas recomendadas.
Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso académico 2021/22.
De seguido describimos os escenarios previstos pola USC:
Escenario 1.
A docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial. Non obstante, e de xeito excepcional, co fin de facilitar a compatibilidade coas actividades discentes e a mellora gradual das competencias dixitais do profesorado e o alumnado, a docencia presencial poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia.
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
As probas finais, de ser necesarias, terán carácter presencial
Escenario 2.
A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual e, neste último caso, con preferencia polos mecanismos síncronos. Os centros definirán a distribución da docencia presencial e virtual para cada titulación. Garantirase o máximo grao de presencialidade física, dándolle preferencia á docencia interactiva.
Na docencia interactiva, poderase combinar a presencialidade física e telemática, en todo caso garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas de cada materia.
Priorizase a programación de titorías por vía telemática.
Escenario 3.
A docencia, tanto expositiva como interactiva, desenvolverase completamente de xeito virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos.
A programación das titorías será exclusivamente por vía telemática.
As probas finais, de ser o caso, serán exclusivamente telemáticas.
Non obstante, no caso da materia de Economía da Saúde, estes escenarios quedan concretados en que o alumnado fará un seguimento da mesma por vía telemática, dado o carácter de semipresencialipdade que ten o Master en Saúde Pública.
Manel Antelo Suarez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811535
- Correo electrónico
- manel.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade