Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introducir ao alumnado no Máster, a través dunha formación básica en:
-Conceptos de saúde e os seus determinantes;
-Concepto de saúde pública e os seus instrumentos;
-Organización sanitaria internacional e os seus principais desafíos;
-Modelos e sistemas sanitarios con atención especial ao Sistema Sanitario español.
Docencia Expositiva (9 horas):
Lección 1: Saúde pública. Evolución histórica e concepto actual.
Lección 2: Concepto de saúde. Análise desde diferentes perspectivas. Niveles de prevención.
Lección 3: Instrumentos da Saúde pública.
Lección 4: A nova Saúde Pública: Promoción da saúde.
Lección 5: Saúde Pública Internacional. OMS.
Lección 6: Modelos e Sistemas Sanitarios.
Lección 7: Sistema Sanitario Español. Lei Xeral de Sanidade.
Lección 8: Organización sanitaria española. Organización sanitaria galega.
Lección 9: Demografía sanitaria.
Docencia interactiva (12 horas):
Sesión 1: Promoción da Saúde.
Sesión 2: Demografía Sanitaria.
Sesión 3: Saúde mundial: Agenda 2030. Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Titorías (3 horas)
Fernández-Crehuet Navajas J, Gestal Otero JJ, et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier 2015.
Hernández-Aguado, I, Lumbreras B. Manual de Epidemiología y Salud Pública. (3ª ed). Barcelona: Editorial Panamericana 2018.
Outra documentación
Materiais de lectura e estudio, e presentacións dos temas facilitados polo profesorado.
Competencias da titulación as que contribue a materia:
- Adquirir unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios.
- Identificar os factores de risco que poden afectar a saúde e coñecer como actúan.
- Coñecer o funcionamento básico da Administración sanitaria
Competencias específicas da materia:
- Contextualizar o Master de Saúde Pública nun marco amplo e xeral, e centrar os seus contidos.
- Desenvolver actitudes para a prevención da enfermidade e a promoción da saúde estudando os determinantes da saúde e os procedemientos para actuar deica sús modificación no sentido positivo para promover a saúde.
- Coñecemento e comprension dos diversos sistemas de coidado da saúde individual e colectiva, con énfasis nos programas e servizos de España.
Nas clases presenciais o profesorado sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación do alumnado.
Con anterioridade ás sesións interactivas o profesorado comunicará os obxectivos das mesmas, facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a procura de bibliográfica complementaria, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo.
As sesións interactivas serán moi participativas asumindo o profesorado o papel de introductores do tema e orientadores e moderadores das discusións, realizando o alumnado as presentacións dos temas a estudo.
O alumnado realizará unha lectura comprensiva e reflexiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, preparará e realizará as presentacións que se lle asignen e participará activamente nas sesións interactivas. Asistirase ás titorías presentando as dúbidas e dificultades atopadas no estudo da materia.
-Clases expositivas: Temario impartido polo profesor. O profesor contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Polo xeral, estas clases seguirán os contidos do manual de referencia.
-Clases interactivas: clase teórica/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumnado participará activamente nestas clases de diferentes maneiras: resolvendo exercicios na aula, presentación de traballos, etc.
• Avaliación continua (30%). Valorarase a participación en clase e o traballo individual e grupal nas sesións interactivas. Durante as clases expositivas plantearanse preguntas que contarán para a nota da avaliación continua.
• Exame final (70%). Exame escrito de contidos teórico-prácticos.
Para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5 (sobre 10) no exame final de contidos teórico-prácticos.
A materia consta de 75 horas totais, distribuídas da seguinte maneira: Traballo Autónomo do alumnado (51h); Clases Expositivas (9h); Clases Interactivas (12h); Titorías (3h).
O alumnado dedicará polo menos 51 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, e á procura bibliográfica e preparación de presentacións da docencia interactiva.
E bo ter coñecementos previos básicos de Saúde Pública así como de lectura en inglés.
A asistencia as clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa adicación de tempo a lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materias entregados nas clases así como a búqueda bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas é suficiente para superar a materia.
Angel Salgado Barreira
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- angel.salgado.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Monica Perez Rios
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812277
- Correo electrónico
- monica.perez.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
Venres | |||
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |