Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer o marco legal no que se desenvolve o odontólogo comunitario.
Saber realizar protocolos para a atención nas enfermidades orais.
Analizar os riscos das enfermidades da cavidade oral e a súa aplicación nos tratamentos odontolóxicos.
Planificar o tratamento integral das enfermidades orais baseándose nos principios de promoción da saúde.
Ser capaz para traballar nos equipos de xestión de atención comunitaria.
Ser capaz de deseñar e xestionar os programas sanitarios de saúde oral.
1. Odontoloxía comunitaria, Marco legal. Servizos Sanitarios. Actividades comunitarias en saúde oral.
2. Atención primaria de saúde: O equipo de saúde oral.
3. Odontoloxía integral, análise de rochas. Protocolización das actividades. Determinantes da saúde oral.
4. Planificación e xestión sanitaria.
5. Programas sanitarios de saúde oral. Obxectivos de Saúde Oral 2030.
Piédrola Gil, Gonzalo et al. Piédrola Gil : Medicina preventiva y salud pública. 12a ed. Barcelona, España: Elsevier, 2016. Print.
Katz S, Mc Donald J, e Stookey G. Odontología preventiva en acción 3º ed. Ed Panamericana 1982.
Cuenca Sala E, Baca Garcia P. (2013). Odontología preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 4ª ed. Barcelona. Masson.
Cuenca Sala E, Baca García P. (2005). Odontologia preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 3ªed. Barcelona. Masson.
Rioboo R. Odontología preventiva y Odontología comunitaria. Tomo I y II. (2002). Ed Avances Médico Dentales. Madrid Perea R. Educación para la salud. Reto de nuestro tiempo. Ed Diaz de Santos 2005.
Enlaces de interés:
• Sociedad Española de Epidemiología y Salud Pública Oral: https://sespo.es/
• Ministerio de Sanidad: https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/hom…
• Organización Mundial da Saúde https://www.who.int/es
• Servicio Galego de Sáude: https://www.sergas.es/
• Consejo de Dentistas: https://www.consejodentistas.es/
• FDI. World Dental Federation: https://www.fdiworlddental.org/
• Alianza por un futuro libre de caries: https://www.acffglobal.org/es/
• CDC: https://www.cdc.gov/oral-health/index.html
Coñecer o funcionamento da Administración sanitaria
Estará en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica, e propoñer a adopción das medidas preventivas máis adecuadas.
Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
Ao comezo do #Máster realizarase unha sesión presencial de presentación cos estudantes interesados na materia, que terá lugar na data prevista no calendario académico, na que se considerará a formación e os intereses dos estudantes.
Para impartir a materia, unha vez mantida a reunión inicial, utilizaranse distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferramentas proporcionadas pola plataforma Moodle (lección, foros de discusión, tarefas etc.)/ etc.). Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo.
Podendo organizarse sesións presenciais de resolución de dúbidas tras a entrega de materiais. As titorías poderán ser presenciais, por correo electrónico ou a través de Microsoft teams.
O sistema de avaliación conxugará a avaliación continuada, mediante o seguimento das tarefas individuais e colaborativos e as prácticas, que supoñerá o 60% da nota final. O traballo final obrigatorio e a súa exposición supoñerán un 40% da nota final
Nos casos de realización fraudulenta das actividades ou do traballo, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e na lei 3/2022 de convivencia universitaria.
Lectura materiais e estudo autónomo 38 h
Actividades na aula virtual 30 h
Traballo final: 20 h
Titorías: 6 h
Prácticas 10 h
Coñecementos de planificación sanitaria e de manexo de bases de datos.
Aínda que a materia está dirixido a alumnos con formación en odontoloxía, o programa pode adaptarse a grupos homoxéneos sen formación en odontoloxía.
É obrigatorio a consulta e utilización do campus virtual durante todo o curso
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- almudena.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Mulero De Caso
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- marta.mulero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU