Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina, Departamento da Área do Profesional da USC 991
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública, Área do Profesional da USC
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivo principal:
Coñecer o papel da Epidemioloxía ambiental como ferramenta metodolóxica para achegarse aos problemas principais de saúde pública asociados á contorna ambiental, saber identificar os problemas de saúde da comunidade e analizar os seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais) por medio da aplicación de métodos epidemiolóxicos. Propoñer os deseños epidemiolóxicos adaptados a cada contexto ambiental e establecer a adopción das medidas preventivas idóneas, recoñecendo e valorando as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
Obxectivos específicos:
• Coñecer as aplicacións dos diferentes deseños epidemiolóxicos ao estudo dos riscos ambientais para a poboación a través de exemplos reais.
• Coñecer os principais aspectos da análise epidemiolóxica de investigacións ambientais e da súa correcta interpretación.
• Revisar as evidencias máis actuais nas diversas áreas da saúde ambiental e as medidas preventivas e correctoras máis axeitadas.
• Proporcionar aos estudantes as ferramentas para poder analizar críticamente as situacións ambientais que supoñan un risco para a saúde.
• Proporcionar os coñecementos para a resolución de problemas ambientais reais e avaliar o seu impacto na saúde da poboación.
Parte 1. Introdución á Epidemioloxía ambiental (EA):
Risco ambiental.
Avaliación do risco. Exposición e efecto. Vixilancia ambiental. Aplicacións prácticas da Epidemioloxía ambiental a problemas concretos
Deseño dun estudo epidemiolóxico no ámbito da Epidemioloxía ambiental.
Parte 2. Fume Ambiental de Tabaco:
Avaliación do efecto na saúde da poboación.
Avaliación da exposición ao Fume Ambiental de Tabaco.
Estudos epidemiolóxicos clave sobre Fume Ambiental de Tabaco.
Parte 3. Radiación ionizante e gas radon:
A radiación ionizante como un exemplo de risco ambiental descoñecido. Avaliación da Exposición ao gas radon.
Estudos epidemiolóxicos clave sobre a exposición ocupacional e residencial a radon. Ferramentas de prevención: desde ciencia cidadá, a protocolos de vixilancia sanitaria de persoas traballadoras expostas a radon.
Parte 4. Contaminación atmosférica:
Avaliación da exposición á contaminación atmosférica.
Deseño de estudos e metodoloxía para estimar efectos en saúde a curto e longo prazo.
Estudos epidemiolóxicos sobre contaminación atmosférica e resultados clave.
Parte 5. Contaminación procedente de desastres ambientais:
Contaminación atmosférica xerada por desastres ambientais e situacións especiais.
Avaliación da exposición e estudo dos efectos en saúde na poboación. Metodoloxía para estudar os efectos dos desastres sobre a saúde.
Como estudalos a través do exemplo das erupcións volcánicas. Estudo ASHES.
• Sánchez-Villegas A et al. “Salud ambiental. Medio ambiente físico. Contaminación atmosférica.” En: Martínez González MA Ed: Conceptos de Salud Pública y estrategias preventivas. Un manual para ciencias de la salud. Pp277-282. Ed. Elsevier.Barcelona, 2013.
• García García AM, García Benavides F. Causalidad en salud laboral: El caso Ardystil.Gac San.1995; 51(9): 371-79.
• Norell S. Diseño de estudios epidemiológicos.1ª de. Siglo XXI de España Eds. Madrid, 1994.
• World Health Organization. WHO global air quality guidelines: particulate matter (PM2.5 and PM10), ozone, nitrogen dioxide, sulfur dioxide and carbon monoxide [Internet]. 2021. Available from: https://www.who.int/publications/i/item/9789240034228
• Stewart C, Damby DE, Horwell CJ, Elias T, Ilyinskaya E, Tomašek I, et al. Volcanic air pollution and human health: recent advances and future directions. Bulletin of Volcanology 2021 84:1. 2021;84(1):1–25.
• Ruano-Ravina A, Acosta O, Díaz Pérez D, Casanova C, Velasco V, Peces-Barba G, et al. A longitudinal and multidesign epidemiological study to analyze the effect of the volcanic eruption of Tajogaite volcano (La Palma, Canary Islands). The ASHES study protocol. Environmental Research. 2023;216:114486.
• Arcos González Pedro Ignacio, Castro Delgado Rafael, Busto Prado Francisco del. Desastres y salud pública: Un abordaje desde el marco teórico de la epidemiología. Rev. Esp. Salud Publica [Internet]. 2002 ; 76( 2 ): 121-132. Disponible en: http://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1135-5727200….
• van Oldenborgh GJ, van der Wiel K, Kew S, Philip S, Otto F, Vautard R, et al. Pathways and pitfalls in extreme event attribution. Clim Change. 2021;166(1–2):13.
• Global Burden of Disease Study 2015. Estimates and 25-year trends of the global burden of disease attributable to ambient air pollution: an analysis of data from the Global Burden of Diseases Study 2015. The Lancet. 2017;10082:1907-1918. https://doi.org/10.1016/S0140-6736(17)30505-6
• Thurston GD, Kipen H, Annesi-Maesano I, et al. A joint ERS/ATS policy statement: what constitutes an adverse health effect of air pollution? An analytical framework. Eur Resp J. 2017; 49: 1600419. https://doi.org/10.1183/13993003.00419-2016
• Brauer M. How Much, How Long, What, and Where: Air Pollution Exposure Assessment for Epidemiologic Studies of Respiratory Disease. Proc Am Thor Soc. 2010; 7: 111-115. doi:10.1513/pats.200908-093RM
• Hoek G. Methods for Assessing Long-Term Exposures to Outdoor Air Pollutants. Curr Envir Health Rpt. 2017: 4; 450-462. https://doi.org/10.1007/s40572-017-0169-5
• Basagaña X, Aguilera I, Rivera M, et al. Measurement Error in Epidemiologic Studies of Air Pollution Based on Land-Use Regression Models. Am J Epidemiol. 2013;178(8):1342–1346. https://doi.org/10.1093/aje/kwt127
• Dominici F, Zigler C. Best practices for Gauging Evidence of Causality in Air Pollution Epidemiology. Am J Epidemiol. 2017; 186(12): 1303-1309. https://doi.org/10.1093/aje/kwx307
• Jaakkola, JJK. Case-crossover design in air pollution epidemiology. Eur Resp J. 2003; 21: Suppl. 40, 81s–85s. https://doi.org/10.1183/09031936.03.00402703
• Strak M, Weinmayr G, Rodopoulou S, et al. Long term exposure to low level air pollution and mortality in eight European cohorts within the ELAPSE project: pooled analysis. BMJ. 2021; 374: n1904. https://doi.org/10.1136/bmj.n1904
• Sociedad Española de Epidemiología, Evaluación de las Políticas de Control de Tabaquismo en España. Consultar en: https://www.seepidemiologia.es/documents/dummy/V9.0%20-%20Libro%20Tabaq…
• Blanco-Ferreiro A, et al. Assessment of exposure to secondhand tobacco smoke in Spain: A scoping review. Tob Induc Dis. 2024 Oct 11;22. doi: 10.18332/tid/192118.
• Blanco-Ferreiro A, et al. La valoración de la exposición al humo ambiental de tabaco en las encuestas de salud de España . Gac Sanit. 2024;38:102413. doi: 10.1016/j.gaceta.2024.102413.
• Rey-Brandariz J, et al. Mortality attributable to secondhand smoke exposure in the autonomous communities of Spain. Rev Esp Cardiol (Engl Ed). 2024 Nov;77(11):912-918. doi: 10.1016/j.rec.2024.02.019.
• López-Medina DC, et al. Evolution and characteristics of studies estimating attributable mortality to second-hand smoke: a systematic review. Eur J Public Health. 2024 Jun7;34(3):557-565. doi: 10.1093/eurpub/ckae049.
• Mourino N, et al. Serum cotinine cut-points for secondhand smoke exposure assessment in children under 5 years: A systemic review. PLoS One. 2022 May 5;17(5):e0267319. doi:10.1371/journal.pone.0267319.
• Manual de la OMS sobre el radón en interiores. Una perspectiva de salud pública. 2009. Organización Mundial de la Salud. Disponible: https://www.who.int/es/publications/i/item/9789241547673
• Ruano-Ravina A, Martín-Gisbert L. Radon and Disease—It Is Time for More Case-Control Studies. JAMA Netw Open. 2025;8(1):e2454327doi:10.1001/jamanetworkopen.2024.54327
• Environmental epidemiology Study Methods And Application. https://doi.org/10.1093/oso/9780198527923.001.0001 Online ISBN: 9781383024616 Print ISBN: 9780198527923 Publisher: Oxford University Press. 2023.
Os estudantes estarán en condicións de identificar os problemas ambientais e de proporcionar as respostas máis adecuadas a cada situación.
Os estudantes serán capaces de avaliar o impacto dos devanditos problemas a través da comprensión do seu efecto mediante a fracción atribuíble poboacional ou o efecto específico en canto a exceso de risco.
Nos estudos de caso específicos, os estudantes serán capaces de valorar a relación beneficio risco de determinadas exposicións, por exemplo, a radiación ionizante.
Comprender a importancia crave da medición adecuada da exposición e dos factores que poden exercer confusión nos estudos epidemiolóxicos.
Competencias específicas da materia:
Ser capaz de deseñar estudos epidemiolóxicos no marco ambiental e de interpretar os seus resultados.
Comprender a diferente magnitude dos riscos ambientais e a importancia de analizar subpoblaciones específicas.
Ser capaz de valorar a importancia dos diferentes estudos epidemiolóxicos (transversais, lonxitudinais ou de casos e controis) na análise do efecto dos riscos ambientais.
O ensino desenvólvese principalmente a través do campus virtual, onde o profesorado poñerá ao dispor dos estudantes os materiais necesarios para comprender e dar resposta aos obxectivos docentes, e resolver os traballos e exercicios que servirán para a avaliación final. Cada bloque do temario contará con contidos adaptados especificamente á súa temática e organizados no campus virtual. Os contidos dos temas presentaranse en textos en pdf, destacando a bibliografía máis relevante e actualizada. Ademais, poñeranse ao dispor do estudante documentos e artigos científicos clave sobre os temas a estudo. O profesorado fomentará o razoamento crítico e a aprendizaxe activa mediante preguntas e lecturas orientadas á reflexión.
Parte da aprendizaxe enfócase no design thinking e a aprendizaxe colaborativa. Para iso, exporanse diversos foros de debate sobre un tema específico e de actualidade relacionado coa epidemioloxía ambiental. Os estudantes deberán responder as cuestións expostas polo docente, colaborando así na aprendizaxe colectiva ao poder ler e debater as achegas dos outros estudantes. Ademais, de maneira individual, durante a impartición da materia os profesores poderán expor a lectura crítica dun estudo científico relacionado cun tema concreto dentro da epidemioloxía ambiental. Adicionalmente, os docentes convocarán sesións curtas por videoconferencia de asistencia voluntaria, para explicar partes da teoría ou para comentar as respostas proporcionadas nos foros. Os docentes estarán ao dispor dos estudantes mediante o campus virtual e o correo institucional da USC.
O 60% da nota global correspóndese coa avaliación continua, na que se ten en conta a participación nos foros e a realización dos exercicios propostos polos docentes, que medirán os coñecementos adquiridos. O restante 40% reservarase para a proba final. Os estudantes deben realizar unha proba individual sobre un traballo de deseño de investigación aplicado á epidemioloxía ambiental ou sobre unha crítica argumentada dun artigo científico do ámbito ambiental.
Recoméndase dedicar dous ou tres horas de traballo semanal do estudante á lectura dos materiais e á resolución e elaboración das respostas aos traballos periódicos e á avaliación final.
Participación on-line a través do correo electrónico e da aula virtual. Resolución e entrega dos traballos periódicos.
Alberto Ruano Raviña
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812267
- Correo electrónico
- alberto.ruano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Monica Perez Rios
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812277
- Correo electrónico
- monica.perez.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucía Rodríguez Loureiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- lucia.rodriguez.loureiro [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Sara Borrell
Cristina Candal Pedreira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- c.candal.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Lucía Martín De Bernardo Gisbert
- Departamento
- Departamento da Área do Profesional da USC 991
- Área
- Área do Profesional da USC
- Correo electrónico
- lucia.martindebernardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesional da USC