Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Introducir ao alumnado no Máster, a través dunha formación básica en:
-Conceptos de saúde e os seus determinantes;
-Concepto de saúde pública e os seus instrumentos;
-Organización sanitaria internacional e os seus principais desafíos;
-Modelos e sistemas sanitarios con atención especial ao Sistema Sanitario español.
A memoria de verificación do título recolle como contidos da materia: i) Análise dende diferentes perspectivas do concepto de saúde; ii) Análise histórica da evolución da Saúde Pública; iii) Saúde Pública Internacional. OMS; y iv) Estudio comparativo dos diferentes Modelos e Sistemas Sanitarios con especial referencia ao Sistema Sanitario Español.
Os contidos impartiranse a través de docencia expositiva e interactiva divididos nas siguintes leccións expositivas e sesións interactivas:
Docencia Expositiva:
-Lección 1: Saúde pública. Evolución histórica e concepto actual.
-Lección 2: Concepto de saúde. Análise desde diferentes perspectivas. Niveles de prevención.
-Lección 3: Instrumentos da Saúde pública.
-Lección 4: A nova Saúde Pública: Promoción da saúde.
-Lección 5: Saúde Pública Internacional. OMS.
-Lección 6: Modelos e Sistemas Sanitarios.
-Lección 7: Sistema Sanitario Español. Lei Xeral de Sanidade.
-Lección 8: Organización sanitaria española. Organización sanitaria galega.
-Lección 9: Demografía sanitaria.
Docencia interactiva:
-Sesión 1: Saúde mundial: Agenda 2030. Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
-Sesión 2: Demografía Sanitaria.
Titorías
-Fernández-Crehuet Navajas J, Gestal Otero JJ, et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier 2015.
-Hernández-Aguado, I, Lumbreras B. Manual de Epidemiología y Salud Pública. (3ª ed). Barcelona: Editorial Panamericana 2018.
-Martínez González. Concepto de Salud Pública y Estrategias Preventivas. Barcelona: Elsevier-Masson 2013.
Outra documentación:
Materiais de lectura e estudio, e presentacións dos temas facilitados polo profesorado.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG01 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Saúde Pública.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de xestión da información.
CT2 - Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE01 - Adquirir unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios.
CE02 - Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde e coñecer como estes actúan.
CE03 - Coñecer o funcionamento da Administración sanitaria.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
-Contextualizar o Master de Saúde Pública nun marco amplio e xeral, e centrar os seus contidos.
-Desenrolar actitudes para a prevención da enfermidade e a promoción da saúde estudando os determinantes da saúde e os procedimentos para actuar de cara a sua modificación en sentido positivo para promover a saúde.
-Coñecemento e comprensión dos diversos sistemas de coidado da saúde individual e colectiva, con énfase nos programas e servizos de España.
Nas clases presenciais o profesorado sinalará os obxectivos que o alumno deberá alcanzar, presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais fomentando a participación do alumnado.
Con anterioridade ás sesións interactivas o profesorado comunicará os obxectivos das mesmas, facilitará a bibliografía básica e orientará sobre a procura de bibliográfica complementaria, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo de equipo.
As sesións interactivas serán moi participativas asumindo o profesorado o papel de introductores do tema e orientadores e moderadores das discusións, realizando o alumnado as presentacións dos temas a estudo.
O alumnado realizará unha lectura comprensiva e reflexiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, preparará e realizará as presentacións que se lle asignen e participará activamente nas sesións interactivas. Asistirase ás titorías presentando as dúbidas e dificultades atopadas no estudo da materia.
-Clases expositivas: Temario impartido polo profesor. O profesor contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Polo xeral, estas clases seguirán os contidos do manual de referencia.
-Clases interactivas: clase teórica/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios... O alumnado participará activamente nestas clases de diferentes maneiras: resolvendo exercicios na aula, presentación de traballos, etc.
• Avaliación continua (40%). Valorarase a participación en clase e o traballo individual e grupal nas sesións interactivas (25%). Durante as clases expositivas e interactivas plantearanse preguntas que contarán para a nota da avaliación continua (15%).
• Exame final (60%). Exame escrito de contidos teórico-prácticos.
Para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5 (sobre 10) no exame final de contidos teórico-prácticos.
A materia consta de 75 horas totais, distribuídas da seguinte maneira:
Traballo Autónomo do alumnado; Clases Expositivas; Clases Interactivas; Titorías; Avaliación.
O alumnado dedicará polo menos 40 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, e á procura bibliográfica e preparación de presentacións da docencia interactiva.
E bo ter coñecementos previos básicos de Saúde Pública así como de lectura en inglés.
Recoméndase asistencia as clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa adicación de tempo a lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materias entregados nas clases así como a búqueda bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas.
A asistencia a clase estará regulada polo “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC” aprobado en Consello de Goberno da USC en 25 de novembro de 2024. Dispoñible en: https://hdl.handle.net/10347/38041
Angel Salgado Barreira
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- angel.salgado.barreira [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Monica Perez Rios
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812277
- Correo electrónico
- monica.perez.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
Venres | |||
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
20.10.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
15.06.2026 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |