Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Dotar ao alumno das ferramentas da planificación e programación sanitarias.
- Fomentar no alumnado a capacidade de análise
- Capacitar para a toma de decisións
- Fomentar o traballo en grupo
1. Concepto de planificación. Niveis de planificación
2. O ciclo da planificación
3. Establecemento de prioridades. Métodos cualitativos e cuantitativos
4. Formulación de obxectivos. Obxectivos xerais e específicos
5. Determinación de actividades e recursos. Diagrama de GANTT e PERT
6. Implementación e avaliación
- Pineault R, Daveluy C. La planificación sanitaria. Conceptos, métodos, estrategias, 2ª ed. Barcelona: Masson, 1989.
- Sierra Lopez A. et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier 2015.
Competencias da titulación as que contribúe a materia:
o Coñecer o funcionamento da Administración sanitaria.
o Deseñar e analizar estudios epidemiolóxicos
Competencias específicas da materia:
o Coñecer as ferramentas de planificación e programación sanitarias
o Coñecer os métodos máis comúns para a determinación de prioridades.
o Adquirir habilidades nos métodos de elaboración de programas
o Ser capaz de aplicar a metodoloxía epidemiolóxica a avaliación de intervencións
O módulo comezará cunha clase inicial presencial que terá lugar na data prevista no calendario académico. Para impartir a materia, unha vez mantida a reunión inicial, utilizaranse distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferrementas proporcionadas pola plataforma Moodle (lección, foros de discusión, tarefas, etc.). Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo. A materia impartirase de modo asíncrono ainda que poderánse facer sesións presencias para aclarar dudas se o profesor/a o considera oportuno.
As titorías poderán ser presenciais e por correo electrónico.
O sistema de avaliación baséase na avaliación continua e combinará os distintos métodos que permite o ensino virtual. O seguimento das tarefas, a participación nos foros, no glosario e nas leccións será monitorizado para valorar a adquisición de competencias por parte do estudantado e servirá para determinar a cualificación final. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade deberá realizar novas tarefas ou un exame na segunda oportunidade
O alumnado dedicará un mínimo de 51 horas ao estudo dos temas presentados no módulo e á realización de tarefas e traballos tanto individuais como grupais.
A preparación da materia non presenta dificultades especiais.
A participación nas tarefas de carácter colaborativo será especialmente tida en conta polo que o alumnado deberá facer o esforzo por estar presente dende o primeiro momento nos foros e demais espazos de traballo en grupo. A avaliación da súa presenza nas tarefas, farase atendendo tanto a aspectos cuantitativos (número de intervencións) como cualitativos (calidade das aportacións ao traballo do grupo).
Estudantado con necesidades específicas
Para a atención do estudantado con necesidades específicas de apoio educativo terase en conta o establecido no Protocolo de atención a persoas con discapacidade (Área de Integración do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC). Realizaranse as adaptacións metodolóxicas e/ou curriculares necesarias para dar resposta ás necesidades educativas do devandito estudantado.
Perspectiva de xénero
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase o uso dunha linguaxe non sexista tanto nas actividades cotiás na aula como nos traballos académicos asignados. Recoméndase consultar a Guía para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018):
https://www.usc.gal/gl/servizos/igualdade/guia-linguaxe-sexista-usc
Protección de datos
Política de privacidade e protección de datos:
https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Protocolo en materia de protección de datos da USC:
http://hdl.handle.net/10347/23947
Comunicación académica / Entrega de traballos
O estudantado deberá empregar necesariamente o correo electrónico institucional da USC (@rai.usc.es) para comunicarse co profesorado.
Os traballos realizados polo estudantado deberán entregarse a través da aula virtual.
O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, entendido como un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Ferramentas tecnolóxicas institucionais
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas pola Universidade como ferramentas institucionais.
Realización fraudulenta de exercicios/actividades
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011, Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións, publicada no DOG nº 140, do 21 de xullo de 2011.
Maria Leonor Varela Lema
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- leonor.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade