Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Introducir ao estudante no deseño, e implantación dos programas de saúde.
- Capacitar ao estudante na identificación dos obxectivos prioritarios para o deseño de programas de saúde.
- Coñecer os principais programas de saúde implantados na Comunidade Autónoma.
Deseño, implantación e avaliación de programas de saúde.
Principais programas de saúde de Galicia divididos nos seguintes bloques:
- Cribados na poboación infantil
- Cribados na poboación xeral
- Programas de vacinación
- Programas relacionados coas enfermidades transmisibles
- Programas relacionados cos estilos de vida e ca saúde ambiental
Presentación e outros materiais facilitados na aula virtual
Fernandez-Crehuet J, Gestal Otero JJ, et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier-Masson 2015.
Hayden J. Introduction to public health program planning. 1st ed. Burlington: Jones & Bartlett Learning; 2021.
Green LW, Kreuter MW. Health promotion planning: an educational and ecological approach. 4th ed. New York: McGraw-Hill; 2005.
Public Health Ontario. Program planning and evaluation [Internet]. Disponible en: https://www.publichealthontario.ca/en/Health-Topics/Public-Health-Pract…
Bartholomew Eldredge LK, Markham CM, Ruiter RAC, Fernandez ME, Kok G, Parcel GS. Planning health promotion programs: an intervention mapping approach. 4th ed. San Francisco: Jossey-Bass; 2016.
Soto EJ. Programas de salud: diseño, implementación y evaluación. Revista de Salud Pública [Internet]. 2006 ;8(2):233-46. Disponible en: https://ve.scielo.org/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1690-329320060…
U.S. Food and Drug Administration. The Real Cost Campaign [Internet]. Disponible en: https://www.fda.gov/tobacco-products/public-health-education-campaigns/…
Básicas e xerais:
CG01 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Saúde Pública
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
Transversais:
CT1 - Capacidade de xestión da información
CT2 - Traballo en equipo de carácter interdisplinar
CT3 - Aprendizaxe autónomo
Específicas:
CE08 - Ser capaz de aplicar medidas de promoción da saúde mediante técnicas de comunicación e educación individual e de grupo
Para impartir a materia utilizaranse distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferramentas proporcionadas polo Campus Virtual (lección, foros de discusión, tarefas, etc.), incluindo aquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo.
Subirase un calendario cos períodos de tempo dedicados a cada bloque temático. O estudante realizará unha lectura comprensiva dos materiais subidos ao Campus Virtual e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia mediante tarefas individuais. As tarefas consistirán en preguntas ás que o alumno debe proporcionar respostas curtas.
As titorías poderán ser presenciais, por Teams e por correo electrónico.
O sistema de avaliación será combinado. Por unha parte realizarase unha avaliación continuada, mediante o seguimento das tarefas e das diversas ferramentas do campus virtual que permiten o desenvolvemento de traballos individuais ou colaborativos. Ademáis desta avaliación, realizarase unha proba final tipo test.
A avaliación do estudante farase en función dos seguintes parámetros:
1) Avaliación continua: 70%
Realizarase unha avaliación continua dos exercicios de cada un dos bloques. A nota da avaliación continua será a media da nota recibida nos exercicios.
2) Proba final de contidos: 30%
O estudante que non supere a materia en primeira oportunidade deberá realizar unha tarefa deseñada polo docente en segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O alumno dedicará 75 horas ao estudo dos temas presentados na docencia, á búsqueda bibliográfica, á preparación de tarefas e/ou traballos e titorías.
Para superar á materia será suficiente con adicar o tempo necesario á lectura e estudo da bibliografía recomendada e aos materiais entregados, así como presentar as tarefas solicitadas polo docente ao longo do curso no plazo correspondente. Para superar a materia, o estudante deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos (sobre 10) en cada bloque de avaliación (avaliación continua e exame).
A preparación da materia non presenta dificultades especiais.
É recomendable levar ao día o material subido ao campus virtual e os exercicios e tarefas propostos polo docente.
Julia Rey Brandariz
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- juliarey.brandariz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Cristina Candal Pedreira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- c.candal.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU