Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Capacitar ao alumno para identificar os factores ambientais más importantes relacionados co proceso saúde-enfermidade.
- Fomentar no alumno o recoñecemento e valoración das relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.
- Concienciar ao alumno da necesidade e importancia que ten a protección da saúde para aumentar o benestar e a calidade de vida.
Docencia expositiva (9 horas):
1. Ecoloxá e saúde
2. Factores de risco ambiental
3. Xestión ambiental
Docencia interactiva (12 horas):
Traballo en equipo e visita a centros de interese (como estacións depuradoras de augas residuais e plantas de xestión de residuos)
Titorías (3 horas)
- European Environmental Agency. Air quality in Europe — 2022. Disponible en: https://www.eea.europa.eu/publications/air-quality-in-europe-2022
- Ministerio para la Transición Ecológica. Informe de la calidad del aire en España 2023. https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/calidad-y-evaluacion-am…
- Ministerio para la Transición Ecológica. Perfil Ambiental de España 2023. Disponible en:
miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/ministerio/servicios/informacion/pae/PAE_2023_InformeResumen_v2.pdf
- Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Programa estatal de prevención de residuos 2026-2032. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/calidad-y-evaluacion-am…
- Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Plan estatal marco de gestión de residuos (PEMAR) 2016-2022. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-es…
- Ministerio de Sanidad, Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. Plan Estratégico de Salud y Medioambiente 2022 – 2026. Disponible en: https://www.sanidad.gob.es/ciudadanos/pesma/docs/241121_PESMA.pdf
- Observatorio de la Sostenibilidad. Disponible en: https://www.observatoriosostenibilidad.com/
- Red Española de Ciudades Saludables. Disponible en: http://recs.es/
- Vida sostenible. Disponible en: http://www.vidasostenible.org/
- Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-2020. Disponible en: https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=190428&nam…
- World Health Organization. (2021). WHO global air quality guidelines: particulate matter (PM2.5 and PM10), ozone, nitrogen dioxide, sulfur dioxide and carbon monoxide. World Health Organization. https://iris.who.int/handle/10665/345329
Competencias da titulación as que contribúe a materia:
CG01 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa Saúde Pública
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Competencias específicas da materia:
CE01. Adquirir unha visión ampla do concepto de saúde e dos principais modelos e sistemas sanitarios.
CE02. Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde e coñecer como estes actúan.
CE07. Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade
CE09. Ser capaz de sintetizar a evidencia científica dispoñible dun modo rigoroso e transparente e trasladar o resultado á mellora da asistencia sanitaria
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de xestión da información
CT2 - Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
Nas clases expositivas indicaranse os obxectivos que o alumno deberá alcanzar e o profesor presentará os temas destacando os aspectos máis relevantes e actuais, fomentando a participación dos alumnos. Ademais, empregaranse as ferramentas proporcionadas pola plataforma Moodle do campus virtual (lección, tarefas, etc.) e/ou de Microsoft Teams. Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo.
Nas sesións interactivas traballarase en grupo e realizarase a visita a centros relacionados cos contidos tratados nas sesións expositivas. Con anterioridade ás sesións interactivas o profesor comunicará os obxectivos das mesmas, facilitará a bibliografía, e organizará o traballo en diferentes grupos para favorecer o traballo en equipo. O alumno deberá traballar previamente sobre o tema.
O alumno realizará unha lectura comprensiva dos materiais de clase e da bibliografía recomendada, e reflexionará sobre os contidos da materia.
Para a recuperación das clases interactivas por causa xustificada, seguirase o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela.
Para alcanzar a suficienci,a o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos (suma da proba final e do traballo nas sesións interactivas).
- Proba final escrita (peso do 60% da cualificación final). Proba que medirá os contidos teóricos adquiridos, a cal pode incluir preguntas tipo test, pegunta curta ou tema. É necesario que a cualificación obtida na proba final supere o 50% do máximo correspondente a esta proba, para poder avaliar o traballo das sesións interactivas. Na corrección das preguntas tipo test do exame terase en conta a probabilidade de acertar por azar.
- Traballos das sesións interactivas (peso do 40% na cualificación final).
A asistencia a un mínimo do 60% das clases interactivas será requisito indispensable para poder superar a materia. Para o control da asistencia a clase empregarase a aula virtual da plataforma Moodle. A manipulación ou falsificación intencionada deste control suporá a non asistencia e será comunicado á Reitoría.
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade manterá a nota das sesións interactivas. Unicamente terá que realizar o exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumno dedicará, polo menos, 49 horas ao estudo dos temas presentados na docencia expositiva, á procura bibliográfica e á preparación da docencia interactiva.
Clase maxistral: 9
Clase seminarios: 12
Titorías: 3
Avaliación: 2
Traballo do alumno: 49
A preparación da materia non presenta dificultades especiais.
A asistencia as clases expositivas e a participación activa nas sesións interactivas xunto coa dedicación do tempo necesario a lectura e estudo da bibliografía recomendada e dos materiais entregados nas clases, así como a búsquea bibliográfica e preparación das presentacións nas sesións interactivas, é suficiente para superar a materia.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maruxa Zapata Cachafeiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- maruxa.zapata [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
17.12.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
19.06.2026 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |