Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 298.35 Horas de Titorías: 1.25 Clase Interactiva: 0.4 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Área externa M.U en Avogacía (L), Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
O/a estudante deberá adquirir os seguintes coñecementos, habilidades e actitudes:
a) Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.
b) Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión de avogado.
c) Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da súa profesión.
d) Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión.
e) En xeral, desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio da profesión de avogado.
f) Aplicar os coñecementos, capacidades e aptitudes adquiridas, vinculando os estudantes á realidade profesional.
g) Completar e complementar a súa formación teórica coa práctica.
h) Proxección nas prácticas externas das competencias previstas no art.º 10 do RD 775/2011, en desenvolvemento dos obxectivos previstos no art.º 14 do mencionado RD.
Os titores/ás das prácticas externas deben formar aos alumnos/as para:
a) Comprender a necesidade de formarse continuamente para o desenvolvemento da profesión.
b) Coñecer as relacións con outros compañeiros, clientes e o resto de operadores xurídicos.
c) Coñecer as distintas funcións da profesión e os diferentes ámbitos de exercicio profesional.
d) Coñecer os supostos en que os avogados poden incorrer en responsabilidade.
e) Organizar eficazmente o tempo e controlar as sinalizacións e prazos.
f) Coñecer as esixencias normativas de calquera ámbito que poida afectar ao exercicio profesional.
g) Defender con lealdade os intereses confiados polo cliente.
h) Realizar, con desenvoltura e seguridade, as tarefas cotiás nos ámbitos nos que desenvolve a profesión o avogado.
i) Ter sempre presente a transcendencia deontolóxica dos seus actos profesionais, apreciar a súa importancia para si mesmos, o cliente, a sociedade, a xustiza e o colectivo profesional.
j) Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito, e coñecer as técnicas de negociación.
k) Coñecer e aplicar as técnicas, tácticas e estratexias que lles permitan dirixir, seguir e resolver calquera asunto xurídico, tanto xudicial coma extraxudicial.
l) Argumentar, con corrección xurídica, tanto oralmente coma por escrito.
m) Localizar, analizar e valorar a lexislación, xurisprudencia e doutrina científica aplicables ao caso.
n) Identificar as implicacións interdisciplinares do asunto que se lle encargue.
o) Coñecer o funcionamento dun despacho de avogados e o usus fori dos xulgados, oficinas públicas e demais organismos relacionados coa profesión.
p) Elixir, se procede, a acción xudicial máis axeitada para a resolución do caso.
q) Analizar a viabilidade das posibles solucións ao conflito, dende o punto de vista xurídico, substantivo e procesual, tomando en consideración a posible duración do litixio ou da negociación, os aspectos económicos, incluídos os fiscais, e a repercusións no aspecto humano para as partes en conflito.
r) Identificar os aspectos substantivos de cada caso e valerse dos medios de proba máis axeitados.
s) Manter unha axeitada relación e comunicación co cliente.
t) Coñecer o contido e utilidade dos documentos notariais e rexistrais.
u) Coñecer as técnicas, tácticas e estratexias para dirixir un procedemento xurídico tanto xudicial coma extraxudicial.
v) Coñecer o funcionamento dos servizos correspondentes de oficio e asistencia ao detido, así como o de orientación xurídica.
As actividades a desenvolver polos alumnos/as consistirán, entre outras, en:
a) Estudar asuntos xa concluídos que estean arquivados.
b) Estudar asuntos en tramitación.
c) Buscar lexislación, xurisprudencia e doutrina relativa tanto a asuntos en tramitación como xa concluídos.
d) Realizar borradores de escritos (instancias, demandas, recursos, contratos, etc.)
e) Realizar informes orais e escritos.
f) Realizar xestións externas de interese para o exercicio profesional.
g) Preparar e presenciar diversas actuacións orais (reunións, entrevistas, vistas, etc.)
Os titores/ás comunicarán ao alumnado, a medida que resulte necesario e con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaian sendo precisos para un maior aproveitamento das prácticas.
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco definidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación do seu coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseada no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1 - Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2 - Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3 - Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais.
CE4 - Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5 - Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre abogados.
CE6 - Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade do avogado.
CE7 - Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8 - Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE9 - Coñecer e saber aplicar na práctica o ámbito organizativo, de xestión e comercial da profesión de avogado, así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal.
CE10 - Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11 - Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE12 - Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de abogado.
CE13 - Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedemental.
CE14 - Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15 - Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Asignarase a cada alumno/a un titor/a, pertencente ao ICA de Lugo con convenio subscrito para a realización destas prácticas. O seguimento das prácticas corresponderá ao equipo de titoría de prácticas externas do Máster.
O titor/a de cada alumno/a programará periódicamente e con suficiente antelación as actividades prácticas a realizar e procurará manter un contacto diario e persoal co alumno, co fin de guiar e orientar ao alumno durante a realización das actividades encomendadas, posibilitándolle a consulta de dúbidas, exposición de opinións, traballos, informes, etc.
Nas prácticas utilizarase sobre todo o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. Cada caso proponse para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Con iso preténdese que os alumnos estuden a situación, definan os problemas, cheguen ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contrasten ideas, as defendan e as reelaboren con novas achegas.
O profesor titor poderá recomendar ao alumno a asistencia a seminarios, xornadas ou congresos que poidan ser de interese para a realización das actividades encomendadas.
Así mesmo, o alumno/a deberá levar a cabo as lecturas de bibliografía, xurisprudencia, informes, ditames e calquera documentación que o profesor titor considere pertinente para o afondamento nos coñecementos necesarios para levar a cabo as actividades prácticas programadas.
Como regra xeral, as actividades realizaranse de modo individual.
A avaliación realizarase a partir dos seguintes criterios:
a) Seguimento continuado polo titor/a do grado de aprendizaxe e da calidade do traballo que semanalmente realice o alumno, baixo a orientación e programación do titor/a e, no seu caso, do equipo de titoría.
O titor/a deberá cubrir mensualmente un informe de valoración e, rematadas as prácticas, unha memoria final, que incluirá unha descrición das tarefas realizadas polo alumno/a, da evolución do seu grao de aprendizaxe, asistencia, etc. A cualificación que conste nos devanditos informes e na memoria, debidamente ponderada, supoñerá o 70% da nota final da materia.
b) Elaboración por parte do alumno/a dunha memoria mensual e dunha memoria final, comprensiva das actividades desenvolvidas durante o período de referencia e do grado de aprendizaxe, que serán valoradas polo equipo de titoria, e que supoñerá o 30% da nota final da materia.
De considerarse necesario, o equipo de titoría poderalle efectuar unha proba práctica ao alumno/a, consistente na execución dalgunha das actividades e contidos propios das prácticas realizadas. O resultado da devandita proba será tido en conta polo titor/a e o equipo de titoría para, se é o caso, modificar a cualificación inicialmente emitida.
Esta materia só poderá superarse mediante a asistencia continuada do alumno/a ás prácticas baixo a dirección do titor ou equipo de tutoría asignado e o sistema de avaliación exposto anteriormente. Só si o/a alumno/a non asiste a ningunha práctica determinará a cualificación de "non presentado".
A materia Prácticas externas en despachos de avogados (I) ten un total de doce créditos. O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a. Non obstante, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 300
Horas non presenciais
Volume de traballo máximo 300
A axeitada preparación da materia aconsella que o alumnado asista ás prácticas provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema, previamente lido, e cos traballos encomendados xa realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe encontrar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, obtén periódicamente todos os materiais da disciplina; trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de lle dedicar un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados e de preguntar ao titor/a habitualmente todas as súas dúbidas.
Para o caso de que a evolución do COVID-19 e a consecuente normativa emanada das autoridades competentes (sanitarias, gubernativas, académicas) conleve a imposibilidade de que as Prácticas externas en despachos de avogados poidan desenvolverse con carácter presencial nos despachos e gabinetes xurídicos, baixo a titoría inmediata do correspondente avogado/a, aprazarase a realización destas prácticas ata que se recupere a situación de normalidade que permita garantir a presencialidade, sempre dentro do cumprimento dos prazos académicos que se establezan en tal contexto. As prácticas presenciais poden considerarse realizadas e procederá elaborar a memoria e emitir os informes correspondentes para os efectos da súa avaliación sempre que se tivesen alcanzado os obxectivos formativos básicos das mesmas, podendo entenderse cumpridos devanditos obxectivos cando as prácticas estivesen realizadas, polo menos, nun 50% da súa duración.
De non ser posible as solucións anteriores, optarase pola súa realización baixo a metodoloxía semipresencial, combinando a asistencia en determinados días aos despachos e gabinetes xurídicos coa realización de actividades polo/a alumno/a no seu domicilio baixo a titoría de de avogados/as en exercicio. Excepcionalmente, tamén se poderá optar por substituír a presencialidade nos despachos e gabinetes xurídicos por outras actividades académicas telemáticas, que consistirán na tramitación simulada (tanto na parte escrita como oral) de procedementos administrativos e xurisdicionais, baixo a dirección e titoría de avogados/as exercientes, así como na elaboración de informes sobre cuestións xurídicas, ditames e escritos procedementais, procesuais e forenses. A planificación destas actividades efectuarase polo correspondente equipo de titoría; a súa realización encomendarase a avogados/ as co prestixio e experiencia esixibles pola normativa de aplicación; e a avaliación realizarase polo equipo de titoría tendo en conta as cualificacións obtidas por cada alumno/a nas actividades planificadas e executadas.