Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
A formación nesta materia ten por obxecto que o/a alumno/a adquira os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes necesarias para un correcto exercicio da profesión en determinados ámbitos do dereito público que presentan especial relevancia xurídica e asiduidade profesional, como son o dereito urbanístico, o dereito ambiental, a contratación pública, a función pública, a expropiación forzosa, a responsabilidade patrimonial da administración ou o réxime xurídico dos estranxeiros no dereito español, que lle permitan asesorar adecuadamente os intereses encomendados polos seus clientes e defendelos tanto na vía administrativa como na xudicial.
Máis concretamente, preténdese que o alumno/a coñeza e manexe:
- Os fundamentos e normas básicas que rexen o urbanismo en Galicia e no resto do Estado.
- As actuacións previas que debe realizar un avogado/a antes de acudir a un xulgado.
- Os fundamentos e normas básicas que rexen o dereito ambiental en Galicia e no resto do Estado.
- Os fundamentos e normas básicas que rexen o réxime do persoal ao servizo da administración en Galicia e no resto do Estado.
- Os fundamentos e normas básicas que rexen a responsabilidade patrimonial da administración nas súas múltiples vertentes: sanitaria, urbanística, de tráfico e doutros terreos.
- Os fundamentos e normas básicas que rexen as diversas situacións que se poden producir en relación cos estranxeiros que se atopen no noso país.
- A redacción de distintos tipos de escritos (solicitudes, instancias, demandas, recursos, etc.) e intervencións orais, tanto en vía administrativa como xudicial, en relación cos ámbitos do dereito administrativo propios da materia.
- A elección da actuación máis adecuada en cada caso ás distintas situacións relacionadas cos ámbitos do dereito administrativo propios da materia.
- A defensa e protección dos dereitos no marco das relacións entre os cidadáns, entidades e outras partes interesadas, coas diferentes administracións públicas e entidades do sector público.
Parte I. URBANISMO
CONTIDOS:
1. A Ordenación do Territorio: a) Concepto. Diferenzas co urbanismo; b) As distintas figuras de Ordenación do Territorio. Especial referencia ás Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) e ao Plan de Ordenación do Litoral (POL). Os plans e proxectos sectoriais; c) A relación dos instrumentos de ordenación do territorio e o urbanismo.
2. O Urbanismo. Marco normativo: a) Normativa estatal: especial referencia ao texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana e aos regulamentos estatais urbanísticos; b) A normativa de ordenación do territorio e urbanística galega: Lei de ordenación do territorio, Lei do solo de Galicia e o seu Regulamento de desenvolvemento, Directrices de Ordenación do Territorio, Plan de Ordenación do Litoral, Plan Básico Urbanístico, etc.
3. Clasificación do solo: urbano, urbanizable, de núcleo rural e rústico. Solares.
4. Réxime das distintas categorías do solo e dos usos: equipamentos, dotacións, zonas verdes, usos industriais, comerciais, asistencias, etc.
5. Plan urbanístico: a) Clases de instrumentos de ordenación; b) Elaboración e aprobación dos plans de desenvolvemento; c) Efectos da aprobación dos plans.
6. Normas de aplicación directa.
7. Execución dos plans de ordenación: a) Áreas de repartición; b) Aproveitamento tipo; c) Regras xerais de equidistribución; d) Polígonos de execución e outros instrumentos de xestión urbanística; e) Sistemas de actuación (cooperación, expropiación, concerto, compensación, concesión de obra urbanizadora).
8. Instrumentos de intervención no mercado do solo: a) Patrimonios públicos do solo; b) Dereito de superficie; c) Dereitos de tanteo e retracto.
9. Intervención na edificación e uso do solo: a) Fomento da edificación; b) Licenzas urbanísticas e o seu réxime; c) Deberes de conservación e ruína; d) Fomento da conservación e rehabilitación das edificacións tradicionais; e) Parcelacións e segregacións, f) Comunicacións previas de obras e de actividades, etc.
10.Disciplina urbanística: a) Inspección urbanística; b) Protección da legalidade urbanística (obras sen licenza, suspensión e revisión de licenzas, subrogación, etc.); c) Infraccións e sancións (definición, tipificación, prescrición, persoas responsables, regras para determinar a contía, sancións accesorias, órganos competentes, procedemento sancionador).
11.Convenios urbanísticos: a) Concepto, obxecto, alcance e natureza; b) Tipos de convenios urbanísticos; c) Realización e perfeccionamento; d) A problemática dos convenios.
12.Delictos en materia urbanística: a) O principio "non bis in ídem"; b) Relacións entre o dereito administrativo sancionador e o proceso penal; c) Delitos contra a ordenación do territorio; d) Outros delitos; e) Medidas cautelares.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o marco normativo do urbanismo: Lei 2/2016 do Solo de Galicia e Regulamentos de desenvolvemento, así como normativa sectorial de aplicación e de ordenación do Territorio.
- Coñecer o réxime xurídico da propiedade, as distintas clases de solo e os seus criterios diferenciais, o réxime xurídico de cada tipo de solo, así como os dereitos e as obrigacións dos propietarios.
- Coñecer os distintos tipos de ordenación do territorio e de plans urbanísticos, así como a súa viabilidade e operatividade, e o procedemento de tramitación e os efectos sobre os dereitos e as propiedades dos particulares.
- Coñecer os mecanismos de equidistribución de beneficios e cargas, e os sistemas de actuación e taxación.
- Distinguir o dereito de superficie doutras figuras afíns e a operatividade e efectos dos dereitos de tanteo e retracto.
- Coñecer o réxime xurídico e tipoloxía das licenzas e as comunicacións.
- Coñecer o réxime xurídico da disciplina urbanística.
- Coñecer a configuración e tipoloxía dos convenios urbanísticos e o procedemento de concertación.
- Coñecer os distintos tipos de delitos urbanísticos e o papel da fiscalía e dos xulgados na defensa da legalidade urbanística.
Habilidades:
- Diferenciar en cada momento o tipo de solo ante o que nos atopamos.
- Manexar con facilidade os distintos tipos de plans urbanísticos e saber acceder a fontes documentais para analizar os plans urbanísticos.
- Discernir o método de valoración aplicable en cada caso e saber realizar unha valoración elemental, constituír unha xunta de compensación e analizar un proxecto de compensación.
- Saber como proceder para tramitar unha licenza ou presentar unha comunicación, así como a reaccionar fronte ao uso das facultades de policía por parte da administración.
- Saber redactar un convenio urbanístico, adecuar o convenio á lexislación vixente e determinar as responsabilidades en caso de incumprimento.
- Saber distinguir entre infracción urbanística e delito urbanístico.
Actitudes:
- Manexar con fluidez a normativa estatal e municipal que resulte de aplicación en cada caso, e o planeamento urbanístico xeral e desenvolvemento.
- Valorar os efectos económicos que representa o desenvolvemento dun plan urbanístico.
- Valorar como obter os maiores beneficios na equidistribución.
- Analizar as implicacións do dereito de superficie desde o punto urbanístico e civil e valorar cando procede exercer os dereitos de tanteo e retracto.
- Valorar as posibles alternativas existentes á hora de solicitar unha autorización ou presentar unha comunicación á Administración.
- Valorar as vantaxes e inconvenientes da subscrición de convenios urbanísticos.
- Asesorar adecuadamente ante a existencia dunha infracción urbanística, tanto desde a perspectiva do propietario como da administración pública, así como ante un expediente de restauración da legalidade urbanística.
TAREFAS:
- Analizar a lexislación e a xurisprudencia máis relevante sobre a materia, á luz da formulación de diferentes casos prácticos.
- Analizar un plan urbanístico, observar a súa estrutura e realizar alegacións de diferente tipo.
- Redactar os estatutos e as bases dunha xunta de compensación.
- Debater sobre documentos que presenten incorreccións.
- Presentar un caso e redactar o escrito en que se faga uso dos dereitos de tanteo ou retracto.
- Presentar casos simulando unha entrevista con clientes, onde os alumnos deban clasificar o tipo de solo ante o que nos atopamos e expoñer as súas principais características e as posibilidades de actuación dos seus propietarios, ante un expediente de disciplina urbanística.
- Presentar un caso e redactar a correspondente solicitude de licenza ou unha comunicación.
- Recorrer contra a denegación dunha solicitude de licenza e contra a declaración de ruína.
- Presentar casos onde os alumnos/as deban valorar as posibles infraccións e sancións que poidan existir.
- Presentar un caso onde o alumnado deba asesorar sobre o contido máis adecuado do convenio en función do interese do cliente e da normativa vixente.
- Realizar unha denuncia por motivos urbanísticos e presentar casos nos que os alumnos/as deban expoñer a liña de actuación a seguir en beneficio dos intereses do seu cliente.
Parte II. MEDIO AMBIENTE
CONTIDOS:
1. O medio no ordenamento comunitario. Programas de acción. Competencia.
2. O medio no ordenamento estatal, autonómico e local. Programas de acción. Competencias.
3. A protección ambiental en Galicia. Procedementos de avaliación.
4. Residuos. Contaminación atmosférica e acústica; Patrimonio histórico; Costas e portos; Augas; Ordenación do sector forestal, da caza e pesca e dos espazos naturais.
5. Delitos medioambientais.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a normativa, a xurisprudencia e a doutrina máis relevantes sobre a materia ambiental.
- Coñecer os programas de actuación máis relevantes das distintas administracións públicas.
- Coñecer as competencias das distintas administracións pública s en materia ambiental.
- Coñecer os distintos mecanismos de avaliación do impacto ambiental e as formas de control.
- Coñecer a normativa vixente en materia de residuos, as competencias de cada Administración, as distintas técnicas de tratamentos de residuos e o réxime xurídico dos solos contaminados e dos envases.
- Coñecer a normativa en materia de contaminación e as competencias de cada Administración.
- Coñecer o réxime xurídico xeral en materia de augas con incidencia na súa calidade.
- Coñecer o réxime xurídico dos montes, a súa tipoloxía; a normativa sobre espazos naturais protexidos e sobre caza e pesca.
- Coñecer o réxime xurídico do dominio marítimo terrestre e as servidumes e limitacións en materia de costas.
- Coñecer os delitos relacionados co medioambiente, a diferenza entre delito e infracción administrativa e o papel dos tribunais e fiscalía na defensa da legalidade ambiental.
Habilidades:
- Manexar con certa facilidade a normativa, a xurisprudencia e as doutrinas máis relevantes sobre a materia ambiental.
- Saber acceder á información en materia ambiental.
- Determinar a administración competente en cada caso.
- Saber cando debe utilizarse unha ou outra forma de impacto ambiental.
- Presentar a documentación pertinente para obter autorizacións nestas materias.
- Poder intervir en expedientes administrativos relacionados con estas materias.
- Manexar con facilidade a normativa penal sobre a materia.
Actitudes:
- Valorar a normativa aplicable e a Administración competente en cada caso.
- Afacerse a analizar os mecanismos de avaliación e control do impacto ambiental.
- Afacerse a intervir en procedementos en materia de residuos, de contaminación, infracción da calidade das augas.
- Asesorar adecuadamente a comunidades veciñais, asociacións de cazadores e pescadores, e aos propietarios de animais domésticos potencialmente perigosos e ás súas vítimas.
- Informar sobre como proceder para presentar unha denuncia ambiental ou ante unha denuncia presentada e valorar as consecuencias dun delito ambiental desde o punto de vista penal e da responsabilidade patrimonial.
TAREFAS:
- Analizar a lexislación e a xurisprudencia máis relevante sobre a materia, á luz da formulación de diferentes casos prácticos.
- Realizar procuras de información en bases de datos específicas sobre a materia ambiental.
- Presentar casos simulando unha entrevista con clientes, nos que os alumnos/as deban descubrir a lexislación aplicable e a Administración competente.
- Analizar expedientes sobre estas materias e redactar escritos de solicitudes, alegatorios e impugnatorios en nome do particular interesado.
- Redactar unha solicitude con toda a documentación necesaria para adquirir un animal perigoso.
- Presentar casos de procesos xudiciais por delitos ambientais nos que os alumnos/as deban expoñer a liña de actuación a seguir en beneficio dos intereses do seu cliente.
Parte III. EXPROPIACIÓN FORZOSA
CONTIDOS:
1. As formas da garantía patrimonial e da actividade administrativa de extinción de dereitos.
2. O dereito de propiedade no ordenamento xurídico español: a súa regulación; alcance constitucional; limitacións, servidumes e expropiacións.
3. Concepto, obxecto e suxeitos (expropiante, beneficiario e expropiado) do proceso expropiatorio.
4. A causa da expropiación forzosa: o requisito da declaración de interese público ou social.
5. O xusto prezo:
a) Natureza e criterios de valoración.
b) Os procedementos de determinación do xusto prezo: o mutuo acordo e o Xurado de Expropiación de Galicia (fixación contraditoria).
c) O pago do prezo e as responsabilidades por demora; xuros e retasación.
6. A ocupación dos bens expropiados. Momento de transferencia da propiedade.
7. A expropiación urxente.
8. A reversión expropiatoria.
9. As garantías xurisdicionais no proceso expropiatorio.
10. As expropiacións especiais:
a) Expropiación por zonas ou grupos de bens.
b) A expropiación sanción por incumprimento da función social da propiedade.
c) A expropiación que dá lugar ao traslado de poboacións.
d) A expropiación por razóns de defensa nacional.
e) A requisa militar.
f) A ocupación temporal.
11. A retasación
12. Referencias ás singularidades da expropiación no ámbito autonómico de Galicia.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Distinguir as diferentes fases polas que discorre o procedemento de expropiación forzosa.
- A importancia do levantamento de actas como requisito previo á ocupación.
- Coñecer o ámbito, fases e funcionamento do proceso expropiatorio.
- Coñecer as particularidades que presenta a tramitación segundo quen actúe como órgano expropiante.
Habilidades:
- Diferenciar os distintos tipos de expropiación contidos na lei.
- Intervir con solvencia profesional ante os diferentes órganos expropiantes; elaborar os diferentes escritos de parte durante a tramitación do procedemento e intervir nas actuacións correspondentes.
- Ter sempre en conta e saber distinguir o solo urbanizado do solo rural á hora de realizar a folla de aprecio.
- Elaborar solicitudes de pago do límite de acordo.
- Enfocar de maneira correcta o suposto de feito mediante a descrición fáctica máis adecuada e a elección do dereito e xurisprudencia aplicable, determinar a pretensión e precisar a contía procedente polo ben expropiado.
Actitudes:
- Valorar a conveniencia de acudir á vía contenciosa no caso de desconformidade co prezo ofrecido polo Xurado Provincial.
- Valorar a importancia da folla de aprecio e a súa correcta fundamentación.
- Analizar a conveniencia de presentación en prazo de todo tipo de escritos.
- Velar polo cumprimento do pago do premio por afección.
- Ter conciencia da importancia da folla de apreciación e da inclusión nesta da xustificación documental arrombada sobre o xusto prezo ofertado polo expropiado e os prazos.
TAREFAS:
- Presentar os casos simulando unha entrevista con clientes.
- Debater sobre os presupostos expropiatorios máis habituais.
- Traballar sobre escritos reais da Administración, que o alumnado haberá de contestar para o efecto.
- Estudo de informes-valoración de peritos.
- Examinar documentos de levantamento de actas previas á ocupación.
- Buscar informacións sobre a necesaria e urxente necesidade.
- Redactar todo tipo de escritos: a) de carácter preparatorio: solicitude de emenda de erros de medición nas actas, falta de inscrición do predio expropiado, falta de acreditación da titularidade por parte de quen di ser o seu propietario, recolección de fontes de proba, busca de documentación necesaria, así como de lexislación, xurisprudencia e doutrina aplicable ao caso, etc.; b) de demanda (fixándose na descrición correcta dos feitos, os fundamentos de dereito aplicables e a individualización adecuada da petición do fundamentado prezo xusto).
- Proporcionar follas de aprecio sen solicito para redactalo.
Parte IV: CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA
CONTIDOS:
1. A contratación administrativa. Normativa reguladora: a) As novas directivas de contratación pública da Unión Europea; b) A LCSP.
2. Ámbito subxectivo da lei. Distintos niveis de aplicación da LCSP: especial referencia á Administración local.
3. Os contratos regulados na LCSP: réxime xurídico e fiscalización.
4. Os contratos suxeitos a regularización harmonizada e o recurso administrativo especial.
5. Cuestións precontractuais: a) Obxecto, prezo e garantías dos contratos; b) Os pregos de condicións; c) As singularidades para a Administración local.
6. A tramitación dos expedientes de contratación: a) Tipos de tramitación; b) A preparación e adxudicación dos contratos; c) A selección do contratista; d) O contrato menor; e) Procedementos de adxudicación dos contratos.
7. As medi das para a racionalización da contratación. A organización da contratación: a) Os acordos marco; b) Os sistemas dinámicos de contratación; c) Órganos de contratación e rexistro de contratistas.
8. Os contratos de obras, servizos e subministracións; A concesión de obra pública. A concesión de servizos. A modificación dos contratos.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as novidades máis destacadas da Lei 9/2017.
- Abordar o novo escenario para a contratación administrativa: preparación do contrato, adxudicación, mesas de contratación e efectos do contrato.
- Coñecer as especialidades referentes ás entidades locais.
- Coñecer os distintos mecanismos polos que discorre a contratación administrativa.
- Coñecer a relevancia no ámbito administrativo das xuntas consultivas de contratación.
- Coñecer as especialidades contractuais da novación subxectiva e subcontratación.
Habilidades:
- Elaborar escritos dirixidos a diferentes órganos de contratación.
- Redactar contratos típicos coa Administración.
Actitudes:
- Analizar as excepcións ao principio de risco e ventura.
- Manter relacións correctas coas administracións públicas.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que o alumnado debe razoar sobre o respecto polas garantías propias dos contratos administrativos, así como sobre as prerrogativas da Administración durante a execución dos contratos.
- Realización dunha simulación de contratación, na que un grupo de alumnos actuarán como representantes da Administración e outro como representantes das empresas ou persoas físicas.
- Redactar contratos típicos coa Administración (obra, subministración, asistencia, servizos, etc.).
Parte V: FUNCIÓN PÚBLICA
CONTIDOS:
1. Os sistemas de función pública. O sistema español.
2. A relación funcionarial: concepto e natureza; os dereitos adquiridos; selección e formación de funcionarios/as; ordenación dos funcionarios/as en corpos, grupos, niveis e relacións de postos de traballo.
3. O contido da relación funcionarial: dereitos dos funcionarios/as; deberes dos funcionarios/as; a responsabilidade dos funcionarios/as. A potestade disciplinaria sobre os funcionarios/as.
4. Dereitos colectivos dos funcionarios/as.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer e analizar as obrigacións e deberes do funcionariado, así como a responsabilidade na que pode incorrer.
- Coñecer as distintas causas ou motivos polos que os funcionarios poden ser obxecto de sanción.
- Coñecer as garantías que se deben observar na imposición da sanción (tipicidade, procedemento, gradación, gravidade, prescrición...).
- Coñecer o procedemento que se debe seguir para a imposición de sancións, en función do tipo de sanción e do carácter de funcionario común ou de representante legal.
Habilidades:
- Valorar a conveniencia e seguridade xurídica que representa o actual sistema español de función pública.
- Detectar e comprender o alcance da responsabilidade do funcionariado, así como os mecanismos para facela valer.
Actitudes:
- Fomentar a utilización adecuada das distintas posibilidades de sancións disciplinarias aos funcionarios infractores.
- Concienciar das implicacións xurídicas (de orde sancionadora) que pode ter o contido da relación funcionarial.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizaranse supostos nos que se discuta, en función da causa ou motivo alegado, sobre a procedencia ou improcedencia da sanción que se ha de impoñer a un funcionario.
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizaranse supostos nos que se discuta sobre as obrigacións e dereitos do funcionariado.
- Elaborar os documentos pertinentes para a imposición dunha sanción ao funcionario, así como os relativos á súa impugnación por parte daquel.
Parte VI: RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
CONTIDOS:
1. Fundamento e especificidade da responsabilidade administrativa. A substitución da noción de culpa pola de lesión.
2. Os presupostos básicos da imputación: servizo público como actividade administrativa; funcionamento anormal do servizo; funcionamento normal como causa de imputación.
3. A lesión: danos reparables e conceptos indemnizatorios.
4. A relación de causalidade.
5. Extensión da reparación e a súa valoración.
6. Prazo de reclamación e procedemento.
7. A competencia exclusiva da xurisdición contencioso-administrativa.
8. A responsabilidade por actos da Administración de Xustiza.
9. A responsabilidade do Estado por actos ou disposicións do poder lexislativo.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o réxime de responsabilidade patrimonial establecido tanto pola Lei 39/15 do Procedemento administrativo común, como pola Lei 40/2015 do Réxime Xurídico das Administracións Públicas.
-Coñecer os distintos elementos que interveñen nun suposto de responsabilidade patrimonial da Administración.
- Coñecer as consecuencias para ambas as partes nun proceso de responsabilidade patrimonial (fundamentalmente de tipo económico: indemnizacións...).
- Coñecer as especialidades do procedemento para esixir responsabilidade patrimonial da Administración: necesidade de reclamación administrativa previa, incoación, valoración do dano por un órgano consultivo.
- Ámbito de actuación do Consello Consultivo da Xunta de Galicia.
- Coñecer o suposto especial no Dereito administrativo da extensión de efectos da sentenza.
Habilidades:
- Discernir os supostos nos que existe responsabilidade patrimonial da Administración.
- Dominar o procedemento para tramitar a esixencia de responsabilidade (requisitos, prazos).
Actitudes:
- Valorar a concorrencia dos requisitos necesarios, en cada caso, para a existencia de responsabilidade da Administración e onde non existe tal responsabilidade, en función das causas ou motivos que concorran.
TAREFAS:
- Partindo de casos prácticos extraídos da realidade e dos criterios xurisprudenciais ao uso, analizar supostos nos que se discuta, en función da causa ou motivo alegado, sobre a procedencia ou improcedencia da responsabilidade patrimonial da Administración.
- Redacción do escrito de reclamación administrativa previa.
- Realizar escritos de demanda sobre responsabilidade patrimonial da Administración.
Parte VII: EXTRANXEIRÍA
CONTIDOS:
1. A situación das persoas estranxeiras en España: a) Dereitos e liberdades; b) Permanencia: estancia; prórroga; estudantes - Tramitación administrativa de solicitudes de residencia. Documentación de persoas estranxeiras. Infraccións e sancións en materia de residencia.
2. Control de fronteiras: a) Documentación necesaria para a entrada en España; b) Visados de estancia e tránsito.
3. O Acordo de Schengen: a) Cruzamento de fronteiras; b) Cooperación policial; c) Asistencia xudicial en materia penal; d) Extradición.
4. Permiso de residencia laboral: a) Lexislación aplicable aos traballadores/as da Unión Europea; b) Réxime de estancia e permanencia de traballadores/as comunitarios/as; c) Lexislación aplicable a persoas estranxeiras non comunitarias; d) Tipos de permiso de traballo, réxime de concesión inicial e de renovación: permisos por conta propia e allea; e) Situacións de excepción á obrigación de obter permiso de traballo.
5. Infraccións e sancións de estranxeiría en materia laboral: a) Infraccións cometidas polos empresarios/as; b) Infraccións cometidas polos estranxeiros/as; c) Delitos contra os dereitos dos traballadores/as.
6. O control xudicial en materia de estranxeiros/as: a) Consideracións xerais sobre a Lei: posición do xuíz e do avogado nos procesos de estranxeiría; b) Dereitos fundamentais das persoas estra nxeiras; c) Xurisdición e procedemento; d) Cuestións prácticas máis frecuentes da actuación dos avogados: permiso de traballo, expulsión-medidas cautelares, internamento-habeas corpus, entrada en España-visado; e) Algúns supostos prácticos.
7. Asilo e refuxio. Solicitude de asilo: a) Lugar, forma e prazo de presentación; b) Efectos da presentación; c) Inadmisión; d) Tramitación; e) Efectos da concesión ou denegación; f) Reexame do expediente e recursos; g) Expulsión, revogación e cesamento do estatuto de refuxiado; h) Extensión familiar do asilo.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Dominio da lexislación en materia de estranxeiría. Comprensión e análise.
- Funcionamento da Administración en materia de estranxeiría.
- Control xudicial da actuación administrativa en materia de estranxeiría.
Habilidades:
- Diferenciar os diferentes réximes en materia de estranxeiría, tanto en función do réxime profesional como da orixe xeográfica e as súas consecuencias.
- Formulación de escritos dirixidos á Administración competente en materia de estranxeiría. Recursos xurisdicionais.
Actitudes:
- Asesoramento correcto en materia de estranxeiría.
- Comprensión e análise do réxime de estranxeiría, o seu estado actual e as perspectivas de evolución.
TAREFAS:
- Realización de diferentes casos prácticos sobre os contidos da materia.
- Formulación de escritos dirixidos á Administración e recursos contra esta.
- Redacción dunha demanda en vía contencioso-administrativa.
NORMATIVA:
- Constitución española.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
- Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo e de Rehabilitación urbana.
- Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
- Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
- Regulamento da Lei de expropiación forzosa (Decreto do 26 de abril de 1957).
- Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público
- Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto Básico del Empleado Público.
- Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia e a normativa de desenvolvemento
- Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos extranxeiros en España e a súa integración social.
- Lei 21/2013, de 9 de decembro, de Avaliación Ambiental
- Directiva 2014/52/UE do Parlamento Europeo e do Consello de 16 de abril de 2014, pola que se modifica a Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente.
- Directiva 2011/92/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 13 de decembro de 2011, relativa a evaluación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente.
- Directiva 2001/42/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de xuño de 2001, relativa á avaliación ambiental dos efectos de determinados planes e programas no medio ambiente.
DOUTRINA:
ARNAIZ RAMOS, R.: Control de Legalidad Urbanística a través de Calificación Registral. Revista Crítica de Derecho Inmobiliario, Nº. 728 (última edición).
CAMY ESCOBAR, J.: La Calificación Registral de los Actos de Parcelación Urbanística en Andalucía. Ed. Registradores de España (última edición).
CANO MURCIA, A.: Manual de Licencias de Apertura de Establecimientos, Ed. Aranzadi (última edición).
CANO MURCIA, A.: Manual de Licencias de Ocupación y Primera Utilización, Ed. La Ley (última edición).
CARBALLEIRA RIVERA, M.T.: La Responsabilidad Patrimonial de las Administraciones Públicas, Ed. Meubook, Santiago de Compostela (última edición).
CORTÉS MORENO, A.: El Régimen Jurídico de la Situación Legal de Fuera de Ordenación: La Declaración de Situación en Asimilación a la de Fuera de Ordenación en el Derecho Urbanística Andaluz. Revista de Práctica Urbanística, Nº 109, Ed. La Ley, Noviembre 2011.
COSCULLUELA MONTANER, L.: Manual de Derecho Administrativo, Ed. Civitas, Cizur Menor (última edición).
ESTEVE PARDO, J.: Lecciones de Derecho administrativo, Ed. Marcial Pons, Madrid (última edición).
FERNÁNDEZ FARRERES, G.: Sistema de Derecho Administrativo, Ed. Civitas, Cizur Menor (última edición).
FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, T.R.: Manual de Derecho Urbanístico, Ed. Civitas, Cizur Menor (última edición).
GAMERO CASADO, E.: Tratado de contratos del sector público, Ed. Tirant lo blanch, Valencia (última edición).
GARCÍA DE ENTERRÍA, E., y FERNÁNDEZ, T.R.: Curso de Derecho Administrativo, II, Ed. Civitas, Cizur Menor (última edición).
GONZÁLEZ MARIÑAS, P.: Disciplina Urbanística en Galicia, Ed. Rexurga (última edición).
LÓPEZ PORTO, P.(coord), y VVAA.: Licencias, Comunicaciones Previas y de Actividad en Galicia, Ed. Iurisutilitas, Santiago, 2019.
LÓPEZ PORTO, P y GARCÍA RODRÍGUEZ, D.: Fuera de Ordenación: Estudio práctico para técnicos y juristas que tengan que enfrentarse a esta institución, Ed. Iurisutilitas (última edición).
MEILÁN GIL, J.L y VV.AA.: Comentarios a la Ley de Ordenación Urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia, Ed. Aranzadi. (última edición).
MEMENTO.: Licencias Urbanísticas, Ed. FrancisLefebvre (última edición).
OREIRO, J.,(coord) y VVAA.: Guía Práctica de Responsabilidad Patrimonial en Urbanismo, Ed. Iurisutilitas (última edición).
PARADA VÁZQUEZ, R.: Derecho Administrativo, II, Ed. Open Ediciones Universitarias, Madrid (última edición).
QUIRÓS ROLDÁN, A y VV.AA.: El Régimen de Fuera de Ordenación Urbanística, Ed. Atelier (última edición).
SÁNCHEZ GOYANES, E., y VV.AA.: Derecho urbanístico de Galicia, Ed. La Ley (última edición).
SÁNCHEZ MORÓN, M.: Derecho Administrativo. Parte General, Ed. Tecnos, Madrid (última edición).
SÁNCHEZ MORÓN, M., Derecho de la Función Pública, Ed. Tecnos, Madrid (última edición).
SANTAMARÍA PASTOR, J.A.: Principios de Derecho administrativo general, II, Ed. Iustel, Madrid (última edición).
TRAYTER JIMÉNEZ, J.M.: Derecho administrativo. Parte General, Ed. Atelier, Barcelona (última edición).
Nas clases, o profesorado irá anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que vaia sendo precisa para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que lles son proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Lugo. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, etc.
Co estudo desta materia o alumno/a obterá unha serie de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que lle permitirán profundar e complementar os coñecementos e habilidades adquiridas na materia de "Práctica Xurídica Administrativa I", o que lle posibilitará enfrontarse á administración e asesorar ao cliente e administrado en como proceder en determinados e específicos ámbitos do dereito administrativo caracterizados pola súa particular complexidade, importancia e asiduidade, como é o caso, entre outros, dos problemas derivados do urbanismo, a expropiación forzosa, a contratación pública, a relación funcionarial ou laboral coa administración, a responsabilidade patrimonial da administración ou o réxime xurídico dos estranxeiros en España.
Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía procesual e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e tecnicamente correcta.
Coa súa participación nas clases e a realización das actividades programadas polo profesorado, obterá unha visión global destes ámbitos especializados do dereito administrativo substantivo e procesual, así como dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais, ademais das distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expoñer os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios de alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos en orde á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución na que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar aos alumnos/as a que "aprendan a aprender" as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia, tanto no ámbito substantivo como no procesual, cuxo contido básico dáse por suposto, dada a súa condición de licenciados ou graduados en Dereito. Partindo da base teórica xa adquirida na Facultade, perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, e sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que o profesorado lle formule. Tamén, de ser o caso, os primeiros días de impartición da materia efectuarase un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará co apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver os alumnos, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaboralas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas orientarase ao alumnado para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia. En particular, orientaráselles na procura bibliográfica, realización de traballos e documentos profesionais, preparación de exposicións e de intervencións profesionais orais, revisión de prácticas, etc.
Os horarios de titorías serán fixados por cada docente e dados a coñecer con suficiente antelación ao alumnado. En todo caso, á finalización de cada clase o alumno/a poderá acordar co docente o momento máis idóneo para recibir o apoio necesario.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesorado.
- Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
- Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL, por medio da que se fornecerán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos; realizaranse probas de autoavaliación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe do alumnado utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
Deste xeito obterase o 100 % da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% da nota final, a tramitación de actuacións profesionais simuladas e realización de probas teórico-prácticas un 50%, a elaboración e presentación de traballos escritos un 40% da nota final.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/o alumno/para demostra que descoñece partes esenciais do programa. Aos alumnos que sigan o sistema de avaliación continua, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para que, de non superar dita avaliación, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases, serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como “non presentado” na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos as que non superen o sistema de avaliación continua poderán realizar un exame final. Para acceder ao devandito exame é necesario acreditar unha asistencia real ás clases superior ao 60% das sesións impartidas. Unha porcentaxe inferior de asistencia conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola comisión académica do Máster. Consistirá nunha proba de coñecementos e na resolución de varios supostos prácticos de diferente tipoloxía: preguntas tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, elaboración de documentos profesionais e/ou informes xurídicos, actuacións profesionais orais, etc. A finalidade deste exame é comprobar que o/a alumno/a adquirise os coñecementos, habilidades e destrezas propios da materia e que é capaz de aplicalos a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases poderá solicitar a dispensa de asistencia. En tal caso, corresponderá á comisión académica do máster decidir acerca de dita solicitude. Para iso, a comisión deberá valorar especialmente, entre outros aspectos, se os coñecementos, habilidades e actitudes que o alumnado debe adquirir coa materia esixen necesariamente a asistencia presencial, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, as actividades para realizar, etc. Como regra xeral, todas as materias do máster presentan un elevado compoñente práctico, que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida a dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe, en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
C) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que ou alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia "Práctica Xurídica Administrativa II" ten un total de seis créditos.
O tempo de estudo e de traballo individual que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das capacidades intelectuais particulares de cada alumno.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 48
Horas non presenciais: 102
Volume de traballo mínimo (en horas): 150
Antes de iniciarse ao estudo desta materia o/a alumno/a debe repasar e actualizarse nos coñecementos impartidos durante o grao en Dereito, sobre os contidos que son propios desta materia. Resulta aconsellable tamén ter aprobada a materia de Práctica Xurídica Administrativa I que se imparte no primeiro semestre do máster.
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista ás clases provisto do material lexislativo e xurisprudencial correspondente a cada tema previamente lido e cos traballos e tarefas encomendadas xa realizadas na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender a terminoloxía profesional; é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo e á preparación da materia e dos casos encomendados, sen omitir nada deles; e ten o hábito de preguntar nas clases todas as súas dúbidas.