Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Área externa M.U en Avogacía, Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A formación nesta materia ten por obxecto que o/a alumno/a adquira os coñecementos, habilidades e actitudes suficientes para desenvolverse con soltura nas actuacións escritas e orais propias da profesión de avogado/a, o que tamén lle resultará de especial utilidade para o resto das materias e actividades propias do Máster.
Máis concretamente, trátase de que o alumnado:
a) Sexa consciente da importancia da comunicación para un adecuado exercicio profesional.
b) Adquira as nocións adecuadas para mellorar as súas habilidades de comunicación, conseguindo ser capaz de expresarse correctamente de forma escrita e oral, así como de comunicar con claridade e confianza ad intra e ad extra.
c) Coñeza as características e peculiaridades da linguaxe xurídica, do informe oral claro e convincente e das técnicas de interrogatorio.
d) Coñeza e manexe a terminoloxía xurídica máis usual, así como os sistemas e medios dos que debe valerse o avogado para crear convicción na súa mensaxe.
e) Coñeza e manexe os distintos tipos de linguaxe e de estilos forenses de acordo con cada materia.
f) Sexa capaz de argumentar con corrección xurídica, tanto oralmente como por escrito.
g) Coñeza os distintos tipos de documentos profesionais e procesuais de carácter básico ou habitual.
h) Adquira as principais técnicas documentais de estilo, estética, pulcritude, claridade, redacción e contido.
i) Saiba que tipo de documento débese empregar en cada caso e coñeza os seus contidos principais.
j) Coñeza e manexe as técnicas de consulta, entrevista, reunión, informe oral e interrogatorio, nas súas diferentes modalidades e ámbitos profesionais de aplicación.
k) Coñeza e manexe as técnicas básicas para falar en público e os medios técnicos e soportes que poden servir de apoio.
l) Sexa consciente do impacto do compoñente verbal e non verbal na comunicación.
m) Coñeza e manexe as técnicas para construír un informe/discurso profesional claro e convincente.
n) Sexa capaz de aplicar os distintos protocolos e estilos en estrados.
o) Sexa capaz de improvisar e reaccionar oralmente ante trámites ou alegacións inesperadas.
p) Ser capaz de improvisar e de cambiar de estratexia segundo a dinámica in situ do xuízo.
q) Coñeza a forma de informe e actuación forense diante o Tribunal do Xurado.
r) Manexe con facilidade as principais bases de datos profesionais e xurídicas.
s) Coñeza o "usus fori" dos tribunais, organismos e oficinas públicas do partido xudicial.
t) Realice simulacións de actuacións profesionais escritas e orais nas que se apliquen as diversas técnicas adquiridas.
Parte I. A COMUNICACIÓN E A SÚA IMPORTANCIA NO EXERCICIO PROFESIONAL DA AVOGACÍA
CONTIDOS:
- O contido esencial do exercicio profesional da avogacía.
- A relevancia da comunicación para o exercicio profesional.
- Modalidades de comunicación.
- Principais técnicas de comunicación.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Mellorar as competencias do futuro avogado/a, tanto na comunicación verbal como non verbal.
- Argumentar con corrección xurídica, tanto oralmente como por escrito.
Habilidades:
- Tomar conciencia de que cando o/a avogado/a comunica e o fai ben, mellora as súas competencias e habilidades para o desenvolvemento das súas actividades.
- Perder o temor a expresarse en público.
- Escribir respectando as regras formais e de fondo en función das peculiaridades de cada documento.
Actitudes:
- Reflexionar sobre os desafíos para o exercicio profesional en relación cos procesos sociais, éticos, laborais, tecnolóxicos, de formación e outros máis.
- Recoñecer que na profesión de avogado/a esíxese unha impecable comunicación, tanto nas relacións cos clientes , nas actuacións ante os órganos xurisdicionais e cos compañeiros, así como noutras dependencias e organismos públicos ou privados.
TAREFAS:
- Realización de exercicios de comunicación oral e escrita.
Parte II. A LINGUAXE XURÍDICA: AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E PECULIARIDADES
CONTIDOS:
- A linguaxe xurídica como linguaxe técnica e vehículo de comunicación.
- A importancia da utilización do termo técnico-xurídico apropiado na mensaxe.
- Estudo da transcendencia cara o receptor de utilizar un termo ou outro.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a terminoloxía xurídica máis habitual.
- Coñecer os distintos tipos de linguaxe xurídica de acordo con cada materia.
Habilidades:
- Ser conscientes da importancia de utilizar a linguaxe apropiada para cada situación, diferenciando se se trata de linguaxe escrita ou discurso oral.
Actitudes:
- Tomar conciencia de que a linguaxe xurídica é unha linguaxe técnica.
TAREFAS:
- Redacción de diversos tipos de documentos, diferenciando a utilización da linguaxe de acordo coa materia.
- Elaboración de discursos orais.
Parte III. O MANEXO DAS BASES DE DATOS: CLIENTES, LEXISLACIÓN, XURISPRUDENCIA E DOUTRINA
CONTIDOS:
- As bases de datos como ferramentas que facilitan e potencian o traballo do avogado/a.
- Bases de datos de lexislación, xurisprudencia e doutrina.
- Procura de información xurídica e profesional vía internet e bibliotecas xurídicas.
- Aplicacións informáticas de xestión do despacho, internet, correo electrónico e páxina web profesional.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer os diferentes tipos de bases de datos e as ferramentas dispoñibles para o desempeño da profesión de avogado/a.
Habilidades:
- Destreza no manexo das bases de datos, obtendo o mellor proveito dos instrumentos dos que se dispón.
- Manexo das ferramentas informáticas de xestión de despachos.
Actitudes:
- Coñecemento de todas as opcións existentes, aprendendo a discernir as necesidades para cada situación profesional.
TAREFAS:
- Traballar con diferentes bases de datos e programas de xestión, a través dos equipos informáticos que se poñen a disposición dos alumnos.
Parte IV. ESCRITURA FORENSE
CONTIDOS:
- Estrutura e contido dos documentos profesionais máis habituais.
- Técnicas de estilo, de redacción e de contido: forma do documento, claridade, concisión, linguaxe, etc…
- Diferentes tipos de documentos: a) Cartas informativas e cominatorias; b) Denuncias, instancias, solicitudes, minutas, recibos, notas, etc.; c) Informes, contratos, etc.; d) Documentos procesuais habituais.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as técnicas formais e de fondo de elaboración de documentos profesionais e procesuais sinxelos.
Habilidades:
- Empregar un estilo e estética adecuados.
- Redactar documentos profesionais e procesuais de diverso contido.
Actitudes:
- Coidar a pulcritude e a claridade dos escritos.
- Valorar o tipo de documento que procede empregar en cada caso.
TAREFAS:
- Examinar varios modelos de documentos profesionais (substantivos e procesuais) sinxelos.
- Redactar varios documentos de carácter profesional de contido sinxelo.
Parte V. ORATORIA FORENSE
1. Técnicas xerais
CONTIDOS:
- Técnicas de oratoria: medios, instrumentos, tipos de linguaxe (oral, corporal), locución (vocalización, ton, modulación e proxección de voz), voz (ton, timbre e intensidade), xesto, ritmo da fala, dicción.
- Auto-recoñecemento postural, cambios posturales (de pé, sentado), mirada, protagonismo do xesto.
- Técnicas para falar en público: dominio do pánico escénico, control do foro, comportamento correcto-incorrecto, presenza física, aspecto e vestimenta, control dos medios técnicos (soportes do avogado informante: micrófono, probas gráficas, audiovisuais, ficheiro de autos, lectura doutrina-xurisprudencia).
- Análise do comportamento verbal e non verbal no adversario e demáis interlocutores.
- A comunicación forense telemática. Particularidades.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as técnicas para defender o noso obxectivo no discurso.
Habilidades:
- Expresarse e recoñecer ao outro segundo o comportamento verbal, como mediante xestos e actitudes.
- Cultivar os aspectos da dicción (claridade e precisión conceptual), volume, control, modulación e ton.
- Comunicar a través da voz distintos aspectos de relevancia na oratoria forense (énfase, interrogación, afirmación contundente,...). Amenidade. Importancia da consideración do momento, lugar e ocasión.
- Coidar os comportamentos a desempeñar puntualmente: entusiasmo, seguridade, confianza, interese, personalidade, ademáns e postura, autoridade, voz e xestos, estado de ánimo, preocupación, medo, disposición, etc.
Actitudes:
- Asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado son un instrumento de persuasión ao servizo do interese que defende e non unha finalidade en si mesmas.
- Apreciar a conveniencia de adecuar a postura física para facilitar unha dicción e comprensión adecuada.
- Efectuar exercicios de dicción, respiración e articulación con carácter previo á realización dunha comunicación oral.
TAREFAS:
- Exercicios de comunicación verbal xurídica nos seus diversos ámbitos (vocalización, ton, modulación e proxección de voz, impostación, interpretación, rexistros e acentos) e de comunicación non verbal (presenza física, aspecto e vestimenta, mirada, xesto, posturas, etc.).
2. Técnicas concretas
CONTIDOS:
- Análise da percepción. “A mensaxe dirixida ás emocións”. “Neuronas espello”. Mente cognitiva e mente emocional. Capacidade analítica.
- Delatores de nervios e indicadores de inseguridade no estrado.
- A comunicación como concepto global: contido intelectual expresado en mensaxe verbal e non verbal.
- Como dirixir e conservar no contido verbal da nosa intervención todas as “C”.
- As barreiras da comunicación: como emisor e como receptor da mensaxe: non utilización ou non captación eficaz da expresión e dos conceptos.
- Control da comunicación non verbal: proxemia e kinesis na vista oral.
OBXECTIVOS
Coñecementos:
- Adquirir as nocións adecuadas para mellorar as nosas habilidades de comunicación.
Habilidades:
- Descubrir os delatores de nervios propios e alleos á hora de comunicarnos e obter pautas para evitalos ou minimizalos.
- Adquirir poder de persuasión e convicción no estrado.
- Comunicar con claridade e confianza para afianzar a nosa credibilidade e profesionalidade como avogados.
- Explorar e mellorar as nosas habilidades de comunicación verbal e non verbal.
Actitudes:
- Asumir que as técnicas de comunicación que emprega o/a avogado/a so n un instrumento de persuasión ao servizo do interese que defende e non unha finalidade en si mesmas.
- Ser conscientes das nosas habilidades de comunicación e tratar sempre de melloralas.
- Ser conscientes do impacto do compoñente psicolóxico na comunicación.
- Reflexionar sobre a importancia da comunicación como habilidade que podemos desenvolver e adestrar.
TAREFAS:
- Simulacións individuais no estrado, gravadas en vídeo.
- Realización de simulacións tendo en conta os diferentes contidos e materias da comunicación forense matriz (verbal e non verbal, civil, penal).
3. Adestramento na arte do discurso forense
CONTIDOS:
- Importancia da oratoria forense: finalidade do informe do avogado nos estrados.
- Principios, caracteres e finalidade da arte de falar e de convencer.
- Aspectos básicos das técnicas actuais.
- Introspección e fluidez verbal.
- Destinatario do discurso forense: distintos suxeitos a ter en conta. Análise do auditorio.
- O informe forense: formas de preparación, predisposición, memoria, improvisación, notas.
- A confianza e a seguridade persoal e a súa proxección sobre o auditorio.
- Semántica: modismos, frases feitas, apostilas e vulgarismos, tecnicismos e hábitos improcedentes.
- Estilo: esaxeración, humor, ironía, patetismo, etc., como medios de transmisión da idea.
- Voz: ton, gravidade, pausa, respiración, monotonía.
- Medios técnicos e soportes do avogado informante: micrófono, probas gráficas, audiovisuais, ficheiro de autos, lectura doutrina-xurisprudencia.
- Técnicas de preparación persoal: calidades persoais e aprendizaxe.
- Técnicas de experiencia nos estrados e noutros foros: adestramento de avogados.
- Técnicas de persuasión. Interrogatorio e manexo e presentación de probas. Influencia ante xuíces e xurados.
- Casos prácticos de informes reais para expoñer polos alumnos nas diferentes ordes xurisdicionais e instancias: estrutura e aspectos que ter en conta.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as técnicas de informe oral e de interrogatorio.
- Manexo da terminoloxía xurídica máis usual.
- Coñecer os sistemas e medios dos que debe valerse o/a avogado/a para crear convicción na súa mensaxe.
- Coñecer os distintos tipos de linguaxe e expresividade de acordo coa materia.
Habilidades:
- Argumentar oralmente con precisión, claridade e corrección lingüísticas.
- Aplicar as técnicas de preparación, persuasión, claridade e concentración, en canto aos distintos destinatarios do labor do avogado/a en estrados.
- Aplicar as técnicas de interrogatorio, cross-examination, evitación de preguntas inútiles, repetitivas, irrelevantes, inútiles, valorativas, das que non se coñeza a resposta ou cuxa resposta poida entrañar unha contestación previsiblemente contraproducente.
- Analizar a conveniencia real e práctica de interrogar ou non.
- Ser capaz de improvisar e reaccionar oralmente e eficazmente ante trámites ou alegacións inesperadas.
- Ser capaz de detectar erros de fondo na creación da mensaxe propia e allea, así como na forma da súa exposición, determinantes dun resultado non desexado.
- Formación en estilos propios, adoutrinamento de máximas para unha comunicación efectiva e de calidade.
- Aplicar as técnicas de expresión oral.
Actitudes:
- Asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o/a avogado/a son un instrumento de persuasión ao servizo do interese que defende e non unha finalidade en si mesmas.
- Afacerse a informar e a interrogar con lóxica, claridade e convicción.
TAREFAS:
- Preparación individual de informes orais.
- Preparar discursos sobre trámites ou extremos concretos formulados no momento da exposición.
- Interpelación ao resto de alumnos sobre cuestións acerca das que deben emitir a súa alegación.
- Preparar informes alternativos para cubrir posibles improvisacións, se da alegación da parte contraria se xérase unha réplica.
- Realizar varias simulacións de interrogatorio de partes, testemuñas, etc.
4. Técnicas de consulta e entrevista
CONTIDOS:
- Tipos de consulta: a) Segundo a orixe; b) Segundo a materia; c) Segundo o cliente; d) Con testemuñas; e) Entrevistas con outros profesionais.
- Toma de datos, interrogatorio e documentación.
- Consultas e preparación ante intervencións xudiciais con persoas con discapacidade cognitiva, intelectual, visual ou/e auditiva.
- Interese do cliente e interese do litixio.
- Independencia de criterio.
- Resposta no acto ou por escrito.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as técnicas de entrevista, tanto persoal (individual, colectiva) como telefónica e on line.
Habilidades:
- Aplicar técnicas de entrevista, tanto persoal como virtual e telefónica, co cliente, con contrarios, con testemuñas e con outros profesionais.
Actitudes:
- Manter unha adecuada relación e unha comunicación transparente co cliente, tanto oralmente como por escrito.
- Adquirir o hábito de manter informado o cliente, en todo momento, respecto ao estado do asunto encomendado.
- Ponderar a posible utilización dos medios de comunicación en determinados casos.
TAREFAS:
- Exercicios prácticos de entrevistas simuladas co cliente, con contrarios, con testemuñas e con outros profesionais.
DOUTRINA:
ARELLANO GARCÍA, C., Manual del Abogado / Práctica Jurídica, Ed. Porrua, 2014.
BARBERÁN MOLINA, P., Manual práctico del Abogado: Estrategias y tácticas procesales, Ed. Tecnos, Madrid, 2008.
COLOMA, R., AGÜERO SAN JUAN, C., Los abogados y las palabras, Revista de Derecho Universidad Católica del Norte, Año 19 -N° 1, 2012 pp. 39-69.
COQUILLAT VICENTE, A., y otros, Formularios de Demandas, Denuncias y Querellas: Penales, Contencioso-Administrativas, Civiles y Laborales, Ed. Tirant lo blanch, Valencia, 2014.
COUTURE, E. J. Los Mandamientos del Abogado, Ediciones Depalma, Buenos Aires, Argentina, 1990.
DEFLEUR, M.H./ KEARNEY, P./PLAX, T.G./DEFLEUR, M.L. (2005). Fundamentos de Comunicación Humana. Ed. McGraw-Hill. México D.F.
FERNÁNDEZ LEÓN, O., Con la Venia, Manual de oratoria para abogados, Ed. Aranzadi. Pamplona, 2013.
FERNÁNDEZ LEÓN, O., El abogado y el juicio, Ed. Aranzadi. Pamplona, 2016.
GUDIN RODRIGUEZ-MAGARIÑOS, F., Manual práctico del letrado de la defensa, Ed. Experiencia.
JHERING, RUDOLF VON, Ridendo dicere (Bromas y veras en la ciencia jurídica), Ed. Civitas, 1987.
PABÓN PARRA, P.A., Oralidad. Testimonio. Interrogatorios y Contrainterrogatorio en el Proceso Penal Acusatorio, Librería Jurídica Sánchez, Santa Fe de Bogotá, Colombia, 2005.
SOLÓRZANO GARAVITO, C. R., Sistema Acusatorio y Técnicas del Juicio Oral, Ediciones Nueva Jurídica, Santa Fe de Bogotá, Colombia, 2005.
ESTADELLA DEL PINO, J., El avogado eficaz. La Ley (4ª ed.) 2014.
O profesorado indicará nas clases con suficiente antelación a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que resulte precisa en cada momento para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que proporciona o servizo de biblioteca da USC e do ICA Santiago. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, etc.
As competencias que pretende proporcionar esta materia baséanse fundamentalmente en que o alumno/a sexa consciente das súas habilidades de comunicación para tratar de melloralas. Así, o alumnado: a) Deberá recoñecer nas técnicas de comunicación que utiliza o/a avogado/a un instrumento ao servizo das tarefas profesionais e dos intereses do cliente e non unha finalidade en si mesma; b) Aprender a manexar con corrección a linguaxe xurídica e as bases de datos; c) Coidar a claridade e pulcritude dos escritos profesionais e o tipo de documento que debe empregar en cada caso; d) Manexar con certa fluidez as técnicas do discurso, a consulta, entrevista, informe oral, interrogatorio, etc.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco definidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Saber comunicar conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos en orde á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou ao seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE5. Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE12. Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de avogado.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que o alumnado adquira as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearanse nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e argumentos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, principalmente as habilidades, as técnicas e as actitudes necesarias para o exercicio profesional. O/a alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para conseguir unha formación de calidade.
Trátase de axudar os alumnos/as a que “aprendan a aprender” as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia. Perséguese que o profesorado se centre nas cuestións prácticas máis habituais e nos aspectos de máis interese profesional, atendida a frecuencia coa que se presentan na vida profesional cotiá.
Seguirase con preferencia o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a consiga os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos ou inspirados na realidade, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e da doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Ademais das simulacións, tamén se empregarán outras técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado/a, tanto nas relacións co seu ámbito como no estudo e na resolución dos casos que se lle encomenden, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico, sen esquecer a vertente extraxudicial e de asesoramento xurídico, así como un enfoque global da profesión.
Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos procesuais e extraxudiciais, así como a preparación das alegacións e dos interrogatorios orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que o alumnado debe responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os supostos que o profesorado lle formule. Tamén, de ser o caso, os primeiros días de impartición da materia efectuarase un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver os alumnos, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaboralas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas orientarase ao alumnado para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia. En particular, orientaráselles na procura bibliográfica, realización de traballos e documentos profesionais, preparación de exposicións e de intervencións profesionais orais, revisión de prácticas, etc.
Os horarios de titorías serán fixados por cada docente e dados a coñecer con suficiente antelación ao alumnado. En todo caso, á finalización de cada clase o alumno/a poderá acordar co docente o momento máis idóneo para recibir o apoio necesario.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a xuízos e a outras actividades programadas polo profesorado.
- Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
- Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL e da plataforma da Escola de Práctica Xurídica, por medio das que se subministrarán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos; realizaranse probas de autoevaluación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe do alumnado utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao/á alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100 % da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final, a realización de simulacións e a presentación de exposicións orais un 40%, a redacción de documentos profesionais e presentación de traballos escritos un 20% e a realización de probas teórico-prácticas un 30%.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece partes esenciais do programa. Aos alumnos que sigan o sistema de avaliación continua e non o superen, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para que, de ser o caso, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto durante como fóra das clases, así como a asistencia ás clases, serán valoradas. Por tanto, para que o alumno figure como “non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, non realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos as que non superen o sistema de avaliación continua poderán realizar un exame final. Para acceder ao devandito exame é necesario acreditar unha asistencia real ás clases superior ao 60% das sesións impartidas. Unha porcentaxe inferior de asistencia conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola comisión académica do Máster. Consistirá nunha proba de coñecementos e na resolución de varios supostos prácticos de diferente tipoloxía: preguntas tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, elaboración de documentos profesionais e/ou informes xurídicos, actuacións profesionais orais, etc. A finalidade deste exame é comprobar que o/a alumno/a adquirise os coñecementos, habilidades e destrezas propios da materia e que é capaz de aplicalos a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases poderá solicitar a dispensa de asistencia. En tal caso, corresponderá á comisión académica do máster decidir acerca de dita solicitude. Para iso, a comisión deberá valorar especialmente, entre outros aspectos, se os coñecementos, habilidades e actitudes que o alumnado debe adquirir coa materia esixen necesariamente a asistencia presencial, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, as actividades para realizar, etc. Como regra xeral, todas as materias do máster presentan un elevado compoñente práctico, que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida a dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe, en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
C) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que o/a alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia de Escritura e Oratoria Forense ten un total de tres créditos.
O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala depende, lóxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
Horas non presenciais: 51
Volume de traballo mínimo: 75
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista a todas as clases presenciais co material lexislativo e xurisprudencial correspondente aos contidos que se van a impartir, previamente lido, e cos traballos encomendados previamente, realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender os principais contidos da materia e a terminoloxía técnica e profesional empregada.
Tamén é necesario ser capaz de dedicar cada día un tempo razoable ao estudo e a preparación da materia e á elaboración dos casos e tarefas encomendadas; ademais de adquirir o hábito de preguntar nas clases e titorías todas as súas dúbidas.
Lotario Vilaboy Lois
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814634
- Correo electrónico
- lotario.vilaboy [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María L. Regueira Pardavila
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- marialuisa.regueira.pardavila [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
M. Mar Vivero Vizoso
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- mar.vivero [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h