Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Área externa M.U en Avogacía, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense, Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
A formación nesta materia ten por obxecto que o alumnado adquira os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para relacionarse correctamente cos diferentes organismos, oficinas, institucións e profesionais nos que se desenvolve habitualmente o exercicio profesional da avogacía e, en particular, cos servizos que prestan os notarios e os diferentes rexistros públicos.
Xunto a iso, preténdese tamén que o alumnado aprenda a identificar as características dos asuntos e conflitos que lle presenta o cliente desde o inicio nunha primeira consulta, e a tomar posteriormente as decisións máis vantaxosas para a defensa dos seus dereitos, en función das diferentes variables que existan segundo o caso. Entre elas, atópanse coñecer e manexar adecuadamente as técnicas de negociación e solución de conflitos xurídicos mediante vías alternativas ou complementarias á xudicial.
De maneira máis concreta, trátase de que o alumno/a:
- Desenvolva habilidades interpersoais que lle faciliten a relación profesional cos seus clientes, así como con outros profesionais e institucións.
- Coñeza e manexe as técnicas e estratexias adecuadas para realizar o asesoramento xurídico nun asunto, tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
- Recoñeza os intereses reais e posturas das partes, tratando de proporcionarlles canles de comunicación e puntos en común.
- Saiba identificar o tipo de conflito e derivalo cara ao método de resolución máis adecuado.
- Perda o medo á toma de decisións profesionais.
- Perciba a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- Adquira capacidade de razoamento e argumentación xurídica e unha conciencia crítica na análise do Dereito.
- Coñeza os medios de obtención de datos e información en distintos organismos.
- Identifique os documentos e medios de proba adecuados para a súa utilización na vía xudicial.
- Valore a idoneidade dos distintos documentos notariais, rexistrais e doutras oficinas públicas para o fin perseguido.
- Se familiarice co contido e utilidade dos documentos notariais máis habituais e saiba valorar a conveniencia do seu emprego nos diferentes ámbitos do exercicio profesional.
- Coñeza as funcións dos diferentes rexistros públicos e sexa capaz de valorar a utilización dos seus documentos e actuacións no exercicio profesional.
- Aprenda a estratexias e técnicas mediadoras na prevención xestión do conflito.
- Fomente o diálogo e o achegamento das posturas en conflito para obter unha solución negociada cando sexa conveniente ou solicitado polo cliente.
- Presente sensibilidade cara temas da realidade social, económica e ambiental.
Os devanditos coñecementos, habilidades e actitudes han de complementar a formación que reciba nas restantes materias do Máster.
Parte I. XESTIÓNS PROFESIONAIS. O AVOGADO EN NOTARÍAS E NOS REXISTROS E OUTROS ORGANISMOS.
CONTIDOS:
1. Preparación do proceso:
a) Técnicas para a análise de cuestións xurídicas debatidas, identificación do tipo de conflitos, intereses do cliente e toma de decisións previas ao proceso.
b) Contidos da primeira consulta: distintas modalidades, contido, información a proporcionar ao cliente, datos a analizar e honorarios da mesma.
c) Documentos necesarios para o proceso e solicitude de proba anticipada.
d) Elección da vía procesual ou extraprocesual máis adecuada en función da relación risco-beneficio.
e) Estudo das posibilidades de acción xudicial, tempo e custo.
2. A actuación do avogado/a ante tribunais, autoridades e oficinas públicas:
a) Obtención de datos de oficinas e organismos.
b) Asesoramento en cuestións técnicas.
c) Medios de investigación da solvencia do contrario, circunstancias persoais, informes (rexistrais, salariais, detectives, etc.).
d) Preparación de probas para o proceso.
e) O avogados ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Xestións sobre atestados.
f) Xestións on-line en diversas entidades ou organismos.
3. O Avogado nas Notarías:
a) A función do Notario, a organización da Notaría e a utilidade para o avogado/a.
b) Descrición, contido e funcións dos documentos notariais máis habituais: tipos de actas.
c) Distinción entre os distintos instrumentos públicos e elección do máis adecuado.
d) Documentos outorgados no estranxeiro.
4. O avogado nos Rexistros:
a) Función dos rexistros públicos: da propiedade, mercantil, civil, etc.
b) O Rexistro da Propiedade:
- Obxecto da inscrición rexistral e materias inscribibles.
- Anotación preventiva e nota marxinal.
- Publicidade formal e información do rexistro (notas simples e certificacións).
- Documentos inscribibles.
- A cualificación rexistral e os recursos contra esta.
- A oficina liquidadora.
c) O Rexistro Mercantil: remisión á materia "Práctica Xurídica Mercantil".
d) O Rexistro Civil: remisión á materia "Práctica Xurídica Civil II".
e) Outros Rexistros públicos.
5. O avogado ante a Xurisdición Voluntaria:
a) Natureza xurídica, características, regulación legal e órganos competentes.
b) Clasificación e tipos de actos de xurisdición voluntaria.
c) Procedemento e tramitación.
d) Intervención do avogado na xurisdición voluntaria.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer a forma de relacionarse con outros profesionais e institucións públicas e privadas.
- Medios para obter información útil do propio cliente e obtención de datos ou documentos oficiais en distintos organismos.
- Contido e utilidade dos documentos notariais máis habituais.
- Funcións dos diferentes rexistros públicos, utilización dos documentos e actuacións ante o Rexistro no exercicio profesional.
- Coñecer os distintos procesos de xurisdición voluntaria e posibilidades de intervención do avogado.
Habilidades:
- Relacionarse con fluidez con outros profesionais e institucións.
- Aplicar técnicas para a análise de problemas de distinta índole ou ámbito xurídico.
- Identificación e redacción de documentos diversos.
- Distinguir entre os distintos documentos notariais e rexistrais, seleccionando o máis adecuado.
- Ampliar a visión do ámbito de actuación do avogado ante un Xulgado.
Actitudes:
- Adecuada relación e comunicación tanto co cliente como cos demais profesionais.
- Subministración e solicitude de información.
- Perder o medo á toma de decisións profesionais.
- Valorar o tipo de documento adecuado a cada caso e a utilidade da información que se solicita.
- Adquirir seguridade coñecendo a diversidade de actos e expedientes de xurisdición voluntaria a desenvolver nun Xulgado.
TAREFAS:
a) Preparación do proceso e actuación ante tribunais ou outros organismos:
- A través de supostos prácticos reais: solicitar datos, enunciar problemas, establecer obxectivos, avaliar riscos, analizar a solvencia do contrario e preparar a futura proba nun proceso.
- Prácticas sobre xestións relativas a datos obrantes en atestados.
- Simulación dunha primeira consulta.
- Analizar a conveniencia de proba anticipada e elaborar unha listaxe dos documentos ou medios de proba imprescindibles para os casos máis habituais.
- Debater sobre o "usus fori" dos tribunais e oficinas públicas do partido xudicial.
b) O avogado ante a Notaría:
- Examinar distintos tipos de documentos notariais.
- Formular diferentes supostos prácticos nos que o alumno/a deba determinar o documento notarial que utilizar.
- Redactar minutas para a elaboración de documentos notariais.
- Solicitar información de interese á Notaría.
c) O avogado ante os Rexistros:
- Examinar distintos tipos de documentos rexistrais.
- Redactar escritos para obter documentos ou informacións no Rexistro.
- Debater sobre funcións do Rexistro da propiedade e doutros Rexistros públicos.
- Formular supostos prácticos nos que o alumnado deba obter información rexistral de diversa índole.
d) Sobre o tema da Xurisdición Voluntaria:
- Analizar os distintos tipos de actos e expedientes de xurisdición voluntaria que se poden expor ante un Xulgado.
- Redactar escrito instando expediente de xurisdición voluntaria.
Parte II. Os MEDIOS ALTERNATIVOS DE SOLUCIÓN DE CONFLITOS XURÍDICOS.
1. O conflito e os MASC.
CONTIDOS:
- O conflito: concepto, elementos e tipos de conflito.
- Dinámica do conflito. Estilos de afrontamento do conflito.
- Emocións, comunicación e conflito.
- Métodos de resolución de conflitos autocompositivos e heterocompositivos. Os principais ADR ou MASC: características principais e diferenzas entre eles.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Análise do conflito, a súa dinámica e elementos. Aprender técnicas e estratexias de xestión do conflito desde a perspectiva dos medios alternativos.
- Coñecer e fomentar habilidades de comunicación.
- Coñecer e examinar as características dos distintos MASC.
Habilidades:
- Valorar as utilidades dos distintos MASC e escoller o máis adecuado en cada caso.
- Adquirir técnicas de comunicación eficaz. Escoita activa e comunicación non verbal.
- Analizar situacións de conflito e como afrontalas desde as distintas vías para resolver conflitos.
- Saber aconsellar sobre as vantaxes e desvantaxes dunha solución negociada ao conflito en función das situacións.
Actitudes:
- Ser consciente dos elementos e da dinámica de cada conflito.
- Desenvolver a escóita activa e outras técnicas de comunicación como a asertividade.
TAREFAS:
- Realizar exercicios prácticos sobre elementos e situacións de conflito.
- Realizar exercicios prácticos sobre microtécnicas de mediación e comunicación.
2. A negociación e as súas técnicas.
CONTIDOS:
- Concepto e estilos de negociación. Cooperación e competividade.
- A negociación e as súas fases. Habilidades negociadoras.
- A xanela de opcións.
- Estilos de comunicación. A asertividade.
- Intereses e posicións.
- Estratexias de negociación.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as diversas tácticas e estratexias para a negociación.
Habilidades:
- Saber aplicar técnicas de negociación.
- Facer propostas e alternativas para resolver o conflito.
- Organizar reunións eficaces, negociar por teléfono e redactar cartas que estimulen a procura conxunta de solucións.
Actitudes:
- Analizar a viabilidade das posibles solucións ao conflito tanto desde o punto de vista xurídico substantivo e procesual, tomando en consideración factores como a posible duración do litixio e da negociación, os aspectos económicos e fiscais, as repercusións emocionais para as partes en conflito, etc.
TAREFAS:
- Valorar a idoneidade ou non de propiciar solucións negociadas.
- Redacción de documentos para chegar a unha solución negociada.
- Simulación de negociación para diferenciar os intereses das posicións nunha negociación.
- Realizar exercicios prácticos e visualización de vídeos sobre ferramentas e estilos de comunicación nunha negociación.
3. A conciliación e as súas técnicas.
CONTIDOS:
- Definición, natureza e características da conciliación nos ámbitos civil e mercantil.
- Tipos de conciliación, extraxudicial (notarios e rexistradores) e xudicial, como acto de xurisdición voluntaria.
- Regulación, requisitos, procedemento e efectos da conciliación civil.
- Definición e características da conciliación no ámbito laboral (regulación, requisitos, procedemento e efectos).
- A conciliación noutros ámbitos xurídicos.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer o ámbito e o funcionamento actual da conciliación.
Habilidades:
- Identificar as pretensións fundamentais e as condicións para evitar o litixio.
Actitudes:
- Valorar a utilidade da conciliación como acto sinxelo previo que pode evitar o preito mediante a libre negociación das partes con ou sen intervención de terceiros.
TAREFAS:
- Redacción da "solicitude" do acto conciliatorio e simulación da súa celebración.
4. A mediación e as súas técnicas.
CONTIDOS:
- Concepto, características e principios da mediación.
- Diferenzas entre mediación, proceso xudicial e terapia psicolóxica.
- Modelos e escolas de mediación.
- Vantaxes e inconvenientes da mediación.
- Regulación normativa de mediación en España, na Unión Europea e no Dereito comparado.
- A mediación en asuntos civís e mercantís.
- A mediación no código penal e no estatuto da vítima.
- A figura do mediador e as súas habilidades. A comunicación como ferramenta.
- O procedemento de mediación: estrutura, características e fases.
- Microtécnicas de mediación.
- Alcance e características do acordo de mediación segundo o ámbito de aplicación.
- A mediación noutros ámbitos: escolar, empresarial, comunitaria-veciñal, laboral, administrativo, penal, etc.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer as técnicas e o procedemento de mediación como medio alternativo de solución de conflitos.
Habilidades:
- Saber cando se debe aconsellar ao cliente unha solución extraxudicial do conflito.
- Recoñecer os intereses reais e as posturas das partes, tratando de proporcionarlles canles e espazos de comunicación buscando alternativas para resolver o conflito.
- Determinar e recoñecer as fases do procedemento de mediación.
- Coñecemento da actuación como mediador baixo os principios de imparcialidade, neutralidade, promovendo a comunicación entre as partes implicadas e a formulación de propostas.
Actitudes:
- Diferenciar a mediación dos outros MASC.
- Mostrar unha actitude de coñecemento e manexo dos MASC.
- Fomentar o uso das distintas ferramentas de comunicación e as habilidades para traballar coas partes en mediación, que resulten de utilidade para o achegamento das posturas enfrontadas.
- Valorar a maior eficacia dos acordos obtidos a partir das propostas das partes en conflito.
TAREFAS:
- Realizar exercicios prácticos sobre habilidades de comunicación e microtécnicas en mediación.
- Simulación abreviada (role-playing) dun procedemento ou dalgunha fase do procedemento de mediación.
5. A arbitraxe e as súas técnicas.
CONTIDOS:
- Concepto, características e regulación.
- Ámbito de aplicación e tipos de arbitraxe.
- Competencias do árbitro ou do tribunal arbitral. A designación dos árbitros. O avogado-árbitro.
- A organización e o procedemento arbitral.
- Efectos e execución do laudo arbitral.
OBXECTIVOS
Coñecementos:
- Coñecer os distintos tipos de arbitraxe e o funcionamento do procedemento arbitral.
Habilidades:
- Identificación de pretensións e elección de árbitro ou de tribunal arbitral que proporcione unha solución ao conflito.
Actitudes:
- Recoñecer as vantaxes da arbitraxe e a existencia doutras autoridades non xudiciais con capacidade legal e xurídica para buscar solucións aos conflitos.
TAREFAS:
- Redactar unha cláusula de submisión á arbitraxe.
- Simular unha sesión dun procedemento arbitral.
- Simular a tramitación dun procedemento arbitral ou dalgunha das súas fases.
6. Outros medios adecuados de solución de conflitos.
CONTIDOS:
- Proxecto de Lei de Medidas de Eficiencia Procesual do Sector Público de Xustiza: Conciliación privada, oferta vinculante confidencial, opinión de experto independente, etc.
- Principais medios regulados en ordenamentos xurídicos estranxeiros: Tribunal multi-portas, Mini-xuízo, Aluguer dun xuíz, Avaliación temperá neutral, etc.
OBXECTIVOS:
Coñecementos:
- Coñecer os diferentes medios adecuados de solución de conflitos a que fai referencia o Anteproxecto de Lei de Medidas de Eficiencia Procesual do Sector Público de Xustiza.
- Coñecer os principais medios adecuados de solución de conflitos regulados nos ordenamentos xurídicos estranxeiros.
Habilidades:
- Capacidade de innovación na aplicación de medios de solución de conflitos diferentes dos tradicionais.
Actitudes:
- Estar en disposición de aplicar medios adecuados de solución de conflitos diferentes dos tradicionais.
TAREFAS:
- Visionar algún vídeo sobre estes outros medios adecuados de solución de conflitos.
- Simular a aplicación dalgún destes medios adecuados de solución de conflitos.
NORMATIVA:
- Constitución española de 1978
- Código Civil
- Código de Comercio
- Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
- Lei 36/2011, de 10 outubro, reguladora da Xurisdición Social
- Lei de 28 de maio 1862, Orgánica do Notariado e Regulamento da Organización e Réxime do Notariado (e os seus Anexos).
- Lei e Regulamento Hipotecario
- Regulamento do Rexistro Mercantil
- Lei e Regulamento do Rexistro Civil
- Lei 15/2015, de 2 de xullo, da Xurisdición Voluntaria.
- Libro verde sobre as modalidades alternativas de solución de conflitos no ámbito do dereito civil e mercantil, elaborado pola Comisión das Comunidades Europeas o 19 de abril de 2002
- Recomendación 1/1998 do Comité de Ministros do Consello de Europa, sobre mediación familiar
- Decisión marco do Consello da Unión Europea do 15 de marzo de 2001 (2001/220/ JAI), relativa ao estatuto da vítima no proceso penal: artigos 10 e 17
- Directiva 2012/29/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de outubro de 2012 pola que se establecen normas mínimas sobre os dereitos, o apoio e a protección das vítimas de delitos, e pola que se substitúe a Decisión marco 2001/220/JAI do Consello.
- Directiva 2008/52/CE, sobre certos aspectos da mediación en asuntos civís e mercantís (DOUE do 24.05.2008)
- Lei 5/2012, de 6 Xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís.
- Real Decreto 980/2013, do 13 de decembro, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 5/2012, do 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís.
- Lei 7/2017, do 2 de novembro, pola que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva 2013/11/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de maio de 2013, relativa á resolución alternativa de litixios en materia de consumo.
- Lei 4/2015, do 27 de abril, do Estatuto da vítima do delito.
- Leis autonómicas sobre mediación familiar., especial referencia a Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar en Galicia.
- Lei 60/2003, do 23 de decembro, de arbitraxe.
- Lei 11/2011, do 20 de maio, de reforma da Lei 60/2003.
- Convenio de Nova York, do 10 de xuño de 1958, para o recoñecemento e execución de decisións arbitrais estranxeiras
- Convenio europeo sobre arbitraxe comercial internacional, do 21 de abril de 1961.
- Arbitraxe en materia de consumo: RDL 1/2007, do 16 novembro, que aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios; Recomendación 98/257/CE da Comisión, do 30 de marzo, relativa aos principios aplicables aos órganos responsables da solución extraxudicial dos litixios en materia de consumo; RD 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema Arbitral de Consumo.
- Anteproxecto de Lei de Medidas de Eficiencia Procesual do Sector Público de Xustiza
DOUTRINA:
ALONSO SALGADO, C., La mediación en el proceso penal del menor en el sistema de Justicia español, Editorial Metropolitana, Santiago de Chile, 2017.
ALONSO SALGADO, C., La mediación en el proceso penal, Tirant lo Blanch, Valencia, 2018.
ALZATE SAEZ DE HEREDIA, R., Análisis y resolución de conflictos: una perspectiva psicológica, Bilbao, 1998.
BANACLOCHE PALAO, J., Los nuevos expedientes y procedimientos de jurisdicción voluntaria. Análisis de la ley 15/2015, Ed. La Ley, 2015.
BARONA VILAR, S., Mediación penal. Fundamento, fines y régimen jurídico, Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
BARONA VILAR, S., Mediación en asuntos civiles y mercantiles en España. Tras la aprobación de la Ley 2/2012, de 6 de julio, Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2013.
BLOHORN-BRENNEUR, B., y SOLETO, H., La Mediación para todos: Mediación en el ámbito civil e intrajudicial, Dyckinson, Madrid, 2019.
BUDJAC CORVETTE. B.A., Técnicas de negociación y resolución de conflictos (trad. Alba Ramirez, V.C.), Ed. Pearson Educación, México, 2011.
CASTLLEJO MANZANARES, R., El procedimiento de mediación en el marco del proceso penal, en “Reflexiones sobre el nuevo proceso penal”, Tirant lo Blanch, 2015.
CASTILLEJO MANZANARES, R., Tratado sobre la disposición del proceso civil, Tirant lo Blanch, 2017.
CASTILLEJO MANZANARES, R., El procedimiento de mediación en asuntos civiles, mercantiles y penales en España. Prolibros ediciones, Valparaiso (Chile), 2017.
CASTILLEJO MANZANARES, R., Nuevos debates en relación a la mediación penal, civil y mercantil, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico, Santiago de Compostela, 2018.
CASTILLEJO MANZANARES, R., Estado de la mediación penal en España, Revista General de Derecho Procesal, número 49, 2019
CASTILLEJO MANZANARES, R., Manual de mediación en asuntos civiles y mercantiles, Tirant lo Blanch, Valencia, 2020.
CASTILLEJO MANZANARES, R., La resolución de conflictos en línea, en "Declaración de voluntad en un entorno virtual", Thomson Reuters Aranzadi, 2021.
CASTILLEJO MANZANARES, R., Los métodos adecuados de solución de conflictos según el Anteproyecto de eficacia procesal", en "Debates jurídicos de actualidad", Thomson Reuters Aranzadi, 2021.
CREMADES SANZ-PASTOR, J. A., El arbitraje de derecho privado en España, Ed. Tirant lo Blanch, 2014.
ETXEBERRÍA GURIDI, J. F. (Dir.), Estudios sobre el significado e impacto de la mediación: ¿una respuesta innovadora en los diferentes ámbitos jurídicos?, Ed. Aranzadi Thomson Reuters, Navarra, 2012.
FERNÁNDEZ DE BUJÁN (dir.) / SERRANO DE NICOLÁS (coord..) y otros, Comentarios a la Ley 15/2015, de Jurisdicción voluntaria, Ed. Aranzadi, Navarra, 2016.
FERNÁNDEZ GIL, C., Cuestiones prácticas sobre jurisdicción voluntaria. Práctica jurídica, Ed. Tecnos, 2016.
GONZÁLEZ GRANADA, P., Quo vadis, jurisdicción voluntaria? (La reestructuración parcial de la materia en la Ley 15/2015) Ed, Reus, 2015.
MARTINEZ DE SANTOS, A., El acto de conciliación en la nueva Ley de Jurisdicción Voluntaria, Diario La ley, nº 8699, 10 de febrero de 2016.
PILLADO, E. & FARIÑA, F. Mediación Familiar. Una nueva visión de la gestión y resolución de conflictos familiares desde la Justicia Terapéutica. Tirant Lo Blanch, Valencia 2015.
SANTOS MARTINEZ, A.M., La conciliación tras la entrada en vigor de la Ley 15/2015, de jurisdicción voluntaria, Revista jurídica de Castilla y León, nº 38, enero 2016.
SOLETO MUÑOZ, H., Mediación y resolución de conflictos: Técnicas y ámbitos, Ed. Tecnos, Madrid 2011.
SOLETO MUÑOZ, H. & OTERO PARGA, M., Mediación y resolución de conflictos. Habilidades para una necesidad emergente, Ed. Tecnos, Madrid 2007.
Nas clases irase anunciando, con suficiente antelación, a bibliografía (doutrina, xurisprudencia e textos legais) que resulte precisa en cada momento para un maior aproveitamento dos ensinos.
BASES DE DATOS: Os estudantes poden acceder á xurisprudencia e a outros recursos a través das bases de datos máis habituais que lles son proporcionadas polo servizo de biblioteca da USC e do ICA Santiago. Entre elas, son de uso frecuente Westlaw-Aranzadi, Tirant on line, La Ley Digital, etc.
As competencias que pretende proporcionar esta materia baséanse fundamentalmente en que o alumno/a: a) Identifique a utilidade de acudir a notarías e diferentes rexistros públicos no seu quefacer profesional; b) Se manexe con habilidade nas relacións con outros profesionais e institucións e manteña canles de relación e información fluídos; c) Desenvolva destrezas e habilidades para a elección da estratexia máis adecuada para a defensa dos dereitos do cliente; d) Manexe as técnicas para a análise de problemas e a toma de decisións profesionais, sabendo derivar o conflito cara ao método de resolución máis adecuado; e) Aplique con normalidade as técnicas de negociación e resolución de conflitos alternativas á vía xudicial, procurando as saídas negociadas; f) Manifeste unha especial sensibilidade cara temas concretos da realidade social.
Máis concretamente:
Competencias básicas (CB)
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais (CG)
CG1. Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
CG2. Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
CG3. Motivación pola calidade e excelencia profesional.
CG4. Capacidade de organización e planificación.
CG5. Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
CG6. Capacidade de obtención e xestión da información.
CG7. Capacidade de comprensión, análise e síntese.
CG8. Capacidade de resolución de problemas.
CG9. Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
CG10. Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
CG11. Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
CG12. Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
Competencias transversais (CT)
CT1. Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
CT2. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
CT3. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, comprometida co respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, así como cos valores dunha cultura de paz, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
CT4. Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios de alcance das persoas emprendedoras.
CT5. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
CT6. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
CT7. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias específicas (CE)
CE1. Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos en orde á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou ao seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
CE2. Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
CE3. Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais.
CE4. Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
CE7. Saber identificar os conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
CE8. Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
CE10. Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional.
CE11. Desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
CE13. Saber expoñer de forma oral e escrita feitos e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental.
CE14. Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares.
CE15. Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucións.
Para conseguir que os alumnos/as adquiran as competencias esixidas e os obxectivos propostos, a metodoloxía e a programación basearase nunha formación participativa e na asimilación progresiva de experiencias e razoamentos xurídicos. Existe un cambio de mentalidade importante, xa que se trata de potenciar todas as capacidades do alumno/a, e principalmente as habilidades, técnicas e aptitudes necesarias para o exercicio profesional. O alumno/a pasa de ser un simple espectador pasivo a converterse nun protagonista activo da súa propia formación. Trátase de axudar aos alumnos a que "aprendan a aprender" as claves para resolver calquera problema que se lles presente relacionado cos contidos da materia. Preténdese tamén que o trato sexa o máis personalizado posible, para lograr unha formación de calidade.
Seguirase preferentemente o método do caso, servindo este como medio para que o alumno/a alcance os obxectivos previstos. Traballarase con casos extraídos da realidade ou inspirados nela, coas súas diferentes variables e co tratamento da xurisprudencia e doutrina. Cando sexa preciso, combinaranse outros métodos. Empregaranse técnicas coas que o alumno/a leve a cabo as mesmas actividades que despois deberá realizar como avogado/a, sempre baixo un prisma eminentemente práctico e deontolóxico; ademais, cando sexa posible, utilizarase a técnica das simulacións de actuacións orais. Por tanto, a análise e a resolución dos asuntos por parte do alumno/a, a elaboración de escritos profesionais (procesuais e extraxudiciais), así como a preparación de alegacións orais, son os sistemas habituais de traballo. Isto significa que os alumnos/as deben responsabilizarse de preparar adecuadamente os contidos concretos que serán obxecto de análise nas clases, así como de resolver os casos que os profesores lles formulen. Tamén, de ser o caso, os primeiros días de impartición da materia efectuarase un control de coñecementos sobre os contidos da materia para comprobar o nivel inicial de coñecementos dos alumnos.
Deste xeito, as actividades formativas que se realizarán na aula con presenza do profesor consistirán en:
a) Docencia expositiva: Poderá ter diferentes formatos e contará con apoio de medios audiovisuais e informáticos, á vez que se procurará a maior implicación do alumno/a. Realizarase unha breve introdución ás cuestións máis relevantes que, desde a óptica da práctica, suscita cada tema; presentaranse os supostos prácticos que deberán resolver, os temas e as cuestións que deberán expoñer ou debater e os traballos que terán que realizar.
b) Docencia interactiva: Analizaranse e resolveranse os problemas formulados, efectuarase a posta en común das solucións aos casos prácticos e levaranse a cabo as exposicións orais, os debates e as simulacións das actuacións profesionais que se programen. De ser o caso, programaranse visitas de traballo a órganos, institucións e oficinas públicas de interese para o exercicio profesional.
Tanto nas clases expositivas como nas interactivas, utilizarase o método do caso, que consiste na descrición dunha situación concreta con finalidades pedagóxicas para aprender a perfeccionarse. O caso proponse a un grupo-clase para que individual ou colectivamente o sometan á análise e á toma de decisións. Preténdese que o alumnado estude a situación, defina os problemas, chegue ás súas propias conclusións sobre as accións que habería que emprender, contraste ideas e sexa quen de defendelas e reelaboralas con novas achegas.
c) Titorías: Nelas orientarase ao alumnado para tratar de resolver calquera dificultade relacionada cos contidos e coas actividades da materia. En particular, orientaráselles na procura bibliográfica, realización de traballos e documentos profesionais, preparación de exposicións e de intervencións profesionais orais, revisión de prácticas, etc.
Os horarios de titorías serán fixados por cada docente e dados a coñecer con suficiente antelación ao alumnado. En todo caso, á finalización de cada clase o alumno/a poderá acordar co docente o momento máis idóneo para recibir o apoio necesario.
En definitiva, a actividade que haberá de desenvolver o alumnado consistirá en:
- Chegar ao coñecemento teórico e práctico dos conceptos e das institucións básicas da materia.
- Procura de materiais: lexislación, xurisprudencia, doutrina, consultas, etc.
- Asistencia a actividades programadas polo profesorado.
- Resolución de supostos prácticos, elaboración de escritos profesionais e demais actividades de índole similar, tanto de maneira individual como en grupo.
- Aplicación das normas e da xurisprudencia a casos concretos.
- Elaborar traballos, individualmente ou en grupo, sobre contidos da materia.
- Preparar e tomar parte nos debates organizados na aula e nas simulacións de actuacións profesionais que se programen.
- Participar periodicamente nos programas de titorías.
A actividade presencial complementarase co soporte virtual ofrecido a través da plataforma USC VIRTUAL e da plataforma da Escola de Práctica Xurídica, por medio das que se ofrecerán os materiais referidos aos contidos e aos supostos prácticos das diferentes partes que configuran a materia; ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento; recolleranse os traballos realizados polos alumnos; realizaranse probas de autoavaliación; habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais e remitiranse as cualificacións ao alumnado.
A) Avaliación continua
Para avaliar o rendemento e aprendizaxe do alumnado utilizarase un sistema de avaliación continua, que contribúa a estimular ao alumno/a a seguir o proceso e a involucrarse na súa propia formación.
Serán obxecto de valoración:
a) A asistencia diaria ás clases, que se controlará por medio dunha folla de presenzas; esixíndose un mínimo dun 85% de asistencia real para poder ser valorado polo sistema de avaliación continua.
b) A participación activa nas clases, mediante a intervención nos debates, exposicións e demais actividades programadas polo profesorado.
c) A resolución de exercicios teórico-prácticos, realización de traballos individuais ou en equipo, simulación de actuacións orais, etc.
d) A superación das probas de coñecementos, destrezas e habilidades que se programen polo profesorado.
A través das actividades, tarefas e probas indicadas obterase o 100 % da nota final, constituíndo a asistencia e participación activa o 10% (5+5) da nota final;a realización de probas teórico-prácticas de coñecementos e habilidades un 30%; a elaboración de traballos escritos, presentación de exposicións orais, simulacións de actuacións e outras actividades un 60% da nota final.
Para superar a avaliación continua e alcanzar a cualificación de aprobado esixirase un coñecemento xeral e equilibrado de toda a materia. Non será posible superar a materia se o/a alumno/a demostra que descoñece partes esenciais do programa. A los alumnos que sigan o sistema de avaliación continua e non o superen, a coordinación do Máster comunicaralles con suficiente antelación a súa cualificación, para que, de ser o caso, poidan presentarse ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da Normativa de Permanencia nas Titulacións de Máster, todas as actividades realizadas tanto dentro como fóra das clases, así como a asistencia ás clases serán valoradas. Para que o alumno figure como "non presentado" na correspondente convocatoria será necesario que non asista a ningunha clase, nin realice ningunha actividade nin se presente ao exame.
B) Exame final
Os/as alumnos as que non superen o sistema de avaliación continua poderán realizar un exame final. Para acceder ao devandito exame é necesario acreditar unha asistencia real ás clases superior ao 60% das sesións impartidas. Unha porcentaxe inferior de asistencia conleva a imposibilidade de poder presentarse ao exame final e, consecuentemente, de superar a materia.
O exame final efectuarase nas datas aprobadas pola comisión académica do Máster. Consistirá nunha proba de coñecementos e na resolución de varios supostos prácticos de diferente tipoloxía: preguntas tipo test, preguntas curtas, casos prácticos, elaboración de documentos profesionais e/ou informes xurídicos, actuacións profesionais orais, etc. A finalidade deste exame é comprobar que o/a alumno/a adquirise os coñecementos, habilidades e destrezas propios da materia e que é capaz de aplicalos a situacións de índole profesional.
O alumnado que acredite imposibilidade sobrevinda de asistir ás clases poderá solicitar a dispensa de asistencia. En tal caso, corresponderá á comisión académica do máster decidir acerca de dita solicitude. Para iso, a comisión deberá valorar especialmente, entre outros aspectos, se os coñecementos, habilidades e actitudes que o alumnado debe adquirir coa materia esixen necesariamente a asistencia presencial, á vista do seu contido eminentemente práctico, a metodoloxía empregada, as actividades para realizar, etc. Como regra xeral, todas as materias do máster presentan un elevado compoñente práctico, que esixe a presenza do alumnado para adquirir as competencias esixidas e os obxectivos propostos. No caso de ser concedida a dispensa de asistencia ás clases, o profesorado da materia deberá encomendar ao alumnado a realización das tarefas alternativas que considere necesarias para garantir a aprendizaxe, en condicións semellantes ao esixido ao resto dos compañeiros/as, entre as que se poderá incluír tamén a realización dun exame.
C) Revisión de exames
En cumprimento da normativa da USC, a coordinación do Máster publicará, no taboleiro de anuncios da Escola de Práctica Xurídica, a lista coa cualificación final de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame final, con indicación da data e horario no que o/a alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das calificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro da Escola.
A materia "Xestións Profesionais e Medios Alternativos de Solución de Conflitos" ten un total de tres créditos.
tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, lóxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a.
Con todo, calcúlase como media que o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:
Horas presenciais: 24
Horas non presenciais: 51
Volume de traballo mínimo: 75
A preparación idónea da materia aconsella que o alumnado asista a todas as clases presenciais co material lexislativo e xurisprudencial correspondente aos contidos que se van a impartir, previamente lido, e cos traballos encomendados previamente, realizados na súa totalidade.
O alumnado non debe atopar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se, xunto co dito anteriormente, desde o primeiro día de clase trata de introducirse e comprender os principais contidos da materia e a terminoloxía técnica e profesional empregada.
Tamén é necesario ser capaz de dedicar cada día un tempo razoable ao estudo e a preparación da materia e á elaboración dos casos e tarefas encomendadas; ademais de adquirir o hábito de preguntar nas clases e titorías todas as súas dúbidas.
Cristina Alonso Salgado
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- cristina.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Rodriguez Alvarez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814708
- Correo electrónico
- ana.rodriguez.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
José Manuel Silvosa Tallón
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- josemanuel.silvosa [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Elena Gómez-Segade González
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- elena.gomezsegade [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Pedro Blanco Lobeiras
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- pedro.blanco.loberias [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Margarita Ruíz Núñez
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- margarita.ruiz.nunez [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Javier Constenla Vega
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- javier.constenla [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
José Carlos García Cumplido
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- josecarlos.garcia.cumplido [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
María Dolores Seijo Martínez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- mariadolores.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Montserrat Rodríguez Varela
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- montserrat.rodriguez.varela [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Esther Perez Marcos
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Avogacía
- Correo electrónico
- esther.perez.marcos [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h