Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Interpretar o crecemento urbano dende a teoría económica e xeográfica. O crecemento urbano como expresión das dinámicas contemporáneas do capitalismo
-Observar as diferentes manifestacións do crecemento urbano: o aumento demográfico, a concentración económica e o avance edificativo
-Achegarse ás técnicas cuantitativas e cartográficas de análise deste proceso
-Coñecer os principais sistemas de planificación e gobernanza dos espazos urbanos en crecemento
-Interpretar a substitución dunha base industrial por outra terciaria nas realidades urbanas e metropolitanas do presente
A materia Desenvolvemento Urbano e Terciarización da Economía introduce na análise económica a variable territorial, rexional e urbana á hora de modelizar os procesos de urbanización, o crecemento das cidades e a metropolitanización. Trátase de comprender os factores económicos que explican a concentración demográfica e da actividade nos núcleos urbanos. Por suposto, de estudar como a consolidación das cidades e metrópoles, que tanto tivo que ver co proceso industrial, deu paso nos últimos decenios a unha urbe postindustrial, onde as ramas do sector terciario, cada vez máis diversificado internamente, comezan a explicar os procesos de auxe ou declive destas localidades directivas para o conxunto dos territorios, das nacións e das rexións.
Programa
I. Introdución. Os conceptos de crecemento e desenvolvemento urbano
II. A expresión demográfica da urbanización
III. As manifestacións espaciais do crecemento urbano. A produción física da cidade
IV. Economías de aglomeración
IV. Terciarización da economía urbana e o papel do sector público.
V. A planificación urbana e metropolitana: dos PXOM e PTP aos plans estratéxicos.
-BASTIÈ, J. e DÉZERT, B. (1980): L´espace urbain. Ed.. Masson. Paris.
-HALL, P. (1996): Ciudades del mañana. Historia del urbanismo en el siglo XX. Ed. del Serbal. Barcelona.
- HENDERSON, V. (1.988): Urban Development. Theory, Fact, and Illusion. Oxford University Press. New York.
-KNOX, P.L. (1994): Urbanization. An introduction to Urban Geography. Prentice Hall Inc.. New Jersey.
-LOIS GONZÁLEZ, R.C. (COORD.), GONZÁLEZ PÉREZ, J.M. e ESCUDERO GÓMEZ, L.A. (2012): Los espacios urbanos. El estudio geográfico de la ciudad y la urbanización. Ed. Biblioteca Nueva. Madrid
-MANERO, F. (2.006): Terciarización y Desarrollo Urbano en España. Significado Funcional y Espacial de las nuevas estrategias de promoción de la ciudad. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
-PACIONE, M. (2001): Urban Geography, a global perspective. Ed.. Routledge. Londres.
-SHORT, J.R. e KIM, Y.H. (1999): Globalization and The City. Longman Ltd. Harlow (Essex).
-ZOIDO, F.; DE LA VEGA, S.; PIÑEIRO, A.; MORALES, G.; MAS, R., LOIS, R.C. y GONZÁLEZ, J.M. (2013): Diccionario de Urbanismo, Geografía Urbana y Ordenación del Territorio. Ed. Cátedra. Madrid
Saber analizar os procesos que deron lugar ao crecemento das cidades e á súa conversión en entidades económicas c0mplexas.
Adquirir os coñecementos que contribuían a aplicar os enfoques económico e territorial no traballo práctico de planificación urbana e estratéxica
Aplicar as ferramentas necesarias para na ordenación racional do territorio, de cara ao seu desenvolvemento integral. Tamén a capacidade para a realización de estudios e diagnósticos de consultoría avanzada para administración e empresas en materia de intervención sobre espazos urbanos.
Capacidade para adoptar unha perspectiva espacial ampla que contemple as diferentes escalas posibles de actuación (intraurbana, municipal, comarcal y rexional).
Para o desenvolvemento do programa utilizaremos como método didáctico básico da clase expositiva, que ten coma obxectivo a exposición completa, sistemática e ordenadada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade. Xunto con isto, faranse diferentes clases prácticas nos que se require tanto da participación activa do alumno de xeito individual e o traballo en grupo
Todo o plantexamento do programa para o Curso 2020-21 poderá verse alterado en función de calquera problema epidemiolóxico que acompañe aos posibles rebrotes do COVID-19. Para iso, en Escenario 2 ou 3 recurrñiriase a ciontinuar a dicencia mediantre sistemas telemáticos, TEAMS, como xa aconreceu no curso anterior.
Para a superación da materia considérase necesaria a participación activa e continua do alumno, tanto nas clases teóricas coma prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, só así conseguirá alcanza-los obxectivos da materia. A avaliación continua complétase co traballo e as exposicións dos alumnos nas aulas. Ademais da entrega dun traballo de curso, que poderá realizar de xeito individual ou en grupo.
Só no caso de que o alumno non acade a cualificación suficiente para supera-la materia a través da avaliación continua, realizarase un exame final, segundo os epígrafes do programa.
Actividades formativas co seu contido en horas para o alumno/a
Traballo presencial do alumno/a Horas Traballo persoal del alumno/a Horas
Clases teóricas 9 Seguimento (lecturas, documentación, etc.) 15
Clases prácticas 12 Preparación (lecturas, documentación, búsqueda, etc.) realización de actividades (exposicións, debates,comentarios, exercicios, traballos, etc.) 30
Actividades tutoriales 3 Estudio 5
Exames 1 -
Total 25 Total 50
1) Traballo continuado ao longo do período de aulas
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñen.
Realizaranse as adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3 nunha epígrafe denominada “Plan de Continxencia”, para os efectos de futuros procesos de seguimento e acreditación dos títulos.
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
25.05.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 02 |
25.05.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |
17.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 02 |
17.06.2021 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |