Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 133.5 Horas de Titorías: 16.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Orientacións académica e profesional: O obxectivo principal do traballo fin de máster é que o alumnado aplique dun modo integrado os coñecementos e habilidades adquiridos nas materias do máster.
Orientación investigadora: O obxectivo principal do traballo fin de máster é iniciar ao alumnado na investigación nas áreas de coñecemento de Organización de Empresas, Comercialización e Investigación de Mercados ou Economía Financeira e Contabilidade.
Orientacións académica e profesional: O contido específico definirase para cada traballo individual. Pode consistir nunha proposta para a creación dunha empresa ou calquera outro proxecto relacionado coas competencias do máster.
Orientación investigadora: Deseño e realización dunha procura científica nalgunha das áreas de coñecemento implicadas no Máster: Organización de Empresas, Comercialización e Investigación de Mercados e Economía Financeira e Contabilidade. O contido específico definirase para cada traballo individual.
Web: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-administracion-direccion-empres…
Orientacións académica e profesional:
- Capacidade para definir os obxectivos do traballo.
- Capacidade para deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para acadar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.
- Capacidade de busca e selección da información relevante para o traballo.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos que sexan pertinentes para o traballo, integrándoos coa nova información conseguida.
- Capacidade para organizar e presentar a información de forma estruturada e clara.
- Capacidade para recoñecer as limitacións do traballo e propoñer liñas de investigación futuras.
Orientación investigadora:
Ademais das competencias anteriores, o traballo fin de máster da orientación investigadora desenvolverá as seguintes competencias:
- Capacidade para aplicar os métodos de investigación máis relevantes en dirección de empresas.
- Capacidade para deseñar un traballo de investigación.
- Capacidade para interpretar os resultados e extraer conclusións relevantes.
Orientacións académica e profesional: A/o estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas no máster. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación.
Orientación investigadora: A/o estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre a súa capacidade para a investigación en dirección de empresas.
Metodoloxía común ás tres orientacións:
Durante o desenvolvemento do traballo fin de máster programaranse sesións de traballo co/a profesor/a tutor/a, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo.
O traballo será defendido oralmente pola/o estudante diante dunha comisión avaliadora nomeada pola Comisión Académica do máster.
Orientacións académica e profesional: Valorarase o contido, nivel de integración de coñecementos adquiridos en diferentes materias e actividades formativas do máster, achegas persoais, capacidade de análise crítica da información, estrutura, expresión e presentación oral.
Orientación investigadora: A avaliación terá en conta o contido, estrutura, fundamento teórico, adecuación e dominio da metodoloxía aplicada, bibliografía utilizada, relevancia das conclusións e implicacións directivas e capacidade para estimular liñas futuras de investigación.
Común ás tres orientacións:
Así mesmo, terase en conta o compromiso durante a realización do traballo, o seguimento das orientacións do titor/a, o cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a iniciativa.
O traballo, ademais de entregarse por escrito, deberá presentarse oralmente.
O tempo estimado para a realización do traballo é de 150 horas
Recoméndase o seguimento das orientacións do titor/a, así como o cumprimento dos prazos establecidos.
Plan de Continxencia:
En aplicación do previsto nos documentos aprobados pola USC sobre a organización da docencia no curso 2021-2022 (Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, aprobado polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021), no Escenario 2 e no Escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación:
METODOLOXÍA DA ENSINANZA, a titorización realizarase de xeito presencial ou telemático no escenario 2 e de xeito telemático no escenario 3, en función das indicacións da administración competente e da USC.
SISTEMA DE AVALIACIÓN, a presentación e defensa do TFM realizarase de xeito presencial ou telemático no escenario 2 e de xeito telemático no escenario 3, en función das indicacións da administración competente e da USC. En canto ao procedemento de defensa e aos criterios de avaliación atenderase ao disposto pola Normativa Académica da USC (tanto xeral como a específica do Regulamento de matrícula, elaboracioìn e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na USC, aprobado polo Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016, e do Regulamento do Traballo de Fin de Máster en Dirección de Empresas da USC, aprobado no Consello de Goberno de 21 de maio de 2014), coas adaptacións que sexa preciso facer no escenario 2 e no escenario 3 en función das indicacións da administración competente e da USC.
No seguinte enlace pode consultar toda a información relativa ao TFM:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-administracion-direccion-empres…
Fernando Losada Perez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824420
- Correo electrónico
- fernando.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Vicente Angel Lopez Lopez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824419
- Correo electrónico
- vicente.lopez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Belen Bande Vilela
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824473
- Correo electrónico
- belen.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Angeles Lopez Cabarcos
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- angeles.lopez.cabarcos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paula Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824475
- Correo electrónico
- paula.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jacobo Feas Vazquez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824466
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marta Portela Maseda
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sandra Castro Gonzalez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824481
- Correo electrónico
- sandra.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU