Créditos ECTS Créditos ECTS: 2
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 34 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 8 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Esta materia constitúe unha primeira aproximación do alumno ao ámbito das finanzas, polo que se pretende que adquira un conxunto de nocións introdutorias e xerais sobre esta disciplina. Trataremos de explicar o contido da función financeira dentro do campo da xestión empresarial. O principal obxectivo a alcanzar é que ó alumno poida manexar conceptos financeiros dende unha perspectiva práctica que poidan resultarlle útiles nas súas relacións co mundo empresarial e no tratamento dos seus posibles investimentos.
1. O entorno das decisións financeiras.
1.1 Introducción ao Sistema Financeiro Español.
1.2 Os axentes económicos.
1.3 Os activos financeiros.
1.4 Os axentes mediadores.
1.5 Os mercados financeiros.
2. A función financeira na empresa
2.1. Natureza e contido da función financeira na empresa.
2.2. O papel do directivo financeiro.
2.3. Os obxectivos financeiros das empresas.
2.4. A estrutura económica e financeira da empresa.
2.5 Os fluxos financeiros na empresa.
3. Introdución ao cálculo financeiro.
3.1. O valor do diñeiro no tempo.
3.2. Fundamentos do cálculo financeiro.
3.3. Valoración financeira das rendas. Rendas constantes.
3.4. Operacións de amortización de préstamos. Sistema Francés de amortización.
4. As operacións de investimento na empresa.
4.1. O investimento como proceso temporal.
4.2. Modelos dinámicos de valoración e selección de investimentos.
4.2.1. O criterio do prazo de recuperación descontado.
4.2.2. O valor actual neto (VAN).
4.2.3. A taxa interna de rendemento.
4.2.4. Comparación entre os criterios do VAN e da TIR.
5. As operacións de financiamento na empresa.
5.1. Financiamento a medio e longo prazo.
5.1.1 Financiamento interno o autofinanciamento.
5.1.2 Financiamento externo.
- ARIZA, A. Y RUIZ, I., Finanzas para rodos, ESIC, 1999
- CASTAN FERRERO, J.M., La Gestión Financiera de la Empresa, Ed. Pirámide, 1997
- JIMÉNEZ RODRÍGUEZ Y OTROS, Análisis y Cálculo de las Operaciones Financieras, Tórculo Ediciones
- SUÁREZ SUÁREZ, S.: Decisiones óptimas de inversión financiación en la empresa (15º edición); Ed. Pirámide.
- RICHARD, A. BREALEY STEWARD C. MYRS (1998): Fundamentos de financiación empresarial (5ª edición). McGraw Hill.
Esta materia de nivelación resulta fundamental para o adecuado aproveitamento académico das materias obrigatorias e optativas da titulación.
Pretende homoxeneizar os coñecementos previos dos alumnos, en particular daqueles que non cursaron esta materia previamente.
As competencias da materia son as recollidas na Memoria da Titulación.
Ao tratarse da primeira materia de finanzas que se cursa no master para aqueles que teñen que facer as materias de nivelación, introdúcese ao alumnado no manexo teórico-práctico de conceptos financeiros. En particular, no curto prazo a materia debe dotar ao alumnado dos coñecementos necesarios para cursar o resto as materias relacionadas co ámbito financeiro no resto do master.
Por elo, as sesións adicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introducción e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido do programa, proporcionándo a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
As prácticas son fundamentais para alcanzar os obxectivos a medio e longo prazo establecidos para a materia. Éstas consistirán na resolución de exercicios e casos, e nas horas de traballo autónomo do alumno, que están encamiñados a enfrentar ao alumno á toma de decisións.
As sesións adicadas a clases expositivas desarroiaranse na aula asignada e as sesións prácticas poden ser tanto na aula habitual como nas salas de informática mediante o manexo da folla de cálculo. As titorías serán prioritariamente presenciais.
En calquera dos escenarios posibles a Aula virtual da USC será o punto de referencia para o desenrolo da docencia e seguimento da materia. A través da páxina do curso ofrécerase a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente
Considérase moi importante a participación activa e continua nas actividades propostas durante o curso, xa que, ademais de que a realización adecuada das mesmas é considerada na cualificación final, permitirá ao alumno alcanzar os obxectivos da materia. Para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
A continuación sinálanse os aspectos que se terán en consideración para a avaliación continua da materia:
-Participación activa nas actividades realizadas na clase.
-Entrega de documento escrito no que se resolva a actividade proposta (exercicios, traballos, resúmenos de lecturas recomendadas, etc.)
A avaliación terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado por encargo do profesor, do seguinte xeito:
a) A puntuación correspondente á avaliación continua suporá un 50% da cualificación final.
b) O 50% restante da cualificación corresponderase cun exame final escrito. Para superar a materia deberá obter no exame escrito unha nota mínima dun 4 sobre 10.
Calquera estudante pode facer o exame final, teña ou non realizadas as actividades propostas na avaliación continua. No caso de non realizar as tarefas de avaliación continua a sua puntuación será exclusivamente a procedente do exame final optando a un 50% da nota.
O sistema de avaliación dos alumnos será independente da súa condición de repetidor ou non, e da convocatoria á que se presente. Aqueles estudantes exentos de asistencia por dispensa oficial realizarán un exame na data oficial optando ao 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial na aula.
Aulas de pizrra en grupo grande 8h
Aulas de pizarra en grupo reducido 6h
Titorías 2h
Outras sesións con profesor. avaliación 4h
Total horas traballo presencial na aula: 20h
Traballo persoal di alumno.
Estudo autónomo individual ou en grupo 20h
Escritura de exercicios, conclusións ou
outros traballos relacionados coa materia 6h
Lecturas recomendadas, actividades
en biblioteca ou similar 4h
Total horas traballo persoal do alumno 30h
Dado que se trata dunha materia de nivelación recomendase:
-Asistencia e participación activa na aula.
-Antes de cada clase, o alumno debe preparar as liñas xerais de cada un dos temas que serán obxecto de desenvolvemento.
-Estudo continuado da materia dada a estreita ligazón entre os seus distintos contidos.
-Consulta das referencias bibliográficas e resolución de casos prácticos alternativos aos resoltos na clase.
-Para o seguimento e preparación da materia recoméndase a utilización do campus virtual da USC e a comunicación continua co profesor, a través das titorías persoais ou das ferramentas de comunicación virtuais.
Jacobo Feas Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824466
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Informática 3 |
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Informática 3 |
Mércores | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Informática 3 |
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Informática 3 |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Informática 3 |
09.01.2023 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |