Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 32
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Economía Aplicada
Áreas: Área externa M.U en Economía Circular, Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar ao alumno dun coñecemento básico sobre as limitacións do desenvolvemento relacionadas coa base física da economía, e sobre os instrumentos que a economía ecolóxica aporta para a análise da sustentabilidade.
Dotar ao estudantado duns coñecementos básicos sobre as a economía ambiental e as súas análises da relación entre actividades económicas e o marco natural. En particular, dotar de nocións básicas sobre a teoría das externalidades ambientais, as políticas públicas de protección ambiental e as técnicas de valoración económica dos problemas e bens ambientais.
1.- Análise entrópico dos procesos económicos
2.- Análise do metabolismo social: definición e características
3.- Transicións e cambios transformadores, crecemento, decrecemento e postcrecemento
4.- Base material e enerxética da economía
5.- Fundamentos e partes da Economía Ambiental: Externalidades
6.- Valoración monetaria de activos ambientais: Preferencias reveladas e declaradas
7.- Políticas ambientais
8.- A transición á descarbonización: contexto e impactos socio-económicos
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
Aguilera Klink, F. e Alcántara, V. (comp.) (1994): De la economía ambiental a la economía ecológica, Icaria-Fuhem, Barcelona-Madrid. https://www.fuhem.es/media/ecosocial/File/Actualidad/2011/LibroEA_EE.pdf
Azqueta, D. (2007) Introducción a la economía ambiental, McGraw Hill.
Bermejo, R. (2011): Manual para una economía sostenible. Catarata, Madrid
Carpintero Redondo, O. (2005): El metabolismo de la economía española. Recursos naturales y huella ecológica (1955-2000). Fundación César Manrique. Teguise (Lanzarote). http://www.fcmanrique.org/recursos/publicacion/elmetabolismo.pdf
Cerdá, E., López-Otero, X., Quiroga, S., Soliño, M. (2024) “Willingness to Pay for renewables: Insights from a meta-analysis of choice experiments”. Energy Economics, 130: 107301.
Cerdá, E., López-Otero, X., Quiroga, S., Soliño, M. (2025) “The present and future of the offshore wind in Spain: An analysis of discourses". Renewable Energy 249, 123192.
Comisión mundial del medio ambiente y del desarrollo (1987): Nuestro futuro común, Alianza Editorial, Madrid, 1988. http://www.ecominga.uqam.ca/PDF/BIBLIOGRAPHIE/GUIDE_LECTURE_1/CMMAD-Inf…
Gómez-Baggethun, E., de Groot, R. (2007): “Capital natural y funciones de los ecosistemas: explorando las bases ecológicas de la economía” en Ecosistemas, 16 (3): 4-14, setembro. https://www.revistaecosistemas.net/index.php/ecosistemas/article/view/88
Johnston, R.J., Boyle, K.J., Adamowicz, V., Bennett, J., Brouwer, R., Cameron, T.A., Hanemann, W.M., Hanley, N., Ryan, M., Scarpa, R., Tourangeau, R., Vossler, C.A. (2017) Contemporary guidance for stated preference studies. J. Assoc. Environ. Resour. Econ. 4, 319-405. https://doi.org/10.1086/691697.
Labandeira, X., León, C., Rodríguez-Vázquez, M.X. (2007) Economía Ambiental. Pearson.
Labandeira, X. (2023) “La fiscalidad energético-ambiental en tiempos de crisis energética y climática”, Nota d'Economia 107
Martínez Alier, Joan y Roca Jusmet, Jordi (2013): Economía Ecológica y Política Ambiental, México, FCE (3ª edición revisada y aumentada).
Naredo, J.M. (2006): Raíces económicas del deterioro ecológico y social.
Phaneuf D, Requate T (2017) “A course in environmental economics: Theory, policy, and practice”. Cambridge University Press.
Spash C.L (2020): Fundamentos para una economía ecológica y social. Madrid. Catarata-Fuhem.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Arenas, L, Naredo, J.M. y Reichman, J (2022): Bioeconomía para el siglo XXI. Editorial La Catarata
Bardi, U(.2022.): Antes del colapso. Editorial La Catarata
Carpintero Redondo, O. (1999): Entre la economía y la naturaleza. La controversia sobre la valoración monetaria del medio ambiente y la sustentabilidad del sistema económico, Catarata-Fundación 1ª de Mayo, Madrid
Chancel,L. ( 2022): Desigualdades insostenibles. Editorial La Catarata
Comisión mundial del medio ambiente y del desarrollo (1987): Nuestro futuro común, Alianza Editorial, Madrid, 1988.
Costanza, R.; Perrings, C. e Cleveland, C.J. (eds.) (1997): The Development of Ecological Economics, Edward Elgar , Cheltenham.
Daly, H. E. e Cobb,Jr, J.B. (1989): Para el bien común. Reorientando la economía hacia la comunidad, el ambiente y un futuro sostenible, FCE, México, 1993.
Daly, H. E.(1999): Ecological Economics and the Ecology of Economics. Essays in Criticism, Edward Elgar , Cheltenham
Jacobs, M. (1991) : La economia verde. Medio ambiente, desarrollo sostenible y la política del futuro, Icaria-FUHEM, Barcelona- Madrid, 1996.
Jiménez Herrero, L. M. (1992): Medio ambiente y desarrollo alternativo. Gestión racional de los recursos para una sociedad perdurable, Iepala, Madrid.
Klare, M.T. (2003): Guerras por los recursos. El futuro escenario del conflicto global. Urano Tendencias, Barcelona
Martínez Alier, J. (1999): Introducción a la economía ecológica, Rubes, Barcelona
Martínez Alier, J. e Schlüpmann, K. (1991): La ecología y la economía, FCE, México.
Max-Neef, M.A. (1994): Desarrollo a escala humana. Conceptos, aplicaciones y algunas reflexiones, Editorial Nordan-Comunidad – Icaria Editorial, Montevideo-Barcelona.
Naredo, J.M. (2015): La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, J.M. e Parra, F. (comps.) (1993): Hacia una ciencia de los recursos naturales, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, J.M. e Valero, A. (dirs) (1999): Desarrollo económico y deterioro ecológico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid.
Nieto, . e Riechmann, J. (Coords) (2003): Sustentabilidad y Globalización. Flujos monetarios, de energía y de materiales, Editorial Germania, Alzira (Valencia)
• Passet, R. (1996): Principios de bioeconomía, Fundación Argentaria-Visor, Madrid. http://fcmanrique.org/recursos/publicacion/4d3ed1b8principios%20de%20bi…
• Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1990): Economía de los Recursos Naturales y el Medio Ambiente, Celes
• Regueiro- Ferreira, R.M. and Doldán García,X.R. (2020): The Network of Dominant Owners of Wind Development in Galicia (Spain) (1995–2017): An Approach Using Power Structure Analysis.Energies, 13(22), 6080; https://doi.org/10.3390/en13226080
• Regueiro-Ferreira, R.M. and Alonso-Fernández, P. (2022): Ecological elasticity, decoupling, and dematerialization: insights from the EU-15 study (1970–2018). Ecological Indicators 140 (2022) 109010.https://doi.org/10.1016/j.ecolind.2022.109010
Coñecer as limitacións ao desenvolvemento relacionadas coa base física da economía. Saber aplicar as
ferramentas de análises para determinalas.
Coñecer os instrumentos que a economía ecolóxica achega para a análise da sustentabilidade.
Saber aplicar as metodoloxías de investigación relacionadas co uso sustentable dos recursos
naturais e enerxéticos.
Identificar métodos de aplicación do coñecemento científico sobre recursos naturais e
sustentabilidade ás diferentes problemáticas do desenvolvemento económico
Adoptar un pensamento crítico sistémico sobre un marco socioeconómico máis amplo.
Coñecer os elementos básicos da Economía Ambiental, centrada nas fallas do mercado e solucións correctoras.
Coñecer e comprender as principais técnicas de valoración ambiental, en abstracto e na práctica.
Entender a taxonomía e impactos ambientais e socio-económicos das políticas públicas de protección do medio ambiente.
Coñecer as estratexias e barreiras relacionadas coa transición a sociedades baixas en carbono.
Docencia en base a leccións maxistrais, con explicacións do profesorado acompañadas de lecturas por parte do alumnado de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións, e que constitúen estudos de caso. Igualmente, promocionarase a participación activa do alumnado en clase a través da análise e reflexión en grupo que lle permita individualizar contidos e aplicalos. Poderá haber actividades específicas que se deseñen para a súa realización telemática. As titorías serán prioritariamente presenciais, aínda que cabe a posibilidade de concertar ocasionalmente titorías telemáticas. Estará dispoñible un aula virtual da materia.
Sistema de avaliación continua.
Os criterios básicos polos que se rexerá a avaliación do alumnado son:
a) 10% en relación á participación nas clases e nos debates que se formulen polo profesorado sobre diferentes temas.
b) 40% en relación aos traballos obrigatorios (individuais ou en grupo) realizados encomendados polo profesorado e que poderán ser expostos en clase. Terase en conta a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia.
c) 50% en relación ao resultado da proba final escrita onde se avaliará o coñecemento adquirido ao longo das clases e nos textos recomendados para cada tema. O exame será presencial
Obterán a cualificación de non presentado aquelas persoas que non se presentasen ao exame ou non se sometan á avaliación de calquera outra actividade obrigatoria.
Estudantes con dispensa de asistencia a clase:
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial (10 puntos), tendo como contido os textos de lectura obrigatoria e outro material que se indicarán no seu momento, nunha primeira titoría, ao comezo do curso, ca/co alumna/alumno.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
Na realización dos exercicios e traballos encomendados ou dos exames co obxecto de ser avaliados, deben seguirse certos estándares:
- Toda reprodución literal total ou parcial tomada dun libro, revista, publicación electrónica, páxina web, etc. debe citarse entre comiñas, referenciando correctamente a fonte de onde se tomou, de modo que se poida comprobar que a cita é correcta.
- Tamén deberá facerse dita referencia se é tomada a idea principal doutro texto aínda que baixo unha nova redacción.
- De non seguirse estas normas, considerarase que se está realizando un plaxio, é dicir, unha copia no substancial de obras alleas, facéndoas pasar como propias.
- Tamén se considerará plaxio se dita copia se fai doutro compañeiro ou compañeira, facéndose pasar como autor/a do documento, ou se entrega un documento que foi escrito por outra persoa, ou o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
O uso de ferramentas de intelixencia artificial só estará permitido para a búsqueda de información
Os obxectivos e as competencias xerais conséguense co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia.
Os obxectivos e competencias avalíanse a través do exame e os traballos escritos que deban entregar, así como mediante as presentacións temáticas, resumes e comentarios previstos.
Sesións de seminario interactivo, titorías individuais e de grupo, a preparación do exame final serán elementos a través dos que o alumnado contribúa a mostrar a adquisición das competencias específicas. Avaliaranse mediante exame final.
32 HORAS PRESENCIAIS
40 HORAS TRABALLO INDIVIDUAL
28 HORAS ESTUDO
100 HORAS TOTAIS
Recoméndase o seguimento continuado das clases e da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesorado a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera conveniente consultar con frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas polo profesorado con obxecto de familiarizarse co seu uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade económica que é obxecto de estudo.
Recoméndase, así mesmo, a consulta do material complementario que indique o profesorado a medida que este desenvolve o programa da materia. A lectura na prensa das noticias relacionadas co contido da materia debe ser un requisito básico. Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidera xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
Utilizarase o campus virtual para informacións xerais sobre a materia e para o depósito de materiais que se consideren de utilidade.
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
Martes | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
Mércores | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
Xoves | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 7 |
31.10.2025 16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 7 |