Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 57 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Pretendemos estudiar os aspectos máis centrais do funcionamento dos intermediarios financeiros, as funcións que realizan e as dificultades que poden aparecer no desempeño desas funcións. Con ese obxectivo en mente, esta materia proporciona unha especialización dos estudantes permitíndolles a aplicación das ferramentas analíticas e cuantitativas estudiadas nas materias do primeiro cuadrimestre do Máster.
En concreto pretendemos:
• Entender as consecuencias da existencia de información asimétrica nos mercados financeiros.
• Entender o papel dos bancos para mitigar os efectos desfavorables da asimetría informacional nas transaccións financeiras.
• Estudiar como realizan os bancos a súa labor de intermediación financeira e os problemas que aparecen no desempeño desa labor: racionamento de crédito, pánicos e crises bancarias. Cales son as consecuencias para a actividade económica real.
• Analizar o papel da regulación para reducir a ameaza de aparición de quebras, pánicos bancarios, e crises financeiras.
• Analizar empiricamente a relevancia dos diferentes elementos que caracterizan a actividade bancaria, así como a eficacia regulatoria do sector público sobre o sector financeiro, tanto para o crecemento económico como para a aparición de ciclos e crises financeiras.
Tema 1: Introduccion
1.1 Tipos de bancos: banca personal, privada, corporativa, de investimento
1.2 Funcións que realizan os bancos: transformación cualitativa de activos
1.3 Riscos asociados á actividade bancaria
Tema 2: Teorías da actividade bancaria
2.1 Provisión de liquidez
2.2 Supervisión delegada
2.3 Credito, racionamento de crédito e créditos con garantías
2.4.O contrato de depósitos
Tema 3: Consecuencias macroeconómicas da intermediación financeira
3.1. Intermediación financeira e mecanismos de transmisión monetaria
3.2. Recursos propios das empresas, actividade crediticia e investimento
3.3. O capital bancario e a actividade crediticia
Bibliografía básica:
Greenbaum, S. and A. V. Thakor, (2019): Contemporary Finacial Intermediation. Academic Press.
Tirole, J. (2006): The Theory of Corporate Finance. Princeton University Press.
Cao, J. (2021): The Economics of Banking. Routledge, Taylor & Francis.
Bibliografía complementaria:
Admati, A. y M. Hellwig, (2013): El Traje Nuevo del Banquero: Qué le Ocurre a la Banca y qué Hacer con Ella. Antoni Bosch Editores.
Allen, F. and D. Gale (2007): Understanding Financial Crisis. Oxford University Press.
Freixas, X. and J. Ch. Rochet, (2008): Microeconomics of Banking. The MIT Press.
Durante as aulas recomendarase a lectura, análise e exposición oral dalgúns artigos da la literatura de intermediación bancaria, mencionados e analizados nos libros de texto anteriores, sobre todo na bibliografía básica.
Competencias básicas e xerais
• Aplicar os coñecementos de economía á identificación, previsión e solución dos problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao nivel de especialización, en contextos novos ou pouco coñecidos.
• Capacidade para realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencias específicas
• Coñecemento rigoroso dos modelos micro e macroeconómicos, e da súa a aplicación precisa a situacións concretas.
• Capacidade para modelar situacións económicas concretas e obter resultados con datos numéricos aplicando as técnicas econométricas pertinentes.
• Capacidade para defender argumentos económicos con claridade e precisión tanto no entorno habitual de traballo, como en reunións científicas nacionais e internacionais.
•Propoñer con suficiente precisión e rigor un proxecto de investigación en economía.
• Identificar os elementos que introducen ineficiencias na asignación de recursos por parte dos axentes, institucións e sistemas económicos.
• Analizar o papel das institucións públicas na economía a través da regulación de mercados e de a aplicación de políticas que inciden sobre a actividade empresarial.
• Analizar as vantaxes e os inconvenientes da regulación e das políticas económicas e propor alternativas.
• Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos.
Competencias transversais
• Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
• Capacidade para interactuar e defender con rigor, claridade e precisión ante outros especialistas traballos, propostas, novas ideas, etc.
• Comunicación oral e escrita.
• Capacidade de xestión da información.
• Destrezas para investigar.
• Capacidade de análise e síntese.
O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, análise de datos e de artigos nos que se analizan as cuestións obxecto de estudo nesta materia. O traballo individual do estudante oriéntase a preparar previamente, usando a guía docente de cada tema, o traballo previsto na aula e a afirmar e aplicar con posterioridade os coñecementos adquiridos. Este último consistirá na resolución de exercicios, no estudo das notas de clase e do contido relevante dos manuais básicos. O estudante deberá reafirmar os seus coñecementos e desenvolver a súa habilidade de análise e razoamento. Para isto, ao longo do curso os estudantes realizarán un traballo en equipo que consistirá na lectura e comprensión de un artigo empírico que pretende contrastar, mirando aos datos, algunha das teorías vistas. O resultado dese traballo deberá plasmarse nunha breve nota escrita, así como nunha exposición oral. Con isto preténdese potenciar a súa habilidade para traballar en equipo e expresarse tanto de forma oral como escrita.
A maior parte da bibliografía e lecturas recomendadas está en Inglés.
Os alumnos terán guías específicas de ensino (notas de clase) sobre o contido dos temas, que servirán de apoio e orientación para o seu traballo.
Xa que o Máster é interuniversitario:
a) Utilizaremos a plataforma virtual de ensino da Universidade de Vigo como soporte. A través dela, os estudantes terán acceso a material de traballo e a todo tipo de anuncios relevantes para o curso. Os alumnos tamén poderán usar esta ferramenta como unha forma de relacionarse entre si e co profesor.
b) Esta é unha materia optativa impartida presencialmente na Universidade de Santiago de Compostela. Pero, na medida en que poida haber estudantes matriculados nas universidades de Vigo e A Coruña, hai que ter en conta a posibilidade de que a materia poida ter que ser impartida a distancia para estes estudantes. Nese caso utilizarase a plataforma de ensino a distancia Emmeting da Universidade de Vigo. Os estudantes da Universidade de Santiago de Compostela seguirán as clases presencialmente e os demais seguiranas de xeito remoto.
A cualificación final está baseada na avaliación continua que ponderará un 50% e nun exame final escrito que ponderará un 50%. A avaliación continua consistirá na realización de listas de exercicios, análise de datos e comentarios de casos, que deberán ser entregados por escrito ou defendidos oralmente.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Actividades presenciais (aínda que sexa por medios telemáticos): introdución, sesións maxistrais, proposición e resolución de problemas, seminarios e talleres, estudio e resolución de casos, ...
Total: 15 Horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Actividades para realizar de forma autónoma polo alumnado: estudo, resolución de problemas e exercicios, sesións prácticas desenvolvidas a través das plataformas docentes virtuais, ...
Total: 60 Horas
Para unha comprensión adecuada da materia, débese asistir regularmente ás aulas. Unha vez escoitada a presentación de un tema na aula, o estudante debe realizar os exercicios e tarefas encomendadas polo profesor, de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así porque é preciso manexar as teorías para poder entender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión na aula.
No traballo individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante o manexo dos textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías, e para non basear o estudio na simple memorización dos apuntamentos tomados nas aulas.
A elaboración dos exercicios e tarefas asignadas será de grande axuda para asimilar de forma clara os conceptos teóricos e ser capaz de aplicalos á comprensión de problemas empíricos concretos.
Antonio Rodriguez Sampayo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811554
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática 5 |
21.04.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
21.04.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
22.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
22.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |