Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 57 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O principal obxectivo da materia Comportamento Estratéxico é analizar a maneira de identificar, modelizar e resolver as situacións de conflicto e comportamento estratéxico en contextos nos que os axentes intervintes actúan de xeito non cooperativo, tanto en contornas de carácter estrictamente económico como outras mais xerais de índole extraeconómica. A consecución satisfactoria deste obxectivo pasa por:
1) Transmitir ao alumnado coñecementos de economía cos que este poida comprender e analizar de xeito rigoroso o comportamento estratéxico dos axentes económicos en xeral e das empresas en particular.
2) Fomentar no alumnado a capacidade de analizar por si mesmo as estratexias empresariais utilizando as ferramentas propias da ciencia económica en xeral e da teoría de xogos non cooperativos en particular.
3) Fomentar no alumnado a capacidade de elaborar ensaios e/ou informes que sustenten a toma de decisións estratéxicas axeitadas ao contexto económico no que operan as empresas así como o resto dos axentes económicos.
4) Capacitar ao alumnado para que sexa quen de identificar e analizar calquer situación de conflicto e interdependencia estratéxica, mais aló das estudadas específicamente no curso, e na que a metodoloxía empregada no curso sexa susceptible de ser utilizada.
Os contidos da materia resúmense en cinco capítulos:
1. Introducción á teoría de xogos non cooperativos
2. Xogos non cooperativos con información completa e análisis de situación modelizables coma xogos non cooperativos con información completa
- Competencia imperfecta
- Provisión de bens públicos
- Equipos e esforzo
- Aranceis e comercio internacional
- Bens comunáis
3. Xogos bayesianos estáticos e aplicacións económicas dos xogos bayesianos estáticos
- Subastas
- Competencia imperfecta con información privada
4. Xogos bayesianos dinámicos e aplicacións económicas
- Sinalización
- Escrutinio
- Seguros
- Calidade
5. Xogos repetidos un número finito e un número infinito de veces e aplicacións de tipo económico
- Competencia en cantidades
- Competencia en prezos
- A traxedia dos bens comunais nun contexto de xogos repetidos
Bibliografía básica:
• Antelo, M. (2019), Comportamiento estratégico, Barcelona: Ed. Reverté.
• Antelo, M. (2022), Conflicto y cooperación. Madrid: Pirámide.
Bibliografía complementaria:
• Antelo, M. (2023), El funcionamiento de los mercados no competitivos. Madrid: Pirámide.
• Shy, O. (1996), Industrial Organization: Theory and Applications, MIT Press.
• Tadelis, S. (2013), Game Theory: An Introduction, Princeton University Press.
Competencias específicas:
CE2: Coñecemento rigoroso dos modelos micro e macroeconómicos e a súa aplicación a situacións concretas.
CE7: Identificación dos elementos que introducen ineficiencias na asignación de recursos por parte de axentes, institucións e sistemas económicos.
CE8: Anallizar e propoñer cambios no deseño das organización e dos sistemas de incentivos que melloren o funcionamento dos mesmos na procura da eficiencia asignativa.
CE11: Analizar o papel das institucións públicas na economía a través da regulación de axentes e mercados e da implementación de políticas que incidan na actividade empresarial.
C12: Analizar as vantaxes e inconvintes da regulación e das políticas económicas.
CE13: Identificar o alcance e as limitacións das conclusións e xuizos que se deriven da utilización de teorías e modelos económicos.
Competencias transversais:
CT4: Capacidade para interaccionar e defender con rigor, claridade e precisión traballos, propostas, novas ideas, etc.
CT5: Comunicación oral e escrita.
CT8: Capacidade para traballar nun contexto internacional.
CT10: Capacidade de análise e síntese.
Na materia de "Comportamento Estratéxico" combínanse as exposicións teóricas coa resolución de casos de estudo prácticos (exercicios parametrizados) para analizar e comprender os contidos da mesma. Para facilitar este obxectivo, o alumnado terá a súa disposición un par de referencias bibliográficas básicas da materia que servirán de apio e orientación para o seguimento da materia.
Esta materia forma parte dun master interuniversitario ofrecido polas Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, polo que utiliza a plataforma virtual de ensino Microsoft Teams como soporte para impartir as diversas sesións das que consta. O alumnado tamén pode utilizar esta plataforma para interaccionar nas sesións de titorías.
Proba obxectiva:
A proba obxectiva (exame final) será una proba por escrito para avaliar a capacidade do alumnado para asimilar os conceptos fundamentáis da materia e interrelacionalos. Consistirá na resolución de problemas e exercicios prácticos e requerirá, como condición imprescindible para superar a proba, que se fagan explícitos os comentarios axeitados aos resultados acadados e que poñan de manifesto que o alumnado coñece e comprende o contido e sabe atopar a intuición económica dos resultados que obtén.
Esta proba obxectiva suporá o 60% da avaliación final.
Avaliación continua:
O 40% restante da puntuación final estará baseado na avaliación continua que se fará ao longo do curso e que consistirá na resolución e discusión de casos e exemplos practicos que se proporán de forma continua e paralela ao desenvolvemento dos contidos do curso.
O sistema de avaliación na oportunidade extraordinaria de recuperación é o mesmo que na oportunidade ordinaria, é dicir, será o descrito anteriormente.
O alumnado repetidor será avaliado do mesmo xeito que o alumnado non repetidor.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clases segundo a normativa vixente poderá optar por facer o exame final, o cal se valorará co 100% da nota.
Para as sesións maxistrais, é recomendable que o alumnado, ademáis do seguimento que debe facer das horas que o plan de estudos ten asignadas a esta materia e que configuran as sesións que compoñen o curso, adique, en forma de traballo autónomo e non presencial, non menos de 30 horas mais para familiarizarse cos contidos da materia.
Para a realización e resolución dos casos de estudo que se proporán ao longo do curso, é recomendable que o alumnado adique non menos de 30 horas de traballo autónomo, ben sexa de xeito individual e/ou grupal.
Para o estudo da materia e o correcto seguimento da mesma é recomendable que o alumnado teña coñecementos de Microeconomía a nivel intermedio, así como un certo desenvolvemento e familiariedade coas nocións básicas tanto de matemáticas como de estatística.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Manel Antelo Suarez
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811535
- Correo electrónico
- manel.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 5 |
Xoves | |||
10:00-11:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática 6 |
25.02.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
25.02.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
13.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
13.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |