Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é adquirir un coñecemento especializado do proceso de integración europeo que hoxe identificamos coa Unión Europea. Resultan moi recomendables os seguintes coñecementos previos:
-Un coñecemento da historia europea durante o século XX
-Un coñecemento básico da evolución e desenvolvemento do proceso de integración europeo
-Un coñecemento básico do sistema institucional da Unión Europea
-Manexo de terminoloxía politológica e xurídica nun nivel elemental
-Coñecementos de inglés e francés para utilización de bibliografía especializada
1.Fundamentos e dinámicas de evolución do proceso de integración europeo
-1.1. Regionalismo internacional e procesos de integración rexional
-1.2.Dinámicas federalistas, funcionalistas e intergobernamentais na construción europea
-1.3.Fundamentos e orzamentos da integración europea
-1.4.Ampliación e profundización no proceso de integración europeo
2. A repartición de poderes na Unión Europea. Competencias e mecanismos de decisión
-2.1. Interacción de intereses no sistema de funcionamento da Unión Europea. O principio de equilibrio institucional.
-2.2. O exercicio das competencias lexislativas e executivas: As funcións da Comisión, o Consello e o Parlamento Europeo. A intervención dos Parlamentos nacionais
-2.3.Intergubernamentalismo no sistema institucional: O Consello Europeo e a súa Presidencia estable
-2.4.O control xurisdiccional na UE. O papel do TJUE.
3.O Dereito da Unión Europea. Fontes e aplicación
-3.1. As competencias da Unión Europea
-3.2. O sistema de fontes do Dereito da Unión Europea
-3.3. As relacións entre o ordenamento da Unión e os ordenamentos dos Estados membros
4.Ambitos materiais da acción da Unión Europea:
-4.1.Dimensións da acción exterior da Unión Europea
-4.2.Ámbitos e instrumentos do espazo de liberdade, seguridade e xustiza
-4.3.Liberdades e políticas do mercado interior
A). BIBLIOGRAFIA BASICA (recolle os contidos mínimos para superar a materia xunto coas explicacións das clases teóricas e os materiais utilizados nas clases interactivas)
- FERRER LLORET, J., Introducción al Derecho de la Unión Europea, Tirant lo Blanch, Valencia, 2020.
B). BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA (completa e/ou aclara os contidos mínimos para superar a materia e o seu uso resulta aconsellable para o estudo da materia)
B). BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA (completa y/o aclara los contenidos mínimos para superar la materia y su uso resulta aconsejable para el estudio de la materia):
- ALCAIDE FERNÁNDEZ, J., CASADO RAIGÓN, R.: Curso de Derecho de la Unión Europea, Madrid, Tecnos, 3ª ed., 2019
- BOU FRANCH, V. (dir.), Introducción al Derecho de la Unión Europea, Pamplona, Civitas Thomson-Reuters, Pamplona, 2014
- CRAIG, P., DE BURCA, G., EU Law, Oxford University Press, 2015
- ESCOBAR HERNÁNDEZ, C. (dir.): Instituciones de Derecho Comunitario, Valencia, Tirant lo Blanch, 2ª ed. 2020
- FERNÁNDEZ DE CASADEVANTE ROMANÍ, C., CARRERA HERNÁNDEZ F. J., RUILOBA ALVARIÑO, J., GARRIDO REBOLLEDO, V.: Nociones básicas de Derecho de la Unión Europea, Madrid, Editorial Universitaria Ramón Areces, 4ª ed., 2019
- GUTIÉRREZ ESPADA, C., CERVELL HORTAL, M.J., PIERNAS LÓPEZ, J.J., GARCIANDÍA GARMENDIA: La Unión Europea y su Derecho (Estructuras y Procesos), Madrid, Trotta, 2ª ed. 2015.
- MANGAS MARTIN, A., LIÑAN NOGUERAS, D.: Instituciones y Derecho de la Unión Europea, Madrid, Tecnos, 10 ed., 2020
- MCCORMICK, J.: Understanding the European Union: A concise introduction, Palgrave, Hampshire, 2017
- SARMIENTO RAMÍREZ-ESCUDERO, D.: El Derecho de la Unión Europea, Marcial Pons, Madrid, 2018
-WOODS, L., WATSON, P., COSTA, M., Steiner & Woods EU Law, Oxford University Press, 2017
-Avanzar no coñecemento da dinámica e funcionamento do proceso de integración
europeo
-Profundar na problemática relativa ao sistema xurídico da Unión Europea e
a súa aplicación
-Adquirir unha visión global da actuación da Unión Europea a través da
análise da súa acción no ámbito internacional e dalgunhas das políticas e
ámbitos de actuación máis significativos en dimensión interna
-Desenvolver a capacidade analítica e crítica do alumno para poder comprender o
funcionamento da Unión Europea e proporcionar solucións ás cuestións
prácticas que este expoña no seu exercicio profesional.
-Adquirir o manexo dos instrumentos necesarios para resolver problemas
relacionados coa aplicación do Dereito da Unión Europea no seu exercicio
profesional.
• Clases teóricas: Baséase no ensino impartido polo profesor sobre a base da guía docente elaborada. Para iso, poderá contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos. Con todo, non se limita á mera exposición de contidos por parte do docente, senón que se incentivará a participación dos estudantes, certos espazos para o debate e o comentario de aspectos da actualidade, que permitan interrelacionar as diferentes partes do contido da materia.
• Clases prácticas: Serven de complemento ás clases teóricas e baséanse no traballo previo do alumno sobre a base das indicacións e os materiais dispoñibles en cada caso na aula virtual, así como na participación activa do estudante durante o seu desenvolvemento. O seu obxectivo é poñer de manifesto a relevancia práctica dos coñecementos teóricos e os problemas que se suscitan na axenda europea. Terán distintas modalidades, como, por exemplo, exposición en clase de traballos individuais ou en grupo; simulacións; resolución de casos prácticos; exposición ou entrega de comentarios individuais ou en grupo etc.
• Seminarios: Sesións de enfoque eminentemente práctico nas que se poden levar a cabo diversas actividades formativas, cuxo obxectivo común é promover o debate e a discusión entre os estudantes e relatores ao redor de temas de interese da actualidade da Unión Europea.
. Tutorías: Esta técnica docente permite ofrecer ao alumno unha orientación
individualizada sobre a materia, potencia o diálogo co profesor e axusta a valoración académica. Serán programadas por cada profesor de acordo coas necesidades de desenvolvemento formativo de cada un dos alumnos. Nelas, atenderase aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
• Outras actividades formativas: Asistencia e participación en conferencias, cursos ou outras actividades organizadas polo grupo GRESIN, a USC ou outras Institucións públicas ou privadas nas que se traten temas da actualidade da Unión Europea.
-A avaliación terá lugar mediante un exame, a través do cal se busca valorar os coñecementos teóricos do alumno e a súa capacidade para aplicalos na práctica. Este exame suporá o 60% da cualificación. A participación activa do alumno ao longo do curso nas actividades programadas (seminarios, casos prácticos, traballos monográficos, exposicións), e a súa asistencia ás clases, suporá o 40% da cualificación.
- Poderase convocar a una proba adicional para a obtención da Matrícula de Honra aos estudantes que obtiveran a cualificación de Sobresaínte na avaliación final, para o que terán que inscribirse no prazo que fixe o Profesor responsable da materia.
A evaluación global desglosase de siguente maneira:
-Conceptos básicos da materia e a súa aplicación práctica-Coñecemento teórico.Aplicación práctica dos contidos teóricos-Exame teórico e práctico: A ponderación máxima do examen non superará o 60% de la calificación.
- Evaluación continúa: A ponderación mínima de la evaluación continua non será inferior o 40% de la calificación:
-Asistencia participativa-Participación activa nas clases teóricas, debates,seminarios e comentario de supostos prácticos-(como mínimo 80 % das sesións presenciais), Observación e notas do profesor 10%
-Traballos prácticos: Terase en conta a estrutura e capacidade de análise crítica, a bibliografía empregada, a exposición oral. Traballos. Comentarios de xurisprudencia- Casos prácticos- 30%
No caso de que alumno realice algunhas das actividades programadas pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
Aqueles alumnos que non superen a asignatura ou ben non se presentaron ao exame, poderán conservar para o curso inmediatamente seguinte a nota obtida nas clases interactivas, a condición de que o soliciten por escrito, ao comenzo do cuatrimestre, no prazo sinalado polos Profesores responsables da docencia.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudo individual do alumno 54
Preparación de Seminarios/casos prácticos 27
Preparación de traballos e exposicións 27
Total 108
*Preparar as clases en función dos materiais que se propoñan (lectura do manual básico, lectura de materiais de apoio)
* Asistir a clase regularmente e participar activamente nos debates
* Recorrer ás titorías para liquidar calquera dúbida sobre a materia
* Planificar o traballo con antelación
* Estudar con tempo e periodicidade
* Completar a aprendizaxe cos recursos bibliográficos recomendados
Modificacións na metodoloxía docente e no sistema de avaliación no marco do Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, para os escenarios 2 (Distanciamento) e 3 (Peche das instalacións).
As especificacións introducidas no Plan de continxencia para o escenario 2 (Distanciamento) non esixen, na Facultade de Dereito, da realización de adaptacións metodolóxicas ou de avaliación respecto ao escenario 1.
No caso de que sexa activado por parte das autoridades académicas o escenario 3 (Peche das instalacións), a docencia do programa da materia, así como outras actividades docentes, levarase a cabo a través da aula virtual da materia (Moodle) e mediante sesións "en remoto" de Microsoft Teams, que se impartirán de forma síncrona. Para iso, crearase un equipo por cada un dos grupos da materia. Por estes dous medios impartirase a docencia seguindo o horario oficial do Máster. Por estas vías realizarase tamén un labor de orientación e apoio do traballo persoal a cargo do alumno a través de titorías. De igual modo, será incorporado á aula virtual un “foro de consulta” de carácter asíncrono no que os alumnos poderán formular dúbidas e comentarios sobre os contidos da materia e recibir unha retroalimentación colectiva, con relación ás preguntas, por parte do profesor. De forma complementaria, na aula virtual colgaranse materiais de apoio á docencia. Tamén por estes medios realizaranse actividades interactivas que o alumno entregará a través da aula virtual e poderán ser obxecto de comentarios a través de sesións telemáticas. En ambos os escenarios (2 e 3), o manual básico recomendado na bibliografía servirá como referencia mínima na docencia e na avaliación da materia.
Á vista da situación excepcional na que se desenvolve a docencia no escenario 3, considérase oportuno reponderar o peso específico outorgado á avaliación continua no conxunto da cualificación final. Así, mantense unha proba final de carácter telemático, que supoñerá o 50% da cualificación final. O outro 50% da cualificación final corresponderá á avaliación continua, isto é, ás actividades prácticas realizadas e entregadas na aula virtual da materia.
Se, excepcionalmente, algún alumno tivese dificultades para acceder á aula virtual na data indicada para facer a proba debería poñerse en contacto co profesor para establecer a modalidade de proba alternativa a realizar. Este sistema de avaliación aplícase ás dúas oportunidades.
Maria Isabel Lirola Delgado
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814700
- Correo electrónico
- isabel.lirola [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |