Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo é analiza-lo tratamento nun ordenamento nacional (neste caso o español) dos non residentes, poñendo de relevo como as regulacións estatais tiveron en conta a evolución normativa doutros ordenamentos nacionais e do Dereito comunitario, así como as tendencias da fiscalidade internacional. Os estudantes deberán alcanzar unha aprendizaxe suficiente e rigorosa sobre as materias impartidas, cos seguintes puntos de referencia:
-Características esenciais da tributación dos non residentes á luz do Real Decreto Lexislativo 5/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes, e do Real Decreto 1776/2004, de 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda de non Residentes.
-Elementos persoais da tributación dos non residentes: contribuentes, responsables, representantes.
-Rendas obtidas mediante establecemento permanente
-Rendas obtidas sen mediación de establecemento permanente
-A situación dos non residentes comunitarios. A necesaria vinculación do Dereito Comunitario.
-Xestión, control e recadación na tributación dos non residentes
1. Tributación de non residentes: xeneralidades.- 2. Tributación con establecemento permanente.- 3. Tributación sen establecemento permanente.- 4. Obrigas formais e xestión a través de retención na fonte.- 5. A súa redución por presenza de Convenios de Dobre Imposición.
AMATUCCI, F: “Responsabilità fiscal limitata Della società non residente e libertà di stabilimento”. Rivista di Diritto Tributario Internazionale. 2001.
BUSTOS BUIZA, J.A: “Tributación de las EARs en el Impuesto sobre la Renta de No Residentes”. ICE: Revista de economía, Nº 825, 2005.
CACCIAPUOTI, E: “Sulla deducibilittà delle spese sostenute dalla socità madre et atribuite alla stabile organizzazione”. Diritto e Practica Tributaria Internazionale, 2001. 524.
CALLEJA CRESPO, A: “La fiscalidad de los no residentes en España (III): Rentas obtenidas a través de establecimiento permanente”. Manual de fiscalidad internacional. Coord. por Teodoro Cordón Ezquerro, Manuel Gutiérrez Lousa, Antonio Blanco Dalmau, IEF, Madrid. 2001
CALVO VÉRGEZ, J: “Notas esquemáticas de las principales novedades contenidas en la nueva Ley 35/2006, de 28 de noviembre, del impuesto sobre la renta de las personas físicas y modificación parcial de las leyes de los impuestos sobre sociedades, sobre la renta de no residentes y sobre el patrimonio”. Nueva fiscalidad, Nº. 2, 2007.
CARMONA FERNÁNDEZ, N: “La fiscalidad de los cánones en el Impuesto sobre la Renta de No Residentes”. ICE, Revista de economía, Nº 825, 2005.
CARMONA FERNÁNDEZ, N: “La fiscalidad de los no residentes en España (I): Elementos subjetivos”. Manual de fiscalidad internacional. Coord. por Teodoro Cordón Ezquerro, Manuel Gutiérrez Lousa, Antonio Blanco Dalmau, IEF, Madrid. 2001
CARMONA FERNÁNDEZ, N: “La fiscalidad de los no residentes en España (II): hecho imponible y supuestos de exención”. Manual de fiscalidad internacional. Coord. por Teodoro Cordón Ezquerro, Manuel Gutiérrez Lousa, Antonio Blanco Dalmau, IEF, Madrid. 2001
CORDÓN EZQUERRO, T: “Régimen fiscal de los impatriados y expatriados”. ICE: Revista de economía, Nº 825, 2005.
FERNÁNDEZ DE PEDRO, F: “La fiscalidad de los no residentes en España (IV): rentas obtenidas sin establecimiento permanente”. Manual de fiscalidad internacional. Coord. por Teodoro Cordón Ezquerro, Manuel Gutiérrez Lousa, Antonio Blanco Dalmau, IEF, Madrid. 2001.
GAFFURI, A: “La determinazion del reddito della stabile organizzazione”. Rasegna Tribtuaria, núm. 86. 2002.
MARINO, G: La residenza nel Diritto tributario. Cedam, Padova, 1999.
MARTÍNEZ-CARRASCO PIGNATELLI, J.M: “La fiscalidad comunitaria de intereses y cánones. En particular, las Directivas 48/2003/CE y 49/2003/CE y su incidencia en el Impuesto sobre la Renta de No Residentes”. Noticias de la Unión Europea, Nº 246, 2005.
• Comprensión da bipolaridade dos sistemas tributarios occidentais en función do criterio da residencia do suxeito pasivo.
• Distinción das regras aplicables a cada un dos grupos de suxeitos.
• Comprensión das solucións adoptadas polo lexislador español. Identificación dos principais puntos de converxencia das mesmas en relación ás decisións adoptadas noutros Estados.
A actividade docente realizarase de modo exclusivo a través do uso do campus virtual. Para iso, seguirase un desenvolvemento en diversas fases:
• En primeiro lugar, o profesor incluirá no campus virtual diversos materiais:
o Realizará unha introdución teórica da materia e de cada tema, achegando ao alumno unha primeira aproximación aos contidos específicos.
o Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
o Ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
• O profesor posteriormente, para cada un dos ítems indicados numericamente nos contidos da materia presentará aos alumnos no campus virtual:
o Supostos prácticos a resolver.
o Temas a debater e dos traballos para realizar.
o Probas de autoavaliación
o Estarán tamén a disposición do alumno exemplos de supostos prácticos, probas de autoavaliación e/ou debates xa resoltos para que poidan servirlle como modelo
• Desenvolverase un programa de titorías personalizado a través do correo electrónico. Se a dinámica do grupo o require, tamén se estruturarán a través de instrumentos de foro algún tipo de titoría en grupo reducido para a elaboración e desenvolvemento de traballos.
• En cada un dos ítems, o profesor procederá a realizar a través da aula virtual un test e un caso práctico de avaliación do alumno. Unha vez corrixidos, publicará as solucións e dará cumprida conta dos fallos detectados, a través dun retorno xeral e, no seu caso, dos comentarios individualizados que procedan.
• Unha vez completados os distintos ítems do proceso de aprendizaxe, o profesor:
o Proporá a través dun foro de debate un debate sobre un tema de actualidade da materia, onde será necesario que o alumno interveña con contidos orixinais e polo menos en dúas ocasións para poder obter unha avaliación favorable na devandita actividade.
o Encargará ao alumno a redacción dun traballo sobre algunha cuestión da materia, de perfil teórico, práctico ou mixto. O devandito traballo será desenvolvido polo alumno, co apoio titorial do profesor, e constituirá un elemento básico na avaliación do mesmo.
A avaliación terá lugar mediante a combinación dos distintos ítems desenvolvidos polo alumno no campus virtual. Valoraranse os test e casos prácticos de avaliación, que suporán un 15% da nota final cada un; a participación no debate, que implicará outro 20% da nota final; e a elaboración do traballo, cuxa valoración suporá o 50% da nota final, do cal o 30% corresponderase co manexo das fontes e valoración dos aspectos formais e o 70% cos contidos desenvolvidos polo alumno.
Total horas de traballo no campus virtual 30
Total horas traballo persoal do alumno 75
Seguir con regularidade as actividades propostas e participar activamente nas mesmas.
PLAN DE CONTINXENCIA
Non se prevén adaptacións para o caso de que conforme ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura fose necesario pasar ós escenarios 2 ou 3, pois trátase dun título que se imparte íntegramente de xeito non presencial.
Juan Jose Nieto Montero
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814674
- Correo electrónico
- j.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade