Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Dereito Administrativo, Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos fundamentais que busca a presente materia estriban en que estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos de acordo aos contidos impartidos. Así mesmo, o alumnado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Como principais competencias que deberán desenvolver os alumnos poden citarse:
•Capacidade de realizar reflexións e análises críticos sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos no ámbito da xestión das administracións locais.
•Capacidade para xerar novas ideas e resolver problemas en contornas cambiantes que permita avances no coñecemento da xestión local e as políticas públicas.
•Habilidade de aplicar os coñecementos adquiridos nun traballo concreto ou nun proceso de investigación orixinal.
•Capacidade para abordar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
•Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
•Detectar e xestionar a influencia dos cambios tecnolóxicos nos servizos en liña, as redes sociais, a comunicación e o márketing de servizos públicos; que permita facer un aproveitamento óptimo dos mesmos na xestión local.
Ademais, como competencias transversais a reforzar, contémplanse as de planificación e organización do traballo. As de desenvolvemento dunha capacidade de traballo dentro de equipos multidisplinares. Despréndese, tamén, que sendo a información (en sentido amplo) o insumo fundamental de traballo débense desenvolver as competencias relativas á obtención da mesma, a súa xestión e manexo.
Os contidos básico da materia desenvolveranse de acordo aos seguintes eixos temático:
- Introdución á función de recursos humanos no ámbito local e a súa interrelación con outras funcións da organización.
- Fundamentación normativa e organización da administración de recursos humanos en entes locais.
- Sistemas de incorporación, carreira/promoción.
- Planificación estratéxica (análise do cadro de persoal; previsión de necesidades e evolución dos efectivos; restruturación; condicións de prestación; teletraballo)
- Compensación (marco retributivo/valoración de postos)
- Conceptos do desenvolvemento organizacional aplicables á función de recursos humanos no ámbito local.
- Auditoría da función de recursos humanos (establecemento de indicadores e procesamento de datos).
Estes contidos adaptaranse en sesións temáticas ou módulos ao longo do período docente da materia.
- Cuenca Cervera, J.J. (2010). Manual de dirección y gestión de los recursos humanos en los gobiernos locales. Madrid: INAP.
- Cuenca Cervera, J.J., Antón Crespo, P. y Fariña Guillén, J.F. (2018). Planificación y Gestión de los RR.HH. en las Entidades Locales. Granada: CEMCI
- Ramió, C y Salvador, M. (2018). La nueva gestión del empleo público. Barcelona: Tibidabo.
- Sánchez Morón, M. (2021). Derecho de la función pública. Madrid: Tecnos
De acordo á vixente memoria do máster as competencias para adoptar e desenvolver polo alumnado na materia son:
Coñecer os procedementos administrativos para a contratación pública e a xestión financeira e orzamentaria das facendas locais.
Xestionar e dirixir equipos de persoas, e resolver conflitos como medio para alcanzar acordos, seguindo os instrumentos proporcionados pola literatura especializada
Coñecer o papel fundamental que desempeñan as persoas dentro dunha organización como suxeitos de coñecemento para alcanzar a súa excelencia.
Adquirir a capacidade de localizar, seleccionar e avaliar información, fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación ao ámbito da xestión pública local innovadora.
Así mesmo, búscase que o alumnado alcance como resultados do curso unha visión global dos RR. HH. e dos fundamentos da súa administración nos EE. LL. Ademais da capacitación en material planificación de recursos humanos e desenvolvemento organizacional, en especial no relativo á xestión e avaliación.
As metodoloxías docentes céntranse en tres vertentes:
1) Clases maxistrais onde se presentan os contidos esenciais e conceptos fundamentais da materia.
2) Titorías personalizadas para alumnos e grupos.
3) Prácticas de seminario (exercicios, estudos de caso, actividades en grupo e individuais) onde poñer en práctica e expandir os contidos vistos en 1.
A cualificación da materia reflectirá a suma do resultado da proba final (75%) e da avaliación continua (25%)
En función do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024) a asistencia a clase terá efectos na avaliación, sendo preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames (1.2.c). O alumnado deberá acudir, como mínimo, ao 80% das actividades docentes programadas.
Con anterioridade á realización das probas publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse. As persoas repetidoras estarán eximidas deste requisito de asistencia nas clases expositivas, no caso de telo cumprido con anterioridade, mais non da asistencia ás clases interactivas, ás que deberán acudir igualmente (3.6). O peso das avaliacións será o mesmo para este alumnado, e deberán presentarse ao exame final.
No caso do alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia por calquera dos motivos contemplados na normativa da USC o sistema de avaliación será distinto. O único elemento de avaliación deste alumnado será o exame/proba final (100% da cualificación).
Para o resto de aspectos pódese consultar o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024), especial atención ao artigo 3 no que se recollen os motivos de non asistencia xustificada.
As ausencias deberán ser comunicadas por correo electrónico aos docentes da materia e xustificadas segundo recolle o regulamento mencionado.
- Seguimento das sesións.
- Resolución das actividades e tarefas propostas.
- Revisión da bibliografía e materiais de cada módulo do curso.
O curso componse de 21 h de clases.
Así mesmo, espérase que o alumno individual dedique ao redor de 50 horas adicionais para o estudo e a preparación dos traballos, tarefas e exercicios que se propoñerán ao longo das diferentes sesións.
Estímase que (incluíndo as posibles titorías) cada alumno dedique un total de 70/75 horas á superación da materia.
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Non se aceptarán aqueles traballos que poidan ter sido realizados con IA.
Andrea Garrido Juncal
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814696
- Correo electrónico
- andrea.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alfonso Antonio Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- alfonsoantonio.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Seminario 2.2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Seminario 2.2 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario 2.2 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Seminario 2.2 |
20.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
20.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
25.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
25.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |