Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos xerais de módulo relacionados coa materia
1. Situar aos estudantes na complexidade do discurso conceptual, temático, teórico e metodolóxico dos tempos educativos no conxunto dos tempos sociais, destacando as súas implicacións para a investigación educativa.
2. Potenciar o interese pola observación, a reflexión, o xuízo crítico e a valoración.
3. Coñecer a linguaxe cinematográfico: imaxe, texto, música, son, cor, efectos especiais.
4. Recoñecer a necesidade de educar en valores a través do cine.
5. Fomentar a extrapolación da experiencia a outros territorios, tratando de establecer comunicación con grupos investigadores e mediadores sociais interesados no tema.
6. Identificar e interpretar as transformacións e cambios que se están producindo no contexto da poboación que implican novas formas de interesarse pola formación ao longo da vida.
7. Adquirir capacidade para entender como se produce e desenvolve unha innovación no sistema educativo.
Obxectivos xerais da materia
1. Formar criterio a favor da afectividade, emocións e as formas de expresión máis adecuadas á sensibilidade e á experiencia estética.
2. Orientar a educación afectiva e a educación artística desde a perspectiva apropiada para as artes sonoras-visuais-virtuais.
Obxectivos específicos
1. Adquirir competencia conceptual empregando unha linguaxe técnica.
2. Identificar as nosas propias emocións e as dos demais.
3. Desenvolver destrezas emocionais.
4. Adoptar unha actitude positiva ante o desenvolvemento afectivo.
5. Tomar conciencia dos factores que inciden no desenvolvemento afectivo, na capacidade estética e na sensibilidade creativa.
6. Contribuír á formación de espectadores críticos e activos, que entenden a evolución da arte e os seus logros máis significativos.
7. Comprender o sentido das formas de expresión na construción de experiencia artística e a fusión de formas de expresión (expresión e experiencia artística), en relación coas artes as artes sonoras-visuales-virtuales.
8. Coñecer, estimar, elixir, realizar e sentir os valores estéticos como valores e como manifestación artística (expresión e experiencia estética).
9. Comprender a diferenza entre educación artística (por e para) e entender as competencias xerais e profesionais da educación artística, segundo proceda.
10. Promover e facilitar a integración e participación en procesos formativos baseados na afectividade, a aprendizaxe emocional e o benestar subxectivo.
11. Utilizar o cine como un instrumento para xerar procesos de intervención pedagóxica.
0. Introdución: O sentido da materia no Plan de Estudos do Máster.
1. A dimensión afectiva como problema de educación.
2. A educación artística como disciplina e o coñecemento da educación.
3. A Pedagoxia Mesoaxiolóxica como campo de coñecemento pedagóxico emerxente: Construción de ámbitos de educación.
4. Marco conceptual: Afecto e emocións e clasificación das emocións.
5. Conciencia emocional: Coñecer e recoñecer para chegar a controlar as emocións.
6. Benestar emocional e calidade de vida.
7. Cine, educación e emocións: Cinefórum.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Gutiérrez Moar, Mª C. (2019a). Construir el ámbito de la afectividad. Educando la dimensión afectivo-emocional. En J. Vera Vila (Coord.) Formar para Transformar. Cambio social y profesiones educativas (pp. 89-92). GEU Editores. https://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=783135
Gutiérrez, M. C. y Diz, M. J. (2021). Lecturas emocionantes. Una experiencia de transferencia de conocimiento y trabajo colaborativo mediante un proyecto de Aprendizaje-Servicio (ApS). En M. A. Santos Rego; M. Lorenzo Moledo y García Álvarez, J. (Eds.) Libro de Actas del XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía. La educación en Red. Realidades diversas, horizontes comunes (pp. 978-984). SPIC-USC.
Touriñán, J. M. (2010). Introducción. Artes y educación. Fundamentos de pedagogía mesoaxiológica. Netbiblo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Asensio; J. M.; J. García Carrasco; L. Núñez Cubero y J. Larrosa (Coords.) (2006). La vida emocional. Las emociones y la formación de la identidad humana. Ariel [Libro y CD].
Gutiérrez Moar, M. C. (2004). Afectividad y aprendizaje educativo. Hacia una Pedagogía de la Prevención (Tesis Doctoral Universidad de Santiago de Compostela. Facultad de Ciencias de la Educación. (Tesis publicada por la USC en formato CD-ROM con el ISBN 84-9750-325-2.
Gutiérrez, Mª C.; Pereira, Mª C. y Valero, L. F. (2006). El cine como instrumento de alfabetización emocional. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 18, 229-260.
Gutiérrez, Mª C. y Touriñán, J. M. (2010). La educación de la sensibilidad y de los sentimientos como educación “de” la afectividad. Claves para aproximarse a la educación afectiva “por” las artes. En J. M. Touriñán (Dir.) Artes y educación. Fundamentos de Pedagogía Mesoaxiológica (pp 264-309). Netbiblo.
Gutiérrez, M C. (2016a). La afectividad como ámbito de educación: aproximación al diseño educativo del ámbito. En J. M. Touriñán López y S. Longueira Matos (Coords.) Pedagogía y construcción de ámbitos de educación. La función de educar (pp. 207-233). Editorial de la Red Iberoamericana de Pedagogía (REDIPE).
Gutiérrez, M C. (2016b). La educación afectivo-emocional como ámbito de educación presente a lo largo de la vida. En M. Valcarce; L. Rego y A. F. Rial (Coords.) Actas del XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. A formación, a orientación, e o emprego no recoñecemento, avaliación e certificación de competencias profesionais adquiridas en contextos formais, non formais e informais. Santiago de Compostela 18, 19 y 20 de noviembre de 2015. (pp. 503-522). Campus na Nube.
Gutiérrez, M. C. (2016c). Las competencias afectivo-emocionales relevantes para la vida personal y profesional. En M. Valcarce; L. Rego y A. F. Rial (Coords.) Actas del XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo. A formación, a orientación, e o emprego no recoñecemento, avaliación e certificación de competencias profesionais adquiridas en contextos formais, non formais e informais. Santiago de Compostela 18, 19 y 20 de noviembre de 2015 (pp. 783-798). Campus na Nube.
Gutiérrez, M. C. (2017). Experiencia intergeneracional en el territorio USC: Alumnado del Grado de Educación Social y Grado Senior. En Mª E. Olveira Olveira, (Dir.) (2017): Actas del XV Encuentro Estatal de Programas Universitarios para Mayores y VI Encontro Galego de Programas Universitarios para Maiores: «Los Programas Universitarios para Mayores como elemento estratégico en la formación para toda la vida» (pp. 115-123). Santiago de Compostela del 12 al 14 de junio de 2017. Noreste Gráfico Impresor S.L. https://www.aepumayores.org/sites/default/files/XV_ENCUENTRO_PUPM_GALEG…
Gutiérrez, M C. (2018). Educar con la afectividad. Aproximación al diseño del ámbito de educación. En J. M. Touriñán López y S. Longueira Matos (Coords.) La construcción de ámbitos de educación. Pedagogía General y Aplicada (pp. 377-402) Andavira.
Gutiérrez, Mª C. (2019b). Otros espacios para la igualdad de género en territorio USC. En J. Vera Vila (Coord.) Formar para Transformar. Cambio social y profesiones educativas (pp. 343-347). GEU Editores. Recuperado de https://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=783135
Pereira Domínguez, C. (2010). El cine como ámbito de educación. La educación “por” y “para” el cine”. En J. M. Touriñán (Dir.) Artes y Educación. Fundamentos de Pedagogía Mesoaxiológica. (pp. 238-262). Netbiblo.
Raposo Rivas, M. (Coord.) y Otros (2010). El cine en la educación: Realidades y propuestas para su utilización en el aula. Santiago de Compostela: Tórculo Artes Gráficas S.A.
Seminario Galego de Educación para a Paz (SGEP) (2005). Educar nos afectos, frear a violencia. Sobre a educación afectivo-emocional. Unidade Didáctica 23 no Día Escolar pola Paz (30 de xaneiro de 2005). Lúdica 7.
Sotelino Losada, A. ,Gutiérrez Moar, M. del C. y Alonso Ruido, P. (2022). Pedagogía y cine: Dos pilares para desarrollar la inclusión educativa. Aula Abierta, 51(1), 85-92. https://reunido.uniovi.es/index.php/AA/article/view/16409
Touriñán, J. M. (2011). Claves para aproximarse a la educación artística en el sistema educativo: educación “por” las artes y educación “para” un arte. Revista ESE, Estudios Sobre Educación, 21, 61-81.
Touriñán, J. M. (2012). La relación educativa. Congreso Internacional de Filosofía de la Educación. Conferencia de clausura.
Touriñán, J. M. (2013a) El significado de la función pedagógica y la necesidad de generar principios de acción. Revista Española de Pedagogía, 71 (254), 29-47.
Touriñán, J. M. (2013b). Conocer, enseñar y educar no significan lo mismo. El carácter y el sentido de la educación como referentes de su significado desde la mirada pedagógica. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 25(1), 25-46.
Touriñán, J. M. y Longueira, S. (2010). La música como ámbito de educación. Educación «por» la música y educación «para» la música. Teoría de la Educación. Revista Interuniversitaria, 22(2), 151-181.
Touriñán, J. M. y Otros (Grupo SI(e)TE. Educación) (2012). Creatividad, educación e innovación: emprender la tarea de ser autor y no sólo actor de sus propios proyectos. Revista de Investigación en Educación, 10(1), 7-29.
NOTA: Cada docente do programa ten bibliografía específica que estará dispoñible na e-aula da materia.
Competencias xerais do máster às que contribúe a materia
- Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
- Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dunha maneira clara e sen ambigüidades.
- Posuír e facer uso das habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo principalmente autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais do módulo e específicas do máster ás que contribúe a materia
- Reflexionar sobre a tarefa profesional en ciencias da educación para implementar políticas de igualdade
- Expor alternativas de novos usos ante o ocaso das funcións que estes establecementos desempeñaron tradicionalmente.
- Identificar e desglosar as tarefas que poden exercer os centros de interpretación da cultural escolar nos tempos actuais.
Competencias particulares do módulo e da materia ás que contribúe a materia
- Analizar propostas educativas en procesos de desenvolvemento comunitario para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Competencias específicas da materia
- Competencia conceptual para o uso da linguaxe técnico.
- Identificar o sentido das formas de expresión na construción de experiencia artística e a fusión de formas de expresión (expresión y experiencia artística), en relación coas artes sonoras-visuales- virtuales.
Competencias transversais do máster
CT1. Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos, así como os mecanismos básicos para a participación cidadanía como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT2. Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dun Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT3. Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro y fóra da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa busca da calidade no proceso de ensinanza-aprendizaxe como signo de identidade.
CT4. Xerar unha actitude para a sostenibilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT5. Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
Seguiranse as directrices xerais do Máster.
A metodoloxía docente combina diferentes elementos centrados na aprendizaxe do alumnado: clases teóricas expositivas, que contemplan participación do alumnado, e clases interactivas nas que a actividade e participación do alumnado son fundamentais. Elaboraranse dúas tarefas fóra da aula no tempo de traballo autónomo da materia que poden ser resoltas individual ou grupalmente. Ademais, contémplanse as titorías para a resolución de dúbidas e o reforzo de contidos. Cabe sinalar que toda a materia está deseñada cara a capacidade de construción do alumnado da súa aprendizaxe e coa intención de que esta aprendizaxe sexa significativa.
O carácter semipresencial desta materia incide na necesidade dun traballo ordeado e sistemático por parte do alumnado e dun adecuado seguimento nas titorías.
Na Aula Virtual da materia estárán dispoñibles as ligazóns aos documentos de estudo.
A materia contempla a posibilidade de realización da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (ApS) nas condicións establecidas polo profesorado.
Nas sesións de aulas desenvolveranse:
a) Os contidos básicos da materia nas sesións expositivas.
b) Cineforum sobre unha película
As tarefas a realizar polo alumado son as seguintes:
1. Estudo dos contidos da materia.
2. Elaboración dun mapa conceptual de carácter individual tomado como referencias os documentos Touriñán 2010 e 2011 recollidos da bibliografía básica.
3. Elaboración dunha práctica específica sobre o cineforum. Pode ser elaborada en pequeno grupo (máximo 3 compoñentes).
Empregarase a aula virtual e o equipo de Microsoft Teams tendo en conta que é unha materia Semipresencial
As tarefas entregaranse a través da Aula Virtual da materia
Dado o carácter semipresencial da materia teremos aula virtual e Equipo de Microsoft Teams
NOTA: O labor docente e a acción socioeducativa da materia contribuirá á defensa dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible establecidos pola Organización de Nacións Unidas (ONU) na Axenda 2030.
ASISTENCIA A CLASE:
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Neste caso, a asistencia é preceptiva para superar a materia, sendo necesario acudir, como mínimo, ao 80% das sesións. O estudantado que se ausente ao 20% ou máis das sesións expositivas ou interactivas sen causa xustificada non poderá presentarse ao exame en primeira oportunidade. Con anterioridade á realización do exame publicarase unha listaxe do estudantado que cumpra este requisito para poder examinarse.
As faltas de asistencia só poderán ser xustificadas cando se enmarquen nalgunha das causas establecidas no artigo 3.2. do citado Regulamento.
DISPENSA DE ASISTENCIA E EXENCIÓN DE DOCENCIA:
A principio de curso, os/as estudantes poderán solicitar, atendendo ao procedemento establecido, a dispensa de asistencia a clase cando se atopen nalgunha das situacións indicadas no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias. O estudantado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia será avaliado nas mesmas condicións que o resto de estudantes, pero o traballo grupal será substituído por un traballo individual que deberá acordarse co profesorado nas primeiras semanas de clase, e o dossier da materia será individual.
Do mesmo xeito, poderá solicitarse a exención de docencia atendendo ao indicado no procedemento acordado na Xunta de Facultade. O estudantado ao que se lle concedese a exención de docencia será avaliado nas mesmas condicións que o resto de estudantes e estará suxeito aos mesmos porcentaxes de asistencia ás sesións interactivas.
Aqueles/as estudantes que se atopen nalgunha destas dúas circunstancias (dispensa ou exención) deberán informar da súa situación nas primeiras semanas de clase e concertar unha titoría co equipo docente.
ESTUDANTADO REPETIDOR:
O estudantado que se matriculase por segunda ou máis veces na materia seguirá o programa establecido nos mesmos termos que o resto de estudantes. Polo tanto, será obrigatoria a asistencia a clase segundo o anteriormente indicado e será necesario entregar en tempo e forma e superar todas as actividades da materia.
O sistema de avaliación previsto consite en:
Avaliación por módulo: O 30% da cualificación correspóndese coa parte práctica e o 70% co traballo de módulo.
As tarefas a realizar polo alumado na parte práctica da materia son as seguintes:
- Elaboración dun mapa conceptual
- Elaboración dunha práctica específica sobre o cinefórum
O alumnado que non poda acollerse á avaliación de módulo deberá realizar un traballo (40%) e unha proba de carácter teórico (60%) na data sinalada polo calendario de exames do máster.
As tarefas do alumnado con Exención de Docencia (ED) ou Dispensa terán que ver coa avaliación por materia ou modular. Terán unha dificultade semellante a calquera actividade do resto do alumnado matriculado na materia.
Nota: O alumnado con Exención de Docencia (ED) ou Dispensa poderá traballar individualmente ou poderá incorporarse aos grupos de traballo de Avaliación Continua (AC) se se puidese executar.
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias e avaliación 5 horas
Traballo autónomo do alumnado: 51 horas
Horas totais de dedicación á materia por parte de cada alumna/o: 75
O obxectivo xeral do máster “Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario” é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doutoral. Os contidos do mesmo relaciónanse coas liñas de investigación que veñen desenvolvendo os grupos de investigación da área de Teoría e Historia da Educación. Para elo establécense seis módulos:
1.- Metodoloxía de Investigación e Intervención en Realidades e Procesos Socioeducativos
2.- As Políticas Educativas e Culturais nos Procesos de Desenvolvemento
3.- Educación para a Cidadanía e Diversidade Cultural
4.- A Educación no Desenvolvemento Comunitario Local, Enfoques Teóricos, Iniciativas e Experiencias Prácticas
5.- Problemas Emerxentes e Alternativas Educativas-Sociais nas Comunidades nun Mundo Globalizado
6.- Traballo de Fin de Master (TFM)
A materia “Educación, emocións e afectividade” (3 ECTS) pertence ao Módulo V que comprende, ademais as materias:
•Xénero e Educación Social (3 ECTS)
•A conciliación dos tempos educativos e sociais (3 ECTS)
•Persoas maiores, memoria comunitaria e patrimonio educativo (3 ECTS)
•A relación da Institución Libre de Ensino (ILE) cos movementos pedagóxicos europeos (3 ECTS)
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a asistencia regular e a participación nas sesións expositivas e interactivas. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require do estudo, que como tarefa persoal precede e sucede ao labor na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario.
Será indispensable manter comunicación periódica coas profesoras da materia nos horarios de titorías estipulados, para a resolución das dúbidas que podan suscitar o proceso de estudo e a elaboración das tarefas encomendadas.
OUTRAS CUESTIÓNS PROGRAMÁTICAS DA MATERIA NO MÁSTER
1. Materia vinculada a Proxectos de Aprendizaxe-Servizo (ApS) na USC.
2. Materia na que se pode prever o desenvolvemento de actividades prácticas compartidas con outras materias da titulación.
3. Na materia pódese prever a realización de prácticas de campo compartida con outras asignaturas do Máster (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións…) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das asignaturas participantes.
4. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
CONTA DE CORREO E FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE (CLASES / TITORÍAS)
É un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE TRABALLOS, EXERCICIOS OU PROBAS:
Atendendo á Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación, aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017, a realización fraudulenta de algún exercicio ou proba esixida na avaliación implicará o suspenso da materia na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a.
Polo tanto, todos os traballos deberán ser orixinais, tendo que reelaborar/reinterpretar as ideas extraídas doutros/as autores/as e citar debidamente as fontes documentais utilizadas para a súa elaboración. A detección de plaxio en calquera dos traballos suporá o suspenso da materia. É importante lembrar que, a efectos avaliativos, tamén se considerará plaxio a reutilización dun traballo elaborado para outra materia.
Ademais, aqueles traballos que demostren un uso fraudulento de calquera tipo de intelixencia artificial (IA) serán suspendidos na oportunidade correspondente. Isto inclúe calquera actividade que amose unha porcentaxe de texto xerado por IA, xa sexa total ou parcial, sen a debida autoría ou achega intelectual do/a estudante. Lémbrase que as IAs deben ser empregadas limitándose á obtención de ideas ou apoio na elaboración do contido, pero nunca para a redacción íntegra do traballo.
María Del Carmen Gutierrez Moar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813887
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Julia Diz Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
20.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
07.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |