Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia oriéntase á pregunta que aporta a educación á sociedade. Desde o punto de vista da función, a educación aporta desenvolvemento formativo da condición humana individual, social, histórica e de especie, e iso implica desenvolvemento cívico, que, de acordo co sentido cultural e territorial da educación, identifícase como desenvolvemento cívico da diversidade, como formación para a convivencia cidadán dende a perspectiva dos dereitos de terceira e cuarta xeración.
Podemos racionalizar criterios para a toma de decisións nesta cuestión da convivencia cidadán pacífica planetaria razoando sobre o carácter e o sentido da educación, a relación educativa, a convivencia cualificada e especificada e a converxencia de identidade, diversidade e territorialidade. Non só a sociedade civil é un axente moral dentro da relación sociedade-poder-lexitimación, senón que a sociedade civil ten que estar formada para cumprir o seu cometido; o desenvolvemento cívico é un obxectivo da formación e compoñente da orientación formativa temporal de cada comunidade.
O obxectivo xeral do máster EDUCACIÓN, DIVERSIDAD CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese de doutoramento.
OBXECTIVOS XERAIS DE MÓDULO RELACIONADOS COA MATERIA
Analizar as estreitas relacións existentes entre educación, democracia e cidadanía na época contemporánea.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
• Analizar as chaves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construción da cidadanía.
• Estar en condicións de formular indicadores de calidade e equidade nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.
OBXECTIVOS DERIVADOS DA MATERIA
• Definir e analizar principios de determinación do concepto de educación en valores
• Coñecer os fundamentos teóricos do carácter e o sentido da educación en relación coas dimensións xerais de intervención, as áreas de experiencia e as formas de expresión
• Analizar as chaves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construción da cidadanía.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA
• Ser capaz de seleccionar textos idóneos en relación coa educación para a cidadanía en perspectiva intercultural
• Coñecer e comprender enfoques teóricos sobre a conexión entre educación intercultural e educación para a cidadanía, desde o sentido da educación
• Desenvolver coñecementos e destrezas que capacitan para o uso e a construción de experiencia axiológica respecto da formación cívica.
• Comprender o papel da educación na construción da sustentabilidade e da cidadanía mundial dende a construcion de ámbitos de educación.
1. O desenvolvemento cívico como coñecemento pedagóxico: cualificación, especificación e sentido de responsabilidade compartida e derivada no desenvolvemento cívico. Transformar a información en coñecemento e o coñecemento en educación para o desenvolvemento cívico.
2. A educación en valores: o permanente e o cambiante. Carácter e sentido da educación como base do seu significado.
3. Posibilidade e necesidade da educación en valores. Elixir, comprometerse, decidir e realizar (integración afectiva, cognitiva e creativa) o valor.
4. A sociedade civil como axente moral e o desenvolvemento cívico como obxectivo: a actitude intercultural como exercicio de educación en valores e cualificación do significado de educación.
5. A relación educativa: convivencia, conflito e mediación. O reto da liberdade comprometida cos principios de educación, que fundamentan as finalidades.
6. Conclusión: A converxencia de identidade, diversidade e territorialidade. Dos dereitos de terceira xeración aos dereitos de cuarta xeración (do desenvolvemento cívico ao desenvolvemento dos pobos).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Longueira, S. (Coord.), Sanabria, S. M., González García, C., González Navas, A., Pequeño, M. y Olveira Olveira, M. E. (2025). Educación para la Transformación y la Justicia Global. Propuestas para la cooperación española. La Coordinadora de Organizaciones para el Desarrollo.
Longueira, S., Carrillo, I. y Thoilliez, B. (2025). Educar en la fragilidad social y planetaria: resignificar la vida. En, 43 Seminario Interuniversitario de Teoría de la Educación. "Educar en la fragilidad". Universidad Jaume I. En prensa
Olveira, M. E., Longueira, S. e Fortes, N. (2025). Caxato. El Camino de Santiago como herramienta educativa de personas adultas mayores. Octaedro. En prensa
Touriñán, J. M. y Longueira, S. (Coord.) (2024). Pedagogía y educación, en perspectiva mesoaxiológica. Cuestiones actuales. REDIPE
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Longueira Matos, S. (2024). La educación para el desarrollo sostenible en las universidades: La creación del ámbito de educación. En, J. M. Touriñán López (Coord.), Pedagogía y educación, en perspectiva mesoaxiológica: cuestiones actuales (pp. 431-455).
Longueira, S. (Coord.), Olveira, M. E., Sanabria, S. y Fortes, N. (2024). Alumnado universitario comprometido con la Agenda 2030 y su potencial de transformación del sistema. Informe ejecutivo. InteRed. https://intered.org/sites/default/files/investigacion_universidades_age…
Longueira, S, Rodríguez, A. e Touriñán, J. M. (2019). Valores educativos comunes y específicos: análisis descriptivo de su integración pedagógica en las materias escolares a partir de la percepción de los docentes sobre su actividad. Revista Boletín Redipe, 8 (6), 23-49.
Touriñán, J. M. (2016). Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación. Andavira.
Morín, E. e outros (2002). Desafíos de la mundialización. Cuadernos de la Fundación M. Botín, 2. Observatorio de análisis y tendencias.
Touriñán, J. M. (Dir.) (2012). Desarrollo cívico, sentido intercultural de la educación y convivencia cualificada y especificada. Netbiblo.
Touriñán, J. M. (2014). Educar con valores es una competencia profesional y educar en valores es una materia escolar, en Dónde está la educación. Actividad común interna y elementos estructurales de la intervención. Netbiblo
Touriñán, J. M. (2019a). Saber para construir ámbitos de educación, valorando educativamente cada medio utilizado, es Pedagogía, en SI(e)TE, Saber para hacer en educación. Andavira.
Touriñán, J. M. (2019b). ¿Qué estamos haciendo mal? Una reflexión desde la Pedagogía, en A. de la Herrán, J. M. Valle y J. L. Villena (Coords.), ¿Qué estamos haciendo mal en la educación? Reflexiones pedagógicas para la investigación, la enseñanza y la formación. Octaedro, pp. 287-330.
Touriñán, J. M. (2020a). Saber para construir ámbitos de educación, valorando educativamente cada medio utilizado, es Pedagogía, en SI(e)TE (2020). Saber para hacer en educación. Andavira.
Touriñán, J. M. (2020b). Los medios y su valor pedagógico en la relación educativa, en A. Medina, A. de la Herrán y M.ª C. Domínguez, Hacia una Didáctica humanista (pp. 199-268). Redipe-UNED.
Touriñán, J. M. (2023). Pedagogía mesoaxiológica. Postulados y fundamentos.
Olveira, Mª E. (1999). A familia como transmisora da identidade de orixe: A emigración española a Francia. Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.
Olveira, M. E. (2000). Interculturalismo en Europa: El referente de las segundas generaciones españolas en Francia. Revista Española de Pedagogía, 216, 341-357.
Olveira, M. E. y otros (2003). Emigración, interculturalismo y legitimación cultural. Las Sociedades Gallegas en el Exterior. Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación, 8, 9-20.
Pérez-Díaz, V. (1997). La esfera pública y la sociedad civil. Taurus.
Reboul, O. (1972). ¿Transformar la sociedad? ¿Transformar la educación? Narcea.
Sauca, J. M. e Wences, M. I. (Eds.) (2007). Lecturas de la sociedad civil. Un mapa contemporáneo de sus teorías. Trotta.
UNESCO (1997) Nuestra diversidad creativa. Informe de la comisión mundial de cultura y desarrollo. UNESCO.
UNESCO. (2021). Reimaging Ours Futures Together. A New Social Contract for Education. Report from the International Commission of the Futures of Education. UNESCO.
COMPETENCIAS XERAIS DO TÍTULO
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CG2 - Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CG3 - Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
COMPETENCIA BÁSICA DO TÍTULO
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS DO TÍTULO
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer»
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO TÍTULO
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria
COMPETENCIAS PARTICULARES DO MÓDULO ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Identificar competencias sociais e interculturais en perspectiva local e global.
2. Avaliar programas de educación intercultural e de educación para a cidadanía.
3. Usar experiencias axiolóxicas sobre os contextos pedagóxicos tendentes á construción da ciudadanía.
Seguiranse as directrices xerais de máster. De xeito particular nesta materia realizaranse actividades teóricas e prácticas dentro e fóra da aula virtual. Contémplase a posibilidade de traballos de carácter conceptual e probas de carácter temático. Dado o carácter semipresencial desta materia, contemplaranse as actividades anteriores en relación á súa posibilidade de realización en modalidade de espazo e tempo asíncrono. A asistencia ás sesión presenciais son condición necesaria para poder ser executado o proceso de avaliación na materia.
Utilizarase a aula virtual como ferramenta de apoio.
O estudantado, ademais da actividade diaria, debe realizar a avaliación por módulo, atendendo ás directrices específicas desa modalidade, neste caso atendendo ás especificidades do Módulo III. A distribución do peso da cualificación final da materia corresponderase cun 70% respecto do traballo de módulo e un 30% da actividade diaria.
O estudantado deberá realizar como parte da súa actividade diaria o seguimento na clase das exposicións de carácter conceptual do equipo docente. Ademais, tomando como punto de partida as exposicións e os documentos de concepto e apoio, dentro da parte correspondente á actividade diaria, como práctica interactiva, o estudantadonado en grupos deberá realizar os traballos que se acorden na aula (presencial) e a través da aula virtual (en liña). Os traballos entregaranse a través da aula virtual nas datas acordadas na primeira sesión de clase.
A asistencia conta cun peso fundamental na materia, sendo obrigatoria a asistencia a un 80% das sesión síncronas (presencias e en liña). Atendendo ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela aprobado polo Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024.
O estudantado deberá realizar como parte da súa actividade práctica:
- Un traballo de carácter conceptual, individualmente. Contemplará un mapa conceptual, glosario ou recensión de contidos.
- A análise dun caso ou práctica(s) educativa(s), en grupo. O número de experiencias será adecuada á composición do grupo.
Os grupos formaranse na primeira sesión de aulas.
O estudantado que non cumpra os requisitos para ser avaliado pola modalidade de traballo de módulo, deberá facer, ademais das prácticas mencionadas (30% da cualificación final), unha proba final escrita sobre os contidos da materia (70% da cualificación final).
O estudantado que conte con exención ou dispensa de asistencia seguirá o mesmo procedemento que o resto do estudantado, pero deberá comunicar a súa singularidade ao equipo docente o primeiro día de aulas para organizar un adecuado seguimento.
Aulas e avaliación: 42 h.
Titorías obrigatorias 6 horas
Traballo autónomo do estudantado [actividades (traballos, comentarios, etc.] e estudo: 102 horas
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal precederá e sucederá ao quefacer na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares coas responsables docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formular as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudio e de iniciación ás tarefas prácticas.
Esta materia, polo seu carácter semipresencial ten una importante vinculación coa Aula Virtual, que recollerá os contados fundamentais sobre a materia e sobre o temario.
Calquera circunstancia persoal que puidera alterar o normal seguimento da materia por parte da ou do estudante deberá ser comunicada ao profesorado á maior brevidade. De non facelo non se poderá considerar a súa influencia na avaliación do rendemento académico.
Este Programa está sometido ás disposicións legais vixentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da Universidade de Santiago de Compostela.
ASISTENCIA A CLASE
Atendendo ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela aprobado polo Consello de Goberno o 25 de novembro de 2024, a asistencia ás sesión síncronas (presenciais e en liña) é preceptiva nesta materia para acollerse á avaliación continua e a realización do exame da primeira oportunidade. O estudantado que perda a condición de asistente, ademáis da elaboración da parte práctica (30%), contará cun exame específico na segunda oportunidade (70% da materia). Ambas partes deben estar aprobadas (5 sobre 10) para superar a materia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Os traballos da materia serán entregados a través da Aula Virtual. No caso de que algunha tarefa sexa solicitada polo profesorado en formato físico (papel impreso), teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
USO INTELIXENCIA ARTIFICIAL
Os estudantes só poderan utilizar a IA como medio de consulta para a busca de fontes documentais, pero en ningún caso para xerar contido. Calquera contido xerado exclusivamente con IA suporá un suspenso na actividade onde se detecte.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas ás/aos autoras/es e das fontes (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación. Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
Maria Esther Olveira Olveira
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813763
- Correo electrónico
- Mariaesther.olveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María González Blanco
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- maria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Silvana Longueira Matos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813771
- Correo electrónico
- silvana.longueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13.01.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
08.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |