Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVO XERAL do máster no que participa a materia:
-- Adquirir por parte do estudantado unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a súa iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese de doutoramento.
OBXECTIVOS DO MÓDULO nos que participa a materia:
-- Coñecer as orientacións xerais relacionadas coa elaboración do coñecemento histórico-comparado en educación, así como os retos de investigación que suscita a cuestión da comparabilidade no ámbito das ciencias sociais.
-- Adquirir información e destrezas cognitivas en relación co exame crítico dos antecedentes e estados da cuestión referidos aos posibles problemas de investigación que se podan suscitar no ámbito da materia .
--Presentar unha visión significativa e global sobre o pensamento pedagóxico e as prácticas sociais de educación ao longo da historia occidental, situándoas no espazo e no tempo, permitindo o establecemento de interrelacións.
-- Coñecer e manexar técnicas de investigación que se utilizan na área histórica e comparada do coñecemento da educación.
-- Profundar nos soportes conceptuais, teóricos e metodolóxicos nos que se sustenta o proceso de planificación educativa.
OUTROS OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA:
-- Promover o coñecemento e a explicación das realidades presentes da educación, mediante a análise comprensiva e interpretativa da xénese histórica, da configuración e da evolución dos fenómenos e do pensamento educativo.
-- Recoñecer a dimensión procesual e histórica das prácticas sociais relacionadas coa educación, aprendendo a distinguir continuidades e cambios en relación co pensamento pedagóxico, co desenvolvemento histórico das sociedades, da ciencia, da cultura e do pensamento filosófico, en particular.
-- Analizar, observar e comprender os feitos, programas, sistemas e desenvolvementos educativos desde perspectivas interrelacionadas, de interinfluencia e comparadas, con consciencia sobre a importancia dos factores externos para a interpretación dos sistemas educativos.
-- Articular o proceso de investigación histórico-educativa con referencia expresa ás súas estratexias metodolóxicas e procedementos de investigación. Asemade, no ámbito da educación comparada, coñecer e analizar a construción de indicadores sociais de educación.
-- Concretar iniciativas e experiencias institucionais de localización, recuperación, revalorización e divulgación de recursos do enxoval educativo como bens do acervo cultural comunitario.
Seminario 1: Metodoloxía da investigación histórico-educativa:
1. Método científico e secuenciación do proceso investigador en historia da educación.
2. Fases do proceso de investigación histórico-educativa.
3. Formulamento inicial da investigación no campo da Historia da Educación.
4. Tipoloxía dos modelos e preguntas empregados na investigación histórica.
5. Clasificación das hipóteses segundo o tipo de procedemento investigador empregado polo historiador.
6. Aplicación das diversas metodoloxías de investigación á investigación histórico-educativa
7. Novas técnicas aplicadas na investigación histórico-educativa.
8. Clasificacións das fontes históricas.
9. Tipoloxía do coñecemento histórico.
Seminario 2: Metodoloxías da investigación para a análise comparada de sistemas educativos:
1. Método comparado.
2. Fases da investigación comparada.
3. Unidades de comparación.
4. Indicadores de comparación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
--Aróstegui, J. (1995). La investigación histórica: teoría y método. Crítica.
--Burke, P. (Ed.). (1993). Formas de hacer historia. Alianza Editorial.
--Ferrer, F. (2002). La Educación Comparada actual. Ariel.
--Gabriel, N. de e Viñao, A. (Eds.). (1997). La investigación histórico-educativa. Ronsel.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
--Blazquez, F. (1997). Diccionario de las Ciencias Humanas. Verbo Divino.
--Bowen, J. (1983). Historia de la educación occidental. Herder.
--Caride Gómez, J. A., y Trillo Alonso, F. (Dirs.). (2010). Diccionario Galego de Pedagogía. Galaxia/Xunta de Galicia.
--Burguiere, A. (Dir.). (2005). Diccionario Akal de Ciencias históricas. Akal.
--Costa Rico, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia. Edicións Xerais de Galicia.
--Costa Rico, A. (Ed.). (2001). Historiografía educativa de Galicia (1750-2000). Sarmiento, 5, 147-202.
--Costa Rico, A. (2011). Historia de la educación en España. Realidades, problemas y tendencias. Cadernos de História da Educaçâo, 10(2). http://www.seer.ufu.br/index.php/che/article/view/14615
--Delgado, B. (Dir.). (1994). Historia de la educación en España y América. SM-Morata.
--Escolano, A. (2000). Tiempos y espacios para la escuela. Ensayos históricos. Biblioteca Nueva.
--Escolano Benito, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Biblioteca Nueva.
--Escolano, A. (Ed.). (2007). La cultura material de la escuela. En el centenario de la JAE, 1907-2007. CEINCE.
-- Ferrer, T. (Ed.). (2002). Historia de la Educación (Edad contemporánea). UNED.
-- Fontana, J. (1982). Historia: análisis del pasado y proyecto social. Crítica.
-- Martínez Usarralde, Mª J. (2003). Educación Comparada. Nuevos retos, renovados desafíos. La Muralla.
-- Peña, V. (Coord.). (2003). I Foro Ibérico de Museísmo Pedagóxico. O museísmo pedagóxico en España e Portugal: itinerarios, experiencias e perspectivas. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
--Peña, V. (Dir.). (2001). Repertorio biblio- hemerográfico da educación en Galicia,1715-1970. MUPEGA.
-- Puelles Benitez, M. de (1999). Ideología y educación en la España contemporánea. Labor.
-- Vilar, P. (1980). Iniciación al vocabulario del análisis histórico. Crítica.
-- Viñao, A. (2002). La historia de la educación en el siglo XX. Una mirada desde España. Revista Mejicana de Investigación Educativa, 7(15), 223-256.
-- Viñao, A. (2002). Sistemas educativos, culturas escolares y reformas. Continuidades y cambios. Ediciones Morata.
Revistas dixitais e páxinas web de interese:
Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria Salamanca, 1982.
Historia y Memoria de la Educación, 2015.
Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación. Galicia 1997.
Revista Española de Educación Comparada. Madrid, 1995.
-- Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE): http://www.sedhe/es
-- Sociedad Española para el Estudio de Patrimonio Histórico-Educativo (SEPHE): www.institucional.us.es/paginasephe/
-- Guide International de la Recherche en Histoire de l’éducation: http://www.inrp.fr/she/ guide/index.htm
-- Documentos para a Historia da Educación en España: http://www.mec.es/cide/jsp/ plantilla.jsp?id=arch03
-- Red de centros y archivo virtual de la edad de plata de la cultura española, 1868-1936 (fondos: antiguo Museo Pedagógico Nacional, Residencia de Estudiantes, Junta para Ampliación de Estudios, etc.): http:// www. archivovirtual.org
-- Banco Mundial (páxina na que se fai referencia a estatísticas educativas): www.bancomundial.org
-- EURYDICE Rede Europea de Información Educativa: www.eurydice.org
-- Oficina Internacional de Educación: www. ibe.unesco.org
-- OCDE, Organización para o Desenvolvemento e a Cooperación Económica: www. oecd.org
-- Sociedad Española de Educación Comparada: http://seec.com.es
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CG2 - Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG3 - Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
TRANSVERSAIS
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
ESPECÍFICAS
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa.
CE2 - Vincular o coñecemento científico, a investigación educativa e as súas achegas metodolóxicas aos procesos cambio socioeducativo.
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas.
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria.
A análise, o desenvolvemento e a presentación na aula dos contidos que conforman o temario desta materia serán unha tarefa compartida de xeito colaborativo polos profesores e o estudantado. Os profesores nas clases expositivas centraranse preferentemente nos aspectos nucleares de cada enunciado ou unidade didáctica e na resolución dos problemas suscitados. Os estudantes, coa oportuna orientación dos profesores, nas sesións interactivas e nas titorías en grupos reducidos, afondarán en cuestións concretas que non fosen abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición destes e sexan susceptibles de tratamento e estudo desde os soportes bibliográfico-documentais pertinentes. Profesores e estudantado debaterán nas sesións de clases interactivas sobre os contidos analizados e expostos por cada un deles, procurando rematar os coloquios coa formulación das oportunas conclusións. As exposicións dos profesores terán como complemento substantivo sesións de traballo con soporte en textos, documentos e informes de investigación. Estes materiais seranlles entregados periodicamente aos estudantes –ou suxerida a súa localización pola súa parte– a través do campus virtual.
Durante as titorías obrigatorias, os profesores darán pautas específicas ao estudantado, ben individualmente ou ben en grupos reducidos, para unha satisfactoria execución dos traballos de curso, unha optimización da metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e un reforzo integral do proceso instrutivo.
Avaliación por Módulos:
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aprobou ofertar a avaliación por módulos para o estudantado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse a esta modalidade. Sendo así, a avaliación tería a seguinte ponderación:
a) Traballo de módulo (70%): consiste na análise dunha Tese de Doutoramento.
b) Traballos propios da materia (30%): consisten na realización de diferentes actividades prácticas ligadas á metodoloxía de investigación histórico-comparada en educación.
Avaliación específica da materia:
No caso de que o estudantado, por calquera razón xustificada (matrícula a tempo parcial, repetidores, dispensa de asistencia, etc.) non opte pola avaliación modular, as súas cualificacións basearanse na avaliación continua do seu rendemento académico e nos resultados que obteñan na realización dunha proba final. A avaliación continua efectuarase mediante recensións bibliografico-documentais, traballos monográficos de iniciación á investigación e comentarios de textos de distinta natureza e tipoloxía, tomando en consideración ademais a participación nas tarefas de aula e a concorrencia ás titorías. A proba final poderá consistir na análise crítica dun breve informe de investigación, na elaboración dun deseño ou proxecto orixinal ou nun comentario de texto con preguntas complementarias. As actividades realizadas de forma continua terán un peso ponderado non inferior ao 30% da puntuación global. Pola súa banda, a proba final non superará o 70% da cualificación obtida en conxunto.
COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN:
Para os estudiantes matriculados na materia baixo a modalidade de complementos de formación, deseñarase un sistema específico de avaliación axustado aos objetivos formativos do estudantado de doutoramento. Este sistema será acordado ao inicio da materia entre o profesorado e o estudantado.
ASISTENCIA A CLASE:
O programa da materia axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Neste caso, a asistencia é preceptiva para superar a materia, sendo necesario acudir, como mínimo, ao 80% das sesións. O estudantado que se ausente ao 20% ou máis das sesións expositivas ou interactivas sen causa xustificada non poderá avaliarse en primeira oportunidade. Con anterioridade, publicarase unha listaxe do estudantado que cumpra este requisito para poder examinarse.
As faltas de asistencia só poderán ser xustificadas cando se enmarquen nalgunha das causas establecidas no artigo 3.2. do citado Regulamento.
DISPENSA DE ASISTENCIA E EXENCIÓN DE DOCENCIA:
A principio de curso, os/as estudantes poderán solicitar, atendendo ao procedemento establecido, a dispensa de asistencia a clase cando se atopen nalgunha das situacións indicadas no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. O estudantado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia será avaliado nas mesmas condicións que o resto de estudantes, pero o traballo grupal será substituído por un traballo individual que deberá acordarse co profesorado nas primeiras semanas de clase.
Do mesmo xeito, poderá solicitarse a exención de docencia atendendo ao indicado no procedemento acordado na Xunta de Facultade. O estudantado ao que se lle concedese a exención de docencia será avaliado nas mesmas condicións que o resto de estudantes e estará suxeito aos mesmos porcentaxes de asistencia ás sesións interactivas.
Aqueles/as estudantes que se atopen nalgunha destas dúas circunstancias (dispensa ou exención) deberán informar da súa situación nas primeiras semanas de clase e concertar unha titoría co equipo docente.
ESTUDANTADO REPETIDOR:
O estudantado que se matriculase por segunda ou máis veces na materia seguirá o programa establecido nos mesmos termos que o resto de estudantes. Polo tanto, será obrigatoria a asistencia a clase segundo o anteriormente indicado e será necesario entregar en tempo e forma e superar todas as actividades da materia.
Clases expositivas 9 horas
Clases interactivas 12 horas
Titorías obrigatorias 3 horas
Actividades (traballos, comentarios, etc.) 51 horas
Traballo total do/da estudante 75 horas
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.
Ao comezo de cada seminario entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: As actividades que se realicen no marco da materia deberanse entregar a través do Campus Virtual, nun buzón habilitado polo docente a tal efecto. Non se admitirán traballos impresos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Asemade, débese ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, onde "privado" se entende como un proceso de comunicación e intercambio entre os docentes e o estudantado matriculado na materia.
FERRAMENTAS INSTITUCIONAIS: Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (por exemplo, Lifesize). O estudantado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
PROTECCIÓN DE DATOS: Será obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE TRABALLOS, EXERCICIOS OU PROBAS: Atendendo á Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación, aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017, a realización fraudulenta de algún exercicio ou proba esixida na avaliación implicará o suspenso da materia na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a. Polo tanto, todos os traballos deberán ser orixinais, tendo que reelaborar/reinterpretar as ideas extraídas doutros/as autores/as e citar debidamente as fontes documentais utilizadas para a súa elaboración. A detección de plaxio en calquera dos traballos suporá o suspenso da materia. É importante lembrar que, a efectos avaliativos, tamén se considerará plaxio a reutilización dun traballo elaborado para outra materia. Ademais, aqueles traballos que demostren un uso fraudulento de calquera tipo de intelixencia artificial (IA) serán suspendidos na oportunidade correspondente. Isto inclúe calquera actividade que amose unha porcentaxe de texto xerado por IA, xa sexa total ou parcial, sen a debida autoría ou achega intelectual do/a estudante. Lémbrase que as IAs deben ser empregadas limitándose á obtención de ideas ou apoio na elaboración do contido, pero nunca para a redacción íntegra do traballo.
Silvana Longueira Matos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813771
- Correo electrónico
- silvana.longueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesus Garcia Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813760
- Correo electrónico
- jesus.garcia.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
08.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
02.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |